Skip to Content

ANPA

Teatro de Nadal

O grupo de teatro "Los teatrillos", formado polo alumnado de extraescolares de teatro do cole, representou para todo o alumnado do centro, en dúas sesións, a obra "Unha canción de Nadal" que estiveron a preparar ao longo deste primeiro trimestre e que nos mostrou o de xeito moi divertido unha historia moi particular sobre Grinch.

Fixérono xenial!!

 

Chocolatada de Nadal 2022

O último día de clase, para despedir o trimestre e o ano 2022, a AFA Limiar do noso cole convidou a todos os membros da comunidade educativa á degustación de chocolate con churros no comedor.

Non hai máis que ver a galería de imaxes para ver o ben que o pasaron os nosos alumnos e alumnas desta actividade.

Obradoiros de Nadal da AFA

O 22 de decembro, tres membros da AFA Limiar desprazáronse ao noso centro para realizar diferentes actividades relacionadas coas ciencias da natureza nas que o sol e as estrelas xogaron un papel central.

Lucía (nai de Xan de 4º de Ed. Infantil), Rubén (pai de Úrsula de 4º de Ed. Infantil) e David (pai de Zoe de 1º de Ed. Primaria e Maia de 3º de Ed. Primaria) realizaron tres obradoiros (1º obradoiro co alumnado de 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria; 2º obradoiro co alumnado de Ed. Infantil e un 3º obradoiro co alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria) no que  sol e as estrelas foros os eixos das diversas historias que lles permitiron descubrir diferentes elementos do noso universo.

A actividade foi xenial... xa estamos agardando a que regresen outra vez a contarnos máis cousas extraordinarias do universo. 

Actividades extraescolares curso 2021/2022

Visita da Apalpadora

O 20 de decembro, grazas á colaboración e financiación da ANPA Limiar do noso cole, tivemos a sorte de contar coa presenza de A Apalpadora na biblioteca do noso centro.

Contoulle ao alumnado o precioso que é o lugar onde habita na serra de Courel, en que consiste o seu traballo de carboeira e como noutros tempos se pasaba fame en moitos lugares de Galicia, de aí que unha das súas costumes sexa a de apalparlle a barriguiña aos nenos e nenas galegas despois do solsticio de inverno para deixarlles unha presa de castañas mentres están a durmir teñan fame ou non teñan.

Como fomos moi bos ao longo deste ano, ao remate da súa visita, deixounos uns agasallos para cada un dos nenos e nenas do cole.

 

 

Visita dos Reis Magos de Oriente

Como colofón, ao traballo realizado neste primeiro trimestre de curso, tivemos o privilexio de contar na nosa biblioteca coa presenza dos tres Reis Magos de Oriente, grazas á colaboración da ANPA Limiar.

O alumnado tivo ocasión de achegarlle as súas peticións de agasallos para este Nadal e de departir con eles de todo aquilo que quixo.

Como agradecemento a súa visita, interpretámoslles varias panxoliñas que foron do seu agrado.

Todas as nenas e nenos recibiron un agasallo das súas maxestades. Agora, xa só falla que atendan as peticións que lles fixemos por escrito.

Chocolatada de Nadal

O último día de clase, do primeiro trimestre, a ANPA Limiar do noso cole agasallou cunha chocolatada con churros, no comedor do colexio, a todo o alumnado e profesorado do centro, para repoñer forzas despois do gran traballo realizado ao longo do curso.

Desde o centro, agradecemos a colaboración prestada nesta actividade a todas as persoas membros da ANPA.

Eleccións ao Consello Escolar 2016

Ao longo deste trimestre levarase a cabo a renovación parcial dos membros do Consello Escolar segundo a Resolución do 26 de setembro de 2016 (DOG 4/10/16).

Neste ocasión toca renovar os seguintes membros:

  • 3 membros do sector de pais e nais.
  • 3 membros do sector de mestres.

Desde a dirección do centro, animámosvos a participar activamente neste proceso que é fundamental para o bo funcionamento do colexio.

A Xunta electoral aprobou, o 3 de novembro, o seguinte calendario:

  • Do 4 ao 14 de novembro:
    • Publicación provisional dos censos dos sectores educativos citados.
    • Prazo de presentación de candidaturasDescargar modelo.
  • Do 16 ao 27 de novembro.
  • Día 29 de novembro:
    • Votacións dos distintos sectores.
      • Pais e nais (3 quendas para votar):
        • De 09:00 a 09:30; de 13:15 a 14:00 e de 15:30 a 16:00 horas.

O día 30 de novembro a Xunta Electoral proclamará aos candidatos electos.


 

Novos membros electos do Consello Escolar:

  • Sector do profesorado:
    • Dª. Inmaculada Lorenzo Cancio
    • Dª. Mª del Pilar Iglesias Gómez
    • D. José Antonio Regal Vázquez
  • Sector Pais/Nais do alumnado:
    • Dª. Ana Belén Fernández González
    • Dª. Marta Ester Rivera García
    • Dª. Mª Teresa Prieto Nogueiras

Reunión da ANPA

O xoves 15 de setembro do 2016 celebrarase unha reunión na aula de música do colexio ás 16:00 horas, á que estades convidados todos os membros da comunidade educativa.

Na reunión trataranse os seguintes temas:

  • Renovación da Xunta Directiva da ANPA.
  • Actividades extraescolares (custo de ditas actividades).
  • Propostas e preguntas.

Recordamos que a vosa presenza é de gran importancia para os temas que se van a tratar, polo que vos animamos a asistir.

Distribuir contido


by Dr. Radut