Os alumnos/as de 6º E.P. no seu esforzo por coidar o medio ambiente, celebraron o 1º cume do clima no CEIP MANUEL SUEIRO.
Os tres puntos da orden do día foron THE AMAZON FOREST, TUVALU and PLASTIC IN THE OCEAN.
Os/as nenos/as falaron dos problems, das consequences e buscaron as posibles solutions.
Fase de documentación
Axudados en todo momento polo auxiliar de conversa, Tobias, que foi o presentador do evento, traballaron arreo para espertarnos a todos nós. Buscar información, chegar a acordos, darlle forma ao traballo, aprender que xuntos seremos quen de acadar un futuro mellor, ..., todo eso aprendemos neste 1st Sueiro climate summit.
JOIN US!
O 11 de maio apicultor José Bailón que tamén é profesor en Ourense, realizou na sala de usos múltiples do noso cole un obradoiro sobre a cría das abellas no que aprendemos moitas cousas sobre elas, sobre todo, a distinguilas das avespas, e sobre os produtos que nos ofrecen e os beneficios que aportan a nós e á natureza.
O obradoiro foi impartido de xeito moi práctico e puidemos ver como é unha colmea `por dentro, manipular con distintos aparellos que usan os apicultores e ver, realment,e como é a cera, o propolio, a mel, a xalea real…
O venres 6 de maio achegouse ao noso centro Andrea Freire, a autora de Luuume!, ilustrado por Laura Miranda Moreno e publicado por Antela Editorial, para facer a contada da historia de Misto, que está sempre enfadado, e que previamente traballaramos no Club de lectura de cuarto de Ed. Primaria ao longo do mes de abril.
Misto, cando sente rabia e malia que o intenta, non consegue controlarse. De feito, cada vez que o embarga a ira, acéndese e prende a chispa.
Tanto a súa familia (mamá Pinza e papá Tapón) como as súas amizades (Mestra Nobelo, Resorte, Botón e Parafuso) tentan axudalo, pero mentres Misto non sexa quen de xestionar a súa ira, non poderá autocontrolarse e gozar.
Despois da contada, Andrea realizou un obradoiro de relaxación mediante exercicios de respiración, ofrecéndolles aos rapaces ferramentas para o autocontrol.
Para finalizar, e en consonancia co PDI deste ano, fixeron ao protagonista do conto con materiais de aproveitamento.
Na primavera traballamos o libro de Naturizo, O retorno das flores.
Na primavera volve a vida á serra. Cando esta se enche de xente, Naturizo e Amelia deben investigar por que, ven a descobrilo!
Os protagonista da historia preséntanos a un novo amiguiño, Sil, unha cría de xabaril moi lista que lle explica en que consiste tal misterio, orixe e tradición.
O libro introduce ao alumnado na celebración da festa dos maios, tan arraigada na nosa cidade, ao tempo que inculca a amizade, a axuda aos demais e o coidado da Natureza.
Pescudamos e ampliamos información sobre a celebración da festa dos maios na cidade de Ourense.
Como actividade final, en horario extraescolar, elaboramos flores, paxaros... con material de refugallo para adornar o noso maio dun xeito moi especial.
O dous de maio os pequenos e pequenas de 3, 4 e 5 anos aprendemos como nacen as flores na primavera... e que o sol, a auga e a terra son moi importantes para ter unha fonte chea de flores de cores.
Fixemos dous experimentos, un para ver florecer margaridas con auga de cores, e outro coa nosa árbore do tempo, cada neno regou a súa flor e pouco a pouco abriuse a flor oculta.
Aprendemos moito e divertímonos moito máis.
Despois do éxito do horto escolar do curso pasado realizado no CIFP Portovello en colaboración co seu profesorado e alumnado, este ano voltamos a realizar a nosa pequena plantación de produtos hortícolas no espazo que nos acondicionaron para dita actividade nas instalación do centro.
Antes de ir ao horto, realizamos na aula a listaxe das plantas que iamos mercar no viveiro de Agrolimia e do material que precisabamos para realizar o traballo. Unha vez rematada a listaxe, dirixímonos ao viveiro do barrio para mercar ditos produtos. Entre todos e todas fomos recollendo as plantas coa colaboración dos responsables de Agrolonia que tan amablemente nos atenderon.
Rematada a compra, calculamos nos o importe da factura e pagámoslle ao encargado a cantidade xusto que coincidiu exactamente co que puña na factura. A nosa sorpresa foi que nos fixeron rebaixa polo ben que nos portamos na tenda. Con ela mercaremos algunha vianda para degustar o próximo día que veñamos regar.
A continuación dirixímonos ao Horto escolar do CIFP Portovello, situado no seu patio exterior, para realizar a nosa plantación:
En principio, temos programado ir regar ao noso horto unha vez á semana e de paso comprobar como evoluciona o crecemento das plantas.
Xa só nos falta esperar a ter froitos para degustar na nosa aula.
Os alumn@s de 2º de primaria para conmemorar o día do libro recordamos todos os contos favoritos que lemos durante este curso na hora de ler e no club de lectura e plasmámolos nas ramas da nosa árbore de lecturas.
A árbore seguirá medrando e seguiremos gozando de cada unha das follas das maravillosas historias dos contos da nosa biblio.
O 27 de abril, os nosos amigos e amigas de "Pupas, sustos e outros desgustos", achegaron ao alumnado de terceiro e cuarto de primaria, teoría e práctica sobre como actuar ante problemiñas comúns como unha ferida, picadura... e non tan comúns como traumatismos fortes, queimaduras graves ou persoas feridas sen resposta aparente.
A TV de Telemiño estivo presente para facer unha reportaxe da actividade.
O 25 de abril, como actividade do Día do libro, e dentro do tempo dedicado á Hora de ler, o alumnado do cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed.Primaria apadriñou ao alumnado máis cartivo do centro coa lectura de contos adaptados á idade destes últimos.
A actividade desenvolveuse nos espazos exteriores do centro: polideportivo, zona de xogos, patio infantil e entrada do centro.
O resultado da experiencia foi moi positivo xa que os lectores conseguiron que os seus afillados non deixaran de estar atentos ás historias que lle foron contando.
Xa estamos desexando realizar o próximo apadriñamento lector!!
A profe María, do equipo de biblioteca, realizou un contacontos na biblioteca sobre o libro "Luuume!" de Andrea Freire e que está publicado pola Editorial Antela.
Misto sempre anda alporizado e, namentres, a vida vai sucedendo. A súa familia e amizades tentarán axudalo pero, serán quen de conseguilo?.
Nesta fermosa historia, o protagonista é un pequeno misto que sempre está enfadado, e aprenderá a xestionar a frustración.
No mes de maio teremos un encontro coa autora deste libro na nosa biblioteca.