Skip to Content

AFA

Visita dos Reis Magos de Oriente

Como colofón, ao traballo realizado neste primeiro trimestre de curso, tivemos o privilexio de contar na nosa biblioteca coa presenza dos tres Reis Magos de Oriente, grazas á colaboración da ANPA Limiar.

O alumnado tivo ocasión de achegarlle as súas peticións de agasallos para este Nadal e de departir con eles de todo aquilo que quixo.

Como agradecemento a súa visita, interpretámoslles varias panxoliñas que foron do seu agrado.

Todas as nenas e nenos recibiron un agasallo das súas maxestades. Agora, xa só falla que atendan as peticións que lles fixemos por escrito.

Chocolatada de Nadal

O último día de clase, do primeiro trimestre, a ANPA Limiar do noso cole agasallou cunha chocolatada con churros, no comedor do colexio, a todo o alumnado e profesorado do centro, para repoñer forzas despois do gran traballo realizado ao longo do curso.

Desde o centro, agradecemos a colaboración prestada nesta actividade a todas as persoas membros da ANPA.

Eleccións ao Consello Escolar 2016

Ao longo deste trimestre levarase a cabo a renovación parcial dos membros do Consello Escolar segundo a Resolución do 26 de setembro de 2016 (DOG 4/10/16).

Neste ocasión toca renovar os seguintes membros:

  • 3 membros do sector de pais e nais.
  • 3 membros do sector de mestres.

Desde a dirección do centro, animámosvos a participar activamente neste proceso que é fundamental para o bo funcionamento do colexio.

A Xunta electoral aprobou, o 3 de novembro, o seguinte calendario:

  • Do 4 ao 14 de novembro:
    • Publicación provisional dos censos dos sectores educativos citados.
    • Prazo de presentación de candidaturasDescargar modelo.
  • Do 16 ao 27 de novembro.
  • Día 29 de novembro:
    • Votacións dos distintos sectores.
      • Pais e nais (3 quendas para votar):
        • De 09:00 a 09:30; de 13:15 a 14:00 e de 15:30 a 16:00 horas.

O día 30 de novembro a Xunta Electoral proclamará aos candidatos electos.


 

Novos membros electos do Consello Escolar:

  • Sector do profesorado:
    • Dª. Inmaculada Lorenzo Cancio
    • Dª. Mª del Pilar Iglesias Gómez
    • D. José Antonio Regal Vázquez
  • Sector Pais/Nais do alumnado:
    • Dª. Ana Belén Fernández González
    • Dª. Marta Ester Rivera García
    • Dª. Mª Teresa Prieto Nogueiras

Reunión da ANPA

O xoves 15 de setembro do 2016 celebrarase unha reunión na aula de música do colexio ás 16:00 horas, á que estades convidados todos os membros da comunidade educativa.

Na reunión trataranse os seguintes temas:

  • Renovación da Xunta Directiva da ANPA.
  • Actividades extraescolares (custo de ditas actividades).
  • Propostas e preguntas.

Recordamos que a vosa presenza é de gran importancia para os temas que se van a tratar, polo que vos animamos a asistir.

Festa de Nadal da ANPA Limiar

O magoO venres 18 de decembro a ANPA Limiar organiza a Festa de Nadal nas instalacións do cole en horario de 16 a 19 horas.

A actuación será gratuíta para os socios da ANPA e terá un custo de 5 € para os non socios. Hai que confirmar asistencia antes do día 10 (e pagar, de ser o caso, antes do día 11) para poder organizar o evento correctamente.

Pódese descargar o impreso para confirmar asistencia entregándoo no centro o aos membros da ANPA:

Reunión de pais e nais

A ANPA do colexio convoca a todos os pais e nais do alumnado do centro, sexan membros do ANPA ou non, á reunión que terá lugar o próximo venres, 14 de novembro, ás 4 da tarde na aula de música, para tratar o tema da renovación da Xunta Directiva actual.

Prégase a máxima asistencia xa que do resultado de dita reunión dependerá o mantemento das actividades extraescolares o próximo curso e o mantemento da xornada continuada que actualmente vimos disfrutando.

Distribuir contido


by Dr. Radut