Chegou o nadal e nada mellor que crear un reindeer. A Tate proponnos un unicorn, pero utilizando materiais de refugallo axudamos a Father Christmas no seu medio de transporte.
Como fin de traballo, Tobias, o auxiliar de conversa, contounos a historia de Blippy e nós enviámolo ao espazo.
Aproveitando o país de orixe de Tobias e os recursos da Tate, coñecemos un pouco máis a Vincent Van Gogh: Sunflowers, Starry night, ben chulas que saíron as nosas propostas.
Os nenos/as de E.P. dispoñen, en préstamo, da mochila viaxeirapor un período de 15 días, para compartir coas familias o contido da mesma. O contido do material será escollido polos titores/as correspondentes, supervisado pola biblioteca e procurando que teña a maior variedade de textos e formatos para que o alumando poida elixir.
Acompañan a estes materiais “O diario da mochila”no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, novas creacións, debuxos, suxerencias, …, sobre o contido da mochila.
Na mochila viaxeira de segundo, de Educación Primaria, incluiremos libros en castelán e tamén en galego.
Os libros que se van incluiron na mochila, irán en función da comprensión lectora do alumnado.
Na semana na que se celebra o “día dos museos”, a arte chega ao noso colexio.
Os alumnos e alumnas pescudaron información e estudaron a diferentes artistas de Ourense para poder versionar as súas obras. A maioría da información sacámola ligazón: Pintores galegos.
Estamos feitos uns xenios, e como non!!! , PASÁMOLO XENIAL!!!
Na semana posterior ao Día das Letras Galegas realizamos no patio do cole unha Caza do tesouroorganizada polo EDL e coordinada polas profes Marta e Mara, co fin de repasar os contidos traballados ao longo do mes de maio en relación a Florencio Delgado Gurriarán.
Organizamos dous itinerarios, un destinada ao alumnado de Ed. Infantil e 1º e 2º de Ed. Primaria e outra destinada ao resto dos cursos. En ámbalas dúas, empregáronse materiais elaborados polo seminario Galán e materiais propios do EDL do centro, para elaborar as diferentes pistas que ían orientando aos diferentes grupos ata chegar á recompensa final que consistía nunha letra maiúscula cun número.
Unha vez finalizados os dous itinerarios, realizamos unha posta en común coas recompensas obtidas na caza do tesouro para formar unha frase coas letras obtidas na recompensa e ordenadas segundo o número que tiñan cada unha. O resultado da combinación de todas as recompensas foi o seguinte:
FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, POETA
Caza do tesouro de Ed. Infantil e 1º e 2º de Ed. Primaria
Caza do tesouro de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria
O auxiliar de conversa Tobias, deulle voz a un robot moi especial, BLIPPY. Nós temos brain, pero Blippy ten un computer. E se nós temos heart, el ten un clock. E ademais viaxa nun rocketpola Milky Way.
Os nenos e nenas de 1º e 2º E.P. viaxaron polo espazo da man de Blippy e de Tobías, pousando nun planetde grey rocks que comezou a pintar coa axuda dos compañeiros/as de 3º E.P. a auxiliar Victoria.
E despois da lectura, que mellor que reproducir a viaxe ddo robot no seu rocket.
Non hai mellor xeito de traballar que cooperando mestres e alumnos/as.
Neste curso, o P.D.I. do centro tivo como tema central “O Sueiriño a diversidade respecta… Traballemos xuntos a prol do planeta”.
Desde o curso de 2 º de Educación Primaria centrámonos na concienciación e no respecto cara o medio ambiente, que titularemos: “Coidemos da nosa vida, coidando do medio ambiente”. Tratamos de partir dos alumnos, do particular (coidar de min) ao máis global (coidar do meu entorno), permitindo así ao alumnado ampliar a súa visión sobre o que é o concepto global de saúde (prevención).
Partimos da lectura do libro de Naturizo. Un conto ilustrado que nos fala da importancia de coidar e respectar o noso contorno e, por suposto, da importancia da amizade.
O seu protagonista é un ourizocacho que vive, cos seus amigos e amigas, na Serra de San Mamede, en pleno macizo central ourensán. De carácter medioambiental, atopamos mil e unha historias das aventuras de Naturizo pola serra e máis alá. Abordamos diferentes temáticas con valores medio ambientais. É un ourizo moi activo que vive mil aventuras cos seus amigos, emocionantes historias que transmiten valores como o amor pola natureza, a amizade e o coñecemento das tradicións.
Quixemos transmitir aos máis cativos o amor pola natureza, xunto con valores como a amizadeou o coñecemento das nosas tradicións.
OBXECTIVOS:
Coñecer o concepto do medioambiente.
Concienciar o alumnado e a comunidade educativa sobre a importancia do coidado do medioambiente, para actuar de xeito responsable no medio no que viven.
Sensibilizar sobre o coidado do medioambiente.
Recoñecer os elementos básicos do medio físico: o aire e a agua. Uso responsable da auga na vida cotiá.
Recoñecer os elementos contaminantes do contorno que perxudiquen ao medioambiente e a nosa saúde.
Aumentar o vocabulario a través do texto do conto e de xogos.
Desenvolver actitudes positivas cara o mantemento da saúde.
Coñecer a regra das catro Rs: Reducir, Reutilizar, Reciclar e Recuperar.
Resumo das actividades realizadas ao longodo curso:
Cramos un tres en raia ecolóxico e xogamos con el.
Debuxamos ás nosos personaxes favoritas do conto.
Dramatización do conto.Dramatizamos o conto, para despois realizar unha pequeña obra de teatro improvisada, para que os nenos aprendan a expresarse e a actuar en público, no que elixirán que personaxe queren ser.
O 11 de maio apicultorJosé Bailón que tamén é profesor en Ourense, realizou na sala de usos múltiples do noso cole un obradoiro sobre a cría das abellasno que aprendemos moitas cousas sobre elas, sobre todo, a distinguilas das avespas, e sobre os produtos que nos ofrecen e os beneficios que aportan a nós e á natureza.
O obradoiro foi impartido de xeito moi práctico e puidemos ver como é unha colmea`por dentro, manipularcon distintos aparellos que usan os apicultores e ver, realment,e como é a cera, o propolio, a mel, a xalea real…
Pasámolo xenial ao temo que aprendemos cousas novas!
O venres 6 de maio achegouse ao noso centro Andrea Freire, a autora de Luuume!, ilustrado por Laura Miranda Moreno e publicado por Antela Editorial, para facer a contada da historia de Misto, que está sempre enfadado, e que previamente traballaramos no Club de lectura de cuarto de Ed. Primaria ao longo do mes de abril.
Misto, cando sente rabia e malia que o intenta, non consegue controlarse. De feito, cada vez que o embarga a ira, acéndese e prende a chispa.
Tanto a súa familia (mamá Pinza e papá Tapón) como as súas amizades (Mestra Nobelo, Resorte, Botón e Parafuso) tentan axudalo, pero mentres Misto non sexa quen de xestionar a súa ira, non poderá autocontrolarse e gozar.
Despois da contada, Andrea realizou un obradoiro de relaxación mediante exercicios de respiración, ofrecéndolles aos rapaces ferramentas para o autocontrol.
Para finalizar, e en consonancia co PDI deste ano, fixeron ao protagonista do conto con materiais de aproveitamento.
O curso escolar 2021/2022, a hora de ler, realizouse todos os días despois do recreo co obxectivo prioritario: Contribuír ao fomento do gusto pola lectura.
Obxectivos:
Desfrutar dos nosos contos preferidos.
Traballar os valores de respecto á natureza, amizade, tolerancia e compañeirismo entre outros.
Mellorar a lectura (comprensión e expresión lectora)
Desenvolver a súa creatividade a través da expresión plástica.
Ampliar o vocabulario a través dos contos.
Traballar as emocións a través dos contos.
Traballar a poesía.
Actividades.
Selección dos contos que lle gusten aos nen@s e que queiran compartir co resto dos seus compañeiros
Ler o conto entre todos en voz alta.
Dramatizar algún dos conto.
Debuxar, moldear os seus personaxes.
Escoitar o conto contado por outras persoas.
Poñemos música e nos movemos como se fósemos o personaxe do conto.
Creamos poemas sobre animais.
Lemos os contos que traemos para os nosos proxectos (planetas, animais, plantas) e aproveitalos para traballar algún contido que nos interese.
Temporalización.
Na hora de ler, que se realizou todos os días despois do recreo, de 12:00 a 12:20 traballamos os seguintes contos:
No 1º trimestre:
O primeiro conto foi escollido por Marco e elexiu o conto de "Cocorico" e que podedes ver nesta ligazón:
O segundo dos contos traballados foi: Grazas. Historia dun rueiro.
Outro dos contos escollidos por eles foi a fermosa historia de “Si yo tuviera una púa” que tamén podedes ver no noso blog da biblioteca.
Alegría, outra das nenas de 2º elexiu o conto “La paleta de los recuerdos”. A súa protagonista Lucía conta como cada un dos recordos ten unha cor diferente e como a través desas cores viaxa por distintos momentos da súa vida e transmitindolle sentimientos diferentes. Debuxamos a portada do conto e fixemos unha en A3 para facerlle un agasallo a alumna de prácticas que se vai e puxémoslle na paleta da protagonista os nomes dos nen@s de 2º que compartimos con ela moitos momentos.
Agradecer a Nerea por traballar co alumnado de 2º o conto de Elmere aproveitar esa oportunidade para dramatizar o conto con eles. O elefante de cores, de David Mckee, trata dous grandes temas: o respeto hacia o outro dende a aceptación das diferencias, e a importancia de ser auténtico, ser un mesmo, celebrando o ser diferente.
Tamén aproveitamos a presentación do noso proxecto das plantas para traballar o conto “Unha árbore”. Alina decidiu plantar unha árbore e todo comenzou a mudar. Ás veces unha pequena decisión é abondo para transformar todo o que nos rodea. Cada neno despois de traballar a comprensión e facer o cálculo de todo o que vai crecendo a través da árbore pedimoslle aos nenos que fixeran a ilustración do conto que máis lle gustara e todos coincidiron con facer a portada (cando alina caba o burato para plantar a súa plantiña)
No 3º trimestre:
O luns despois do día do libro fixemos un contacontos do conto LUMEna bibblioteca. Nesta fermosa historia, o protagonista é un pequeno misto que sempre está enfadado, pero con esforzo aprenderá a xestionar a súa frustración. Neste mes de maio teremos un encontro coa autora deste libro na nosa biblioteca por iso o traballamos antes.
Os alumn@s de 2º de primaria para conmemorar o día do libro recordamos todos os contos favoritos que lemos durante este curso na hora de ler e plasmámolos nas ramas da nosa árbore de lecturas.
A árbore seguirá medrando e seguiremos gozando de cada unha das follas das maravillosas historias dos contos da nosa biblio.
Como conclusión, destacar o motivad@s que estiveron @s nen@s por traballar cos contos que eles elexiron, os seus intereses e o que lle gusta é o éxito da actividade. A valoración foi moi positiva sobre todo no referente ao traballo en equipo cando dramatizan os contos e cando despois van a interpretarllo @s nen@s máis pequenos.