Un ano máis, no mes de setembro, aproveitando que desmontaramos a biblioteca para pórlle tarima flotante no chan, realizamos un espurgo bastante importante daqueles fondos que estaban desactualzados ou que o seu deterioro non permitía a súa recuperación.
Neste traballlo de espurgo participaron todos os membros do equipo de bibliotecas, coa colaboración do alumnado de 5º e 6º de Ed. primaria.
Desde hai máis de 17 anos os fondos da nosa biblioteca está rexistrados e catalogados no programa MEIGA segundo os criterios da CDU simlificada.
A través da páxina web do programa Meiga tense acceso a todos os fondos rexistrrados na nosa biblioteca.
Este curso, no mes de setembro, melloramos as instalacións da biblioteca coa dotación dun novo chan de tarima que a fai moito máis acolledora, despois da pintura que lle demos no curso pasado.
Asemade, aproveitamos a ocasión para reestruturar dun xeito máis funcional os recantos dos que consta: informática, inclusiva, lecer, fondos grupo 8 da CDU, zona de xestión...
Na seguinte galería de imaxes podemos observar como está actualmente.
Esperamos que vos guste!!
Vídeo resumo das actividades realizadas ao longo do curso 2019/2020.
Esperamos que vos guste!!
Realizamos diversas exosicion temáticas dentro da biblioteca e nos corredores do cole, nas diferentes celebacións que realizamos ao longo do curso.
Ao longo do curso 2019/2020 funcionou o servizo de préstamo da biblioteca ata o 16 de marzo. Durante a época do confinamento non funcionou. Realizáronse préstamos dos seus fondos aos membros da comunidade educativa que o demandaro, para poder gozar coa lectura en tempos de lecer nas súas casas.
Todo o traballo realizado ao longo do curso está reflectido na nosa aula virtual nun curso que creamos para o Seminario.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/aulavirtual/course/view.php?id=52
Ligazóns a traballos elaborados na rede:
Drupal.
Moodle.
Cursos creados:
Outros cursos actualizados en moodle neste Seminario:
Blogs do cole
Google drive/docs.
Google presentacións: realizamos varias presentacións para traballar co alumnado na aula.
Presentacións en Genially
Google maps:
Exelearning:
Vídeo
Actualizamos os repositorios de recursos educativos: