
Neste curso, o P.D.I. do centro englóbase dentro do lema "No Sueiro o planeta ten mellor pinta porque traballamos en conxunto a axenda 2030", centrándonos nos ODS (obxectivos de desenvolvemento sostible) para conseguir un mundo mellor.
Dende a materia de Educación física traballamos, en concreto, o ODS número 10: Redución das desigualdades.
O ODS 10 promove a redución da desigualdade causada por razóns como o sexo, a idade, a discapacidade, a raza, a etnia ou a relixión dentro de España e a contribución de España á redución da desigualdade entre países, para o que promove a adopción de políticas e a lexislación pertinente.
Por todo isto, dende este centro, intentamos diminuír todas estas desigualdades, mediante diferentes actividades e propostas.
- Posta en práctica de diferentes deportes estereotipados, cunha sesión previa de información sobre o deporte e a súa práctica por parte dos dous sexos: voleibol, balonmán, baloncesto, remo, golf e ximnasia acrobática e deportiva.

- Xogos onde traballemos a cohesión grupal, buscando a integración de todos os nen@s, evitando desigualdades ou discriminacións: xogos populares e acrosport.

- Carreira solidaria onde toda recadación irá destinada a un ONG centrada na infancia que vive en zonas de conflito para concienciar sobre a desigualdade entre países.