O 30 de xaneiro celebramos no cole o Día da Paz e non violencia coa realización das seguintes actividades:
Recitamos o poema de Neira Vilas "Cantarola dos nenos". Previamente cada curso traballara na súa aula unha estrofa do poema plasmando graficamente o que representaba dita estrofa. Con todas as ilustracións, realizamos un gran libro que pasará a formar parte dos fondos da biblioteca.
Todo o centro participou na actividade "Grúas pola Paz". Coñecemos a historia deste movemento en prol da Paz. Cada alumno deixou un desexo nuha grúa para achegar ao mural colectivo que creamos na entrada do centro.
Coa mestra de música, practicamos ao longo da semana a coreografía da canción de Paco Nogueiras "Apertas que voan" que cantamos o Día 30 na entrada do cole.
Para rematar a nosa teacher organizou a actividade "Walk with the Refugees" na que entonamos a canción que hoxendía o Liverpool ten coma o seu himno.
Parte do resultado do noso traballo podédelo ver no seguinte libro que recolle o poema de "Adiós ríos, adiós fontes..." traballado polo alumnado de 2º e 3º de Primaria.
Ao longo da semana do 23 de marzo celebramos no colexio a Semana escolar da Árbore e da Auga seguindo o programa da Deputación de Ourense que este ano estivo dedicada ao salgueiro.
Na Hora de ler o alumnado traballou o conto de Xosé A. Perozo e Viki Berre titulado "A invención do salgueiro en Ourensanía".
O día da árbore prantamos un salgueiro no partio do centro e cantamos a canción de Paco Noguieras "Cos pes na terra".
Este ano, o Día do libro celebrámolo xunto co alumnado do CIFP Portovelo, nunha xornada de convivencia entre os dous centros, a carón da sobreira senlleira do barrio das Lagoas.
O noso alumnado interpretou a canción "Un libro" de Paco Nogueiras.
O alumnado de Ed. infantil representou unha obriña teatral titulada "Quen anda no Universo".
O alumnado do CIFP Portovelo realizou lecturas escollidas dos seus autores favoritas.
Na semana das Letras galegas contamos coa presenza dos nosos veciños do CIFP Portovelo, na biblioteca do noso centro para interpretar varias pezas musicais para violín entre as que ían intercalando a recitaxe de versos dos poemas "Os vellos non deben de namorarse" e "Adeus ríos, adeus fontes".
Nos agasallámolos cun marcapáxinas da autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas que levaba impreso nunha das súas caras o poema de Mª Victoria Moreno "Xa non teño medo". Todo o alumnado do centro participou nunha versión rapeada deste poema.
No mural de meteoroloxía o alumnado de 3º de Ed. Primaria é o encargado de actualizar e manter as novas relacionadas co proxectos de Meteoescolas que se está a desenvolver no noso centro.
No curso 2017/2018 volvemos a participar no programa "Froita fresca na escola" organinado pola Consellería de Educación en colaboración co FOGGA e Fondo europeo de garantía agraría.
Este actividade está incluída dentro do programa do Plan Proxecta "Aliméntate ben".
O obxectivo principal desta actividade estivo relacionado coa oferta a todo o alumnado do centro de froita fresca ao longo de catro semanas do curso. Dúas foron ipartidas antes de Nadal e aoutras dúas a final de curso.
Visto o éxito e aceptación do programa por parte de toda a comunidade educativa, para o próximo curso voltaremos a participar nel.
Estades todos e todas convidados a presenciar todo o que está a acontecer nos corredores do noso cole... iso si, se vindes ver o cole, traede unha cámara fotográfica para inmortalizar o voso careto no espectacular photocallque temos na entrada.
O 18 de xaneiro, dentro do programa-concurso PILABOT que organiza a Xunta de Galicia xunto a Ecopilas, ERP e Ecolec, sobre a recollida selectiva de pilas e acumuladores, o alumnado de 3º e 4º participou nun obradoiro sobre que son as pilas, as súas partes, como se reciclan ou como podemos cambiar os nosos hábitos de consumo.
Ao remate da sesión, participamos nun concurso no que gañamos todos/as.
Ata finais de mes estamos en prazo de recoller no colexio pilas e acumuladores para o concurso que promove esta actividade.
Ao longo da semana do Entroido os mecos do noso cole ditaron as ordes que tiñamos que cumprir para poder entrar a traballar. Cabeza, pescozo, extremidades e todo o corpo foron as partes da nosa anatomía cara onde se dirixiron as ordenanzas destes dous "mandaríns".
Na seguinte galería de imaxes podedes observar con máis detalle os nosos cumprimentos.
O 22 de marzo celebramos o Día da Poesía no patio do noso cole conxutamente coa celebración do Día da árbore.
Ao longo de toda a semana cada curso traballou na súa aula un poema sobre árbores e natureza. O último día da semana, durante a Hora de ler, recitamos os diferentes poemas traballados mentres plantabamos un bidueirono xardin do noso cole.
A Hora de ler funcionou ao longo de todo o curso 2018/19, na aula de Ed. Infantil, coma no resto dos cursos do cole.
Con esta actividade alcanzamos, entre outros, os seguintes obxectivos:
Estimular o interés pola lectura.
Favorecer o desenrolo da creatividades, atención e linguaxe.
As principais actividades realizadas foron as seguintes:
Comezamos lendo o conto deixando cos nenos e nenas vexan as ilustracións e
comenten aspectos relacionados co conto.
Imaxinamos como é o protagonista e outras personaxes do conto e o expresen cas
súas palabras.
Os mais pequenos axúdanlle as veces os maiores pois este ano están os tres niveis
de infantil na mesma aula.
Inventan títulos e finais distintos para o mesmo conto.
Todo isto facémolo na alfombra da clase e despois cada un vai o seu sitio e aquí debuxan ou pintan ( os mais pequenos ) algo relacionado co conto.
Traballamos especialmente o conto “O casamento do piollo e a pulga” para representalo no colexio o día das letras galegas.
Pintaron e recortaron cada un a súa careta da personaxe que lle tocou representar do conto. Ensaiámolo na aula e tamén na biblioteca do Colexio para representalo como xa mencionei anteriormente o día das letras Galegas.
Memorizaron poesías para conmemorar o día da poesía , o día do libro, o comezo
do outono a primavera.
O máis complicado deste curso foi as veces escoller os contos para que lles gustasen a nenos e nenas de tres idades diferentes.
No curso escolar 2018/2019, a hora de ler, realizouse todos os días de 12.00 a 12.20 tendo como obxectivo prioritario Contribuír ao fomento do gusto pola lectura.
Centrámonos na consecución dos seguintes obxectivos:
Mellorar a lectura (comprensión e expresión lectora).
Actuar con autonomía na vida cotiá e nas relación de grupo.
Actividades.
Ler o conto en distintas versións (lectura en voz alta e en voz baixa)
Dramatizar algún episodio do conto.
Colorear debuxos do conto.
Escoitar o conto.
Traballaremos coa prensa analizando noticias. Miraremos, asemade, como a mesma noticia pode ser interpretada de diferentes xeitos dependendo da persoa que a lea.
Temporalización.
Na hora de ler, que se realizou todos os días de 12.00 a 12.20 utilizáronse os seguintes libros:
1º trimestre: libros comúns a todos os nenos e nenas.
Castelán: La fábrica de chocolate
2º trimestre: lectura pautada en galego e castelán a través da selección de libros.
Castelán: La isla de Nuncameolvides.
Galego: O enigma do Menhir.
Galego: Crispín do Mao, Crispín do Mar.
Galego: ¡Adeus pes!
Galego: Catro pallasos.
Galego: A dama da auga e o segredo das árbores.
3º trimestre: lectura pautada en castelán a través da selección de artigos vinculados a cultura danesa. Para a realización desta actividade configurouse unha caza do tesouro que leva por título “Pescudando sobre Dinamarca” http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/1232, así como una avaliación a través do programa Kahoot https://kahoot.it/
Como conclusión, destacar que cando as persoas traballan en equipo, é indiscutible que se melloran os resultados. A valoración do traballo en equipo foi en aumento ata o punto de pasar, dunha estratexia de motivación e de resolución de problemas, a darlles capacidade para tomar decisións, planificar e conducir os mesmos procesos dos que son protagonistas.
Os nenos de terceiro de Ed. Primaria realizamos no PDI de centro, un traballo sobre o conto: “EL SOLDADITO DE PLOMO” e as distintas CDU.
No primeiro trimestre pescudamos sobre a vida do autor Christian Andersen.
No segundo trimestre traballamos o conto e na semana do Entroido disfrazámonos de soldadiños e bailarinas.
No terceiro trimestre encadrámolo conto na súa correspondente CDU . A partir de aí traballamos o resto das CDU e fixemos un mural infográfico para o corredor do primeiro andar que serviu de información para toda a comunidade.
O alumnado de 4º E.P. aportou ao PDI de centro un proxecto no que unimos a cidade de Odensecoa de Funabashien Xapón, na que se encontra un parque adicado a Hans Christian Andersen. As dúas cidades están irmanadas grazas ao autor danés.
Co noso autobús da compañía CDU, collemos a liña 3 que percorre as ciencias sociais, a liña 8 que transita polas rúas da literatura, e a liña 9 que organiza as viaxes.
Esta asociación de Dinamarca co Xapón nos serve para complementar o proxecto da área de plástica nas sección bilingües adicada á artista Yayoi Kusama e Xapón.
Neste curso os alumnos e alumnas de quinto curso de primaria traballaron o PDI correspondente a este curso sobre o sistema de clasificación da CDU na biblioteca e o tema a tratar foi “OS VIQUINGOS EN DINAMARCA”.
Partiron das ideas que xa tiñan sobre a cultura viquinga:Eran guerreiros salvaxes.
Bos navegantes.
Saqueaban pobos e ciudades.
Fabricaban as súas armas.
Tiñan moitos deuses.
Posteriormente, adentrámonos sobre o que querían saber sobre dita cultura :
Orixe e historia.
Vida social e clases.
Cultura.
Elección dos seus xefes.
Papel da muller , etc.
Entre as ACTIVIDADES realizada cabe destacar as seguintes:
Búsqueda de información sobre os apartados e nomenclatura da CDU para encuadrar a historia dos viquingos.
Lectura de libros e revistas.
Pescuda de información en Internet.
Visionado de documentais e cortometraxes.
Documentación e xogos sobre os viquingos ( Libro “Erik y Harald, guerreros vikingos).
Reforzado co concurso de animación á lectura.
Elaboración de disfraces de viquingos ( Entroido) e as súas armas( espada, escudo …..).
Confección dun DRAKKAR ( barco de guerra viquingo).
Elaboración de coplas para o asalto ao mosteiro.
A final de curso, fixemos unha exposición do traballo feito no corredor do colexio coa información obtida durante a consecución deste proxecto.
A avaliación, tanto por parte dos alumnos como do titor sobre o proxecto,foi positiva.
Neste curso traballamos na hora de ler, ademais das actividades propostas para esta hora, outras actividades para traballar o PDI da biblioteca que este ano o dedicamos a Dinamarca. Nós, escollemos o tema dos xogos viquingos e tradicionais daneses.
Dito traballo consistiu fundamentalmente no fomento da lectura, lendo libros de aventuras que se basean nas tradicións das culturas nas que se desenvolvía a trama.
Fixemos lecturas colectivas dos libros:
“Los futbolísimos. El misterio del castillo encantado…” cuxa historia desenvolvese en Escocia, que foi o primeiro lugar a onde chegaron os vikingos.
“El amanecer de los vikingos” que conta como os vikingos que sucaron os mares de Dinamarca, Noruega e Suecia, atacaron as costas de Ecocia e Irlanda.
Fixemos debuxos sobre as lecturas, compilamos o vocabulario que non coñeciamos nun dicionario. Realizamos comprensións lectoras, recreamos xogos tradicionais de Dinamarca como da época dos viquingos. E buscamos información empregando as TICS.
Realizamos lecturas dirixidas onde aprendemos un pouco da historia dos viquingos e a que xogaban de pequenos e o comparamos cos xogos tradicionais daneses.
Xogos vikingos como:
GEITUR SKOT: o tamén chamado tiro de cabras
SPINNING TOP: xogo de peonza
Glima: tipo de loita libre
TAFLO HNEFA – TAFL: parecido ao xadrez
Xogos treadicionais daneses como:
CHISPA HASTA DAASEN: é unha variante do escondite, xógase cun bote e para librarse hai que patealo.
Como explicamos cando presentamos o noso proxecto ao “Club de Letras”, a nosa intención era coñecer a obra da artista Annie Morris como contrapunto a artista Yayoi Kusama, obxecto do noso traballo o curso pasado.
Así comenzamos o noso bookno que relacionabamos ás dúas artistas. Poidemos debuxalas, escribir sobre os seus países, bandeiras, idade e roupa característica. Non son moitas as páxinas que escribimos, algunha xa desde a casa, pero coa mesma ilusión.
As lecturas non poideron ir máis aló da colección “Pepe en Inglaterra” e “Katie and the British Artists” por mor da situación sanitaria actual.
O noso prologueamosa a visión global das artistas, mentras que o epílogo aínda está por escribir.
Na galería de imaxes pódese ver cómo accedimos á información sobre Annie Morris, o inicio do noso traballo no book, as lecturas sobre artistas británicos e a cidade de London, lugar de orixe de Annie Morris.
Neste curso, no P.D.I. traballamos a igualdade entre homes e mulleres. O grupo de 3º e 4º de Educación Primaria fixámonos nas profesións e oficios para ver se aínda o alumnado cre que hai traballos de homes e traballos de mulleres. Tamén fixemos pescudas entre as familias e xente próxima ao alumnado.
Na maioría dos casos existía unha grande coincidencia entre a forma de pensar dos nenos/as e as súas familias.
As respostas da enquisano alumnado vense perfectamente as diferencias entre os nenos e as nenas. Mestres as nenas opinan que a gran maioría de profesión non hai diferencia para ser desempeñado por uns ou outras, nos nenos obsérvase que si consideran profesións de homes, por exemplo apagar incendios, pilotar avións ou arranxar coches.
E, si son de mulleres, planchar, limpar a casa, facer de canguro ou traballos agrícolas. No referente a traballos para ámbolos dous sexos, eles pensan en medicina, avogacía, perruqueira ou coidar enfermos.
Nos pais e nais, maioritariamente, pensan que nas profesións propostas na enquisa non habería diferencia entre ámbolos dous sexos.
Fixéronse actividades de lecturas e debates coa intencionalidade de modificar algúns estereotipos e contabamos repetir a enquisa cara finais de curso. Non se puido realizar polo tema do covid 19. Ao igual que as actividades de conversas co alumnado de mulleres de profesións maioritariamente masculinas: taxistas, garda civil... da nosa cidade, que xa tiñamos practicamente concertadas. Queda pendente para o próximo curso.
Como inicio do noso Proxecto fixemos a presentación del, na biblioteca do centro para todo o alumnado.
Cada neno e nena de 3º e 4º representaba un oficio ou profesión, sempre facendo referencia a igualdade de traballo entre ambolos dous sexos, levando algo relativo ao mesmo e o resto do alumnado tiña averigualo.
Tamén realizamos debuxos dalgunhas profesións facendo fincapé nos estereotipos de xénero que a sociedade ten sobre as mesmas para o mural do PDI do centro.
Na entroido disfrazámonos de todo o persoal sanitario con enfermos /as incluídos, representando sempre a homes e mulleres en tódolos estamentos deste colectivo.
Avaliación Valoramos positivamente os seguintes aspectos:
O curso escolar 2019/2020 estivo marcado polo un feito insólito, nunca sucedido ata o día de hoxe no ensino obrigatorio como foi o confinamento iniciado o día 16 de marzo de 2020. Neste curso, o P.D.I. do centro ten como lema “Biblioteca escolar: viveiro de cidadanía”, e os grupos de 5º e 6º de Educación Primaria centrámonos no tema na: Igualdade e traballo en equipo: superando as diferenzas entre todos e todas, para o cal utilizamos diversos materiais entre os que se encontran os seguintes:
Libros da hora de ler durante o curso escolar 2019/2020: Billy Eliot. Barco de Vapor, Todo cambió con Jacob. Alfaguara; El club de los raros. Barco de Vapor; La aventura del 8 de mar-zo. Anaya; Mi padre quiere casarse con tu madre. Barco de Vapor ; De chico a chica. Barco de Vapor;As peripecias de Extravaganza Pérez de Ledicia Costas; Iciar quere cambiar o mundo de Fina Casalderrey; O principiño de Antoine de Saint-Exupery e O brazalete máxico de Rocío Rueda.
Materiais didácticos centrados na igualdade de xénero:
Caderno de actividades para primaria. Proyecto Equal Vía Verde para la igualdade.
Guía para la coeduación para el alumnado de primaria. Deputación de Zaragoza.
O porqué deste traballo integrado resúmese nas seguintes liñas centradas nas súas vantaxes, tales como:
Máis motivación. O alumnado alcanza unhas necesidades de rango superior.
Os membros dun equipo de traballo teñen a oportunidade de aplicar os seus coñecementos e competencias, e ser recoñecidos por iso, mesturando fortalezas complementarias.
Maior compromiso mellorando o desempeño.
Máis ideas.
Máis creatividade e a aprendizaxe.
Mellora a comunicación e reduce a tensión.
Mellores resultados, aumentando a eficiencia e a produtividade.
Traballamos os seguintes obxectivos:
Construír confianza co alumando e coas actividades propostas por eles.
Establecer obxectivos comúns
Crear sentido de pertenza
Involucrar ao alumnado na toma de decisións
Buscar o entendemento entre partes
Impulsar a comunicación
Aproveitar a diversidade
Celebrar os éxitos do grupo
Favorecer o compromiso mutuo e a responsabilidade compartida
Ademais dos obxectivos, citados anteriormente, os cales se caracterizan polas características da metodoloxía centrada nos PDI (Proxectos Documentais Integrados) os obxectivos que se perseguiron con este proxecto documental integrado centrados en “Igualdade e traballo en equipo: superando as diferenzas entre todos e todas” son os seguintes:
Obxectivos:
Fomentar igualdade, o respecto e a amizade entre os distintos nenos e nenas da clase, independente das súas características persoais.
Establecer un diálogo no que se destaquen actitudes que favorezan a igualdade e solidariedade.
Comentar as actividades positivas e negativas dos nenos e nenas: na aula, no patio, no ximnasio, nos servizos e nas escaleiras.
Comentar a importancia do voluntariado, fomentando hábitos de colaboración e altruísmo.
Afianzar nos alumnos a capacidade de elección e de toma de decisións propias, estimulando un espírito critico e reflexivo.
Descubrir as capacidades e limitacións persoais para favorecer o intercambio e a convivencia.
Desenvolver condutas de igualade e socialización.
Aprender a descubrir o mellor de cada un para lograr a autoconfianza e a autoestima.
Resolución non violenta de conflitos:
Promover o diálogo e desenvolver técnicas para alcanzar o consenso.
Lograr a aceptación da diversidade e a non discriminación.
Progresar na adquisición das pautas do traballo en equipo fomentando a igualdade.
Potenciar a empatía para facer fronte á indiferenza.
Analizar condutas sociais que determinan a marxinación e poñer en marcha alternativas.
Asumir compromiso de revisar e mellorar actitudes e valores.
Contidos.
Pautas para o logro do consenso.
Características do traballo en equipo.
Contidos dos Dereitos Humanos e Dereitos do Neno.
Estudo da riqueza artística do noso país: museos, xardíns, monumentos, bibliotecas.
Valores da convivencia humana: igualdade, non violencia, axuda,....
Realización de dinámicas nas que, por grupos, discútanse os contidos daqueles Dereitos Humanos que cada un xulgue máis importantes, tratando de contrapoñer opinións para impulsar a autocrítica e a reflexión.
Establecemento entre o alumando de solucións non violentas a algúns dos problemas que máis afectan á clase.
Realización de xogos e dinámicas que impliquen a interrelación de todo o alumnado da clase e favorezan o seu achegamento e contacto centrados no respecto e na igualade.
Interese por traballar en equipo, capacidade de valoración do esforzo e traballo dos compañeiros/as.
Grao de participación nestas actividades e conduta no traballo cos compañeiros/as.
Capacidade para manter un diálogo: escoitar, comprender e comunicar.
Descubrimento das capacidades persoais: autoestima.
Aceptación no grupo de todos os membros e non marxinación.
Toma de conciencia da importancia de reflexionar e analizar as opinións dos demais como paso previo á exposición das nosas.
As actividades realizadas en relación ao PDI, ao longo do curso, foron as seguintes:
Día 27 de setembro de 2019: actividade grupal para celebrar a Semana polo Clima. La Cumbre do Clima é un foro político na que diferentes partes, conformadas por representantes de máis de 200 países, empresas, organizacións da sociedade civil e outros grupos reúnense para tomar decisións en pos de reducir os efectos do cambio climático e continuar co Protocolo de Kioto e o Acordo de París. En 2019, a edición número 25 tivo lugar en Madrid.
Día 16 de outubro: Día mundial da alimentación. Celebramos no colexio o día mundial da alimentación sa, que ten como lema Unha alimentación sa para un mundo #HAMBRECERO. O primeiro é apostar polas comidas feitas na casa e axudar a concienciar sobre a importancia do consumo de produtos coma vexetais, froitas e verduras, realmente ricas en vitaminas e minerais onde o traballo en equipo en de toda as sociedades fan que todos poidamos desfrutar dunha alimentación sa.
Día 24 de outubro: presentación do PDI da aula de 5º e 6ºde Educación Primaria que leva por título “Igualdade e traballo en equipo: superando as diferenzas entre todos e todas”. O alumnado de 5º de Ed. Primaria representou unha obra de teatro que eles mesmos elaboraron e titulada "A nosa biblioteca", co fin de iniciar a formación de usuarios do novo alumnado do noso centro aos que lles foi entregado o seu carné de biblioteca.
Día 27 de xaneiro de 2019: Plan Director. O 27 de xaneiro de 2020 o alumnado de 5º e 6º de Educación primaria recibiu a charla formativa sobre o acoso escolar nos centros educativos. O relatorio foi realizado por Lorena, membro do Corpo Nacional da Policía. Un dos obxectivos principais desta actividade é contribuír a formar ao alumnado no respecto aos dereitos e liberdades fundamentais, e nos valores de dignidade e igualdade entre homes e mulleres, así como conciencialos sobre a necesidade de erradicar as condutas violentas do ámbito escolar, buscando o desenvolvemento de condutas pro-activas no rexeitamento e denuncia destes comportamentos e informarlles dos recursos de que dispón a sociedade para axudarlles.
Día 30 de xaneiro:xogos populares. O 30 de xaneiro, o alumnado 5º e 6º de Ed. Primaria participou nun obradoiro de xogos populares que desenvolveu a fundación Xaquín Lorenzo, no noso centro ao longo de toda a xornada lectiva. Os xogos que realizou o alumnado de 5º e 6º, nesta ocasión, foron a billarda, os bolos, a birolla. A realización de xogos ten como obxectivo principal a Igualdade e traballo en equipo buscando a superación das diferenzas entre todos e todas.
Día 5 de febreiro: Por cuatro esquinitas de nada . Lido e traballado co alumnado de educación infantil , en sesión PELO, o alumnado que asiste o aula de audición e linguaxe e cos alumnos e alumnas de sexto de educación primaria, dentro da hora de ler. Este conto tan sinxelo, trata do intento de cambiar para ser como os demais, e dos consellos do resto para entrar no grupo normalizado, coa ensinanza de que non é cadrado o que ten que cambiar, se non a porta. O alumnado de 6º escribiu un relato curto de exemplos que coñecían ou que poderían acontecer na vida real, e máis elaboraron en grupo pequenos murais cunha mensaxe que lembraba a integración das diferenzas como algo positivo.
Día 6 de febreiro: encontros co autor: Kusuma. O 6 de febreiro o alumnado de 5º de Educación Primaria participou nos “Encontros co autor” con Héctor Cajaraville, autor do libro “Kusuma” e organizado pola concellería de educación nas instalacións do Liceo de Ourense co fin da promoción do hábito lector entre os escolares ourensáns e o traballo en valores. A actividade comezou coa dotación, por parte da Concellería dos libros seleccionados para o alumnado de 5º curso de Educación Primaria e a súa lectura na aula e o posterior encontro co autor do libro. Esta actividade ten dous importante obxectivos. Por unha banda poñer en contacto directo aos escolares cos escritores e ilustradores e por outra banda, dar a coñecer e preto o traballo dun escritor e ilustrador. Os libros foron entregados aos escolares no mes de decembro e hai unhas semanas, e tras a lectura, realizouse o encontro con Héctor Cajaraville, momento no que o alumnado tivo a oportunidade de coñecelo e conversar con el sobre a temática do libro e as principais mensaxes que se achegaban coa súa lectura. O resumo argumental do libro, trata da historia de Kusuma é unha faisán femia procedente da remota selva de Kaltim, que se ve obrigada a marchar do lugar en que sempre viviu debido á acción destrutiva do ser humano. Co obxectivo de buscar un futuro mellor para ela e mais a rolada de pitiños que agarda, cruza medio mundo ata chegar a Galicia. Pero alí as cousas non van ser doadas: a desconfianza da maior parte dos animais da fraga en que se instala, o medo ao diferente e ao que vén de fóra, obrigará a Kusuma a demostrar o seu valor e o seu dereito a ser unha máis na terra de acollida. Neste libro profundan na cooperación, superación da amizade, un exemplo de como os prexuízos con que ás veces nos enfrontamos co descoñecido.
Semana do 10 ao 14 de febreiro: Semana do amor e da amizade. Un dos obxectivos da Igualdade e traballo en equipo buscando a superación das diferenzas entre todos e todas, debe centrase na amizade e para iso o CEIP Manuel Sueiro celebra a Semana do amor e da amizade. A amizade é un sentimento desinteresado que une a persoas moi diferentes, rompe fronteiras, tende lazos de solidariedade. É tan poderoso pola súa natureza mesma de bondade. Os amigos son as persoas que cada un eliximos para pasar tempo de lecer. Eles escóitannos, escoitámoslles, rimos e compartimos actividades que nos gustan. Confiamos neles para contar as nosas alegrías e as nosas penas. No noso cole os alumnos e alumnas agasalláronse con fermosas cartas de amizade.
Día 21 de febreiro: Entroido. O 21 de febreiro realizamos desfile de disfraces no polideportivo do noso centro ante unha gran afluencia de familiares do noso alumnado. Este ano participamos con catro comparsas relacionadas co PDI que cada unha delas está a desenvolver nas súas aulas. En 5º e 6º representamos o descubrimento dun asteroide e a súa colonización despois de viaxar ata el, pola nosa galaxia, no Apolo Sueiro.
Día 8 de marzo: terminación do traballo “A Ecopanda e o Románico”. O alumnado de 5º de Educación Primaria do CEIP Manuel Sueiro traballou durante o segundo trimestre a lectura do libro “A Ecopanda e misterio do Románico” centrándose na investigación dun grupo de nenos e nenas (Marta, Xiana, Henrique e os xemelgos Álvaro e Xaime) ao longo da ruta principal do camiño de Santiago intentando descubrir os roubos das pexas románicas. O traballo rematouse o 8 de marzo de 2020.
Padriños lectores: Búsqueda e selección na biblioteca, por parte dos alumnos e alumnas de 6º curso , de contos para os alumnos de Educación infantil con temática de aceptación das diferenzas . Entre outros títulos destacaron :“ O año que é un porquiño” ; “ Princesa Kevin”; “Vivan las uñas de colores”; “Elefante Elmer “ e “ La princesa que quería escribir”.
O 16 de marzo de 2020 prodúcese un feito insólito nunca sucedido ata o día de hoxe como é a suspensión da actividade lectiva quedando sen concluír a actividade programada para o 3º trimestre como era:
Lectura dos libros centrados na Igualdade e traballo en equipo superando as diferenzas entre todos e todas.
Billy Eliot. Barco de Vapor.
Todo cambió con Jacob. Alfaguara.
El club de los raros. Barco de Vapor.
La aventura del 8 de marzo. Anaya;
Mi padre quiere casarse con tu madre. Barco de Vapor.
De chico a chica. Barco de Vapor.
El principito. Antoine de Saint-Exupery.
El brazalete mágico . Rocío Rueda.
Materiais didácticos centrados na igualdade de xénero:
Caderno de actividades para primaria. Proyecto Equal Vía Verde para la igualda-de.
Guía para la coeduación para el alumnado de primaria. Deputación de Zaragoza.
Recollida de información e materiais didácticos para traballar co alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria:
Como cambiaron os tempos.
Distintos traballos da vida dunha persoa.
Dobre xornada e usos do tempo.
Iguais e diferentes.
Conciliación da vida persoal, familiar e laboral.
Que podo facer eu.
Metodoloxía e recursos utilizados:
A metodoloxía de traballo foi a lectura individual e en voz baixa dos libros que se entregan na mochila viaxeira e nas diferentes actividades propostas polo docente e centradas na igualdade e traballo en equipo. Cada quince días realizarase a posta en común de cada unha das actividades propostas. Dita exposición permitirá ao resto do seus compañeiros/as a elección do libro que máis lle guste.
A nosa intención foi a de propor unha serie de obxectivos que sexan realistas, coherentes e avaliables, que estean estreitamente ensamblados e non poidan separase uns doutros. Con todos e cada un dos contidos para traballar tentamos:
Poñer de manifesto a discriminación da muller a causa do sexismo imperante en áreas como a familia, a escola, o traballo, os medios de comunicación,..
Expoñer e criticar os estereotipos sexistas, así como as liñas de actuación para superalos.
Someter a reflexión e crítica o uso sexista da linguaxe
Reflexionar ao redor da idea de que o sexismo non se basea tanto en contidos como en valores, actitudes, e comportamentos
Propoñer medidas de acción positiva destinadas a cambiar as actitudes sexistas en homes e mulleres, e a loitar por unha relación máis igualitaria
Avaliación: Para avaliar o resultado utilizouse a seguinte táboa de dobre entrada, sen embargo non é posible a realización da mesma xa que está planificada no 3º trimestre e coincide co período de confinamento.
Como conclusión, e aínda que non foi posible a realización completa do PDI é importante destacar que cando as persoas traballan en equipo melloran notablemente os resultados. A valoración do traballo en equipo foi en aumento ata o punto de pasar, dunha estratexia de motivación e de resolución de problemas, a darlles capacidade para tomar decisións, planificar e conducir os mesmos procesos dos que son protagonistas, todo isto foi posible durante o 1º período comprendido entre o 4 de outubro de 2019 e o 13 de marzo de 2020.
Ao longo do curso 2019/2020 e ata a declaración do estado de alarma realizamos a Hora de ler co alumnado de Ed. Infantil todos os días da semana en sesións de 20 minutos. Con esta actividade perseguimos alcanzar os seguintes obxectivos:
Estimular o interese pola lectura.
Favorecer o desenrolo da creatividades, atención e linguaxe.
Para consiguilo, realizamos distintas actividades lectoras, entre as que destacamos:
Comezamos lendo o conto o mesmo tempo que verán e tocarán as ilustracións con moito coidado.
Inventar outro títulos relacionados co conto.
Imaxinar como é o protagonista e outras personaxes do conto.
Debuxos relacionados cos contos.
Describir as personaxes do conto.
Contar o conto coas súas propias palabras
Inventar historias diferentes con esas personaxes
Memorizar o conto “O casamento do piollo e a pulga”.
Representalo na aula.
Elaborar o vestiario implicándoos a eles, picando, recortando, pintando….
Representalo o día do Festival de Nadal do Colexio.