Skip to Content

CPInclue

CPInclúe

I CONVIVENCIA ESCOLAR DEPORTIVA.

Convivencia

I Convivencia escolar deportiva dos colexios Mariñamansa, Virxe de Covadonga e Manuel Sueiro.

Os escolares do CEIP de Mariñansa, Virxe de Condonga e Manuel Sueiro, viviron unha xornada chea de emoción e diversión ao participar na I Convivencia Escolar Deportiva.

Os nenos e nenas uníronse nun ambiente de camaradería e entusiasmo para gozar de diferentes xogos e actividades ao aire libre. Entre os xogos realizados atopábanse clásicos como o paracaídas, tres en raia, pano, a rayuela, tres en raia,... que puxeron a proba a destreza, coordinación e habilidades dos participantes.

A risas e a alegría fixéronse presentes en cada momento, creando un ambiente de sa competencia e compañeirismo. Os escolares demostraron o seu espírito deportivo e a súa capacidade para traballar en equipo, fortalecendo lazos de amizade e solidariedade entre os centros educativos. Sen dúbida, esta convivencia deportiva foi unha experiencia enriquecedora que quedará na memoria de todos os participantes como un día cheo de diversión e aprendizaxe.

Estamos desexando que os nosos mestres e mestras de Educación Física organicen a II Convivencia Escolar Deportiva e que poidamos invitar a algún colexio máis para poder xogar todos xuntos!!!

Convivencia

 

CONVIVENCIA MUSICAL

Convivencia

O alumnado de 4º e 5º de educación primaria participa na  I Convivencia Musical na Praza Maior de Ourense.

O pasado 29de maio, o alumnado de 4º e 5º de educación primaria do noso centro tivo a oportunidade de participar na I Convivencia Musiscal realizada na Praza Maior de Ourense.

Diversos colexios da provincia de Ourense (A Ponte, Irmáns Villar, Vistahermosa, Amaro Refojo de Verín,...)  reuníronse nunha emocionante convivencia musical que resultou ser todo un éxito. Durante o evento, os estudantes participaron en diversos obradoiros onde puideron experimentar con ritmos creativos utilizando vasos e picas, gozar de clases de baile animadas, explorar a percusión e divertirse co xogo do paracaídas.

A enerxía e a alegría podíanse sentir no ambiente mentres os mozos mostraban as súas habilidades musicais e uníanse en harmonía. A Praza Maior converteuse nun escenario vibrante onde a música e a diversión fusionáronse para crear un evento inesquecible. Esta convivencia musical non só permitiu aos estudantes expresar a súa creatividade e talento, senón que tamén fomentou a unión e o compañeirismo entre os colexios da cidade. Sen dúbida, foi unha experiencia enriquecedora que quedará gravada na memoria de todos os participantes

Convivencia

 

 

Día Intenacinal da familia

Celebración do día da familia en educación infantil.

O pasado 15 de maio, en conmemoración do Día Internacional da Familia, o alumnado de educación infantil levou a cabo unha entrañable actividade que fusionou creatividade e afecto. Os pequenos e as pequenas artistas dedicaron a xornada a debuxar ás súas familias, plasmando en papel os seus fogares e seres queridos desde a súa perspectiva infantil.

A actividade, tiña como obxectivo principal fomentar o vínculo familiar e reforzar os lazos entre os nenos e os seus seres queridos. Cada neno e nena mergullouse na tarefa con entusiasmo, utilizando lapis de cores e rotuladores para dar vida aos seus familiares en vibrantes e coloridas ilustracións.

Unha vez rematados os debuxos, procedeuse á seguinte etapa do proxecto: a creación de chaveiros personalizados. As imaxes foron empregadas para convertelas en pequenos chaveiros, que os nenos e nenas puideron levar á casa como un recordo tanxible deste día especial.

Ademais dos beneficios emocionais, esta actividade tamén tivo un compoñente pedagóxico importante. Debuxar e crear fomentou a motricidade fina, a expresión artística e a capacidade de observación dos nenos, ao tempo que lles permitiu reflexionar sobre a importancia da familia nas súas vidas.

En resumo, a celebración do Día da Familia nas aulas de educación infantil foi unha xornada repleta de amor, creatividade e aprendizaxe.

A banda deseñada como método de expresión

O alumnado potencia a súa creatividade a través da banda deseñada en traballos de expresión escrita.

No segundo trimestre do curso, o noso alumnado destacou polo seu entusiasmo e creatividade ao empregar a banda deseñada para realizar traballos de expresión escrita seguindo a liña de traballo proposta por Bibliotecas Escolares de Galicia para este curso. Esta ferramenta pedagóxica foi incorporada en diversas ocasións, proporcionando aos estudantes unha plataforma para explorar e expresar as súas ideas de xeito máis dinámico e estruturado.

A banda deseñada, unha metodoloxía visual e didáctica, permitiu aos nenos e nenas desenvolver habilidades esenciais na escritura, tales como a organización de ideas, a coherencia e a cohesión textual. A través desta ferramenta, os estudantes puideron crear relatos, poemas e descricións, fomentando así a súa imaxinación e mellorando a súa competencia lingüística.

Durante as sesións, o alumnado mostrouse entusiasmado e participativo, gozando do proceso creativo que a banda deseñada facilita. Observamos unha notable mellora na calidade dos textos producidos, así como un maior interese pola escritura entre os nenos e nenas. Ademais, esta actividade fomentou o traballo colaborativo, xa que en moitas ocasións compartiron as súas creacións e proporcionaron retroalimentación construtiva entre eles.

Esta experiencia demostrou que a creatividade e a expresión escrita poden florecer cando se brindan os recursos adecuados e se estimula o interese dos alumnos.

Grazas á liña de traballo deste curso Bibliotecas escolares, a banda deseñada foi unha revelación nas nosas clases de expresión escrita. Vimos como o alumnado se involucra máis e se sente orgullosos dos seus traballos. Sen dúbida, seguiremos utilizándoa e explorando novas formas de facer que a escritura sexa unha actividade emocionante e enriquecedora para todos e todas.

Esta experiencia positiva non só enriquece a aprendizaxe académica dos estudantes, senón que tamén senta as bases para unha educación máis creativa e inclusiva, onde cada neno e nenas pode atopar a súa voz e expresala con confianza e orixinalidade.


MÁIS ACTIVIDADES


VIAXE A CORUÑA

A_Coruña

O martes 21 de maio de 2024 o alumnado de 5º e 6º de Educación primaria desfrutaron dunha emocionante visita aos museos da cidade de A Couña. A nosa excursión incluíu paradas en Domus, Acuario e Casa de las Ciencias. Durante a visita, os estudantes puideron aprender sobre a historia da humanidade en Domus, explorar a vida mariña no Acuario e descubrir os misterios da ciencia na Casa de las Ciencias e desfrutar do Planetario. Foi un día cheo de diversión e aprendizaxe para todos os participantes."

 Galeria

PDI. 6º EDUCACIÓN PRIMARIA.

PDI_6ep

ODS 13 : ACCIÓN POLO CLIMA
O grupo de 6º de Educación Primaria traballou o ODS 13 Acción polo clima, que busca tomar medidas urxentes para combater o cambio climático e establecer unha resposta global para fortalecer a capacidade de adaptación e a resiliencia das distintas comunidades en relación cos riscos climáticos.
Despois da concienciación sobre a conservación dos ecosistemas realizada o ano anterior, este curso os alumnos e alumnas de sexto deron un paso máis alá e investigaron e puxeron en marcha algunhas das prácticas máis recomendables relacionadas coa agricultura sostible como modo de conservación e fomento da biodiversidade do planeta.

Desastres.

Doc.1

Doc.2

Doc.3

Doc.4
Agricultura rexenerativa
O inicio da nosa viaxe comezou coa documentación sobre o tema a través dos libros seleccionados da nosa Biblioteca e dos medios tecnolóxicos: especialmente coa visualización dos vídeos de “Javier Peña/Hope, en pie por el planeta”, sobre todo o que nos abriu o camiño foi: “Agricultura Rexenerativa: o futuro?” . Deste xeito,  o alumnado descubriu que había que empezar por “facelo todo ao revés”: deixar de cavar a terra, permitir a aparición de insectos, usar compostaxe vexetal, esmagar as plantas do ano anterior, usar a rotación de cultivos como control de pragas...
Así que comezamos por informarnos de cales eran as bases deste tipo de agricultura rexenerativa e das experiencias que se levaban a cabo na nosa terra. O alumnado, en parellas, fixo varias presentacións sobre os tres aspectos do noso proxecto: a compostaxe, o hotel de insectos e a agricultura rexenerativa e expuxéronas diante do grupo clase.

Documentos.

Agricultura rexenerativa.

Agricultura_rexenerativa

Agricultura rexenerativa no noso horto: a compostaxe.
Unha vez que soubemos a teoría o seguinte paso foi levalo á práctica. Decidimos que o primeiro paso para aplicar a agricultura rexenerativa no noso horto sería preparar a terra para facer compostaxe na mesma.
 Aproveitamos o outono  e o inverno para machucar as plantas que quedaran na horta o curso anterior, cubrímola con cartóns (sen tinta) que había no centro, recollemos as follas e paus do patio e tapamos todo. Deste xeito puidemos comezar a facer compostaxe antes mesmo de contar cun composteiro.
As catástrofes marítimas: un alto no camiño
O 8 de decembro de 2023, o Toconao, un buque de carga perdeu seis colectores, polo menos un con pellets de plástico, a 80 quilómetros da costa de Viana do Castelo (Portugal). En poucos días espalláronse polas costas galegas, asturianas, cántabras e mesmo polas de Euskadi. Esta nova obrigounos a que parásemos a analizar algunhas das múltiples catástrofes marítimas que houbo fronte as nosas costas galegas nos últimos 50 anos.
Foi así como aprendemos nomes tan estraños como: Urquiola, Casón, Prestige... comprobamos como a historia se repite unha e outra vez e o final sempre é o mesmo: múltiples vítimas mortais e miles de quilómetros de natureza afectados.
Pero para os nenos e nenas de sexto foi un paso máis na concienciación sobre a importancia de conservar os ecosistemas e de loitar polo clima.

Documentos.

Agricultura rexenerativa. A compostaxe.

CompostaxeProxecto de construción: un hotel de insectos!
Desde principio de curso o soño dos nenos e nenas de sexto foi a construción dun hotel de insectos á beira da horta escolar. A fase de documentación serviulles para coñecer as múltiples vantaxes que tería a súa edificación: aumento da biodiversidade da zona, aumento da polinización nos arredores, control de pragas sobre as hortalizas plantadas...
Unha vez que tiveron claros os beneficios, buscaron cales serían os materiais que precisarían para acometer a súa obra e, despois de elaborar carteis para os diferentes niveis escolares, decidiron pedirlle axuda a toda a comunidade educativa. Temos que darlle grazas a todos por colaborar, pero especialmente aos máis cativos do centro que foron ata o de agora os que máis achegas fixeron ao noso soño.
Estamos pendentes de pintar as “paredes” e de preparar os “cuartos”para os nosos bichiños. Coma sempre buscaremos que todos os nenos do colexio nos axuden na fase final do noso proxecto. Non nos esqueceremos de facer o concurso para elixir o mellor nome para o noso hotel. Animádevos a participar!  Non só será divertido, senón que lograremos un cambio real a favor do clima no noso entorno. Que máis se pode pedir!

Documentos.

Hotel de insectos

Doc.1

Doc.2

Hotel_insectos

HORA DE PLANTAR NA NOSA HORTA!
Antes de poder plantar, acondicionamos a horta:  afondamos os bancais para que tivesen maior profundidade e cubrímolos con terra nova, aclimatamos os arredores con malla anti-herbas e, por último, aproveitando que estabamos a traballar as medidas de superficie, medimos a área coa que contabamos para cultivar.
Este ano decidimos “reutilizar”  para axudar a nosa economía e a ao medio ambiente, así que, seguindo co espírito da agricultura rexenerativa, aproveitamos as sementes e plantas do ano anterior e transplantámolas cando a choiva desta primavera nolo permitiu. Agora toca coidalas e ver como medran!

Galeria

Valor da auga, dos mares e océanos

Durante o curso 2023/2024, o Proxecto de Desenvolvemento Integral (P.D.I.) centrouse no coidado do medio ambiente, especificamente na temática do ODS 14: Vida Submarina. Este enfoque busca sensibilizar e educar ao alumnado sobre a importancia da auga dos mares e océanos para a sustentabilidade do planeta.

Obxectivos


  •  Concienciar ao alumnado sobre a importancia dos ecosistemas mariños.
  • Fomentar o respecto e coidado do medio ambiente a través de accións concretas.
  • Desenvolver habilidades de investigación e aprendizaxe autónomo nos estudantes.
  • Promover a lectura e a reflexión crítica sobre temas medioambientais.

Actividades Realizadas


Lecturas e Análise de Libros
Seleccionáronse catro libros para a hora de ler durante o curso escolar 2023/2024:

  • Descubramos los océanos
  • Una bolsa de patatas fritas en la Polinesia de Jordi Sierra y Fabra
  • Cuentos para salvar el planeta de Anna Casals y Paolo Ferri
  • Poemar o mar de Antonio García Teijeiro

Cada libro foi lido e discutido en clase, fomentando a análise crítica e a reflexión sobre os temas presentados.

Vídeos Didácticos

Proxectáronse varios vídeos didácticos que abordaron a temática da vida submarina, a contaminación dos océanos e as medidas de conservación. Estes vídeos serviron como complemento visual ás lecturas e discusións en clase.

Obradoiros e Experimentos en Clase

Leváronse a cabo diversos obradoiros e experimentos para que os alumnos puidesen aplicar de maneira práctica os conceptos aprendidos.

Temporalización


As actividades desenvolvéronse durante o terceiro trimestre do curso, con periodicidade quincenal. Isto permitiu un seguimento continuo e unha integración adecuada dos contidos no plan de estudos.

Metodoloxía


Empregouse unha metodoloxía activa e de descubrimento guiado, promovendo a participación activa e a aprendizaxe autónoma dos alumnos. As actividades apoiáronse na maioría en soportes escritos, pero priorizouse o traballo a través da comunicación oral. Esta metodoloxía axustouse ás características individuais do alumnado, asegurando que cada estudante puidese participar e aprender de maneira efectiva.

Resultados e Avaliación


O alumnado demostrou un alto nivel de compromiso e comprensión sobre a importancia de coidar os océanos e mares. As actividades prácticas e as visitas didácticas foron especialmente efectivas para consolidar as aprendizaxes teóricas. A lectura dos libros seleccionados fomentou un interese xenuíno polos temas medioambientais e motivou discusións enriquecedoras en clase.

Conclusión


O proxecto "Valor da Auga dos Mares e Océanos" logrou os seus obxectivos de sensibilización e educación ambiental. Os alumnos de 4º de Educación Primaria non só adquiriron coñecementos sobre a vida submarina, senón que tamén desenvolveron unha actitude proactiva cara á protección do medio ambiente. Este enfoque educativo integral sentará as bases para futuros proxectos que continúen promovendo a sustentabilidade e o respecto polo noso planeta.

Recomendacións


Para próximos cursos, recoméndase:

  1. Ampliar a gama de materiais didácticos, incluíndo recursos dixitais interactivos.
  2. Fortalecer a colaboración con organizacións medioambientais para realizar proxectos conxuntos.
  3. Continuar coa metodoloxía activa e de descubrimento guiado, adaptando as actividades ás novas tecnoloxías e recursos educativos dispoñibles.

 

Visita ao Museo Municipal de Ourense

Mozos Estudantes Convértense en Artistas por un Día

O 21 de maio de 2024 o alumnado de 3º e 4º de educación primaria viviu unha experiencia educativa e cultural inesquecible ao trasladarse ao Museo Municipal de Ourense para presenciar unha exposición de destacados pintores e escultores locais.

Durante a visita guiada, o alumnado tivo a oportunidade de descubrir e observar en detalle as obras de importantes artistas ourensáns. A actividade, organizada co obxectivo de fomentar o interese pola arte e a cultura local entre os máis pequenos, foi recibida con gran entusiasmo por parte dos nenos e nenas.

A xornada non se limitou só á observación pasiva das obras. Inspirados polos artistas que descubriron, cada estudante realizou un bosquexo da obra que máis lle impactou. Este exercicio práctico permitiulles expresar a súa creatividade e pór en práctica o aprendido durante a visita.

Como remate desta enriquecedora actividade, os bosquexos realizados polo alumando foi exposto no mesmo museo, permitindo aos pequenos e pequenas artistas ver os seus traballos nun contorno profesional e compartilos co público visitante.

Esta iniciativa, que combina educación e arte, subliña a importancia das actividades extracurriculares no desenvolvemento integral dos estudantes e reforza o vínculo entre a comunidade educativa e as institucións culturais de Ourense. Ademais, proporciona aos alumnos e alumnas unha experiencia práctica que potencia as súas habilidades artísticas e promove o seu crecemento persoal.

O evento tamén serviu para visibilizar o talento local e conectou os mozos co patrimonio cultural da súa cidade, cultivando un maior aprecio pola arte orixinaria de Ourense.

Con esta actividade, o Museo Municipal de Ourense demostrou unha vez máis o seu compromiso co apoio á educación e a promoción da cultura entre as novas xeracións.

Visita á biblioteca municipal do barrio de A Ponte

Visita á Biblioteca Municipal do barrio da Ponte!

O pasado venres 21 de maio, o alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria tivo a oportunidade de visitar as instalacións da Biblioteca Municipal do barrio da Ponte. Durante a visita, puidemos gozar de tres actividades diferentes:

  • Sesión de formación de usuarios: En primeiro lugar, recibimos unha completa formación sobre o funcionamento da biblioteca. Explicáronnos como están catalogados os fondos e o significado das cores dos teixuelos. Deste xeito, aprendemos a movernos pola biblioteca de forma autónoma e a atopar os libros que buscamos.
  • Sesión de contacontos: A continuación, participamos activamente nunha divertida sesión de contacontos a cargo dunha das encargadas da biblioteca. Narráronnos o libro "Conta Comigo" de Miguel Tanco, unha historia chea de aventuras e valores matemáticos que nos mantivo a todas as persoas participantes moi atentas.
  • Lectura por pracer: Para finalizar a visita, tivemos un tempo libre para ler por pracer. Cada un de nós puido elixir un libro dos andeis da biblioteca e gozar dun anaco de lectura tranquila.

A visita á Biblioteca Municipal do barrio da Ponte foi unha experiencia moi enriquecedora para todos os nenos e nenas do cole. Permitiunos coñecer un espazo cultural importante do barrio da Ponte, aprender a utilizar a biblioteca de forma eficaz e gozar da lectura nun entorno agradable.

Esperamos volver pronto!

IOGA E MINDFULNESS

ioga

A docente Raquel Cela despediuse do alumnado do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro realizando una sesión de Ioga e Mindfulness co alumando de 1º e de 4º de Educación Primaria.

Estas actividades son fundamentais para o alumnado xa que axúdalles a relaxarse, a aliviar o estrés, a ansiedade,... axudándolle a descansar mellor e a mellorar o seu control emocional e os seus estados de ánimo.

ioga

Distribuir contido


by Dr. Radut