Skip to Content

Nadal

Chocolatada de Nadal 2022

O último día de clase, para despedir o trimestre e o ano 2022, a AFA Limiar do noso cole convidou a todos os membros da comunidade educativa á degustación de chocolate con churros no comedor.

Non hai máis que ver a galería de imaxes para ver o ben que o pasaron os nosos alumnos e alumnas desta actividade.

Obradoiros de Nadal da AFA

O 22 de decembro, tres membros da AFA Limiar desprazáronse ao noso centro para realizar diferentes actividades relacionadas coas ciencias da natureza nas que o sol e as estrelas xogaron un papel central.

Lucía (nai de Xan de 4º de Ed. Infantil), Rubén (pai de Úrsula de 4º de Ed. Infantil) e David (pai de Zoe de 1º de Ed. Primaria e Maia de 3º de Ed. Primaria) realizaron tres obradoiros (1º obradoiro co alumnado de 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria; 2º obradoiro co alumnado de Ed. Infantil e un 3º obradoiro co alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria) no que  sol e as estrelas foros os eixos das diversas historias que lles permitiron descubrir diferentes elementos do noso universo.

A actividade foi xenial... xa estamos agardando a que regresen outra vez a contarnos máis cousas extraordinarias do universo. 

Boneco de Neve

O alumnado de 4º de Ed. Primariarealizou uns bonecos de neve para agasallar as súas familias e decorar nas súas casas. Se premes na imaxe superior poderás visionar os nosos traballos.

Nadal 2020

Este curso, por mor do COVID, non foi posible realizar o Festival de Nadal no salón de actos do IES As Lagoas, como viña sendo tradición nos derradeiros anos... por iso, todo o alumnado e profesorado, decidiu realizar unha serie de actividades interpretativas para que a nosa comunidade educativa non se quedara sen actuacións de Nadal... esperemos que sexan do voso agrado.

Nas seguintes ligazóns podedes visionar os traballos realizados polo alumnado do cole.

Actuacións:

Bo Nadal!

Premiados nas postais de Nadal

Este ano, no concurso de postais de Nadal realizado polo EDL do cole, resultaron escollidas, para felicitar as festas desde o colexio, as realizadas por Pablo e Aldara.

 

Como en anos anteriores, o alumnado de Ed. Infantil participou no concurso que convocou o Colexio de economistas de Ourense. O alumno Ían do cole obtivo un accesit polo seu traballo.

Visita da Apalpadora

O 20 de decembro, grazas á colaboración e financiación da ANPA Limiar do noso cole, tivemos a sorte de contar coa presenza de A Apalpadora na biblioteca do noso centro.

Contoulle ao alumnado o precioso que é o lugar onde habita na serra de Courel, en que consiste o seu traballo de carboeira e como noutros tempos se pasaba fame en moitos lugares de Galicia, de aí que unha das súas costumes sexa a de apalparlle a barriguiña aos nenos e nenas galegas despois do solsticio de inverno para deixarlles unha presa de castañas mentres están a durmir teñan fame ou non teñan.

Como fomos moi bos ao longo deste ano, ao remate da súa visita, deixounos uns agasallos para cada un dos nenos e nenas do cole.

 

 

Festival de Nadal

O 19 de decembro realizamos o Festival de Nadal no salón de actos do IES As Lagoas grazas á colaboración desinteresada do seu Equipo directivo e do persoal de non docente, o cal é de agradecer, unha vez máis.

Damos as grazas, tamén, a todas as persoas asistentes, ás diferentes actuacións, polo seu apoio incondicional e a súa paciencia durante o tempo que durou o festival.

O programa foi o seguinte: (En breves publicaremos os vídeos nesta entrada)

 

Reutilizando para Nadal

O alumnado de 4º e 5º de Ed. Primaria reulilizaron materias de refugallo para elaborar adornos de Nadal cos que decorar os corredores do cole e as súas aulas.

Photocall Nadal 2019

Visita dos Reis Magos de Oriente

Como colofón, ao traballo realizado neste primeiro trimestre de curso, tivemos o privilexio de contar na nosa biblioteca coa presenza dos tres Reis Magos de Oriente, grazas á colaboración da ANPA Limiar.

O alumnado tivo ocasión de achegarlle as súas peticións de agasallos para este Nadal e de departir con eles de todo aquilo que quixo.

Como agradecemento a súa visita, interpretámoslles varias panxoliñas que foron do seu agrado.

Todas as nenas e nenos recibiron un agasallo das súas maxestades. Agora, xa só falla que atendan as peticións que lles fixemos por escrito.

Distribuir contido


by Dr. Radut