Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
El asesinato de la profesora de lengua |
O Clube de lectura de 5º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como quinto libro “El asesinato de la profesora de lengua” de Jordi Sierra i Fabra da editorial Anaya durante o período comprendido entre o 19 de abril e o 20 de maio. Este libro conta a historia dunha profesora de lingua chamada Soledad, ela amaba ensinar e un dos seus propósitos como educadora era inculcar nos seus alumnos o amor pola lectura. Ela tratou a maneira de dar o seu maior esforzo para conseguilo, pero despois dun tempo decidiu avaliar ao seu grupo de alumnos para ver canto aprenderan. Ese día a profesora Soledad leva unha gran sorpresa, ao avaliar aos seus alumnos deuse conta de que os seus esforzos foran en balde, xa que os seus alumnos non aprenderan nin a máis mínima cousa do que ela lles ensinou, así que por conseguinte a maior parte dos estudantes estaban a piques de perder a materia de lingua. Ante iso a profesora Soledad decidiu facer un último intento por conseguir que os seus alumnos aprendesen a arte da lectura. Así que con axuda da directora e un primo dela quen se fixo pasar por un inspector, levou a cabo o seu plan. Ao día seguinte os alumnos da profesora Soledad esperaban como era de costume que a súa profesora entrase pola porta do salón para dar a súa clase, pero é día quen entro ao salón de clases foi o inspector e a directora, a cal levaba nas súas mans unha carta escrita pola profesora Soledad que dicía que se volveu tola por culpa dos seus alumnos e que por iso mataría a un deles ás oito da tarde. Para evitar que pasase esa suposta traxedia debían descubrir onde se atopaba escondida a profesora Soledad por medio de pistas que ela lles ía a dar. Eles debían atopala antes das oito da noite, que era a hora que ela levaría a cabo o seu plan. Os alumnos ao escoitar a arrepiante carta quedaron atónitos ao pensar que podía ser calquera deles quen correría coa mala sorte de que a profesora Soledad o matase. Así que de inmediato comezaron a procura de pistas para poder dar co paradoiro da profesora de lingua. Tasio, Gaspar e Ana foron os primeiros en atopar a primeira pista que estaba oculta nun xornal. O plan da profesora Soledad era que cada pista atopásese oculta nalgún documento de lectura, para poder descifrar as pistas os seus alumnos debían ler o documento completo, pola contra non poderían chegar ata ela. Dese xeito a profesora Soledad lograría que os seus alumnos poñan en práctica a lectura. Con dificultade, os alumnos van descubrindo aos poucos as pistas, en total eran oito e cada pista contiña unha letra que ao unilas descifraba o lugar onde se atopaba a profesora de lingua. Cando os alumnos atopan a última pista decatáronse que quedaban soamente tres minutos para as oito da noite, e que o prazo de tempo estaba por vencerse, así que correron a fume de carozo ao lugar que sinalaban as pistas. O lugar era un parque, no que se atoparía a mestra de Lingua, os alumnos ao chegar a lugar levaron a gran sorpresa de que a mestra de lingua non se atopaba soa, ela encontrábase acompañada da directora e do seu primo quen se fixo pasar polo inspector. Alí a profesora confesoulles que todo fora un plan para lograr que eles aprendesen máis sobre a lectura. A profesora felicitou aos seus alumnos e como recompensa por lograr descifrar as pistas, recompénsolles cun gran premio que sería, aprobarlles a materia de lingua. O alumnado ilustrou as diversas personaxes do asasinato da profesora de lingua :
|
Mochilas viaxeiras |
No curso escolar 2021/2022 o alumnado de 5º curso utilizaron dúas mochilas viaxeiras que foron intercambiadas cada quince días durante todo o curso. O traballo de alumnado queda reflectido nos debuxos que se acompañan nos libros configurados para elo. As mochilas viaxeiras permiten ao alumnado un préstamo por un período de quince días, para compartir coas familias o contido da mesma. O contido do material foi escollido polo titor de 5º curso, supervisado pola biblioteca e procurando que teña a maior variedade de textos e formatos para que o alumando poida elixir. Acompañan a estes materiais “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, novas creacións, debuxos, achegas, …, sobre o contido da mochila. O material que acompaña a mochila do alumando de 5º curso de Educación Primaria foi o seguinte. 1º mochila:
2º mochila:
Como conclusión, destacar que ler en familia é unha actividade moi divertida que axuda a entrelazar lazos entre os pais e nais e os seus fillos e fillas enriquécenos a todos. Ademais, a lectura enriquece intelectualmente aos nenos e nenas, estimulando a súa imaxinación, a capacidade para resolver problemas, a memoria e a linguaxe, axúdalle a coñecer o mundo no que vive e impúlsalle a querer saber máis. Comentando as lecturas que facemos todos xuntos podemos reflexionar sobre o lido, os valores do libro infantil e xuvenil que escollésemos, explorando nosos propios sentimentos. É, en definitiva, unha axuda na educación dos nosos fillos, polo que é importante proporcionarlle ao alumnado lecturas estimulantes, acompañalos no descubrimento do pracer da lectura, sendo un hábito moi saudable e cheo de beneficios. |
A señorita Bubble |
No 3º trimestre, o alumnado de 4º de Educación Primaria traballou A Señorita Bubble escrito por Ledicia Costas e ilustrado por Andrés Meixide. O libro conta como a xente da vila sentiu un odio repentino pola señorita Bubble desde o mesmo día da súa chegada. A inventora apareceu por sorpresa unha mañá solleira, conducindo un convertible que funcionaba a vapor, e instalouse naquela vivenda que levaba tantos anos deshabitada. Repudiárona polo seu atavío, polos seus inventos, polo seu singular xeito de vivir. Ninguén sospeitaba o que en realidade sucedía no interior da mansión da señorita Bubble. Actividade 1: Lectura Lectura individual en voz baixa, lectura grupal en voz alta. A presentación da personaxe protagonista e os comentarios que suscitou a súa chegada deu pé para traballar os prexuízos: entenderon perfectamente que as primeiras impresión son importantes, pero non definitivas e que, a mior parte das veces, as cousas non son o que parecen. Actividade 3: Traballo de contidos da área de lingua O texto serviu como práctica para traballar os contidos que estabamos dando na aula nese momento: os verbos (tempos verbais, conxugacións), pronomes, tipos de oracións. Actividade 4: Ilustración Os rapces realizaron debuxos das personaxes en diferentes situación e con diferentes calidades, o que nos permitiu afondar nos contidos relacionados cos adxectivo. Actividade 5: Conclusión/valores Despois da lectura fixemos un mapa conceptual sobre os valores que se poden extraer da historia. |
Vialín |
O 13 de maio, visitou o noso centro o obradoiro Vialín, autoescola para peques, foi unha divertida actividade sobre educación viaria da Concellería de Educación de Ourense, na que tivo o privilexio de participar o alumnado de 6º de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria un ano. Neste obradoiro ensináronnos como cruzar os pasos de peóns, como comportarnos cando imos pola cidade, semáforos, sinais de tráfico...xogando a ser peóns, aprendemos a movernos pola cidade respectando os sinais e normas de tráfico. Pasámolo xenial!! |
Mellora das instalacións da biblioteca |
Este curso, no mes de setembro, melloramos as instalacións da biblioteca coa dotación dun novo chan de tarima que a fai moito máis acolledora, despois da pintura que lle demos no curso pasado. Asemade, aproveitamos a ocasión para reestruturar dun xeito máis funcional os recantos dos que consta: informática, inclusiva, lecer, fondos grupo 8 da CDU, zona de xestión... Na seguinte galería de imaxes podemos observar como está actualmente. Esperamos que vos guste!! |
Obradoiros de elaboración de receitas para o Día da alimentación |
Para rematar o día 19 o noso alumnado imitou ás persoas que exercen de grandes CHEFS, recreando diferentes receitas nos obradoios de cociña que realizamos en todas as clases do cole para posteriormente degustalos entre todos e todas. Obradoiro do alumnado de 4º de Ed. Infantil Obradoiro do alumnado de 5º EI Obradoiro do alumnado de 1º de EP Obradoiro do alumnado de 2º de EP Obradoiro do alumnado de 3º de EP Obradoiro do alumnado de 4º de EP |
Canción "De ellos aprendí" | |
Experimentando con vasos leñosos | |
Orange the word! |
Seguindo as suxestións das Nacións Unidas, no cole seguimos coa teima de ORANGE THE WORLD! Queremos un mundo no que as mulleres e as nenas teñan un futuro brilante, que todas podamos SHINE, SHINE, SHINE. A UNESCO anímanos este ano a levar a nosa ORANGE UMBRELLA! Do mesmo xeito que os paraugas nos protexen da chuvia, as orange umbrellas nos protexen da violencia de todo tipo exercida sobre mulleres e nenas. As nenas e menos de E. Primaria elaboraron as súas propias umbrellas, e os peques de E.Infantil, uníronse nunha BIG UMBRELLA, debuxando as súas mans dentro dela, a xeito de paraugas protector. 25th NOVEMBER International |
Desfile de Entroido 2023 |
O venres, 17 de febreiro, participamos no desfile de Entroido que organizamos polas rúas do centro de Ourense, xunto aos colexios do Mestre Vide e Curros Enríquez e contando coa colaboración do Concello de Ourense. Cada colexio ía de unha temática diferente. A do noso estaba relacionada co PDI que estamos a desenvolver este curso: “Coidemos o noso mar”. O alumnado de 1º, 2º e 6º de EP disfrazáronse de estreliñas de mar, os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP ían de buzos e o alumnado de Infantil engalanouse con escamas de peixes de cores para crear tres bancos de peixes diferentes. O desfile foi todo un éxito debido a gran participación das familias ao longo de todo percorrido. |
A YELLOW SUBMARINE! |
A canción “The yellow submarine” serviu de excusa para aprender máis sobre o medio mariño: fish, waves, the sea, ... Pero o noso yellow submarine non se move cun motor contaminante do fondo do mar, a enerxía que o move non pode ser máis limpa e inocente: As voces e a ilusión polos seus traballos a prol do coidado do mar. DISFRUTA DO FONDO MARIÑO A BORDO DO NOSO YELLOW SUBMARINE! |
Desde o corazón da mazá |
Coincidindo coa semana da prensa realizamos o concurso sobre o libro de Xan Farias: “Desde o corazón da mazá”, co cal estivemos a traballar ao longo do mes de febreiro no Club de lectura de terceiro de EP. O libro é unha colección de textos escritos por un neno ao longo dun verán que lle mandou elaborar o mestre como tarefa. Un delicioso mosaico formado por pequenas teselas que, todas xuntas e cada unha por separado, son exquisitas. O autor obriga ao lector a montar as historias, a imaxinar moito que non está escrito. É case tan importante o que conta como o que non conta. Farias axuda a facer lectores intelixentes. Nesta ocasión, o resultado final do concurso estivo moi disutado, resultando gañador o equipo formado por Maia e Carlota. Moitos parabéns para todos e todas polo traballo desenvolvido!!
|
Visita á biblioteca da Ponte |
O 20 de abril o alumnado de 1º e 2º visitou a biblioteca do barrio de A Ponte para realizar unha sesion de animación á lectura e de formación de usuarios. Por medio dun contacontos realizado cun kamishibai a responsable da biblioteca foinos presentando os diferentes recantos que pode ter unha biblioteca e os diversos tipos de fondos bibliográficos cos que nos podemos encontar nela. Tivemos un tempo para a lectura individual onde cada un de nós disfrutou coas lecturas dos libros que máis lles gustaban. Para rematar, realizamos unha actividade de creación de historias na que por medio de diversas técnicas iamos improvisando pequenas historias que lles contamos ao resto dos compañeiros e compañeiras.
|
Concurso de fotografía |
Con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, queremos facer unha EXPOSICIÓN con fotografías referidas á Nai Natureza. Ademais da exposición, convocamos un CONCURSO de fotografía coas seguintes BASES:
Na seguinte presentación iranse reflictindo os traballos presentados ao concurso: |
ODS nº 10. Reducción das desigualdades |
Neste curso, o P.D.I. do centro englóbase dentro do lema "No Sueiro o planeta ten mellor pinta porque traballamos en conxunto a axenda 2030", centrándonos nos ODS (obxectivos de desenvolvemento sostible) para conseguir un mundo mellor. Dende a materia de Educación física traballamos, en concreto, o ODS número 10: Redución das desigualdades. O ODS 10 promove a redución da desigualdade causada por razóns como o sexo, a idade, a discapacidade, a raza, a etnia ou a relixión dentro de España e a contribución de España á redución da desigualdade entre países, para o que promove a adopción de políticas e a lexislación pertinente. Por todo isto, dende este centro, intentamos diminuír todas estas desigualdades, mediante diferentes actividades e propostas.
|
Formigas4S |
O alumnado de quinto descubre que os FORMIG4S investigan cal é a causa de que a obra de Rosalia este desaparecendo, para esclarecer este estraño suceso viaxarán no tempo ata o século XIX por Compostela e a súa contorna. Alí vivirán unha trepidante aventura para salvagardar o legado e a propia vida de Rosalía de Castro. Ao rematar o libro decátanse de que todo era ficción. Rosalia de Castro nunca desaparecerá, esta máis de moda ca nunca... se o queres comprobar só tes que pinchar nas seguintes ligazóns:
|
Mi nombre es Skywalker |
No primeiro trimestre traballamos Mi nombre es Skywalker escrito por Agustín Fdez. Paz e publicado por Ed. El Barco de Vapor. Raquel descubre o secreto do home “INVISIBLE” que pide na porta do supermercado que hai enfronte da súa casa... el cóntalle que ven doutro planeta... Os nenos de quinto reflexionaron moito sobre o “poder de invisibilidade” que exerce a pobreza na nosa sociedade... porque a nena ve o que os maiores non queren ver... que é o que cambiou nos corazóns dos adultos. Para sensibilizar a toda a comunidade educativa crearon unha banda deseñada que resume a historia deste libro. |
Estragos do temporal de maio |
O martes 29 de maio de 2023 entre ás 18:00 horas e ás 19:00 horas produciuse un fenómeno meteorolóxico no que a sarabia, choiva e fortes refachos de vento produciron estragos no colexio que o noso alumnado puido observar. Entre eles destacar unha filtración de auga na zona de caldeiras e estragos nos canalóns, no horto escolar e nos xardín do colexio. |
Producións de materiais na biblioteca no curso 2022/2023 |
Todo o traballo realizado ao longo do curso está reflectido na nosa aula virtual nun curso que creamos para o Seminario. https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/aulavirtual/course/view.php?id=172 Material en papel: Ligazóns a traballos elaborados na rede: DRUPAL:
Libros actualizados:
Presentacións:
Genially:
Kahoot: Vídeos:
Galería de imaxes: SOUNDCLOUD: H5P: MOODLE. Cursos. |
7 reporteiros e un periódico |
No último trimestre, no Club de lectura de 3º de Ed. Primaria traballamos co libro "Siete reporteros y un periódico" de Pilar Lozano Carbayo. Alejandro, un rapaz de once años, quere dirixir un xornal na súa escola. O problema radica en que non ten reporteiros ni diñeiro para poñelo en marcha... Coma en anteriores ocasións, unha vez rematada a lectura do libro realizamos un concurso de animación á lectura do que podedes ver as imaxes na seguinte galería. |
Día Mundial da alimentación |
A FAO celebra cada ano o Día Mundial da Alimentación o 16 de outubro, ao conmemorar a fundación da Organización en 1945. Organízanse eventos en máis de 150 países de todo o mundo, facendo que sexa unha das xornadas máis celebradas do calendario da ONU. No Manuel Sueiro unímonos á conmemoración traballando sobre a fame infantil no mundo. Visitamos 8 países (Afganistán, Nixeria, Iemen, Bharat, Serra Leona, Madagascar,Etiopía, Malí e Honduras) que nos mostraron o camiño cara o lema deste ano “ A NOSA META: FAME CERO”. Tentamos concienciarnos da necesidade e responsabilidade do non desperdicio de comida no noso contorno, colexio, familia,... para non esquecer os obxectivos da axenda 2030. Ao longo da semana do Día da alimentación, cada curso do cole pescudou información sobre un país dos que aínda se pasa fame no mundo e elaborou un lema sobre a Fame cero e o despercidio de alimentos. Para rematar, o último día, o alumnado de cada curso expuxo ao resto do cole o resultado das súas pescudas e o lema elaborado. TRABALLOS FEITOS POLO ALMNADO
SLOGÁNS
|
Ciencia no Club de lectura |
CIENCIA NO CLUB DE LECTURA Ás reunións do club de lectura Sueiriños/as chegou a ciencia neste mes de novembro. Os libros, ademais do sentido da vista, espertan en nós sensacións percibidas cos sentidos do oído, do tacto e tamén do olfacto. Porque un libro pode ser escoitado como o rumor do vento ao pasar as súas follas; podemos sentir a rugosidade ou suavidade das súas follas co tacto; e tamén pode ser ulido o papel e a tinta dun libro novo ou o polbo que se deposita nas súas follas co paso do tempo nos andeis da biblioteca. Como vedes, non só usamos o sentido da vista cando nos achegamos a un libro. A experiencia da lectura comeza cando pechas os ollos e espertas outros sentidos, ás veces durmidos na experiencia lectora. Esperta os teus SENTIDOS neste novembro outonal! |
O alumnado do CEIP Manuel Sueiro xúntase para conmemorar o Día da Eliminación da Violencia contra a Muller |
Unha xornada educativa na loita contra os micromachismos. Nunha fermosa iniciativa educativa, o alumnado do CEIP Manuel Sueiro reuniuse para conmemorar o Día para a Eliminación da Violencia contra a Muller, destacando a importancia da concienciación e o diálogo na erradicación dos micromachismos. O 27 de novembro, no CEIP Manuel Sueiro, a comunidade educativa sumouse á conmemoración internacional do Día para a Eliminación da Violencia contra a Muller cun enfoque único: abordar o micromachismo. Os nenos e nenas de todos os niveis educativos participou activamente na reflexión e sensibilización sobre este tema relevante. Na semana previa ao acto, o profesorado do centro organizou sesións de traballo na clase, onde os nenos e nenas exploraron e debateron diversos micromachismos presentes na vida cotiá. Desde comentarios aparentemente inofensivos ata actitudes sutís que perpetúan os roles de xénero, o alumnado debateu e comprendeu a importancia de identificar e combater estes comportamentos dende pequenos. O colofón desta experiencia tivo lugar na aula de psicomotricidade do centro durante a celebración do Día para a Eliminación da Violencia contra a Muller. O alumnado tivo a oportunidade de compartir os seus descubrimentos e aprendizaxes co resto da comunidade educativa. Baixo a atenta mirada do profesorado e persoal do centro, o alumnado expresouse de xeito creativo, utilizando presentacións visuais e representacións teatrais para concienciar aos seus compañeiros e compañeiras sobre a importancia de eliminar os micromachismos en todas as etapas da vida. A nosa comunidade educativa entende que é fundamental ensinar ao noso alumnado sobre a igualdade de xénero e como erradicar o micromachismo dende pequenos. Cremos na formación. de cidadáns conscientes e respectuosos. A xornada concluíu co compromiso colectivo da comunidade educativa do CEIP Manuel Sueiro de seguir traballando para construír un ambiente escolar libre de violencia e discriminación de xénero. Este enfoque integral da educación e da concienciación social segue a amosar o compromiso do centro coa educación integral do seu alumnado. |
Verbateca, un laboratorio de palabras |
Os nenos e nenas de infantil divírtense e aprenden con Verbateca! O pasado 15 de abril, o alumnado de educación infantil participou nunha emocionante actividade de “Verbateca, laboratorio de palabras” que tivo lugar na aula de psicomotricidade do colexio. A xornada estivo repleta de xogos deseñados para traballar aspectos fundamentais como a memoria, a observación, a expresión oral e corporal, a coordinación e o coñecemento de palabras en lingua galega sobre unha ampla variedade de temas, desde animais ata profesións, pasando por partes do corpo, cores e a natureza. Os nenos e nenas mergulláronse nun mundo de diversión mentres repasaban vocabulario e conceptos en galego, todo iso nun ambiente de traballo en equipo que promoveu a identidade cultural e lingüística. Desde palabras relacionadas cos animais ata termos asociados coa natureza, os nenos e nenas mergulláronse nunha experiencia lúdica e educativa. Os obxectivos desta actividade son múltiples e ambiciosos, buscando potenciar o traballo en equipo, ampliar o vocabulario en galego, fomentar a comunicación afectiva e directa entre os alumnos, manter unha actitude receptiva e de escoita, motivar a lectura a través da oralidade e estimular a imaxinación e a creatividade. En resumo, a Verbateca, laboratorio de palabras revelouse como unha boa ferramenta para a aprendizaxe integral dos nenos e nenas, brindándolles a oportunidade de divertirse mentres fortalecen as súas habilidades lingüísticas e sociais. ¡Unha experiencia enriquecedora que seguramente recordarán con agarimo! |
Obra de teatro "Leo chega do espazo" |
Éxito rotundo da obra de teatro "Leo chega do espazo"! O pasado 23 de abril, a biblioteca do noso colexio converteuse nun escenario espacial grazas á fantástica obra de teatro "Leo chega do espazo", interpretada polo alumnado de sexto de primaria. A obra, adaptada e dirixida polo equipo de biblioteca, narra a historia dun libro espacial que, perdido e triste, chega ao noso planeta. Ao chegar, atópase co Libro de Rexistro da biblioteca do CEIP Manuel Sueiro, que se converte na súa guía neste novo mundo. A través dunha viaxe máxica polas instalacións da biblioteca, Leo descobre a organización do espazo, a clasificación dos fondos documentais e a gran variedade de libros que ten á súa disposición. A obra, chea de humor e valores como a amizade, a curiosidade e o amor pola lectura, foi un completo éxito. Representouse en varias funcións ao longo do día para que todo o alumnado puidese gozar con ela. Desde aquí, queremos felicitar a todos os alumnos e alumnas de sexto pola súa gran interpretación, así como ao quipo responsable, polo seu excelente traballo de dirección e guión. Sen dúbida, unha experiencia espacial que quedará gravada na memoria de todos! MÁIS ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O MES DO LIBRO Ao longo do mes de abril destacamos, estre outras, as seguintes actividades: |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »