Hora de ler: "Cocorico"

Ao longo deste curso os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria imos traballar cos nosos contos favoritos.

O primeiro conto foi escollido por Marco: "Cocorico". Cocorico é unha adaptación libre dunha historia tradicional birmana sobre a necesidade de escoitar bos consellos, o importante que é cumprir as promesas e o difícil que é aprender a compartir.

Despois de moitas lecturas e de traballar os personaxes (como falan, como se moven...) fomos a realizar unha representación ás aulas de Educación Infantil.

Foi unha experiencia estupenda, xa que tod@s quixeron participar e disfrutaron moito.

Estamos desexando volver a repetir!!