O 25 de novembro, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria visitou a empresa ourensá Aceites Abril, situada no Polígono Industrial San Ciprián de Viñas, Calle 6, nº 18, en Ourense.
O obxectivo da visita era coñecer o proceso de elaboración e distribución do aceite destacando a importancia da sostenibilidade e reciclaxe da empresa Aceites Abril.
A nosa visita pola fábrica foi moi interesante, xa que nos amosaron diversas máquinas nas que puidemos observar os procesos de envasado, embotellado, etiquetado, almacenaxe e distribución.
Antes de percorrer a fábrica, ensináronos a sección de calidade no que deixamos as nosas pertenzas e nos puxemos a batas e gorros. Nesta visita non hai fotografías, soamente esta de grupo que amosamos na páxina web xa que por motivos de seguridade non está permitido facer fotografías dentro das instalacións.
A visita foi guiada por Javier Martínez, responsable de exportación e por Marta Pérez, responsable de RRHH.
Dende o CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro agradecemos a visita así como o magnífico trato recibido, cando nos inviten voltaremos porque quedaron moitas preguntas sen facer.
Seguindo as suxestións das Nacións Unidas, no cole seguimos coa teima de ORANGE THE WORLD! Queremos un mundo no que as mulleres e as nenas teñan un futuro brilante, que todas podamos SHINE, SHINE, SHINE.
A UNESCO anímanos este ano a levar a nosa ORANGE UMBRELLA! Do mesmo xeito que os paraugas nos protexen da chuvia, as orange umbrellas nos protexen da violencia de todo tipo exercida sobre mulleres e nenas.
As nenas e menos de E. Primaria elaboraron as súas propias umbrellas, e os peques de E.Infantil, uníronse nunha BIG UMBRELLA, debuxando as súas mans dentro dela, a xeito de paraugas protector.
25th NOVEMBER
International
Day for the
Elimination of
Violence against
Women
0 21 de novembro e dentro das actividade organizadas para conmemorar o 25 de novembro, a Concellería de Igualdade, ofertounos unha actividade de contacontos de sensibilización e concienciación en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero: "O rato canguro" coa finalidade principal de romper os estereotipos de xénero desde a infancia.
Os obxectivos específicos desta proposta son, entre outros:
O rato Fuco visitou o noso cole acompañado dun bebé ao que tivo que coidar: Chámase Cochin, e é un fillo duns amigos seus que se chaman Lene Marta e Tomás, porcos protagonistas do Conto “Suave y Calentito”, de Bijou Le Ford. Lene Marta traballa fóra da casa e Tomás hoxe non pode atender o pequeno porque ten que ir ao veterinario. Así pois, o rato Fuco foi o escollido para facerse cargo de Cochín.
Durante a contada, deulle de comer, lavouno, cambioulle o cueiro, contoulle contos e mesmo lle cantou un arrolo para o adormecelo, demostrando que en Lonxe de todo os coidados son unha tarefa compartida por ratos e ratiñas.
Ao longo do mes de novembro está dispoñible a exposición de froitos de outono que elabora o alumnado do noso centro coa axuda das súas familias.
Anímádevos a participar que aínda estades a tempo!!
Ao longo do mes da ciencia participamos na convocatoria que se fixo desde a biblioteca do cole e o EDL do centro baixo o lemma "Se tes paciencia experimenta coa ciencia" realizando diversos experimentos que aquí presentamos aos nosos compañeiros e compañeiras.
O 10 de novembro, celebramos a festa do magosto no patio do noso colexio.
Seguindo a tradición dos últimos anos, primeiro disfrutamos dunha merenda a base de bolos preñados de chourizos, empanada de carne e bonito, e de postre bica que acompañou ás protagonistas desta festa: as castañas.
A continuación, realizamos un circuíto de xogos populares, con 9 estacións, que nos organizaron os/as profes do cole coa axuda do alumnado de prácticas.
Ao rematar, o alumnado que aínda tiña algo de forzas, bailou ao ritmo da DJ contratada para esta ocasión.
Ao longo do mes de novembro celebramos o mes da Ciencia no noso cole organizado desde a biblioteca escolar e en colaboración co EDL do centro baixo o lemma "Se tes paciencia divírtete coa ciencia" realizando diversos experimentos que aquí presentamos aos nosos compañeiros.
Premendo nas seguintes imaxes teredes acceso aos traballos realizados polo alumnado do centro:
O alumnado de 4º de Ed. Infantil experimentou con piñas e comprobou como a humidade e a calor fan cambiar a forma das piñas.