A ciencia é divertida

Ao longo do mes da ciencia participamos na convocatoria que se fixo desde a biblioteca do cole e o EDL do centro baixo o lemma "Se tes paciencia experimenta coa ciencia" realizando diversos experimentos que aquí presentamos aos nosos compañeiros e compañeiras.

  • Galaxia de cores. Xogando coa tensión superficial do leite, co xabón e coas graxas do leite e do colorante, o alumnado comprobou como o xabón repelía unha e outra vez aos colorantes alimenticios por conter graxas na súa composición.
    Premendo na imaxe poderedes observar o resultado espectacular deste experimento que formou unha Galaxia de cores.

  • Pantasmiñas explosivas. Aproveitando a reacción dunha substancia ácida, como o vinagre, ante o bicarbonato sódico, conseguimos explosionar o interior das cabezas duns pequenos monstruos. Para que a reacción fose máis expectacular, mesturámoslle tamén colorantes de diferentes cores e xabón líquido. O resultado podédelo observar na galería de imaxes.

  • Como bos científicos e científicas que somos, ao remate de cada experimento redactamos o noso informe do observado no laboratorio de clase.

  • Idade auditiva. Con esta sinxela experiencia comprobamos a nosa idade auditiva, chegando á conclusión de que ao facernos maiores o sentido do oído perde eficacia, como se puido ver na diferencia entre os resultados do alumnado (todo perfecto) e o do titor (cunha perda auditiva bastante importante). Empregamos a seguinte ligazón para realizar a escoita auditiva.

  • Son superdegustador/a.  Para realizar este experimento tivemos que comer un anaco de dipper xl azul que tinguíu a nosa lingua de azul agás nas papilas gustativas que seguiron rosadas. Se contandes máis de 35 papilas en medio cm cadrado de lingua, é que sodes superdegustadores ou degustadoras.