Na semana posterior ao Día das Letras Galegas realizamos no patio do cole unha Caza do tesouro organizada polo EDL e coordinada polas profes Marta e Mara, co fin de repasar os contidos traballados ao longo do mes de maio en relación a Florencio Delgado Gurriarán.
Organizamos dous itinerarios, un destinada ao alumnado de Ed. Infantil e 1º e 2º de Ed. Primaria e outra destinada ao resto dos cursos. En ámbalas dúas, empregáronse materiais elaborados polo seminario Galán e materiais propios do EDL do centro, para elaborar as diferentes pistas que ían orientando aos diferentes grupos ata chegar á recompensa final que consistía nunha letra maiúscula cun número.
Unha vez finalizados os dous itinerarios, realizamos unha posta en común coas recompensas obtidas na caza do tesouro para formar unha frase coas letras obtidas na recompensa e ordenadas segundo o número que tiñan cada unha. O resultado da combinación de todas as recompensas foi o seguinte:
Caza do tesouro de Ed. Infantil e 1º e 2º de Ed. Primaria
Caza do tesouro de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria
Comezamos coa celebración do día das Letras Galegas cunha exposición de fondos documentais en galego cos que poderá desfrutar a nosa comundade educativa.
Animádevos a visitarnos e a viaxar coa nosa lingua!.
Florencio Manuel Delgado Gurriarán naceu na aldea de Córgomo, no concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras, o 27 de agosto de 1903. Era fillo de Florencio e Consuelo, e o menor dos cinco irmáns.
Estudou a primaria e o bacharelato en Palencia e Valladolid, cidades ás que foi destinado seu pai, que era profesor da Escola de Peritos Agrícolas.
Ao licenciarse en Dereito na Universidade de Valladolid traballou como pasante nun bufete do Barco de Valdeorras, comarca á que lle dedicou no ano 1934 o seu primeiro libro, Bebedeiras.
Ao remate da Guerra Civil exiliouse en México, país no que desenvolveu unha intensa actividade cultural en defensa do idioma galego.
Faleceu en California un 14 de maio de 1987, cando visita unha das súas fillas.
Recuperado do Seminario Galán
O alumnado de 3º de Ed. Primaria pescudou información sobre Xela Arias e realizou un obradoiro de poesía sobre a autora homenaxeada nas Letras Galegas.
Para rematar, recitaron os seus poemas en versión rap.
O alumnado de 4º de Ed. Primaria pescudou ao longo do mes de maio sobre a vida e obra de Xela Arias.
Traballaron a súa poesía e realizaron un obradoiro poético centráronse na faceta feminista da autora. Crearon, memorizaron e recitaron un poema reivindicativo da igualdade entre homes e mulleres.
Nas seguintes ligazóns tendes o acceso a algunhas das actividades realizadas na celebración das Letras Galegas 2021 dedicada a Xela Arias.:
Xela Arias Castaño naceu o 4 de marzo de 1962 en Sarria (Lugo) onde seu pai era mestre de primaria. Era a primoxénita de Valentín e Amparo.
Foi inscrita co nome de María de los Ángeles, xa que daquela non se podían poñer nomes galegos. En 1984 consegue que lle recoñezan o dereito a chamarse Xela, tal como a coñecían todos.
Estudou infantil e primaria no Colexio Fingoi, de Lugo e no de Sárdoma, Moledo, en Vigo e os estudos de secundaria no IES Castelao, tamén de Vigo, cidade na que fora destinado seu pai.
Co conto A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia gañou o VI Concurso de contos Infantís de O Facho da Coruña.
Foi poeta, tradutora e profesora de Lingua e Literatura Castelá en secundaria.
A súa obra poética está recollida, principalmente en Denuncia do equilibrio, Tigres como cabalos, Intempériome e Darío a diario, dedicado ao seu fillo. Foi tradutora ao galego de obras en portugués, italia-no, inglés, castelán, francés... como As bruxas, de Roald Dalh, Contos ao Teléfono, de Rodari, O GatoGaiado..., de Jorge Amado,...
En 1986 ingresou na Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Faleceu na cidade de Vigo o 1º de novembro de 2003,aos 41 anos.
Polo seu traballo a prol do idioma galego e a nosa cultura a Real Academia dedícalle o Día das Letras de 2021.
(Recuperado de Seminario Galán)
Lendo a Ricardo Carvalho Calero autor homanaxeado nas Letras Galegas do ano 2020.
MÁIS RECURSOS EDUCATIVOS SOBRE CARVALHO CALERO