Gañadores do primeiro premio Nacional do concurso do Exército

O noso cole volveu a gañar o Primeiro Premio Nacional no Concurso Escolar do Exército de Terra 2024!

Comprácenos compartir unha nova de gran orgullo e ledicia para toda a nosa comunidade educativa. O traballo realizado polo alumnado de quinto de educación primaria do noso colexio, titulado "Mis pies juto a los tuyos", foi galardoado co primeiro premio a nivel nacional no concurso escolar do Exército de Terra de 2024, tras resultar tamén gañador da fase rexional.

Este destacado logro é un reflexo do esforzo, creatividade e dedicación dos nosos e nosas estudantes e do equipo docente, que traballaron con gran entusiasmo neste proxecto. O premio consiste en tres ordenadores portátiles, unha placa e un diploma, que serán recollidos por unha representación do centro nunha cerimonia en Madrid, en datas próximas ao 12 de outubro.

Queremos estender as nosas máis sinceras felicitacións a todas as persoas que participaron no proxecto. Este recoñecemento non só celebra o talento e a dedicación dos noso alumnado, senón que tamén resalta o compromiso do noso colexio coa excelencia educativa e a promoción de valores fundamentais.

Parabéns a todos e todas por este magnífico logro!