Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
No corazón do bosque |
No mes de decembro, o alumnado de 3º de EP realizamos o primeiro concurso de animación á lectura deste curso. Nesta ocasión o libro escolleido foi No corazón do bosque de Agustín Fernández Paz. Raquel ten nove anos e vive na cidade. Un día vai coa súa clase de excursión ao bosque das Fragas do Eume. De regreso na casa, descobre abraiada que se lle coou na mochila un ser vello e diminuto. É Derdrín, un trasno de máis de trescentos anos, que habitaba na fraga e non quería pasar o inverno só. Dille á nena que unicamente precisa conversación e algo de comida. Raquel acepta que se converta no seu hóspede secreto e ofrécelle para durmir a caravana das barbies. A novela é a crónica dos meses que pasan xuntos, durante os cales Derdrín exercerá unha influencia moi grande na vida da nena, tanto no ámbito familiar como na escola. Unha historia tenra e cargada de humor, que reivindica a necesidade da fantasía e, tamén, a importante función que cumpren os antigos mitos en calquera sociedade. O equipo gañador levou como premio o libro que traballaremos ao longo do próximo mes. |
Presentación do Día do libro 2023 | |
Xeadas no mes de xaneiro |
Nestas primeiras semanas do mes de xaneiro de 2023 produciuse unha baixada de temperaturas que fixo que nas proximidades da cidade de Ourense nevase. Na cidade, pola súa banda, produciuse un fenómeno que fixo que cando chegamos ao colexio vemos como os cristais dos vehículos están cubertos de xeo. Pero que é? Este fenómeno é unha xeada. As xeadas son fenómenos meteorolóxicos que consiste nun descenso da temperatura ambiente a niveis inferiores ao punto de conxelación da auga e fai que a auga e o vapor que se atopa no aire se conxelen depositándose en forma de xeo nas diferentes superficies. Unha vez preocupados polo fenómeno das xeadas descubrimos que existen diferentes xeadas.
Como é a primeira das moitas que veremos durante os meses de xaneiro e febreiro deixamos algunhas fotos para que vexades como se ven as xeadas preto do noso colexio. |
Creando gráficas meteorolóxicas cos datos recollidos |
O alumando de 6º de Educación Primaria introduciu os datos recollidos polos grupos de meteorólogos e meteorólogas no programa excel o que lles permitiu obter as seguintes gráficas mensuais no que se pode observar a temperatura máxima, mínima a temperatura ás 11:30 horas no CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro e a cantidade de choiva de cada un dos días de rexistro. |
Ti si que es un bo peixe |
O 11 de maio, o CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, participou na actividade “Ti si que es un bo peixe” na que realizamos a visita a Vigo. As actividades de hoxe realizáronse no porto de Vigo e puidemos ver os halcóns que usa o porto de Vigo para controlar a poboación de gaivotas, visitar á cetárea López Nóvoa na que nos ensinaron diferentes tipos de marisco como lumbrigantes, centolas, lagostas,... e a Frigoríficos de Vigo onde vimos como se corta o peixe e as cámaras para a súa conservación. Despois dun pequeno descanso fixeron dúas visitas moi interesantes a visita ao Observatorio Submarino Nautilus na que puidemos observar como se investiga sobre a poboación mariña e a visita ao Buque Hidra II, barco e vapor que se atopa atracado no porto de Vigo. Unha vez rematadas ás visitas tocou o xantar desprazándonos ao mercado do Berbés na que nos deron unha merenda mariñeira composta por: pescada rebozada, ensalada de pasta con mexillóns e iogur. Antes de regresar á derradeira visita tocou descansar e xogar un pouco no parque de xogos do Bebés. A última visita foi á poxa de marisco. Despois dun día tan longo e de ver unha gran cantidade de empresas relacionados co mar, toca a hora de regresar ao colexio... Estamos desexando volver a vervos e repetir o obradoiro... moitas grazas polo día de hoxe. |
Mi nombre es Skywalker |
No primeiro trimestre traballamos Mi nombre es Skywalker escrito por Agustín Fdez. Paz e publicado por Ed. El Barco de Vapor. Raquel descubre o secreto do home “INVISIBLE” que pide na porta do supermercado que hai enfronte da súa casa... el cóntalle que ven doutro planeta... Os nenos de quinto reflexionaron moito sobre o “poder de invisibilidade” que exerce a pobreza na nosa sociedade... porque a nena ve o que os maiores non queren ver... que é o que cambiou nos corazóns dos adultos. Para sensibilizar a toda a comunidade educativa crearon unha banda deseñada que resume a historia deste libro. |
ODS 15: Conservación de ecosistemas |
ODS 15 : CONSERVACIÓN DE ECOSISTEMAS Os alumnos de 5º de E. Primaria fixeron unha aproximación ao que era a axenda 20-30 a través da visualización do vídeo: “A AXENDA 20-30 e os obxectivos de desenvolvemento sostible” MELLORANDO O NOSO “ECOSISTEMA” ESCOLAR Comezaron a preguntarse polo seu entorno e decidiron que había determinados aspectos do seu centro que podían mellorar. Para iso fixeron carteis que animaban a toda a comunidade educativa a reciclar, manter limpo o patio, respectar as especies vexetais... INVESTIGANDO OS PROBLEMAS PROPIOS DOS ECOSISTEMAS Os incendios, o envellecemento da poboación, o abandono rural, a crecente poboación de xabaríns... foron algúns dos problemas que atoparon os alumnos de 5º de primaria ao analizar o entorno das súas casas e aldeas. A partires dunha nova sobre os paseos nocturnos dos xabaríns por Ourense fíxose unha chuvia de ideas sobre as posibles causas deste feito tan sorprendente como frecuente. O alumnado encontrou rapidamente a relación entre a despoboación e o desequilibrio nos ecosistemas do ámbito rural e interurbano. Tamén se aproveitou a nosa participación no plan proxecta “Aliméntate ben”: “Ti sí que es un bo peixe!” para investigar sobre os problemas aos que se enfrontan os ecosistemas mariños: sobrepesca, contaminación, cambio climático... Cada alumno investigou un aspecto concreto e buscou novas en diferentes medios sobre este tema, escribiron as súas conclusións que formarán parte do noso mural en proceso de creación. UNHA POSIBLE SOLUCIÓN: A AGRICULTURA SOSTIBLE! Unha forma de manter o equilibrio nos ecosistemas é apostar pola agricultura sostible e a produción propia de alimentos, reducindo así o consumo e o transporte coa implicación que significa en canto a redución de emisións de CO2. Para iso puxemos en marcha a nosa horta escolar: preparamos a terra, conseguimos diferentes hortalizas, plantamos, regamos, quitamos herbas, colocamos carteis co nomes dos noso cultivos... e agora toca esperar a probar os alimentos. Para o vindeiro curso procuraremos facer compost cos restos orgánicos das nosas merendas e así devolverlle a terra parte do que ela nos dá. MURAL DE CONCIENCIACIÓN |
Kamishbai sobre Rosalía de Castro |
Todo o alumnado do centro participou na realización das láminas dun kamishibai sobre a vida e obra de Rosalía de Castro que representou o alumnado de 6º de Ed. Priamria na sala de usos múltiples para todo o centro. Previamente á representación, o alumnado de 6º de Ed. Primaria diseñou e montou o propio tetrillo para representar os kamishibais. |
Baile da Muiñeira de Chantada | |
Hora de ler de 5º de Ed. Infantil |
A configuración da hora de ler na aula de 4º Educación Infantil foi realizada pola titora pola titora Nair Calvo Ríos cos seguintes obxectivos: Obxectivos:
Actividades:
1º TRIMESTRE:
2º TRIMESTRE:
|
Paea pola túa cidade |
O 1 de xuño o alumnado de Ed. Infantil particiou na actividade Pasea pola túa cidade que organizou a Concellería de educación de Ourense. Durante o paseo que durou sobre unha hora e media, viisitamos da man dos nosos guías varias zonas de interese de Ourense: as Burgas, á Praza Maior e o exterior da Catedral , introducindo aos nenos e nenas na historia da cidade a través de contos e como novidade este curso explicáronlles aos cativos a importancia do coidado do mobiliario urbán. Os principais obxectivos que se perseguen con este actividade son os seguintes:
Na galería de imaxes podedes ver o ben que o pasamos!! |
SEGREDOS SOTERRADOS |
O Clube de lectura de 5º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como cuarto libro “Segredos Soterrados” de Alba de Evan Freijedo e Xabier Domínguez Pérez da Editorial Xerais. O libro foi traballado durante o mes de decembro de 2023, narrando unha aventura que viaxa á II Guerra Mundial e descobre a presenza nazi en Galicia, os tesouros agochados no subsolo e as tramas de corrupción que manexan o mundo. A historia comeza no campamento na que Anxela está a gozar en Muíños xunto con Sabela, Jorge e, por suposto, a gata Morriña. Mais, pronto, un misterio do pasado crúzase no camiño e dá paso a unha carreira contrarreloxo por descubrir a verdade e manterse a salvo. Que relación teñen unha mina abandonada, un avión dos Aliados e unha poderosa multinacional? Actividade 1: Lectura Lectura colectiva en voz alta. Actividade 2: Análise das personaxes A presentación das personaxes protagonistas e os comentarios que suscitou a súa chegada deu pé para traballar os prexuízos: entenderon perfectamente que as primeiras impresión son importantes, pero non definitivas e que, a maior parte das veces, as cousas non son o que parecen centrado na violencia de xénero dentro do seo dunha familia. Actividade 3: Traballo de contidos da área de lingua O texto serviu como práctica para traballar os contidos que estabamos dando na aula nese momento: os verbos (tempos verbais, conxugacións), pronomes, tipos de oracións. Actividade 4: Ilustración O alumado realizaron debuxos das personaxes en diferentes situación e con diferentes calidades, o que nos permitiu afondar nos contidos relacionados cos adxectivo. Actividade 5: Elaboración da guía de lectura. O alumado realizou dixitalmente a guía de lectura deste libro. Actividade 6: Concurso sobre o libro. O alumado realizou por grupos o concurso sobre a compresión do libro. Actividade 7: Kahoot. O alumado realizou individualmente a compresión do libro a través do Kahoot. EN GALEGO:
Galego: enlace
EN CASTELÁN:
Castelán: enlace Actividade 9: Encontros co autor En xaneiro de 2024 o alumnado tivo contacto cos autores do libro. Actividade 8: Conclusión/valores Despois da lectura fixemos un mapa conceptual sobre os valores que se poden extraer da historia. https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2271 ________________________________________ RECURSOS EDUCATIVOS PARA TRABALLAR O LIBRO ________________________________________ • Guía de lectura (castelán). Word. Pdf. • Preguntas para o concurso de lectura. Word. Pdf. • Preguntas para o concurso de lectura (castelán). Word. Pdf
|
HORTA ESCOLAR |
No curso escolar 2023/2024 o Comité de Participación Infantil do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro propuxo como aspecto de mellora ampliar o horto escolar do colexio. As acción realizadas no horto escolar son as seguintes. 1º) Dotación de terra para ampliar o horto escolar. 2º) Cortar herbas. Desbroce. 3º) Realización dos novos bancais. 4º) Colocar o composteiro. 5º) Afondar nos bancais. 6º) Colocación das maias antiherbas. 7º) Colocación de sábrego e grava. 8º) Decoración das paredes e bancais. 9º) Preparación da terra. 10º) Plantación. 11º) Mantemento do plantado. 12ª) Recollida do plantado.
|
Club de lectura de 1º Ciclo |
O Club de Lectura do 1º Ciclo experimenta un impresionante crecemento e éxito durante o Curso 2023/2024 Tras o éxito do curso anterior, o Club de Lectura do 1º Ciclo experimentou un notable crecemento e consolidación durante o curso académico 2023/2024. A participación e o entusiasmo do alumnado alcanzaron niveis sen precedentes, convertendo esta iniciativa nun pilar destacado dentro do programa educativo. Durante este ano escolar, o club explorou unha variedade de libros cativadores, abordando temas que espertaron a curiosidade e o interese dos mozos lectores. Os títulos traballados incluíron unha selección diversa que podedes consultar máis abaixo. Un dos aspectos máis destacados foi a continuación e o éxito dos concursos de animación á lectura, organizados como actividade final despois da lectura de cada un dos libros seleccionados. Estes concursos non só incentivaron a comprensión e o goce coa lectura, senón que tamén fomentaron a participación activa e a creatividade entre o alumnado. Unha innovación notable este ano foi a introdución de técnicas de relaxación antes da lectura, utilizando técnicas de mindfulness. Esta práctica permitiu que os nenos e nenas se prepararan mentalmente para a lectura, creando un ambiente propicio para absorber e disfrutar das historias. Ademais, como parte das actividades do club, incorporouse a gravación de lecturas de algúns capítulos dos libros utilizando o programa Audacity. Esta iniciativa non só mellorou as habilidades de lectura en voz alta do alumnado, senón que tamén contribuíu significativamente a elevar o nivel lector de todos os participantes. En resumo, o Club de Lectura do 1º Ciclo foi unha experiencia enriquecedora e exitosa para todos os implicados. A combinación de actividades innovadoras, concursos emocionantes e unha coidadosa selección de lecturas contribuíu a fomentar o amor pola lectura e o desenvolvemento integral do alumnado. A continuación, encontraredes unha lista dalgunhas das actividades realizadas este ano no club: |
Novo cartaz coas normas da biblioteca |
Nova Iniciativa na Biblioteca Escolar: Un cartaz de Banda para Recordar Normas de Uso En liña coas directrices de Bibliotecas Escolares de Galicia para este curso, baixo o lema "Unha biblioteca escolar en viñetas", decidimos elaborar unha tira de banda deseñada para recordar a todas as persoas usuarias as normas de uso da biblioteca. Esta iniciativa busca fomentar o cumprimento das regras a través dunha presentación visual atractiva e accesible. A tira de banda, que se mostra nas imaxes a continuación, combina creatividade e pedagoxía para transmitir de maneira efectiva as normas esenciais da biblioteca. O protagonista, SuperLeo, recórdanos na tira escenarios comúns no uso diario da biblioteca, facendo fincapé na importancia do respecto, o silencio, e o coidado dos materiais. Este proxecto non só busca informar, senón tamén inspirar aos estudantes a utilizar a biblioteca de maneira responsable e a valorar o espazo como un recurso esencial para a súa aprendizaxe. A iniciativa foi ben recibida pola comunidade escolar, destacándose como un exemplo de como a arte e a educación poden unirse para promover valores importantes no entorno escolar. As imaxes da tira de banda, que poden verse máis abaixo, son un testemuño do esforzo e a dedicación postos nesta proposta. Invitamos a todos os usuarios da biblioteca a observar e reflexionar sobre estas mensaxes, e a contribuír a manter un ambiente de estudo óptimo para todos. Con esta iniciativa, reafirmamos o noso compromiso coa promoción dunha cultura de respecto e responsabilidade dentro da nosa biblioteca escolar, en sintonía coas directrices establecidas polas Bibliotecas Escolares de Galicia. Esperamos que gocedes desta nova ferramenta educativa! NORMAS E SERVIZOS DA BIBLIOTECA
|
Gañadoras do Concurso da Constitución 2013 |
Queremos dar a noraboa ás alumnas do noso centro que resultaron gañadoras do Concurso da Constitución 2013:
Felicitar ás mestras de plástica, Ana Mª Carballo Martínez e María Pilar Carballo Martínez polo traballo realizado. |
Día da biblioteca 2014 |
O 24 de outubro, como non podía ser doutro modo, celebramos no noso centro o Día da Biblioteca dun xeito moi especial. O alumnado de 5º e 6º curso de Primaria representou na biblioteca unha obra teatral que nos recordou os PDIs (Proxecto Documental Integrado) que realizamos en anos anteriores i en que vai consistir o que imos realizar este curso: "Mergúllate nun mar de números". Para a presentación do proxecto contamos coa actuación estelar da galiña Turuleta, que será unha das protagonistas deste PDI. A continuación o alumnado de 1º curso de Ed. Primaria fixo entrega á Biblioteca dun libro de poemas realizado por eles durante o tempo destinado á Hora de ler. O título do libro é "O fafarrún" i esta baseado no poema orixinal de Gloria Sánchez. Asemade, presentaron á toda a comunidade educativa o estreno da curta que fixeron sobre o libro "O fafarrun". Moitos parabéns para estes "pequenos" grandes artistas!! A mestra responsable do EDL (Equipo de Dinamización Lingüística) presentounos a exposición sobre tradición oral galega, na que participou libremente a comunidade educativa, e que está nos corredores do centro para ser visitada. Fixemos entrega das mochilas viaxeiras aos respectivos titores para que o alumnado as leve as súas casas para compartir lectura, en tempo de lecer, coas súas familias. Outra das actividades realizadas foi a entrega do carné de biblioteca aos novos lectores do centro. Tamén agasallamos con carnés de Honra aos mestres en prácticas, á auxiliar de conversa de inglés e aos donantes de agasallos para a biblioteca. Para rematar, un dos alumnos de 5º curso de Ed. Primaria fixo unha doazón altruísta de libros para a biblioteca. Desde aquí animamos a toda a comunidade educativa a seguir o mesmo exemplo con aqueles libros que sexan adecuados ás idades do noso alumnado e que quizás, por diversos motivos, non lles sexan de utilidade nas súas casas.
Galería de imaxes das actividades realizadas
|
Auxiliar de conversa en inglés |
Este curso contamos cunha nova auxiliar de conversa en inglés chamada Miranda Melissa. Participou activamente na presentación do PDI deste curso"Mergúllate nun mar de números" ao alumnado dándolle as explicacións precisas sobre o significado da decoración da entrada da biblioteca. |
Estación meteorolóxica de Leo |
A finais de novembro, e grazas a colaboración de varios membros da comunidade educativa do cole, foi instalada a nova estación meteorolóxica do CEIP Manuel Sueiro. Dita estación está situada na zona norte do colexio nunha parte despexada do recinto para recoller coa mallor precisión posible os datos meteorolóxicos do noso barrio. Os rexistros que cada día indiquen os aparellos da estación, serán reflectidos na nosa web e na web oficial que Meteogalicia pon a disposición dos centros que participan no programa de Meteoescolas. De momento, a estación conta cun termómetro de máximas e mínimas e un pluviómetro. |
Finalistas no concurso "Ciencia que conta" |
A alumna do noso centro, Camino Alonso Fuente, foi finalista no concurso "Ciencia que conta" co seu traballo titulado "Néfele, a raiña das nubes" conto realizado como actividade de investigación creativa e orixinal, no proxecto de Meteoescolas. Se premedes no título podedes ler o conto orixinal, así como os do resto dos compañeiros. Na sesión de información que realizaron os alumnos de 6º curso, sobre o programa que están a desenvolver en Meteoescolas, a finalista, fíxonos unha lectura da súa obra.
Moitos parabéns!!! |
Recomendacións lectoras para o Nadal | |
Formación no Segundo Ciclo de EP |
O alumando de segundo ciclo realizou no primeiro trimestre as seguintes actividades:
|
Elaboración de "Paus de choiva" |
Outra das actividades que tivo moito éxito de participación no alumnado foi a creación de “Paus de chuvia”. Estes instrumentos meteorolóxicos teñen a súa orixe nas culturas indíxenas de Norteamérica. Créese que eran utilizadas para atraer á chuvia en celebracións con rituais relixiosos dos indios norteamericanos. Os paus de choiva auténticos están feitos cos troncos secos de varias especies de cactus. O tronco baleirase, as espiñas arráncanse e logo crávanse cara o interior de tronco ao largo de toda a súa lonxitude. Despois introdúcese grava e péchanse os extremos. Ao inclinalo, a grava vai caendo dun extremo ao outro, golpeándose coas espiñas no seu camiño. Nós fixemos uns modelos destes paus a partir de tubos de cartón recheos de grava. O resultado foi espectacular!! |
Exposición de viraventos no patio |
No mes de maio, saímos ao patio con todos os traballos presentados ao concurso de aparellos meteorolóxicos para probalos co vento, e ver como se movían os viraventos e anemómetros. Asemade, comprobamos se funcionaban ben os molinillos de vento dando voltas con eles polo patio. Ao remate da actividade fixemos unha exposición na zona destinada á caseta meteorolóxica con todos eles para que os puidesen observar todos os membros do barrio onde se atopa o cole. |
Visita do alumnado do CEIP de Pazos de Reis |
O día 22 de maio o alumnado de 6º curso de Ed. Primaria realizou unha convivencia intercentros co alumnado do CEIP de Pazos de Reis de Tui. Con dito alumnado, levamos coordinándonos ao longo deste curso para comparar os datos metereolóxicos de Tui cos de Ourense. Ata hoxe, só coñeciamos aos nosos compañeiros e compañeiras de Tui virtualmente, por fin lles puxemos cara!! A viaxe para eles comezou moi cedo, pola mañá, transladáronse en tren desde Tui ata Ourense. Unha vez que chegaron ata o noso centro, fixémoslles de guía pola cidade de Ourense. Visitamos as fontes termais das Burgas e puideron comprobar en situ a temperatura á que emana a auga. Continuamos cunha visita ao casco histórico de Ourense con parada na Catedral e visita ao Pórtico do Paraíso. Continuamos polas rúas da zona vella para visitar a fonte da Praza do Ferro. Comezamos o camiño de regreso, ata o noso centro, cunha parada de descanso na Praza de Vigo. Unha vez que chegamos ao centro, xantamos todos xuntos na nosa biblioteca intercambiando impresións para coñecernos mellor Antes de despedirnos, fixéronnos un agasallo, a todos e todas nós, polo que lles estamos moi agradecidos. Foi unha experiencia xenial... ...Hai que repetila!! |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »