Dende a área de Educación Física, neste último trimestre estamos a propoñer unha serie de divertidos retos, que no seu inicio nos costarán un pouquiño pero que con práctica, ademais de pasalo ben, conseguiremos realizalos!
Hoxe fixemos entrega a todo o alumnado do agasallo que nos fixo chegar a empresa “Gadis” dentro do seu programa “Alimentes Gadis” para a promoción da alimentación e estilo de vida saudable.
Lembrando a importanciada práctica habitual de actividade física máis alimentación.
O 25 de marzo voltamos a disfrutar no noso centro da presencia de Lito, membro da Fundación Xaquín Lourenzo, que é a persoa de Ourense que máis está a facer pola recuperación dos xogos cos que se divertían os nosos antepasados.
Nesta ocasión, por mor do COVID, só puido gozar coas actividades que nos propuxo o alumnado de 6º de Ed. Primaria. Foron varios os xogos practicados, como se pode observar na galería de imaxes:
Zancos.
Peonzas.
Aros.
Xogos con chapas.
Enredos...
As dúas horas que durou o obradoiro pasáronse rapidísimo.
Hoxe tocou despedirás tres mestras de prácticas que nos acompañaron no traballo escolar ao longo destes meses tan peculiares por mor da pandemia. Foron moitas as bágoas que se derramaron nas aulas e no corredor do colexio… motivo polo cal se teñen que sentir orgullosas e satisfeitas xa que é o mellor indicativo de que deixan pegada no noso alumnado, e mesmo no profesorado.
Desde aquí queremos agradecerlleso seu bo facer e a súa excelente disposición ao traballo cos nenos e nenas, e felicitámolas por todo o traballo desenvolvido neste período de tempo.
Esperamos e desexamos que todo lles vaia ben e que nun futuro próximo volvan ao centro como novas compañeiras do noso claustro.
Aquí ofrecemos recursos e materiais para traballar esta área. Para achegar os vosos traballos e retos, ou pórse en contacto coa profe, podedes empregar o seguinte correo ceipmsueiro@gmail.com
Ao longo dos meses de inverno realizamos nas clases de Ed. Física varias sesións de xogos tradicionais de Galicia aos que xogaban cando eran cativos os nosos pais e nais.
Estes xogos tradicionais, como outros elementos culturais, conteñen diferentes concepcións que forman parte da sociedade, teñen unha dimensión lúdica e educativa, e son parte importante da convivencia e cooperación en grupo.
Asemade, posúen un gran valor socio-cultural que sobrepasa os aspectos lúdicos, pois cada xogo presenta diferentes características dependendo da zona na que se practica.
Con estas actividades preténdese, como fin principal, divertire entreteraos nenos e nenas no seu tempo de lecer.
O 30 de xaneiro, o alumnado 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria participou nun obradoiro de xogos populares que desenvolveu “Lito”, da fundación Xaquín Lorenzo, no noso centro ao longo de toda a xornada lectiva.
Os xogos que realizou o alumnado de 5º e 6º, nesta ocasión, foron a billarda, os bolos, a birolla. O resto do alumnado participou nunha sesión de xogos de interior que se desenvolveron na aula nova de psicomotricidade: xogos de tabas e ritmo e tamén realizaron varios “enredos” e xoguetes musicais como os que empregaban os nosos avós e avoas nas súas aldeas cando eran cativos.