Club de Letras

Caza do tesouro no Día das Letras Galegas

Na semana posterior ao Día das Letras Galegas realizamos no patio do cole unha Caza do tesouro organizada polo EDL e coordinada polas profes Marta e Mara, co fin de repasar os contidos traballados ao longo do mes de maio en relación a Florencio Delgado Gurriarán.

Organizamos dous itinerarios, un destinada ao alumnado de Ed. Infantil e 1º e 2º de Ed. Primaria e outra destinada ao resto dos cursos. En ámbalas dúas, empregáronse materiais elaborados polo seminario Galán e materiais propios do EDL do centro, para elaborar as diferentes pistas que ían orientando aos diferentes grupos ata chegar á recompensa final que consistía nunha letra maiúscula cun número.

Unha vez finalizados os dous itinerarios, realizamos unha posta en común coas recompensas obtidas na caza do tesouro para formar unha frase coas letras obtidas na recompensa e ordenadas segundo o número que tiñan cada unha. O resultado da combinación de todas as recompensas foi o seguinte:

  •  FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, POETA

Caza do tesouro de Ed. Infantil e 1º  e 2º de Ed. Primaria

Caza do tesouro de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria

 

Xogos populares no CIFP Portovello

O 12 de maio, coa colaboración co CIFP Portovello, participamos nunha xornada de xogos populares que o alumnado de 1º curso do Ciclo superior de animación sociocultural preparou para os nenos e nenas de 2º de Ed. Primaria do noso cole.

Xogos de presentación, carrilanas, a rá, xogos de aros... fixeron que os Superheroes do Sueiro disfrutaran dun momento de lecer a carón do horto escolar no que tamén estamos a traballar en colaboración co alumnado do CIFP Portovello.

A experiencia deixou con gañas de repetila, tanto ao noso alumnado como aos monitores e monitoras do ciclo de animación.

From Manuel Sueiro to Sweden

Tendo como guía á nosa auxiliar de conversa, Melissa, e como lingua vehicular, inglés, fixemos unha viaxe que nos levou desde o noso cole ata Sweden.

Coñecemos o seu lugar en Europa, bandeira, comidas típicas, tradicións, festas e os Dala Horse, dos que fixemos réplicas.

Nun tempo no que as viaxes están restrinxidas á nosa imaxinación, no CEIP Manuel Sueiro viaxamos ben lonxe grazas á axuda da nosa auxiliar de conversa.

THANK YOU MELISSA!

Abrir presentación a toda páxina

Spelling Bee

Os compañeiros/as de 5º E.P. participaron no primeiro SPELLING BEE no noso cole. Deletrearon palabras en English de 3, 4, 5, 6 e 7 letras, empregando o menor tempo posible.

A gañadora absoluta, sen cometer un só erro, foi Eva Seoane Pulgar, recibindo o seu diploma acreditativo.

Félix Vadillo Leyes e Lucas  Vidal López quedaron empatados no seguinte posto, sendo imposible o desempate tras moitos intentos. Tamén eles recibiron o seu galardón.

Superheroes Say No!!

O 25 de novembro os Superheroes da escola usaron os seus superpoderes para intentar frear a violencia sobre as mulleres e as nenas que desgraciadamente afecta á nosa sociedade.

Prepararon as súas purple cloaks e unha representación na que deixaban ás claras o seu compromiso a favor do respecto e da non violencia.

Así atravesaron unhas purple doors que nos deixen acceder a un mundo máis igualitario, participando da actividade xeral da escola.

https://www.unwomen.org/en/about-us/about-un-women/un-women-song

Club de Letras

Por segundo curso consecutivo, o noso centro foi seleccionado no programa de innovación educativa “Club de Letras”.

Seguindo as propostas indicadas na resolución do 18 de xuño de 2020, o noso proxecto leva por título:

“TAKE CARE OF YOU, TAKE CARE OF US!

A elección do lema reúne dúas características: Por unha banda afonda nesas palabras e xestos cotiás que inciden na convivencia  diaria, nas formas de dirixirnos aos demais que reflicten un fondo máis profundo, no respecto polo modo en que cada cultura se relaciona entre si e coas outras, intentando que ese coñecemento sexa fructífero no seu crecemento persoal individual e colectivo.

Por outra banda, tal e como propón a convocatoria do Club de Letras este curso, faremos do autocoidado a plataforma desde a que extenderemos o coidado cara aos demais, (familias, escolas, sanitarios, …), prestando especial atención ás emocións que a situación actual de pandemia fai aflorar nos nenos e nenas, nos tempos COVID que estamos a vivir.

Destacaremos o traballo dos sanitarios/as, pondo especial énfase na enfermería, xa que o ano 2020 está adicado á enfermería. Poremos en valor esa profesión de tradición feminina e que na actualidade a igualdade xa é unha realidade.

Valoraremos a iniciativa de Florence Nightingale, esa  enfermeira que puxo en valor a súa profesión, tan denostada pola clase alta naqueles tempos. Neste 2020 cúmprense 200 anos do seu nacemento.

Así iniciaron a súa tarefa de coidar de todos/as nós, os SUPERHEROES do noso cole.

Como ben din,:

SUPERHEROES TAKE CARE OF YOU!

Distribuir contido