Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
"Las cuatro estaciones" |
Os nenos de segundo e sexto de E, primaria fixemos o P.D. I . sobre Antonio Vivaldi e a súa obra “Las cuatro estaciones “ . Tamén estudamos a cidade onde naceu : Venecia. No primeiro trimestre coñecemos a vida de Antonio Vivaldi e a partires de ahí realizamos un mural para a porta da nosa clase e tamén un para o de todo o colexio. No segundo trimestre nos paramos na cidade onde naceu Antonio Vivaldi : Venecia
No terceiro trimestre coñecemos a súa obra : “As catro estacións “
|
Have You Ever Seen The Rain |
O alumnado de 6º de Ed. Primaria interpretou a canción de Rod Stewart: "Have You Ever Seen The Rain", como actividade do seu proxecto de metereoloxía preguntándose por qque hai calma antes da tormenta?
|
YOU´LL NEVER WALK ALONE 2018 |
YOU´LL NEVER WALK ALONE
GALERÍA DE IMAXES
|
O raposo e a mestra |
O alumnado de 2º realizou unha nova sesión do "Concurso de animación á lectura". Nesta ocasión o libro traballado foi "El zorro y la maestra" de Manuel Rivas. O raposo Pindo é un raposo solitario, que sabe as falas de todos os animais e as persoas; segundo se di é fillo do lobo Petiso e a raposa Meiga. Pindo ten un poder: é quen de hipnotizar a calquera cos seus ollos de lanterna. Ese poder conseguiuno, vendo como o Sol pousaba a súa luz, ao afundirse no mar, despedindo o día. Nesta ocasión as gañadoras do concurso foron Eva e Elisa. Patabéns para todos polo traballo realizado!! |
Apertas que voan |
Durante a semana da Paz todo o alumnado do centro traballou a canción de Paco Nogüeiras "Apertas que voan". No vídeo e nas imaxes podedes observar o ben que o pasaron interpretando a canción o Día da Paz. |
Día de Rosalía de Castro 2018 |
Ao longo da semana do cumpleanos de Rosalía traballamos nas aulas a súa vida e obra seguindo as propostas marcadas pola asociación de escritoras e escritores galegos. Parte do resultado do noso traballo podédelo ver no seguinte libro que recolle o poema de "Adiós ríos, adiós fontes..." traballado polo alumnado de 2º e 3º de Primaria. O alumnado de 3º de Ed. Primaria encargado da estación de meteoroloxía traballou o poema "Chove miudiño". |
O eco das amazonas |
O 17 de abril visitamos a exposición “O eco das amazonas”, do artista plástico ourensán Baldomero Moreiras, na sala Ángel Valente. Como se de 35 planetas se tratase, Baldomero Moreiras, recupera do esquecemento a 35 mulleres pola súa contribución aos mundos da cultura, ás ciencias, á política... Hai traballos sobre mulleres de moitas nacionalidades e séculos entre as que abondan mulleres galegas coma: Isabel Barreto, pontevedresa e 1ª almirante da historia en mares do pacífico; Mª Aurea Rodriguez tocaba a gaita no grupo As marabillas de Cartelle cos seus irmáns para saír da pobreza… O alumnado e profesorado seguimos as explicacións que o artista nos ofreceu durante o percorrido que fixemos pola sala de exposicións, cunha parada especial na bola dedicada á muller que salvagardou o cadro de “As Meninas” de Velázquez (entre outros) do Museo do Prado, durante a Guerra Civil española, Mª Teresa León Goyre, trasladándoos ata Valencia. VISITA ALUMNADO DE 1º E 2º ED. PRIMARIA VISITA DO ALUMNADO DE 3º ED. PRIMARIA |
Os xogos populares como modo de aprendizaxe |
Este ano como actividade para o PDI do centro o alumnado de 2º curso traballou o tema “Os xogos populares como medio de aprendizaxe”. A partir do tema elixido, achegámonos ao mundo dos xogos populares galegos como medio de aprendizaxe e ao coñecemento básico de distintos xogos e a súa utilización como forma de aprender. Os xogos elixidos neste curso foron:
|
Hora de ler de 1º de EP |
Na aula de 1º de Ed. primaria, reforzamos a lectura empregando libros en castelán e galego. O grao de dificultade das mesmas ía en función da comprensión lectora dos alumnos. Traballamos tanto a lectura individual como a lectura colectiva, en voz alta e de xeito encadeado, de libros como “Un baúl lleno de dinosaurios”, “A avoa non quere comer”… Fíxose un seguimento individualizado da comprensión lectora e da velocidade lectora de cada un dos alumnos. Asemade, os luns e os mércores traballamos a lectura de poesías. Dividimos o proceso en catro partes:
En todo o proceso, respectamos a creatividade do alumnado, os seus intereses e as súas necesidades. “Poesía es la unión de dos palabras que uno nunca supuso que pudieran juntarse, y que forman algo así como un misterio.“ |
O libro viaxeiro |
O alumnado de Ed. Infantil, este curso continuou levando para as súas casas as bolsas do programa "Libros que van e veñen". Estas permanecen no seu domicilio unha semana, facéndose a renovación dos libros os venres. Cada unha delas inclúe un libro en galego ou castelán escollido polo alumnado e un caderno para que, coa axuda dos seus familiares, debuxen e/ou escriban o que lles "digan" os libros. Queremos agradecer ás familias dos máis caivos a súa imlicación nesta actividade destinada a que acompañen aos seus fillos no proceso lector e lles sirvan de modelo e guía nos momentos de lecer.
|
Pensando a través de mitos |
Ao longo do presente curso traballamos dentro do aula de apoio o máxico e fascinante mundo da mitoloxía grega. Da man dos deuses do olimpo acercámonos á mitoloxía e coñecemos diferentes historias de heroes e heroinas que foron transmitidos de pais a fillos desde a antigüidade. O proxecto realizado titulouse "Aprendendo a pensar a través de mitos". Os mitos amplían as fronteiras da nosa imaxinación e o noso pensamento. Inspírannos e anímannos a loitar para alcanzar os nosos sonos. Os principais traballos realizados foron os seguintes:
Presentación do PDI.
"Pescudando e fedellando con Dédalo e Ícaro".
Libro web na que compilamos todos os recursos.
|
Vida e Obra de Leanne Rivera |
|
HALLOWEEN by YAYOI KUSAMA |
A artista xaponesa agasállanos coa súa pumpkin no tempo de Halloween. Os black polka dots desaparecen como por arte de maxia ao mesmo tempo que as cariñas dos Kusama kids aparecen no seu lugar. Cousa de meigas!!! A obra orixinal podedes atopala na isla de Naoshima, coñecida como art island. Boa viaxe ata terras xaponesas! Disfruta da arte de Yayoi Kusama en calquera época do curso, porque … HERE AND THERE, POLKA DOTS EVERY! |
Charla sobre o programa "Pilabot" |
O 18 de xaneiro, dentro do programa-concurso PILABOT que organiza a Xunta de Galicia xunto a Ecopilas, ERP e Ecolec, sobre a recollida selectiva de pilas e acumuladores, o alumnado de 3º e 4º participou nun obradoiro sobre que son as pilas, as súas partes, como se reciclan ou como podemos cambiar os nosos hábitos de consumo. Ao remate da sesión, participamos nun concurso no que gañamos todos/as. Ata finais de mes estamos en prazo de recoller no colexio pilas e acumuladores para o concurso que promove esta actividade. |
Día da Paz 2019 |
Ao longo da semana da Paz, realizamos durante a Hora de ler diversas actividades para conmemorar dita data.
|
A message of Peace 2019 |
A MESSAGE OF PEACE Para conmemorar o día da paz, non atopamos xeito mellor que elaborar ao noso xeito, un cadro cheo de eyes que abren portas á paz e ao amor. Visionando o vídeo “A vivid message of peace from Yayoi Kusama” coñecemos a mensaxe de paz da artista xaponesa. https://www.youtube.com/watch?v=9WtEF94zwmM E seguindo as súas palabras … “EYES OPEN DOORS TO PEACE AND LOVE” Queremos que todos escoitedes ben alto a nosa voz: PEACE 平和 PAZ
|
Encontros con autores: Iria Misa |
O 19 de febreiro participamos en “Encontros coa autora” con Iria Misa, autora do libro “Mamá, quero ser Ziggy Stardust” e organizado pola concellería de educación nas instalacións do Liceo de Ourense co fin da promoción do hábito lector entre os escolares ourensáns e o traballo en valores. A actividade comezou coa dotación, por parte da Concellería dos libros seleccionados para este curso para a súa lectura na aula e o posterior encontro co autor do libro. Esta actividade ten dous importante obxectivos. Por unha banda poñer en contacto directo aos escolares cos escritores e ilustradores e por outra banda, dar a coñecer e preto o traballo dun escritor e ilustrador. Os libros foron entregados aos escolares no mes de decembro e hai unhas semanas e tras a lectura, realizouse o encontro con Iria Misa, momento no que o alumnado tivo a oportunidade de coñecela e conversar con ela sobre a temática do libro e as principais mensaxes que se achegaban coa súa lectura. Antes de asistir a estes encontros, o alumnado de quinto e sexto curso do noso cole xa fixera un traballo exhaustivo desta obra de Iria Misa. O resumo argumental do libro, trata da historia de Aine, quen naceu cun corpo aparentemente de nena, pero en realidade séntese neno. Aine conta cun amigo imaxinario chamado Thomas, como xeito de fuxida dunha realidade que o abafa. Nunha viaxe turística cos seus pais, Aine descobre a figura do músico David Bowie, coa que se identifica de inmediato. Desde entón, Thomas e Aine xogan a disfrazarse de Ziggy Stardust, o personaxe creado por Bowie, e a actuar enriba da cama coma se fose un escenario. O pai de Aine non comprende ao seu fillo. Pero Fran, a súa nai, pouco a pouco irá reaccionando e aceptando a Aine tal e como é, o que provocará a ruptura co seu home. Tampouco a familia extensa de Aine se amosa moi comprensiva co que ven como unha simple teima dunha nena por vestirse e comportarse como un rapaz. Aine visitará a psicólogos, e sufrirá o rexeitamento de moitos compañeiros de escola, e das súas familias, na escola. Pero finalmente conseguirá realizar o seu soño: vivir de acordo a como sente a súa identidade de xénero e actuar na festa de fin de curso do colexio. Neste libro profundan na transexualidade. Aine é un neno trans que loita por poder mostrarse ao mundo tal e como se sente. Destaca tamén David Bowie como exemplo. A figura do músico está moi presente na novela como referente de persoa de éxito malia non encaixar sempre nos canons impostos socialmente, e é usado por Aine para afirmarse nun mundo que non quere aceptalo tal e como é. Os escolares tiveron que realizar unha serie de actividades antes e despois da lectura. Primeiro tiñan que observar a portada e razoar a partir de aí sobre que pensaban que trataba o libro. Tamén tiveron que responder a cal foi o último libro que leron e o que máis lles gustou. Tras a lectura, discutiron na clase sobre como a presión social e as súas convencións condicionan a liberdade individual e o dereito á diferenza. Outro dos aspectos que tiñan que respostar tiña que ver con David Bowie, comentar a súa figura e a súa música na clase. |
"Papá bolecha doa sangue" |
A axencia ADOS de doazón de órganos e sangue realizou no noso centro unha campaña de difusión da súa labor coa entrega ao alumnado do libro dos bolechas “Papá bolecha doa sangue” para que o alumnado traballase a súa lectura na casa coa súa familia.
|
El patito feo |
O alumnado de 1º de Ed. Primaria traballou ao longo do segundo trimestre sobre o conto de Hans Christian Andersen “O parruliño feo” conseguindo alcanzar os seguintes obxectivos:
As principais actividades realizadas foron as seguintes: ilustrar e colorear debuxos do conto, facer con pasta de modelar as personaxes do conto, realización de un cómic do conto en viñetas, diversas lecturas sobre o conto. Asemade, no Entroido, os nenos da clase, disfrazáronse de parruliños e un alumno da personaxe principal do conto. |
La Sirenita |
O alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Infantil traballou sobre o conto de "La Sirenita" no seu PDI. Partiron do conto Hans Christian Andersen, para motivalos no traballo a realizar. Resumimos a continuación as actividades realizadas ao longo do curso:
|
Hora de ler en 5º de Ed. Primaria |
Durante o presente curso18/19, levei a cabo o Plan lector na aula de 5º de Educación Primaria en coordinación co seu titor. O obxectivo primordial que plantexamos de cara a este curso, era potenciar a competencia comunicativo-lingüística como ferramenta facilitadora na adquisición do resto de aprendizaxes, ademais de optimizar a destreza na lectura e a escritura, aspectos fundamentais para desenvolver o gusto pola lectura e a capacidade de valorala criticamente. Para acadar estes propósitos, na hora de ler, que se levou a cabo todos os días de 12.00 a 12.20, traballamos os obxectivos que a continuación pasamos a comentar: Obxectivos:
Para acadar estes obxectivos, traballamos con dous manuais, un deles en lingua castelá; “Erik y Harald, Guerreros Vikingos” e outro en lingua galega; “O fío vermello”. Unha vez rematada a lectura dos distintos manuais, levamos a cabo un concurso literario, con multitude de probas; preguntas curtas, de enumeración, de múltiple elección,... Nestes concursos os gañadores foron agasallados co libro que se ía ler a continuación e con material escolar. Ademais dos concursos literarios, un día a semana, os venres traballamos lectura funcional para facilitar aspectos da vida diaria, como pode ser; interpretación de facturas, carteleiras de cine, receitas, prospectos médicos, listaxes de anuncios de compra–venta, telefónicos,... Neste sentido e buscando a funcionalidade da lectura, tamén traballamos con manuais de maxia e na propia execución dos trucos, mediante o seguimento de instrucións. Con este tipo de actividades, buscamos dotar de funcionalidade a lectura aproximándoa as súas realidades cotiás e tratando de espertar no noso alumnado interese e curiosidade polo súa contorna. Por outro lado, o Plan Lector, estivo intímante relacionado co PDI da Biblioteca e aproveitando que o lema este curso era "Dinamarca", traballamos os Vikingos, para iso partimos do que xa coñecían e adentrámonos no que querían saber, mediante documentais como; “¿Quiénes eran los Vikingos?". Neste sentido, levaron a cabo proxectos de expresión plástica, entre os cales destaco a construción dun Drakkar, escudos, espadas e todo o vestiario que empregamos no entroido. Dentro deste gran proxecto introducimos a lectura do libro comentado en liñas anteriores; “Erik y Harald, guerreros vikingos”, o cal conta con xogos e documentación, aspectos que favorecen a ampliación de coñecementos e a resolución de curiosidades así como a propia motivación. Ademais dos aspectos comentados en liñas anteriores, este curso, en coordinación co Equipo de Dinamización da lingua Galega, levamos a cabo unha dinámica para favorecer a expresión escrita na lingua galega, que consistiu no intercambio de cartas, vía correo ordinario, cos nenos do CEIP Santiago Apóstolo de Franza de Mugardos. Para lograr coordinar as distintas actividades entre os docentes que levamos a cabo o Plan Lector na aula de 5º, puxemos en marcha un caderno de rexistro de tarefas onde diariamente quedaba reflectido o traballo realizado en cada sesión. |
Mochilas viaxeiras |
Este curso continuaron funcionando as mochilas viaxeiras en todos os cursos de Ed. Primaria. As mochilas viaxeiras permiten ao alumnado un préstamo por un período dunha semana, para compartir coas familias o contido da mesma. O contido do material foi escollido pola persoa titora, supervisado pola biblioteca e procurando que teña a maior variedade de textos e formatos para que o alumando poida elixir. Acompañan a estes materiais “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, novas creacións, debuxos, suxerencias, …, sobre o contido da mochila. Achegamos unha mostra do traballo realizado polo alumnado nas súas casas. Como conclusión, destacar que ler en familia é unha actividade moi divertida que axuda a entrelazar lazos entre pais e fillos e enriquécenos a todos. Ademais, a lectura enriquece intelectualmente aos nenos, estimulando a súa imaxinación, a capacidade para resolver problemas, a memoria e a linguaxe, axúdalle a coñecer o mundo no que vive e impúlsalle a querer saber máis. Comentando as lecturas que facemos todos xuntos podemos reflexionar sobre o lido, os valores do libro infantil e xuvenil que escollésemos, explorando nosos propios sentimentos. É, en definitiva, unha axuda na educación dos nosos fillos, polo que é importante proporcionarlleao alumnado lecturas estimulantes, acompañalos no descubrimento do pracer da lectura, sendo un hábito moi saudable e cheo de beneficios. |
Kahoot sobre Antón Fraguas | |
Vídeoconferencia con Franza |
COÑECÉMONOS! Durante este curso o alumnado de 5º e 6º de primaria estivo a coñecer ao alumnado do CEIP Santiago Apóstolo de Franza, Mugardos. O alumnado de ambolosdous centros escribironse diferentes cartas, nas que se presentaban e contaban as súas inquietudes, gustos e desexos. Para rematar con esta bonita relación epistemolar, coñecémonos en persoa. Fixemos unha conexión vía videoconferencia, desde a nosa biblioteca, para así selar a nosa amizade. Foi un momento moi especial, o alumnado de Franza recitou dous interesantes contos, e o do colexio recitou tres poemas moi representativos da nosa lingua. Foi todo un fin de festa! Esperamos seguir relacionándonos para o próximo curso. |
Biblioteca escolar: viveiro de cidadanía. |
A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, seguindo a súa dinámica de difusión das posibilidades que ofrece a biblioteca escolar ao conxunto da comunidade educativa, dá a coñecer o lema que propón ás bibliotecas escolares galegas para o presente curso 2019/2020: "Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía". Nesta ocasión é o ilustrador Óscar Villán quen interpreta o lema e nos ofrece unha imaxe múltiple e evocadora de diversas situacións que unha biblioteca escolar pode facilitar. |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »