Skip to Content

Libros de texto

Axudas libros de texto do concello

O Concello de Ourense convoca as axudas que lles darán apoio ás familias ourensás para a compra de libros e material escolar e comedores escolares no próximo curso 2020/2021. O Boletín Oficial da Provincia de Ourense do 19 de xuño, publica o extracto desta convocatoria, cuxo orzamento ascende a un total de 294.250 euros, cun incremento de máis de 50.000 euros fronte ao curso anterior, dos que 269.000 serán para axudas para comedores escolares e 25.000 para libros (20.000 no curso 2019/2020).

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral do Concello de Ourense, na Praza Maior, ou en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, achegando a documentación requirida nas bases reguladoras. O prazo para presentar as solicitudes abrirase o luns, 22 de xuño, e permanecerá aberto durante 15 días hábiles, até o 13 de xullo.


DOCUMENTACIÓN


Axudas libros de texto para o curso 2020/2021

 

A Orde do 12 de maio de 2020 regula a participación no fondo solidario de libros de texto e convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria para o curso escolar 2020/21.

Este curso só recibirá vales de axuda para libros de texto o alumnado de 1 º e 2º de Ed. Primaria.

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria terá que solicitar libros dos que existan nos fondos do colexio (en 3º e 5º non hai fondos, polo que só recibirán os libros que lles correspondan pola renta familiar: 6 ou 4 libros).


Prazo para presentar as solicitudes


  • O prazo para presentar solicitudes rematará o día 19 de xuño de 2020 (este incluído).

As ordes e a documentación:



LISTAXE PROVISIONAL de ADXUDICACIÓN DO FONDO DE LIBROS 2020/21

Na primeira semana de xullo publicaremos no tabolerio do centro a listaxe provisional. Comunicaremos nesta web, e por medio de Abalar Móbil, a data de publicación.

Prazo de reclamación: dous días posteriores á publicación.


LISTAXE DEFINITIVA de ADXUDICACIÓN DO FONDO DE LIBROS 2020/21

Publicada a listaxe definitiva no taboleiro docentro o día 09/07/2020.

Os libros serán entregados ao alumnado o 1º día de clase do curso 2020/2021. Os libros non adxudicados deberán ser mercados polas persoas interesadas.


Nos seguintes documentos pdf poderedes descargar a lista de libros para o curso 2020/2021.


 Relación de libros de texto para o curso 2020/2021 en pdf.

Axudas de libros de texto 2018/2019

Distribuir contido


by Dr. Radut