Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
Xogo: De que libro falamos |
Animámosvos a participar, en compañia das vosas familias, na seguinte pescuda que realizaremos ao longo de toda a semana do día do libro, cada día un reto... Xa podedes comezar o do luns!!! |
O Libro de cores xa está en marcha |
O Libro de cores xa está en marcha...anímate a participar... Estás a tempo!! Podes achegar as túas creacións mentres dure o estado de alarma |
Un libro de cores |
|
Stacks of at Manuel Sueiro |
Como explicamos cando presentamos o noso proxecto ao “Club de Letras”, a nosa intención era coñecer a obra da artista Annie Morris como contrapunto a artista Yayoi Kusama, obxecto do noso traballo o curso pasado. Así comenzamos o noso book no que relacionabamos ás dúas artistas. Poidemos debuxalas, escribir sobre os seus países, bandeiras, idade e roupa característica. Non son moitas as páxinas que escribimos, algunha xa desde a casa, pero coa mesma ilusión. As lecturas non poideron ir máis aló da colección “Pepe en Inglaterra” e “Katie and the British Artists” por mor da situación sanitaria actual. O noso prologue amosa a visión global das artistas, mentras que o epílogo aínda está por escribir. Na galería de imaxes pódese ver cómo accedimos á información sobre Annie Morris, o inicio do noso traballo no book, as lecturas sobre artistas británicos e a cidade de London, lugar de orixe de Annie Morris. |
Hora de ler en Ed. Infantil |
Ao longo do curso 2019/2020 e ata a declaración do estado de alarma realizamos a Hora de ler co alumnado de Ed. Infantil todos os días da semana en sesións de 20 minutos. Con esta actividade perseguimos alcanzar os seguintes obxectivos:
Para consiguilo, realizamos distintas actividades lectoras, entre as que destacamos:
|
Hora de ler en 4º de Ed. Primaria |
A hora de ler realizouse todos os días de 12:00 a 12:20 sendo os mestres encargados son: Mª del Carmen Aldemira e Noberto Dorrío. E tomáronse como obxectivos os seguintes:
E como actividades:
TEXTOS TRABALLADOS
Actividades realizadas
Debido ao sucedido neste curso, no mes de marzo, quedaron actividades sen facer e textos sen ler. Pero, así a todo, durante parte do confinamento o alumnado continuou realizando a hora de ler.
A HORA DE LER é un tempo que gusta a todo o alumnado, independentemente da velocidade lectora, a maior ou menor capacidade de comprensión lectora, e polo xeral as actividades que se propoñen teñen moi boa aceptación na aula. |
STACKS OF JOY AT MANUEL SUEIRO |
Como indicamos na programación do PDI, o título é un xogo de palabras no que partindo do título dunha das series da artista, “Stack”, compoñemos o nome do proxecto no que o nome do centro, o traballo da artista e o aspecto lúdico quedan de manifesto. Resúltame ben complicado facer unha evaluación global do proxecto. A sensación persoal é agridoce porque aínda que o traballo que se poido facer foi bo e os nenos/as participantes no proxecto puxeron todas as súas enerxías e ilusións, a situación sanitaria non permitiu rematarlo e parece que todo o proxecto quedou no aire. Aínda así, a parte correspondente ao 1º trimestre quedou completa e o traballo foi excelente. Mantivemos comunicación coa asistente persoal de Annie Morris, Miss Julie durante o 1º trimestre e a artista tivo cumprida información do noso traballo, mostrando a súa conformidade e sorpresa agradable polo traballo desenvolvido polos nenos/as. Este traballo tamén foi o núcleo do PFPP: “Dinamizamos o centro a través da arte”, desenvolvido por cinco mestres do centro que promovía unha metodoloxía de OBSERVACIÓN directa entre alumnos/as e mestres. Así mesmo, fomos seleccionados no proxecto de innovación educativa “Club de Letras” con este proxecto e como contrapunto ao desenvolvido o curso pasado “CEIP Manuel Sueiro, the land of the rising polkadots”. Nos enlaces pódese seguir a evolución do noso PDI.
|
Día internacional da Infancia |
O 20 de novembro o alumnado de 4º conmemorou o Día Universal da Infancia, que é un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo. Con esta celebración pretendemos chamar a atención sobre a situación dos nenos e nenas máis desfavorecidos, sensibilizar sobre os seus dereitos e concienciar á xente da importancia de traballar todos os días polo seu benestar e desenvolvemento. As Nacións Unidas celebran este Día Internacional do Infancia en homenaxe á aprobación da Declaración dos Dereitos dos nenos e nenas en 1959 e a Convención sobre os Dereitos dos nenos e nenas en 1989, o tratado internacional máis ratificado da historia. O obxectivo do Día Universal da Infancia é recordar a todas as persoas que os nenos e nenas son o grupo máis vulnerable e, polo tanto, o que máis sofre de crises e problemas no mundo. É un bo día para coñecer as diferentes formas de colaborar cos nenos e nenas máis vulnerables, para que se recoñezan os seus dereitos e garanta o seu benestar e desenvolvemento. Na aula fixemos unha revisión dos dereitos da infancia e cada un de nos elaborou un slogan alusivo a un dereito. |
Día do bico |
O 13 de abril celébrase o Día Internacional do Bico e os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria traballamos sobre esta celebración. Para elo, partindo do conto ¿De qué color es un beso? cada un foi dicindo a cor da que cre que son os bicos: vermellos, verdes, de moitas cores, depende da persoa a que llo deamos... foron algunhas das ideas que saíron. A continuación lemos o conto nomeado anteriormente e despois da lectura fixemos un debate sobre como podemos dar bicos na actualidade debido á situación de COVID-19. Podemos bicarnos dicindo "quérote", lanzando bicos coa man ou virtuais, facendo xestos coas mans... Para finalizar a actividade, cada un coloreou o seu bico coa cor ou cores coa que o identifica e engadiu a súa forma de bicar na actualidade. |
Semana da auga |
Na primeira semana da Primavera celebramos a semana da Árbore e da Auga. Dende o luns 22 ao venres 26 de marzo realizamos diversas actividades centradas no libro que nos achegou a Deputación titulado “No país das augas”. Unha vez realizada a lectura da historia de forma colectiva durante esta semana pedímoslles ao alumnado que realizase un debuxo sobre o libro. Amosamos algúns dos seus traballos. |
Kick out Loneliness |
Decidimos dar unha patada ben forte á SOIDADE, e facernos fortes no grupo, sentindo o apoio, lealdade e orgullo ben entendido de pertenza a un grupo, no noso caso á aula de 6º E.P. da nosa escola. Tomando como referencia a fundación do Liverpool FC, aprendemos a historia do clube e os valores nos que se fundamenta. Mighty Red foi o guía no noso camiñar cara a igualdade, inclusión e diversidade. Aprendeunos que a nosa forza está na unidade e o esforzo, e que, co apoio de todos/as nós, ninguén se sentirá so ou soa. Somos os mellores supporters da grada KOPT. Non hai KOPITE mellor ca nós cando se trata de axudar e acompañar a quen se sinta apartado dalgún xeito. Porque como di o seu himno, AT CEIP MANUEL SUEIRO, |
Pescudando sobre Xela Arias | |
Hora de ler en Ed. Infantil |
Estas son algunhas das actividades realizadas na Hora de ler polo alumnado de Ed. Infantil:
|
Empréstitos na biblioteca |
Ao longo do curso 2020/21 funcionou o servizo de préstamo da biblioteca ata o mes de xuño con total normalidade, sen verse afectado polo protocolo COVID. Realizáronse préstamos dos seus fondos aos membros da comunidade educativa que o demandaron, para poder gozar coa lectura en tempos de lecer nas súas casas. |
Contacontos con Benjamín |
O xoves, 3 de febreiro, realizamos a actividade encadrada dentro da CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA, promovida polo CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, que leva por título Contacontos no colexio coa colaboración do grupo CGA. A actividade foi levada a cabo por Benxamín que foi capaz de marabillar coas súas historias aos nosos nenos e nenas con dúas sesións. A primeira das sesións foi para o alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria. Benxamín conseguiu que a partir de tres historias, nas que os protagonistas fosen tres nenos/as: o medroso, o máis rechulo e presumido e o máis valente, facendo participar, nestas divertidas historias ao resto dos nenos e nenas. Como conclusión, destes pequenos contos, pediulles aos nenos e nenas do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro “pedirlles aos seus pais e nais” para que lles seguisen contando bonitas historias e contos. A segunda das sesións foi para o alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria. As historias centráronse en dúas historias. A primeira delas relacionada coa maxia e todos aqueles desexos que puidesen ter. A segunda das historias relacionouse co “Porquiño de San Antón” e como o alumnado desfrutouse facendo carreiras de cabalos para poder salvar ao porquiño do seu San Martiño. Foi un día marabilloso que gustou a grandes e pequenos. Xa estamos agardando polo seguinte contacontos. |
Presentación do Día do libro |
Presentación do Día do libro a pantalla copleta |
Aforro de auga |
Durante o mes de novembro de 2021 o alumnado de 5º de Educación Primaria afondou no estudo do aforro da auga para o cal se levaron a cabo diversas actuacións.
|
Coidando o Horto escolar |
Durante o mes de abril de 2022 o alumnado de 5º de Educación Primaria afondou no estudo da eficiencia enerxética centrándose na redución da produción de dióxido de carbono e a redución do consumo para o cal nos centramos na plantación de produtos agrícolas na horta do CIFP Portovello.
|
Coñece a túa cidade |
O 8 de xuñoOs nenos e nenas de Ed. Infantil visitaron coa axuda de Martiño os lugares máis importantes da nosa cidade. Martiño recibiunos nas Burgas e desde alí guiounos nun percorrido pola Praza Maior, a Catedral e a Praza de San Martiño contaándonos historias moi divertidas. Como nos portamos moi ben, rematamos a excursión no Parque da Alameda. Que ben o pasamos!! |
Visita á biblioteca municipal de Ourense |
Nas semanas previas ao Día das bibliotecas escolares realizamos todo o alumnado do centro visitou as instalacións da biblioteca provincial para realizar unha xornada de animación á lectura e de formación de usuarios. O 10 de outubro o alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil, foi o que realizou a visita á Biblioteca Provincial de Ourense. Ao día seguinte, os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil e 1º de Ed. Primaria, realizaron a mesma visita para coñecer as instalacións da biblioteca. O 17 de outubro foi o alumnado de 2º, 3º e 4º de Ed. Primaria quen se acercou ata a biblioteca. Para rematar esta actividade de achegamento á biblioteca provincial, o 18 de outubro realizou a visita o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria. Na visita puidemos observar como é a biblioteca, cales son as súas normas, os diferentes libros que teñen... Tivemos a sorte de escoitar varios contos, pero o que máis nos gustou foi o “Pollo Pepe” e o de "Andrés mentiroso". Durante a vista, aos nenos e nenas que non tiñan carné o noso carné da biblioteca, foille facilitado un para que poidan facer uso dos servizos da bibliotecas coas súas familias. Pasámolo xenial!! Galería de imaxes da visita de 4º e 5º de Ed. Infantil Visita dos nenos e nenas de 6º de EI e 1º de EP |
Elaborando o libro de receitas para o Día da alimentación | |
Día das Bibliotecas 2022 |
Ao longo de todo o mes de outubro realizamos diversas actividades para celebrar o Día das bibliotecas. Entre elas, destacamos as seguintes:
|
Exposición de froitos do outono | |
A gruta da torre |
A gruta da torre conta a historia de Lois que viaxa coa súa familia a pasar outro verán en Ribadeo. Quique, Greta e o resto da cuadrilla agardan por el, e ese ano hai tamén unha nena nova. Non a coñece, mais morre por falar con ela. Na vella biblioteca da Torre dos Moreno, Quique encontra un libro e, no interior, un misterioso documento que fala dun pasadizo. A investigación vese sacudida pola aparición dunha foca, Cuquita, e tamén por uns estraños sucesos no faro da Illa Pancha. Actividade 1: Lectura Actividade 2: Análise das personaxes Actividade 3: Traballo de contidos da área de lingua Actividade 4: Ilustración Actividade 5: Traballo a través das TIC. Actividade 6: Conclusión/valores |
Día do Libro 2023 |
Nesta entrada reflectimos as novas sobre as actividades realizadas para o Día do libro 2023 no noso centro.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »