1º Premio Rexional do Exército

1º PREMIO FASE REXIONAL

Por cuarto ano consecutivo, o alumnado de 5º E. Primaria acadou o 1º PREMIO na súa "FASE REGIONAL" dos "Premios Ejército 2024", obtendo así o pase á Fase Nacional da que resultaron gañadores os dous últimos anos.

No curso 2020-2021 gañaron por primeira vez a Fase Rexional e quedaron finalistas na Fase Nacional cun proxecto titulado “SI FUERA FÁCIL, LEERÍAN OTROS”, no que destacaron o traballo que mulleres e homes da Base Gabriel de Castilla desenvolven na Antártida, coidando ese ecosistema tan fráxil.

No curso 2021-2022 acadaron o 1º premio na súa Fase Nacional co proxecto “DE BASE A BASE E LEO PORQUE ME TOCA”. Nesa ocasión o proxecto poñía de relevo a importancia do persoal da Base Cid Campeador na escavación no xacemento de Atapuerca.

O curso 2022-2023 decidimos valorar o traballo do persoal da Base Oroel San Bernardo en Jaca a prol da inclusión das persoas con discapacidade visual cun proxecto títulado “MIRANDO SIN VER”.

Este curso o proxecto gañador leva por título “MIS PIES JUNTO A LOS TUYOS”, destacando o coidado dos máis débiles, en especial, nenos e nenas nas zonas de conflito internacional. E onde son precisos axudan na construción de pozos de auga potable, protección de almacéns de alimentos, creación de hospitais, ...

Despois do fallo do xurado nacional daremos conta de todo o noso traballo, resulte gañador ou non.

MOITA SORTE!

1º Premio Rexional