Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
Cantarola dos nenos |
Ao longo das semanas previas ao Día da Paz todas as aulas do centro traballaron co poema de Neira Vilas titulado "Cantarola dos nenos".
Cada clase ilustrou unha estrofa do poema. Ao rematar os traballos elaboramos un libro ilustrado do poema que pasou a formar parte dos fondos da nosa biblioteca.
O Día da Paz recitamos, na entrada do centro, o poema .
GALERÍA DE IMÁXES
|
Ponlle as pilas ao teu bocata |
O 21 de febreiro todo o alumnado do centro participou na actividade promovida pola consellería de Pesca "Ponlle as pilas ao teu bocata", para a dar a coñecer as múltiples virtudes das conservas dos produtos do mar. Esta iniciativa desenvólvese nos colexios públicos e numerosas competicións deportivas e campamentos da comunidade autónoma. “As conservas teñen unha chea de enerxía para o teu bocata” Ter unha dieta rica e equilibrada é fundamental para crecer. Levar unha alimentación adecuada, completa e variada dáche a enerxía necesaria para facer o que che guste durante o día. Coñecimos as especies mariñas en conserva, que xunto cunha gran variedade de alimentos vexetais, cereais, lácteos.. servirannos para elaborar os teus propios bocatas! Experimenta con todas as combinacións que se che ocorran, e gozarás de infinidade de sabores que che achegarán todos os beneficios enerxéticos que necesitas para crecer san e forte!. |
A recipe in my head |
Literalmente, tivemos a receita nas nosas cabezas, mellor dito, nos nosos cookeryhats. Durante dúas sesións da área de inglés aprendimos o vocabulario necesario para elaborar a nosa receita especial: CRAZY CATS. E na terceira, puxémonos mans á obra: Con yoghurt fixemos a face, con kiwi a mouth, con grapes a nose, con strawberries as ears e con cookies os eyes E velaí o resultado: DELICIOUS!!!!! |
O universo |
O alumnado de 4º e 5º de Ed. Infantil pescudou sobre o Universo no seu PDI. Partiron do conto "Como atrapar a unha estrela", de Oliver Jeffers, para motivalos a pensar sobre todos aqueles aspectos que lles resultan intrigantes sobre o universo. Resumimos a continuación as actividades realizadas ao longo do curso:
O traballo con este PDI foi moi motivador para os nenos e nenas. |
Producións da biblioteca no curso 2017/2018 |
Todo o traballo realizado ao longo do curso está reflectido na nosa aula virtual nun curso que creamos para o Seminario de formación "TACs, currículo e biblioteca: Novas metodoloxías".. Ligazóns a traballos elaborados na rede. Drupal.
Máis novas na web (cerca de 300 entradas na web do centro) Moodle. Actualizamos os recursos TIC para lingua e matemáticas:
Asemade actualizamos os xa existentes de:
Blogs do cole Google drive/docs.
Google presentacións:
Canal Youtube.
Google maps: Google fotos: Otro material na web 2.0:
Exelearning: Gamificción:
Libros Interactivos Multimedia (LIM): Audios co programa Audacity: Maquetacións: Vídeo |
Pescudando e fedellando con "Dédalo e Ícaro" |
O alumnado da aula de apoio e de 2º, 3º de Ed. Primaria dentro do proxecto “Aprendendo a través de mitos” realizou un traballo de documentación sobre o mito de “Dédalo e Ícaro”. Primeiro, buscamos na rede as versións existentes deste mito. Entre todos elaboramos unha nova versión que foi coa que traballamos na Hora de ler durante o primeiro trimestre. Con esta versión final, fixemos un reparto de escenas entre todos os participantes e cada un encargouse de debuxala en tamaño A4. Posteriormente escaneamos todas as imaxes que elaboramos do mito de Dédalo e Ícaro e montamos unha curta con el. Nos mesmos nos encargamos de pórlle voz á curta, empregando o programa de Audacity. Asemade, con ditas voces tamén elaboramos un podcast co mito que subimos á nosa conta en Soundcloud. Nas seguintes ligazóns podedes observar os produtos obtidos:
|
Carta á Raiña da auga |
No mes de marzo, coincidindo co semana da metereoloxía, elaboramos un cunha carta que achegamos á Raiña da auga. Asemade, aproveitamos a semana da poesía para traballar a composición de versos e estrofas relacionadas coa metereoloxía. Con todos os poemas elaborados polo alumnado, realizamos un poemario.
|
O comezo dos tempos |
O comenzo dos tempos Antes da aparición do home na terra, ao principio de todos os tempos, non había nada, nin terra, nin ceo, nin estrelas, nin firmamento. Só existían dous mundos: ao norte, un mundo nebuloso e frío, cuberto de auga xeada; ao sur, un mundo de lume que non deixaba de arder.
RECURSOS PARA TRABALLAR NA AULA
|
Mamá, quero ser Ziggy Stardust |
MAMÁ, QUERO SER ZIGGY STARDUST Hoxe que conmemoramos o día da paz e non violencia, tod@s nós acompañamos na súa viaxe polo seu universo a AINE, a protagonista do libro, “Mamá, quero ser Ziggy Stardust”, agasallo da concellería de educación de Ourense. Con este sinxelo acto queremos alzar a voz polo dereito ás diferenzas, a ser como cada un queira ser, a mirar aos outros sen prexuízos. Porque tod@s levamos dentro un chisco dese home das estrelas que mira ao mundo crendo que merece a pena coñecernos e respectarnos os uns aos outros tal e como somos. Queremos agradecer a Abraham Caride, un artista fóra do circuito convencional, que nos permitise visitar o seu espazo de arte e compartir con nós as súas obras sobre David Bowie e algunas das súas experiencias. E como recoñecemento a tod@s @s Ziggy Stardust que só piden un espazo para ser eles mesm@s … “ There´s a starman waiting in the sky … ” |
Día de Rosalía |
Para conmemorar o aniversario de Rosalía, ao longo da semana, traballamos na aula cos materiais que o EDL do centro ten recopilados na web. Como actividade central, recitamos o poema "Fun un domingo" entre toda a comunidade educativa e realizamos un vídeo con música de fondo "O son do ar" de Luar na Lubre.
|
Festa do Entroido 2019 |
O mes de febreiro é un dos noso preferidos do ano, non só pola cantidade de actividades complementarios que facemos se non pola celebración do Entroido. Este ano volvemos a traballar no Entroido a temática do proxecto documental integrado que este ano versa sobre “Dinamarca”. Por iso as temáticas escollidas tiñan todas algo que ver con este país: Os viquingos; Os libros de Hans Christian Andersen; A pequena serea; O parruliño feo; O soldadiño de chumbo; as pezas de Lego e a Garda Real danesa. Previamente ao desfile, o alumnado e profesorado degustou os exquisitos doces que moitas das familias aportaron altruístamente para que colleramos a enerxía suficiente para aguantar a festa. Desde aquí queremos agradecer a participación das familias na festa do cole e a colaboración prestada. Vídeos do desfile
|
Experimentando con volcáns |
No mes de maio o alumnado de 4º de Ed. Primaria realizou un experimento divertido e emocionante que consistía en reproducir no aula unha erupción volcánica. Previamente pescudaron sobre a orixe dos volcáns e os seus diferentes tipos. Posteriormente, realizarón un volcán fixérono con materiais de refugallo reciclados e para facelo entrar en erupción empregaron vinagre e bicarbonato. Simularon unha erupción volcánica aproveitando a evolución do gas (dióxido de carbono, CO2), que ten lugar na reacción ácido-base entre o vinagre e o bicarbonato. Pasárono xenial ao tempo que reforzaron os contidos traballados neste tema. No seguinte vídeo podedes observar todo o proceso seguido:
|
Hans Christian Andersen |
Introdución. O alumnado de 4º centrouse no estudo da CDU correspondente a biografías. Para o que pescudamos na vida e obra de Hans Christian Andersen. O traballo comenzou cunha fotografía e descubrimos quen era a personaxe, o seu oficio, lugar de nacemento, etc. Utilizaremos libros de contos, enciclopedias, internet… Os obxectivos previstos: coñecer a CDU de biografías, coñecer a CDU de xeografía, localizar Dinamarca en Europa, así como outros países deste continente, coñecer a vida e obra de Hans Christian Andersen foron alcanzados. Fixemos unha entrevista ao autor. Despois de ler, comentar e afondar na biografía de Andersen o alumnado escolleu unhas preguntas e a súa resposta para facerlle. Na aula de plástica fixemos un gran mural con Hans Christian Andersen e as fotografías do alumnado de 4º ao seu redor, onde quedou reflectido o seu traballo. Falamos de varios dos seus contos, xa coñecidos polo alumnado, e no Entroido o noso disfrace foi de Libro. Como non podía ser doutra maneira cada alumno levaba a portada dun conto del. Como ampliación do estudo das biografías, fixeron un traballo, por parellas. Biografías de mulleres cientificas que sendo descoñecidas ou casi, aportaron ou seguen aportando coñecementos e inventos, as vidas de todos nós. Utilizamos o libro Las Chicas son de Ciencias da editorial Montena: Mileva Maric, Patricia Bath, Stefanie Kwolek, Inge Lehmam, Beulah Louise Henry. Estos traballos foron expostos na aula e a cada alumno/a chamoulle a atención unha personaxe distinta. |
Xogos viquingos |
Neste curso traballamos na hora de ler, ademais das actividades propostas para esta hora, outras actividades para traballar o PDI da biblioteca que este ano o dedicamos a Dinamarca. Nós, escollemos o tema dos xogos viquingos e tradicionais daneses. Dito traballo consistiu fundamentalmente no fomento da lectura, lendo libros de aventuras que se basean nas tradicións das culturas nas que se desenvolvía a trama. Fixemos lecturas colectivas dos libros:
Fixemos debuxos sobre as lecturas, compilamos o vocabulario que non coñeciamos nun dicionario. Realizamos comprensións lectoras, recreamos xogos tradicionais de Dinamarca como da época dos viquingos. E buscamos información empregando as TICS. Realizamos lecturas dirixidas onde aprendemos un pouco da historia dos viquingos e a que xogaban de pequenos e o comparamos cos xogos tradicionais daneses. Xogos vikingos como:
Xogos treadicionais daneses como:
|
Kahoot! sobre Antón Fraguas |
Una vez rematado o mes das Letras Galegas e as actividades sobre o autor homenaxeado este ano, Antón Fraguas, O EDL do centro realizou un cuestionario de avaliación das aprendizaxes adquiridas a través dunha proba elaborada con Kahoot!. O carácter gamificador, desta proba, axuda a realizar esta actividade final dun xeito máis lúdico e motivador para o alumnado. Pasárono xenial!! |
Clubs das letras |
O proxecto co que o noso centro foi admitido no programa de innovación educativa “Club de Letras” leva por título: “STACKS OF JOY AT MANUEL SUEIRO”. Desenvolvemos este proxecto na área de plástica nos cursos de 1º e 2º EP dentro do plan de sección bilingües. O alumnado de 4º E.P. botaranos unha man nesta tarefa. No proxecto do curso pasado 2018-2019 adicámonos a coñecer a obra artística de Yayoi Kusama e o seu país, Xapón. Este curso 2019-2020 buscaremos un punto de vista complementario, a artista londinense Annie Morris, sendo sabedores da admiración que a británica sente pola artista xaponesa. Dúas mulleres unidas polo espírito artístico e diferenza das pola súa idade, Yayoi Kusama pasados os noventa anos e Annie Morris nos inicios dos seus corenta. Unha situación social ben diferenciada, Kusama unha muller coas limitacións da época que lle tocou vivir nun país de férreas tradicións que sen dúbida rompeu, e Morris, unha muller libre de ataduras nunha cidade e país á vangarda de movementos sociais e artísticos. Visibilizaremos o traballo da artista, muller, nova, multidisciplinar, da súa vida na cidade de Londres, onde naceu e traballa. Sairemos do ámbito puramente artístico para coñecer a cidade de Londres: Leremos, escribiremos e opinaremos sobre a artista, a súa obra e a cidade británica, interrelacionando os aspectos literarios e artísticos, valorando o seu traballo como ilustradora. Partindo do título dunha das series da artista, “Stack”, compoñemos o nome do proxecto no que o nome do centro, o traballo da artista e o aspecto lúdico quedan de manifesto: “STACKS OF JOY AT MANUEL SUEIRO”. |
Lámpada e corazón |
«Lámpada e Corazón» é o primeiro conto de valoReSC innovation da colección de «Contos singulares pola Igualdade e para a Ruptura de Estereotipos de Xénero», que se establece na infancia dos nenos e nenas e na adolescencia poden xenerar certo tipo de conductas dañinas para o individuo e a súa relación cos demáis. Os nenos son fortes e as nenas sensibles, as nenas princesas e os nenos cabaleiros, así coma outros esteteotipos de roles segundo o xénero que se constrúen na infancia e son a base de futuras consecuencias negativas que se observan en gran medida a partires dos 10 anos e que amosan riscos e danos nas persoas, sendo peores nas mozas. Estas son as principais conclusións do estudio Global Early Adolescent Study, elaborado en 15 países pola «Organización Mundial de la Salud» e a Universidad de John Hopkins (Baltimore, Estados Unidos). Dende valoReSC innovation nace o proxecto subvencionado polo Concello de Ourense (Concellería de Igualdade), para traballar nos centros escolares e de ocio para a ampliar as miras dos nenos e nenas en relación os roles de xénero. Mediante a intervención social a comunidade educativa, nais e pais poden traballar co material da colección a través de actividades lúdico educativas, sendo «Lámpada e Corazón» o primeiro conto ourensán para a igualdade, escrito por Josefina Martínez e ilustrado por Isabell Seidel e promovido por valoReSC innovation, que ten por obxectivo fomentar a reflexión e o diálogo para romper estereotipos e traballar no ámbito da igualdade de xénero. O conto acompáñase coas chapas da colección para os nenos e nenas que amosan mensaxes e imaxes que rompen estereotipos e roles de xénero, para que a nosa infancia sexa a mellor mensaxeira dos valores da igualdade. Que non che conten contos… a diversidade e os roles non son cousa de xénero! |
Festival de Nadal |
O 19 de decembro realizamos o Festival de Nadal no salón de actos do IES As Lagoas grazas á colaboración desinteresada do seu Equipo directivo e do persoal de non docente, o cal é de agradecer, unha vez máis. Damos as grazas, tamén, a todas as persoas asistentes, ás diferentes actuacións, polo seu apoio incondicional e a súa paciencia durante o tempo que durou o festival. O programa foi o seguinte: (En breves publicaremos os vídeos nesta entrada)
|
Reivindicando un libro, un escritor/a e unha libraría |
As circustancias especiais destas datas obrigou á celebración un pouco peculiar do Día do libro. Desde a Asesoría de bibliotecas organizouse unha actividade reivindicativa dun libro, dun autor/a e dunha libraría de proximidade. Aí vai unha das propostas do noso centro. Se premedes na imaxe teredes acceso a todas las achegas das diferentes bibliotecas do PLAMBE. |
Nova reorganización do espazo da biblioteca escolar |
Durante o verán redecoramos o espazo da biblioteca con nova pintura. Aproveitamos a ocasión para facer unha nova restructuración dos diferentes espazos de lectura da nosa biblioteca grazas á dotación material da Consellería e ao novo orzamento do PLAMBE. Reorganizamos os espazos para a lectura dos máis cativos e dos primeiros lectores |
Orlas do curso 2019/2020 | |
Heroes contra o Coronavirus |
O 25 de setembro inagurouse no noso centro o programa de formación sobre o coronavirus que organiza a Consellería de saúde nos centros educativos galegos e que leva por título "Heroes contra o coronavirus". No obradorio que dirixiron varias enfermeiras da Consellería de Sanidade, participou o alumnado de 5º e 6º de Ed. Infantil e 2º e 6º de Ed. Primaria. Para o alumnado de 2º curso de E. Primaria marcou o inicio do seu PDI de área cunha actividade na que foron nomeados VIRUS FIGHTERS, xunto con compañeiros/as de E.Infantil e 6º E.P. Coas nosas GOLDEN RULES, TAKE CARE OF ME, TAKE CARE OF US!, aprenderemos como coidándonos a nós, coidamos aos demais. Tamén veremos como cambiou unha profesión feminina como é a enfermeiría, sendo na actualidade unha profesión igualitaria. E daremos visibilidade a Florence Nightingale, esa primeira nurse que viu na hixiene o primeiro paso na mellora da saúde. Cantamos a canción “Rub your palms, one, two!”, compartindo o noso xeito de lavar as mans en English coas nurses do programa “Pupas, sustos e outros desgustos” (https://es-es.facebook.com/pupasysustos/ ) , enmarcado no programa do sergas, “Heroes fronte ó coronavirus”. Agasallamos ás nurses do programa cun libro sobre Florence Nightingale, dándolle as grazas por ser SUPERHEROES, en calquera lingua. THANK YOU for being our SUPERHEROES! GRAZAS por ser os nosos SUPERHEROES e nosas HEROÍNAS! GRACIAS por ser nuestros SUPERHÉROES y nuestras SUPERHEROÍNAS!
Actividade recollida en diferentes xornais |
Auga Máxica |
O alumnado de 3º de Ed. Pprimaria traballou o poema Auga Máxica de Carlos Fontes do poemario Versos con flor.
> |
Supersaudables |
O 2021 é o Ano Internacional das Froitas e das Verduras e, aproveitando o tema da saúde na materia de Ciencias Naturais, o alumnado de 4º de Educación Primaria indagou sobre estes alimentos así como sobre os hábitos saudables da man das persoas amigas nosas chamadas Supersaudables. Durante dúas sesións acudimos á biblioteca do cole para buscar información sobre a froita ou hortaliza coa que traballou cada alumno. Posteriormente, agrupamos esa información con fotos e debuxos e elaboramos un menú equilibrado. Por último, expuxemos o traballo realizado ao resto da clase, e establecendo un debate sobre o tema. |
Kick out Loneliness |
Decidimos dar unha patada ben forte á SOIDADE, e facernos fortes no grupo, sentindo o apoio, lealdade e orgullo ben entendido de pertenza a un grupo, no noso caso á aula de 6º E.P. da nosa escola. Tomando como referencia a fundación do Liverpool FC, aprendemos a historia do clube e os valores nos que se fundamenta. Mighty Red foi o guía no noso camiñar cara a igualdade, inclusión e diversidade. Aprendeunos que a nosa forza está na unidade e o esforzo, e que, co apoio de todos/as nós, ninguén se sentirá so ou soa. Somos os mellores supporters da grada KOPT. Non hai KOPITE mellor ca nós cando se trata de axudar e acompañar a quen se sinta apartado dalgún xeito. Porque como di o seu himno, AT CEIP MANUEL SUEIRO, |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »