Contido popular
Título | Resumo | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Food Heroes! |
INTERNATIONAL YEAR OF FRUITS AND VEGETABLES A FAO adica este ano 2021 ás froitas e verduras. Desde o noso colexio queremos incorporarnos a esa campaña co fin de manter unha dieta máis saudable e ao mesmo tempo, sostible. E como somos os/as SUPERHEROES do coidado da saúde de todos/as nós, convertémonos tamén nos FOOD HEROES. Podes seguir as aventuras dos Food Heroes nos seguintes Activity Books: O compromiso do CEIP Manuel Sueiro coa alimentación sa e saudable queda patente na campaña de froita no recreo que estamos a desenvolver. Pola nosa banda, puxemos en marcha o noso GARDEN PROJECT, que desenvolveremos en cada estación. In AUTUMN plantamos as primeiras seeds co fin de recolectar carrots. Step by step fixemos o noso camiño: Rocks – Sand – Compost – Seeds – Compost, and ... WATER Comezamos no outono do 2020 e recollemos a harvest nos inicios do 2021. Levamos para a casa as nosas mini-carrots e ben sabrosas que están. ATENTOS Á NOSA SEGUINTE PLANTACIÓN! |
||||||||||||
OS FOOD HEROES SAEN DA ESCOLA |
Os/as nosos SUPERHEROES non se conforman con coidar o seu GARDEN no cole. Agora deciden dar un chimpo e plantarse, nunca mellor dito, no CIFP Portovello coas súas tools e vegetables para facer a plantación da spring. En autumn plantamos e recollemos carrots, en winter plantamos Spanish onions ás que aínda lles queda un pouco para poder recollelas. E agora, en spring, no CIFP Portovello, plantamos tomatoes, lettuce, carrots e chives. Cando recollamos todo, disfrutaremos dunha HEALTHY SALAD. Moitísimas GRAZAS á comunidade educativa do CIFP Portovello por deixarnos un recunchiño do seu garden e ao profesorado por axudarnos na plantación dos nosos produtos. Somos os SUPERHEROES, os heroes da saúde, e na nosa teima por coidar a nosa saúde, insistimos na importancia dunha dieta saudable para unha mellora da nosa saúde xeral. Non esquezades o dito: ONE APPLE A DAY, KEEP THE DOCTOR AWAY! |
||||||||||||
Se fose sinxelo, lerían outros. |
O mércores, 28 de abril recibimos no noso centro a visita do General Jefe de la Brilat, Excmo. Sr. General de División don Luís Cortés Delgado, acompañado polo Coronel Jefe de la Delegación de Defensa de la provincia de Ourense, Ilmo. Sr. don Gustavo Doncel Paredes, o Suboficial Mayor del Cuartel General de la Brilat don Manuel Fariña Martínez e a Cabo Primera dona Ana Alonso Solla. Uníronselles o Sr. Inspector Xefe da Consellería de Educación de Ourense, don José Fisteos Suengas e a secretaria territorial de la Delegación de la Xunta en Ourense, dona Silvia Dorado Morales. A visita tivo lugar como recoñecemento ao proxecto escolar desenvolvido polos alumnos/as de 2º E. Primaria, titulado “SI FUERA FÁCIL, LEERÍAN OTROS”. As novas sobre a proxecto e o premio xa foron publicadas nesta web do centro. Queremos dar as máis efusivas grazas aos membros do Exército de Terra que se desplazaron ata o centro por considerar que somos merecedores do premio e a interese que amosaron polo noso proxecto. Así mesmo, a consideración e axuda, vía telefónica, na organización do acto, do Comandante Ponce de León e o Subteniente García. Unha vez máis, sentimos un profundo orgullo polo traballo, interese, e bo comportamento dos nosos alumnos e alumnas. Espertar a curiosidade nos nenos/as, fomentar o coidado medioambiental e respecto polos demais, é o que nos motiva, cada día, como mestres/as. O Sr. Director don José Manuel Rego, recibiu de mans do Excmo. Sr. General de división don Luís Cortés, o diploma acreditativo do premio e a metopa da Brilat. Por parte do centro, o Sr. Director fixo entrega ao Exmo. Sr. General de división dun cadro co logo representativo do noso centro, que foi resultado do concurso gañador de logos do centro xa hai algúns cursos. A autora é María Villarino López, nai dun alumno deste grupo de 2º E.P. A cabo primero, dona Ana Alonso, membro da Campaña Antártica tempo atrás, contoulles aos nenos/as como é a vida na Base Gabriel de Castilla e contestou as preguntas que os nosos/as alumnos/as lle formularon. Amosounos dúas imaxes que nos encheron de ledicia: o poste onde se indica a distancia que hai do noso cole ata a Antártida e un segredo que compartimos con vós: na Antártida hai unha nova especie de pingüinos, os SUEIRIÑOS. Os/as peques entregaron á Cabo unha camiseta co logo do cole e coa impresión da foto do seu proxecto. Ademais dos agasallos para o centro, os alumnos/as recibiron unha mochila cunha gorra e cores para continuar viaxe no mundo do coñecemento e aprendizaxe. Unha vez máis, GRAZAS aos nosos invitados e NORABOA, grupo de 2º E.P. A prensa fíxose eco desta nova: |
||||||||||||
Hora de ler en Ed. Infantil |
Estas son algunhas das actividades realizadas na Hora de ler polo alumnado de Ed. Infantil:
|
||||||||||||
PDI de 5º e 6º de Ed. Primaria |
O curso 2021/2022, o PDI do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro segue a directriz marcada por bibliotecas escolares de Galicia coa temática “A Biblioteca escolar ten a palabra”. O grupo de 5º e 6º de Educación Primaria céntrase na defensa e a loita que todos debemos levar a cabo para defender o noso medio ambiente, polo que van a realizar diversas accións que permitirán coñecer e mellorar o noso medio ambiente, para elo realizaremos as seguintes accións... 1º) Mes de novembro de 2021: Aforro de auga: do mesmo xeito que, no caso da enerxía, debemos apagar a luz cando non se estea utilizando, tamén debemos procurar pechar a billa cando non o necesitamos, evitando así desperdiciar un dos nosos recursos máis prezados. OBXECTIVO: Obxectivo 1: Reducir o consumo da auga entre un 1% con respecto ao consumo do ano anterior. ACTUAR:
2º) Mes de decembro de 2021: Aforramos enerxía. Obxectivo 2: Reducir o consumo eléctrico do centro 1% CONCIENCIAR: A enerxía é imprescindible para manter o progreso e o nivel de vida alcanzado, polo que a humanidade actualmente ten unha gran dependencia enerxética. ACTUAR:
3º) Mes de xaneiro de 2022: Uso responsable no medio de transporte. Obxectivos: Concienciar: Utiliza o transporte público. Actuar:
4º) Mes de febreiro de 2022: Reducir, reciclar e reutilizar. OBXECTIVOS: Obxectivo 4: Reducir o consumo de papel nun 1%. CONCIENCIAR: As 3 R: REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR. ACTUAR:
Plantamos árbores. Obxectivo: Obxectivo 5: Plantar unha árbore todos os anos na semana da auga e da árbore. Actuar:
6º) Mes de abril de 2022: Creamos o noso horto escolar. Obxectivos: Concienciar. Que é un horto ecolóxico? Todos pensamos que as froitas e verduras que se cultivan son totalmente saudables, pero en ocasións, cando compramos nun supermercado ou unha superficie comercial, non sabemos do todo como se sementaron e recollido estes alimentos, certo? Actuar.
7º) Mes de maio de 2022: Coidamos a flora e a fauna. A flora e a fauna son vitais para a subsistencia do planeta e do ser humano. Un ecosistema sen a presenza de árbores, daría lugar a unha escasa concentración de osíxeno, necesario para que todo ser vivo desenvólvase. Do mesmo xeito que a falta de animais rompería a cadea alimenticia. Necesitamos ecosistemas equilibrados para que prosperen as especies e plantas con biodiversidade. Actuar.
8º) Mes de xuño de 2022: Consumo responsable. Consiste en comprar un produto ou contratar un servizo que proveña de fontes onde os recursos actuais e futuros estean apoiados por unha cadea de valor onde o comercio xusto destaque. Actuar.
|
||||||||||||
Encontros con Andrea Maceiras |
O venres, 4 de febreiro, realizamos a actividade encadrada dentro da XXXII CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA, promovida pola Concellería de Educación do concello de Ourense, que leva por título Encontros co autor/a. Este ano a elixida foi a autora Andrea Maceiras que nos veu a falar do seu libro “A folla azul” que previamente traballamos no noso Club de lectura nos meses de decembro e xaneiro. O libro A folla azul relata a historia dun mundo verde así como o fogar de moitas tribos indíxenas que viviron alí desde o inicio dos tempos. Relata a historia de Husu Aké, membro da tribo dos Tacaré, filla da Nai Terra e habitante do mundo verde. Andrea Maceiras presentounos o seu libro a través dunha presentación que nos fixo reflexionar sobre a natureza. Logo tivemos a oportunidade de facerlle preguntas sobre o seu libro. E para rematar as sinaturas adicadas dos nosos libros. Foi un enorme pracer ter connosco a Andrea Maceiras e xa estamos agardando a que escriba o seu próximo libro. |
||||||||||||
A folla azul |
O Clube de lectura de 5º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como segundo libro “A folla azul” de Andrea Maceiras da editorial Xerais. LIBRO 2º: A folla azul de Andrea Maceiras da editorial Xerais. O libro foi traballado nos meses decembro, xaneiro e febreiro do curso escolar 2021/2022 e conta a historia da Amazonia que é un mundo verde e único. Tamén é o fogar de moitas tribos indíxenas que viviron alí desde o inicio dos tempos. Algunhas delas manteñen relación coa civilización, mentres que outras decidiron permanecer voluntariamente ocultas no corazón da selva contando a historia de de Husu Aké, membro da tribo dos Tacaré, filla da Nai Terra e habitante do mundo verde. Na selva amazónica do Brasil vive a nena da tribo Tacaré, Husu Aké. A avoa de Husu Aké ten poderes adiviñatorios. Intúe que o home branco chegará ás terras dos Tacaré causando grandes problemas, por iso decide compartir coa neta todos os seus coñece- mentos, incluídos aqueles que adquiriu de nena cando viviu entre os brancos como a lingua portuguesa. O día que os brancos chegan á aldea, a avoa de Husu Aké pídelle á nena que abandone o poboado. Os brancos, portadores de virus descoñecidos para os Tacaré, contaxian a poboación. Todos menos a avoa caen enfermos. Cando Husu Aké regresa á aldea, o xefe noméaa guerreira para que parta en busca de axuda aos habitantes do poboado. A nena, tras ter a enigmática visión dunha folla azul, percorre os confíns da selva ata dar co home branco. O que alí atopa espántaa. O home branco está a destruír a natureza para conseguir ouro. Por sorte, tamén hai brancos bos. Husu Aké coñece unha familia que a axuda. O pai é médico e canda a nai, que é avoga- da, forman parte dunha ONG cuxo símbolo é unha folla azul. A familia viaxa coa nena á aldea e, grazas aos coñecementos médicos do pai, consegue curar a enfermidade que decimaba a poboación. Husu Aké salvou a súa xente, pero algo nela cambiou para sempre. A nena acabará deixando a aldea para vivir coa familia branca. Alí converterase en avogada e nunha activista polos dereitos dos pobos indíxenas. Despois da lectura do libro o alumnado traballou a súa comprensión a través de diferentes preguntas e temática:
Actividades Antes da lectura
Despois da lectura
As actividades realizadas durante o 11 de decembro de 2021 e o 3 de febreiro de 2022 concluíron coa realización dos debuxos sobre o conto así como a visita da autora, Andrea Maceiras. No mes de febreiro tivemos un encontro con Andrea Maceiras, autora deste libro.Na seguinte ligazón recollemos esta actividade: |
||||||||||||
Elaborando o libro de receitas para o Día da alimentación | |||||||||||||
A Lazy Ladybird! |
Nesas estabamos cando decidimos percorrer o xardín da escola e amosarlle o noso horto. Non foi un voo moi longo, pero a ladybird descubriu o pracer de voar en liberdade. FLY LADYBIRD FLY!
|
||||||||||||
Club de Lectura do curso 2023/2024 |
O Club de Lectura do cole volta a brillar! O curso 2023/2024 foi un ano de grandes éxitos para o Club de Lectura do cole. Tras o premio nacional conseguido no curso anterior, a participación e o entusiasmo de nenos e nenas alcanzou niveis sen precedentes. Un espazo para o amor á lectura O Club de Lectura converteuse nun oasis para os amantes dos libros. O Club de Lectura do cole voltou a funcionar como un paraugas dos clubs de lectura de 1º Ciclo, 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria. Nenos e nenas de todos os cursos e idades reúnense para compartir a súa paixón pola lectura. Nun ambiente acolledor e distendido, len de forma silenciosa ou colectiva, discuten sobre as obras lidas, intercambian opinións e descobren novos autores e xéneros. Un legado de éxito O premio nacional obtido no curso 2022/2023 serviu como un impulso importante para o Club de Lectura. Este recoñecemento reforzou a confianza do alumnado na súa capacidade para desfrutar da lectura e espertou o interese de outro estudantes que antes non participaban neste tipo de actividades. Un futuro prometedor O éxito do Club de Lectura no curso 2023/2024 énchenos de orgullo e anímanos a seguir traballando para mellorar o programa e ofrecer ao noso alumnado a mellor experiencia posible. Queremos agradecer a todos os nenos e nenas que participaron no Club de Lectura durante este curso, así como ao seu profesorado e familias polo seu apoio. Tamén queremos estender o noso agradecemento ao equipo da biblioteca do colexio pola súa dedicación e traballo incansable.
Esperamos que o Club de Lectura do Sueiro siga crecendo e acadando éxitos nos próximos anos!
|
||||||||||||
Visita ao Museo Municipal de Ourense |
Mozos Estudantes Convértense en Artistas por un Día O 21 de maio de 2024 o alumnado de 3º e 4º de educación primaria viviu unha experiencia educativa e cultural inesquecible ao trasladarse ao Museo Municipal de Ourense para presenciar unha exposición de destacados pintores e escultores locais. Durante a visita guiada, o alumnado tivo a oportunidade de descubrir e observar en detalle as obras de importantes artistas ourensáns. A actividade, organizada co obxectivo de fomentar o interese pola arte e a cultura local entre os máis pequenos, foi recibida con gran entusiasmo por parte dos nenos e nenas. A xornada non se limitou só á observación pasiva das obras. Inspirados polos artistas que descubriron, cada estudante realizou un bosquexo da obra que máis lle impactou. Este exercicio práctico permitiulles expresar a súa creatividade e pór en práctica o aprendido durante a visita. Como remate desta enriquecedora actividade, os bosquexos realizados polo alumando foi exposto no mesmo museo, permitindo aos pequenos e pequenas artistas ver os seus traballos nun contorno profesional e compartilos co público visitante. Esta iniciativa, que combina educación e arte, subliña a importancia das actividades extracurriculares no desenvolvemento integral dos estudantes e reforza o vínculo entre a comunidade educativa e as institucións culturais de Ourense. Ademais, proporciona aos alumnos e alumnas unha experiencia práctica que potencia as súas habilidades artísticas e promove o seu crecemento persoal. O evento tamén serviu para visibilizar o talento local e conectou os mozos co patrimonio cultural da súa cidade, cultivando un maior aprecio pola arte orixinaria de Ourense. Con esta actividade, o Museo Municipal de Ourense demostrou unha vez máis o seu compromiso co apoio á educación e a promoción da cultura entre as novas xeracións. |
||||||||||||
Valor da auga, dos mares e océanos |
Durante o curso 2023/2024, o Proxecto de Desenvolvemento Integral (P.D.I.) centrouse no coidado do medio ambiente, especificamente na temática do ODS 14: Vida Submarina. Este enfoque busca sensibilizar e educar ao alumnado sobre a importancia da auga dos mares e océanos para a sustentabilidade do planeta. Obxectivos
Actividades Realizadas Lecturas e Análise de Libros
Cada libro foi lido e discutido en clase, fomentando a análise crítica e a reflexión sobre os temas presentados. Vídeos Didácticos Proxectáronse varios vídeos didácticos que abordaron a temática da vida submarina, a contaminación dos océanos e as medidas de conservación. Estes vídeos serviron como complemento visual ás lecturas e discusións en clase. Obradoiros e Experimentos en Clase Leváronse a cabo diversos obradoiros e experimentos para que os alumnos puidesen aplicar de maneira práctica os conceptos aprendidos. Temporalización As actividades desenvolvéronse durante o terceiro trimestre do curso, con periodicidade quincenal. Isto permitiu un seguimento continuo e unha integración adecuada dos contidos no plan de estudos. Metodoloxía Empregouse unha metodoloxía activa e de descubrimento guiado, promovendo a participación activa e a aprendizaxe autónoma dos alumnos. As actividades apoiáronse na maioría en soportes escritos, pero priorizouse o traballo a través da comunicación oral. Esta metodoloxía axustouse ás características individuais do alumnado, asegurando que cada estudante puidese participar e aprender de maneira efectiva. Resultados e Avaliación O alumnado demostrou un alto nivel de compromiso e comprensión sobre a importancia de coidar os océanos e mares. As actividades prácticas e as visitas didácticas foron especialmente efectivas para consolidar as aprendizaxes teóricas. A lectura dos libros seleccionados fomentou un interese xenuíno polos temas medioambientais e motivou discusións enriquecedoras en clase. Conclusión O proxecto "Valor da Auga dos Mares e Océanos" logrou os seus obxectivos de sensibilización e educación ambiental. Os alumnos de 4º de Educación Primaria non só adquiriron coñecementos sobre a vida submarina, senón que tamén desenvolveron unha actitude proactiva cara á protección do medio ambiente. Este enfoque educativo integral sentará as bases para futuros proxectos que continúen promovendo a sustentabilidade e o respecto polo noso planeta. Recomendacións Para próximos cursos, recoméndase:
|
||||||||||||
Mergúllate nun mar de números |
Este curso, a Asesoria de Bibliotecas Escolares propuxo como tema de traballo o mundo das matemáticas. Desde a biblioteca do noso centro, animámonos a volver realizar un proxecto documental que estea en sintonía coa temática suxerida pola Asesoría. Despois de reflexionar e deliberar sobre os contidos a traballar, ao longo do curso, no PDI, o Equipo de Biblioteca elixiu o seguinte título: "Mergúllate nun mar de números". O PDI foi presentado, a toda a comunidade educativa, o Día da Biblioteca e utilizamos para a ocasión unha representación teatral moi orixinal, que foi interpretada espectacularmente polo alumnado de 5º e 6º curso.
Galería de imaxes coa ambientación que realizamos nas aulas e corredores en relación ao PDI "Mengúllate nun mar de números".
|
||||||||||||
As mandas do meco | |||||||||||||
Xogando ás olas coas Pitas de Eiroás |
O último venres de xaneiro, víspera do domingo oleiro, as Pitas de Eiroas cordinaron o xogo das olas no noso colexio. Previamente, tivéramos un obradoiro onde nos explicaron a orixe da Pita de Eiroás e asemade nos amosaron como decorar as olas coas que posteriormente íamos xogar. Este ano, unha nova cor pendurará do broche da Pita e 2016 será a VERDE CLARA, coa que queren facer fincapé na defensa do ensino público, despois de ter sido unha das propostas de cor nos últimos anos e ante a continuidade dun modelo que semella ir encamiñado cara a precarización dos servizos públicos e de calidade. No desenvolvemento da actividade participaron tres Pitas de Eiroás e todo o alummado e profesorado do centro. Esta resultou ser moi entretida para todos os participantes. A pesar de que había un bo número de olas, estas resultaron insuficientes debido á aceptación e entusiasmo que amosaron os participantes no xogo. Na galería de imaxes podedes observar o ben que o pasamos... |
||||||||||||
Herbas e plantas medicinais |
Neste curso no PDI do centro adicámonos a explorar sobre Galicia. Para acadar os obxectivos propostos: buscar e coñecer herbas e plantas medicinais da contorna; recompilar distintas clases de herbas e plantas máis comúns que se usan como remedio de enfermedades; coñecer que tipo de enfermedades curan as distintas plantas medicinais: respiratorias, dixestivas, da pel …e coñecer como se usan as distintas plantas medicinais: infusións, uso tópico … desenvolvéronse as seguintes actividades:
Caderno de "Herbas e plantas medicinais" |
||||||||||||
Cancodrilo na horta |
O 26 de xaneiro, na sala de usos múltiples do noso cole, tivemos o privilexio de contar coa presenza da contacontos ourensá Sabela que encandilou ao alumnado coa posta en escena de dous contos da colección "Cancodrilo" de Xabier López e ilustrados por Javier Rey e Silvia González. Coas aventuras de "Cancodrilo", metade home e metade crocodilo, na horta e pintando, traballamos valores, coma o respecto e a amizade, engatusados polos poderes máxicos de Sabela. Sobra dicir que o pasamos xenial, como ben reflicten as imaxes da Galería.
|
||||||||||||
Da man de Baldomero, a pintura e escultura imos coñecer. |
Comenzamos o traballo observando pinturas de Baldomero Moreiras e pintámola porta da nosa aula a semellanza dun cadro deste autor “Cando chove é un bo día" que nos servirá tamén para o proxecto de Meteoroloxía. Da mesma maneira fomos facendo “Bolas de neve” con relación ás distintas actividades desenroladas no centro, utilizando distintas técnicas creativas. Despois de estudar distintos estilos de pintura realizaron na area de plásticas algunhas actividades: paisaxismo, retrato, modernismo, etc. Tivémola sorte de que Baldomero Moreiras quixera estar con nós para realizar un obradoiro plástico co que confeccionamos un cadro de pombas. Asemade, puidemos facecerlle unha entrevista. No entroido disfrazámonos das esculturas ourensás de Ramón Conde: Construimos a estatua de Joan Miró “Mujer y Pajaro”. Para terminar buscaron documentación sobre escultura en distintas épocas e plasmámolo nun Power Point. O traballo realizado foi moi satisfactorio e cumpliu cos obxectivos propostos no PAL. |
||||||||||||
Xestión da biblioteca co programa MEIGA | |||||||||||||
Irma Ruth del Ángel |
|
||||||||||||
Ponlle as pilas ao teu bocata |
O 21 de febreiro todo o alumnado do centro participou na actividade promovida pola consellería de Pesca "Ponlle as pilas ao teu bocata", para a dar a coñecer as múltiples virtudes das conservas dos produtos do mar. Esta iniciativa desenvólvese nos colexios públicos e numerosas competicións deportivas e campamentos da comunidade autónoma. “As conservas teñen unha chea de enerxía para o teu bocata” Ter unha dieta rica e equilibrada é fundamental para crecer. Levar unha alimentación adecuada, completa e variada dáche a enerxía necesaria para facer o que che guste durante o día. Coñecimos as especies mariñas en conserva, que xunto cunha gran variedade de alimentos vexetais, cereais, lácteos.. servirannos para elaborar os teus propios bocatas! Experimenta con todas as combinacións que se che ocorran, e gozarás de infinidade de sabores que che achegarán todos os beneficios enerxéticos que necesitas para crecer san e forte!. |
||||||||||||
María Victoria Moreno (2018) |
A escritora María Victoria Moreno Márquez, filla de Vicente, militar, e Sara, mestra, naceu na cidade cacereña de Valencia de Alcántara o 1 de maio de 1939. Estudou o bacharelato en Barcelona e Filoloxía Románica na Universidade Complutense de Madrid cos profesores Rafael Lapesa e Dámaso Con 22 anos trasladouse a Galicia para dar clases de Lingua Española en institutos de Lugo, Sanxenxo e Pontevedra. Nesta cidade traballou nos IES «Valle Inclán» e «G. Torrente Ballester». Foi unha gran defensora do galego, idioma no que escribiu a gran maioría da súa obra literaria. A súa primeira publicación foi «Mar Adiante», en 1973. Dous anos despois, gañou o 1º Premio do Concurso de Contos Infantís O Facho coa obra «O cataventos». A súa producción literaria en galego é enorme e a maioría adicada aos lectores máis novos: «Anagnórise», «Leonardo e os fontaneiros», «E haberá tirón de orellas?», «Guedellas de seda e liño», «Eu conto, ti cantas», «A brétema»... O 22 de novembro de 2005, aos 66 anos, finou na cidade de Pontevedra. Este ano a Real Academia Galega adícalle o Día das Letras 2018 polos libros que escribiu e pola defensa do noso idioma. Texto orixinal do Seminario Galán |
||||||||||||
Obradoiro de Viaqua: Aqualoxía |
O 23 de maio realizamos a actividade que leva por título “Aqualoxía”. Nesta actividade participaron os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, os cales descubriron como é o ciclo da auga nas cidades. No obradoiro experimentamos a través do xogo con míltiples recursos didácticos, tales como: bombas de vacio, coadores,… Ao final de dita actividade, fomos agasallados cun diploma e unha mochila pola nosa participación. Xa estamos agardando a que volvan no curso que ven. Pasión pola auga!! |
||||||||||||
Hora de ler de 1º de EP |
Na aula de 1º de Ed. primaria, reforzamos a lectura empregando libros en castelán e galego. O grao de dificultade das mesmas ía en función da comprensión lectora dos alumnos. Traballamos tanto a lectura individual como a lectura colectiva, en voz alta e de xeito encadeado, de libros como “Un baúl lleno de dinosaurios”, “A avoa non quere comer”… Fíxose un seguimento individualizado da comprensión lectora e da velocidade lectora de cada un dos alumnos. Asemade, os luns e os mércores traballamos a lectura de poesías. Dividimos o proceso en catro partes:
En todo o proceso, respectamos a creatividade do alumnado, os seus intereses e as súas necesidades. “Poesía es la unión de dos palabras que uno nunca supuso que pudieran juntarse, y que forman algo así como un misterio.“ |
||||||||||||
Chove miudiño |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »