O 30 de outubro celebramos no centro a Festa do Samaíndun xeito distinto ao de anos anteriores. A posta en escena das actividades realizadas logrou que o alumnado voltase a disfrutar de momentos de felicidade no tempo de lecer, demostrando, así, que é posible compaxinar actividades colaborativas e participativas co protocolo COVID.
A xornada comezou coa representación dun contacontos polos dos nenos e nenas de sexto curso titulado "Violeta quere ser vampiro", para todo o alumnado do centro. Para que esta actividade resultase segura, fixéronse tres pases ao longo da mañán, na sala de psicomotricidade.
Despois do teatro, realizamos unha merenda terrorífica a base de doces coa forma dos protagonistas desta festa: pantasmas, morcegos, casas do terror...
Aproveitamos o recreo para realizar un desfile de moda fantasmagórica amenizada por unha parella moi especial de speakers. Como colofón ao desfile, toda a comunidade educativa participou en varias coreografíasde cancións propias desta celebración.
O 30 de outubro celebramos a Festa do Samaín no noso colexio. A maioría do alumnado e profesorado acudiu disfrazado ao centro.
O equipo de biblioteca decorou a biblioteca para que esta puxese en contacto o mundo dos vivos e dos mortos tal como nos di a lenda do Samaín. Por ela desfilaron todas aquelas persoas que o desexaron, algunhas pasárono tan ben que se animaron a repetir esta experiencia.
O alumnado de sexto de Ed. Primaria foi o encargado de darlle ambiente a este espazo de de conexión co máis alá que ten lugar na noite de Samaín.
Previamente, toda a comunidade educativa participou nun flash movie, coa interpretación da canción Monster Mash, para unir as festas do Samaín e do Halloween.
O 31 de outubro, para celebrar o día do Samaín, disfrazámonos con modelos terroríficos tratando de espantar a Jack o da lanterna e a todo aquel que se acercase ao cole.
Durante o tempo destinado ao recreo, disfrutamos dunha merenda con exquisitas viandas, elaboradas polo persoal do centro, as que daba medo comer.
Para rematar, todas as persoas que quixeron, fixeron unha incursión no túnel do medosituado na biblioteca, onde o alumnado de sexto se transformou en persoeiros do máis alá para aterrorizar a todo aquel que tivo a valentía adentrarse no túnel que nos levaba ao mundo das ánimas.
Un ano máis, o alumnado do CEIP Manuel Sueiro, coa axuda das súas familias, realizou unha exposición de calacús, na entrada do colexio, coa presentación de fantásticas calabazas decoradas terrorificamente para a ocasión.
A artista xaponesa agasállanos coa súa pumpkinno tempo de Halloween. Os black polka dots desaparecen como por arte de maxia ao mesmo tempo que as cariñas dos Kusama kidsaparecen no seu lugar. Cousa de meigas!!!
A obra orixinal podedes atopala na isla de Naoshima, coñecida como art island. Boa viaxe ata terras xaponesas!
Disfruta da arte de Yayoi Kusama en calquera época do curso, porque …
Ao longo das semana do Samaín o EDL do centro, en colaboración co equipo de biblioteca, organizou unha unha exposición de cabazas que elaboraron os nenos e nenas do colexio, coa axuda das súas familias.
Os traballos presentados amosaron unha calidade espectacular. Cada ano melloraramos en cantidade e calidade.
O xoves 27 de outubro celebramos no centro a festa do Samaín, coa entrega de diplomas a todos os participantes na exposición de calacús que tivo lugar, nos corredores do colexio, ao longo de toda a semana.
Hai que destacar o espectacular nivel dos traballos presentados e a elevada porcentaxe de participación da comunidade educativa nesta tradicional festa do noso centro.
Na galería de imaxes podedes observar as verdadeiras obras de arte que nos achegastes...
Ao longo da semana do 31 de outubro realizamos no centro unha exposición de calacús na que participou gran parte do alumnado, moitos deles axudados polas súas familias.
É de destacar a calidade dos traballos presentados nesta actividade de marcado carácter familiar que cada día ten máis seguidores na nosa comunidade, recuperando, deste xeito, actividades e costumes dos nosos antepasados.