Contido popular
Título | Resumo | ||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
PDI de centro 2021/2022 |
Durante este curso, 2021-2022, o Sueiriño XI concienciou e fomentou na nosa comunidade educativa valores esenciais para a defensa do medio ambiente, co proxecto titulado:"O SUEIRIÑO A DIVERSIDADE RESPECTA, TRABALLEMOS XUNTOS A PROL DO PLANETA!", fundamentado na liña de traballo proposta desde Bibliotecas escolares “A biblioteca escolar ten a palabra”, facilitando así a construción da persoa lectora a través das distintas actividades que se programaron e dos recursos que puxemos a disposición da comunidade educativa A nosa proposta presentou un proxecto cooperativo de todo o centro, que partindo da biblioteca, implicou ao alumnado por áreas, cursos, etapas, a todos os membros do claustro, e involucrou a todos os membros da comunidade educativa. Os principais traballos realizados, ao longo deste curso, iranse plasmando nesta entrada:
|
||||||||||||||||||||||
Hora de ler. Curso 2021/2022 |
Un ano máis, continuamos realizando a Hora de ler todo o alumnado do centro ao mesmo tempo, nunha sesión estipulada no horario escolar lectivo, entre as 12:00 horas e as 12:20 horas, tocando o trimbre do colexio ao inicio e ao final da mesma. Parte das actividades realizadas ao longo do curso 2021/2022, na Hora de Ler, pódense ver na seguinte ligazón: Premendo nas seguintes imaxes podemos ver un resumo das actividades realizadas por cada curso:
|
||||||||||||||||||||||
Caza do tesouro no Día das Letras Galegas |
Na semana posterior ao Día das Letras Galegas realizamos no patio do cole unha Caza do tesouro organizada polo EDL e coordinada polas profes Marta e Mara, co fin de repasar os contidos traballados ao longo do mes de maio en relación a Florencio Delgado Gurriarán. Organizamos dous itinerarios, un destinada ao alumnado de Ed. Infantil e 1º e 2º de Ed. Primaria e outra destinada ao resto dos cursos. En ámbalas dúas, empregáronse materiais elaborados polo seminario Galán e materiais propios do EDL do centro, para elaborar as diferentes pistas que ían orientando aos diferentes grupos ata chegar á recompensa final que consistía nunha letra maiúscula cun número. Unha vez finalizados os dous itinerarios, realizamos unha posta en común coas recompensas obtidas na caza do tesouro para formar unha frase coas letras obtidas na recompensa e ordenadas segundo o número que tiñan cada unha. O resultado da combinación de todas as recompensas foi o seguinte:
Caza do tesouro de Ed. Infantil e 1º e 2º de Ed. Primaria Caza do tesouro de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria |
||||||||||||||||||||||
Nova mascota para a biblioteca e os clubs de lectura |
Xa temos nova mascota para a biblioteca e os clubs de lectura, unha vez resolto o concurso que se convocara en xaneiro. Trátase dunha evolución do noso querido Leo a unha versión un pouco máis heroica realizada por Marta Rey Vila. Aquí vos presentamos a SUPERLEO. Os seus poderes xa os iredes descubrindo pouco a pouco na biblioteca do cole, Moitos parabéns para a autora da mascota!! Na seguinte galería de imaxes teredes acceso a parte dos traballos presentados ao concurso: |
||||||||||||||||||||||
De Base a Base e leo porque me toca |
Os/as nenos/as de 3º E.P. preguntáronse: Por que xogar a xogos de mesa coñecidos se podemos inventar o noso propio? Meu dito, meu feito: Elaboramos un que se chama “DE BASE A BASE E LEO PORQUE ME TOCA”. Despois de coñecer a vida e o hábitat dos pingüinos na Antártida da man das mulleres e homes da Base Gabriel de Castilla, decidimos dar un salto atrás no tempo ata Atapuerca seguindo os pasos das mulleres e homes da Base Cid Campeador. Saímos de Illa Decepción pasando por Burgos ata chegar de volta ao noso cole. Nesa viaxe coñecimos a un heroe da Antártida como Scott, o xacemento de Atapuerca e o evento deportivo do cross nesa serra. A Base recibiu o Premio Evolución de mans da Fundación Atapuerca. Algunha información xa tiñamos grazas ao proxecto sobre Atapuerca e María Martinón que desenvolvemos o curso pasado. Na nosa chegada a Burgos, conmemoramos o aniversario da catedral, soubemos que alí se atopa soterrado o Cid. Das súas andanzas da conta o clásico da literatura “Cantar de Mío Cid”. Pensando en CASTELOS, demos voltas por CASTELA- León, CASTELA A Mancha, CASTRILLO DEL VAL en Burgos, CASTRELO do Val e CASTRELO de Miño en Ourense. E falando de reciclaxe, en Castrillo del Val acadaron o certificado ISO 14001. Nós somos máis modestos, pero poñemos o mellor de nós nas tres Rs. Na biblioteca escolar do centro atopamos todos os libros necesarios para desenvolver o noso proxecto e na rede aprendemos a buscar a información precisa e as respostas ás nosas dúbidas. E como di a nosa versión libre do “Cantar de Mío Cid”: “Quiso la escuela recrear en esta humilde versión |
||||||||||||||||||||||
1st SUEIRO CLIMATE SUMMIT |
Os alumnos/as de 6º E.P. no seu esforzo por coidar o medio ambiente, celebraron o 1º cume do clima no CEIP MANUEL SUEIRO. Os tres puntos da orden do día foron THE AMAZON FOREST, TUVALU and PLASTIC IN THE OCEAN. Os/as nenos/as falaron dos problems, das consequences e buscaron as posibles solutions. Fase de documentación Axudados en todo momento polo auxiliar de conversa, Tobias, que foi o presentador do evento, traballaron arreo para espertarnos a todos nós. Buscar información, chegar a acordos, darlle forma ao traballo, aprender que xuntos seremos quen de acadar un futuro mellor, ..., todo eso aprendemos neste 1st Sueiro climate summit. JOIN US! |
||||||||||||||||||||||
Vialín |
O 13 de maio, visitou o noso centro o obradoiro Vialín, autoescola para peques, foi unha divertida actividade sobre educación viaria da Concellería de Educación de Ourense, na que tivo o privilexio de participar o alumnado de 6º de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria un ano. Neste obradoiro ensináronnos como cruzar os pasos de peóns, como comportarnos cando imos pola cidade, semáforos, sinais de tráfico...xogando a ser peóns, aprendemos a movernos pola cidade respectando os sinais e normas de tráfico. Pasámolo xenial!! |
||||||||||||||||||||||
Carné de biblioteca e pase de grandes lectores |
Na semana do Día das bibliotecas escolares o alumnado colaborador da bilioteca fixo entrega dos carnés de biblioteca ao novo alumnado no centro para que teñan acceso a todos os servizos que se ofertan desde a biblioteca, sendo o máis solicitado o servizo de préstamo para levar fondos da biblioteca para as súas casas. Xunto co carné, seguimoes facendo entrega dunha carpeta na que lles vai un Pase de grandes lectores que deben cubrir das lecturas que fagan e que lle será validada co selo da biblioteca unha vez que devolva o libro. Cando a completan faiselle entrega dun pequeno agasallo en nome de Leo, a nosa mascota.
|
||||||||||||||||||||||
ALOHA COURTNEY! |
Hoxe foi un gran día para nenas e nenos de 3º E.P. porque recibimos a visita de COURTNEY, nada en HAWAII. O noso proxecto vai aos poucos, mandamos unha message in a bottle que chegou á illa de MOLOKA, responderon dous nenos/as da illa, Nahele and Kailane, e agora recibimos esta visita tan especial. Temos que dar as grazas ao auxiliar de conversa, Tobías, que nos axudou na xestión desta visita. Foi unha experiencia maravillosa, amosounos fotos, explicounos curiosidades, respondeu ás nosas preguntas, ..., e deulle sentido á expresión “espírito ALOHA”. Estaba na nosa idea recibila cun LEI de hibisco, pero non fomos quen de atopar toda a flor que necesitabamos, pero amosando o “espírito SUEIRO”, agasallámola cunha orquídea, flor tamén hawaiana. MAHALO! |
||||||||||||||||||||||
Novo armario con tablets | |||||||||||||||||||||||
Florencio Manuel Delgado Gurriarán (2022) |
Estudou a primaria e o bacharelato en Palencia e Valladolid, cidades ás que foi destinado seu pai, que era profesor da Escola de Peritos Agrícolas. Ao licenciarse en Dereito na Universidade de Valladolid traballou como pasante nun bufete do Barco de Valdeorras, comarca á que lle dedicou no ano 1934 o seu primeiro libro, Bebedeiras. Ao remate da Guerra Civil exiliouse en México, país no que desenvolveu unha intensa actividade cultural en defensa do idioma galego. Faleceu en California un 14 de maio de 1987, cando visita unha das súas fillas. Recuperado do Seminario Galán |
||||||||||||||||||||||
Mochilas viaxeiras no curso 2021/2022 |
No curso 2021/2022 estiveron en funcionamento 12 mochilas viaxeiras, é dicir, dúas por cada clase do cole. Como en anos anteriores, as mochilas viaxeiras permiten ao alumnado un préstamo por un período dunha semana, para compartir coas familias o contido da mesma. O contido do material foi escollido pola persoa titora, supervisado pola biblioteca e procurando que teña a maior variedade de textos e formatos, tanto en galego como castelán, para que o alumando poida elixir. Todas as mochilas inclúen “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, novas creacións, debuxos, suxerencias, …, sobre o contido da mochila o dos libros lidos. Para a maioría das familias resulta ser unha actividade moi divertida que axuda a entrelazar lazos entre pais e fillos e enriquécenos a todos. Achegamos unha mostra das mochilas e do traballo realizado polo alumnado nas súas casas.
|
||||||||||||||||||||||
Coidemos da nosa vida, coidando do medio ambiente |
Neste curso, o P.D.I. do centro tivo como tema central “O Sueiriño a diversidade respecta… Traballemos xuntos a prol do planeta”. Desde o curso de 2 º de Educación Primaria centrámonos na concienciación e no respecto cara o medio ambiente, que titularemos: “Coidemos da nosa vida, coidando do medio ambiente”. Tratamos de partir dos alumnos, do particular (coidar de min) ao máis global (coidar do meu entorno), permitindo así ao alumnado ampliar a súa visión sobre o que é o concepto global de saúde (prevención). Partimos da lectura do libro de Naturizo. Un conto ilustrado que nos fala da importancia de coidar e respectar o noso contorno e, por suposto, da importancia da amizade. O seu protagonista é un ourizo cacho que vive, cos seus amigos e amigas, na Serra de San Mamede, en pleno macizo central ourensán. De carácter medioambiental, atopamos mil e unha historias das aventuras de Naturizo pola serra e máis alá. Abordamos diferentes temáticas con valores medio ambientais. É un ourizo moi activo que vive mil aventuras cos seus amigos, emocionantes historias que transmiten valores como o amor pola natureza, a amizade e o coñecemento das tradicións. Quixemos transmitir aos máis cativos o amor pola natureza, xunto con valores como a amizade ou o coñecemento das nosas tradicións. OBXECTIVOS:
Resumo das actividades realizadas ao longodo curso:
|
||||||||||||||||||||||
Cantándolle ás emocións |
O alumnado de 3º de Ed. primaria cantoulle as emocións no desenvolvemento do proxecto de competencia emocional que están a traballar, que axuda a formar persoas máis saudables, capaces de afrontar os seus problemas por si mesmos (é dicir, máis autónomos) e de analizar os acontecementos da súa vida. |
||||||||||||||||||||||
O Sueiriño a diversidade respecta |
Durante todo este curso 2021-2022, na aula de apoio, levamos a cabo un proxecto dedicado a fomentar o coidado e respecto do noso medio ambiente. As principais actividades realizadas, para levalo a cabo, foron as seguintes. Aproveitamos as estacións do ano e a celebración dalgunhas festas populares no noso centro, inculcar ditos valores:
|
||||||||||||||||||||||
DesenlixARTE |
Ao longo do curso escolar 2021/2022, tendo como tema central o coidado do medio ambiente, a aula de 4º de Educación Primaria desenvolveu o proxecto “DesenlixARTE”. O proxecto realizouse ao longo de todo o curso, habitualmente na sesión de plástica (1 sesión semanal), malia que en certas ocasións, o tempo estendeuse a algunha outra sesión. Con este xogo de palabras pretendeuse que o alumnado fose quen de amosar actitudes de respecto a prol do medio ambiente sendo conscientes do lixo que xeramos e vendo, que na maior parte das ocasións, o que consideramos “lixo” pode ter moitas utilidades e pode ter unha segunda oportunidade para converterse en arte. Polo tanto, o obxectivo xeral deste proxecto foi elaborar traballos de investigación nos que o alumnado, ademais de indagar cuestións relacionadas co medio ambiente e co seu coidado, se familiarizara cos mecanismos de busca de información e traballo intelectual empregando diferentes recursos documentais, tanto da biblioteca escolar como da biblioteca de aula. Entre os obxectivos propostos ao inicio de curso, traballáronse os seguintes:
Polo que respecta aos contidos, desenvolvéronse:
En canto á metodoloxía empregada, pretendeuse que o alumnado fose protagonista das súas aprendizaxes, favorecendo os intercambios comunicativos, a escoita activa de distintos puntos de vista, potenciando a autonomía e poñendo en valor as virtudes individuais. Ademais, favoreceuse a posta en marcha de diferentes tipos de agrupacións para traballar: traballo individual, traballo en parella, traballo en pequeno grupo e traballo con todo o grupo clase; sempre fomentando os intercambios orais. Para iso, utilizouse unha gran variedade de materiais e en distintos soportes (escrito, dixital, audiovisual) e dando prioridade sempre á expresión oral co fin de desenvolver no alumnado actitudes adecuadas para enfrontarse ao acto comunicativo. Por último, cómpre destacar que sempre se pretendeu facer un traballo contextualizado – non só respecto á temática do P.D.I.- tendo en conta os intereses do alumnado e os contidos que foron traballando na aula ao longo de todo o curso. A través do proxecto contribuíuse á adquisición das competencias clave e, especialmente, ao desenvolvemento das competencias sociais e cívicas, posto que os coñecementos desenvoltos e a aplicación dos mesmos por parte do alumnado na súa vida diaria, proporcionóullelas estratexias necesarias para favorecer e potenciar actitudes relacionadas co consumo responsable e co coidado do medio ambiente; estratexias imprescindibles para o seu desenvolvemento e a súa participación social. Contribuíu ademais ao desenvolvemento e adquisición do resto das competencias:
Polo que respecta ás actividades realizadas, cómpre sinalar que todas as actividades estaban encamiñadas e relacionadas co fomento da expresión plástica. Ademais, todas as obras de arte realizadas, estaban relacionadas cos contidos de ciencias da natureza, o que nos permitiu facer versións de cadros famosos. Polo tanto, ademais dos contidos traballados na aula, o alumnado foi descubrindo e recoñecendo artistas de renome, valorando as súas creacións e axudándose de elementos reciclados ou de “lixo” para facer as súas versións. As actividades ou obras creadas foron as seguintes: 1º trimestre
2º trimestre
3º trimestre
|
||||||||||||||||||||||
Os superrecicladores do Sueiro |
Partimos da colección “Nuestro Planeta está en peligro” que consta de tres contos: “Nanook aventura en el Ártico”, “Toco la selva herida” e “Sathu un paraíso inundado”. Tres historias para sensibilizar aos nenos e nenas dos grandes problemas ecolóxicos actuais. Traballamos cada trimestre un conto, facendo debuxos sobre cada un , preguntas sobre cada conto que se desenvolvía en paisaxes e ambientes moi distintos. A continuación resumimos as principais actividades realizadas ao longo do curso sobre este proxecto:
|
||||||||||||||||||||||
YOU´LL NEVER WALK ALONE |
GALERÍA DE IMAXES
|
||||||||||||||||||||||
Xogando ao atletismo. |
O 10 de febreiro participamos na proba comarcal de Xogando ao atletismo que organizou a agrupación deportiva As Brurgas dentro do programa Xogade. O alumnado de 2º e 3º de Ed. Primaria dun total de oito colexios da cidade de Ourense realizamos unha xornada de convivencia deportiva na pista cuberta de atletismo de Expourense. Unha forma lúdica de iniciarse no atletismo con equipos mixtos compostos por cinco deportistas que realizan probas de velocidade, lanzamento, triple salto, axilidade, relevos, … adaptados á súa idade. A maioría do alumnado era a primeira vez que participaba nunha proba deportiva destas características, polo que estiveron moi emocionados ao longo de toda a xornada. O mellor momento de alegría foi cando recibiron unha medalla de ouro polo esforzo e compañeirismo mostrado nas diferentes probas. Estamos desexando ser invitados para participar na xornada provincial que se celebrará nos próximos meses.
|
||||||||||||||||||||||
Pupas, sustos e outros disgustos |
O 27 de abril, os nosos amigos e amigas de "Pupas, sustos e outros desgustos", achegaron ao alumnado de terceiro e cuarto de primaria, teoría e práctica sobre como actuar ante problemiñas comúns como unha ferida, picadura... e non tan comúns como traumatismos fortes, queimaduras graves ou persoas feridas sen resposta aparente. A TV de Telemiño estivo presente para facer unha reportaxe da actividade. |
||||||||||||||||||||||
O CEIP MANUEL SUEIRO RECIBE PERIÓDICOS DO MUNDO “EN GALEGO” |
O día 3 de maio no noso cole, celebramos o Día Mundial da Liberdade de Prensa. Dende o CEIP Manuel Sueiro queremos apoiar a independencia dos periodistas de todo o mundo. O noso alumnado, para celebrar esta data, percorreron o mundo na procura de diferentes periódicos, estudando os diferentes formatos e novas. Para rematar, modificamos esas partadas periodísticas, para reescribilas en galego e con novas positivas. |
||||||||||||||||||||||
Outra victoria do Cid: 1º Premio no concurso do exército |
A lenda do Cid Campeador medra con nós. O traballo “DE BASE A BASE E LEO PORQUE ME TOCA”, acadou o pase á Fase Nacional, tras quedar gañadores, por segundo ano consecutivo, na Fase Rexional dos premios do “Concurso de enseñanza Escolar Ejército de Tierra 2022”. Foi un duro traballo desenvolvido polo alumnado de 3º E.P., no que pasamos dos pingüinos da Antártida ao noso pasado mais remoto nas serras de Atapuerca, camiñando tras os pasos do Cid Campeador e poñendo un énfase especial no coidado do medio ambiente como envoltorio de todo elo. Damos as grazas ás mulleres e homes da Base Cid Campeador, así como a todas as persoas que de xeito desinteresado nos apoiaron no proxecto. NORABOA, MINI-CAMPEADORES! |
||||||||||||||||||||||
Hora de ler 5º de Ed. Infantil |
Ao longo do curso 2021/2022, os nenos e nenas de 5º Educación Infantil, os luns e os martes tiveron 20 minutos da hora de ler moi especiais. Os Obxectivos marcados foron:
Traballamos co libro “Cuentos para contar e interpretar” da editorial GRAFALCO e podemos ler diferentes tipos de conto:
Para axudar a que os nenos mostrasen máis interese, estivesen máis motivados e prestasen máis atención ao tempo de ler, usarmos un monicreque á que eles puxeron nome o primeiro día: “Luna”. Luna foi a encargada de contar os contos aos nenos e nenas. Ademais fixeron moitas actividades relacionadas cos contos lidos: dramatizaron algún conto, colorearon debuxos dalgún conto, viron algunha película e algúns deles fixeron o seu propio conto usando o monicreque para contalo. Foi un tempo moi bo onde os nenas e nenos puideron desenvolver a súa creatividade, aprendendo se darse conta e facilitando a comunicación verbal e non verbal entre eles, ademais de axudarles a manter a súa atención en unha mesma actividade por un tempo determinado. |
||||||||||||||||||||||
Reinterpretando a obra de artistas ourensáns | |||||||||||||||||||||||
Exposición de viraventos |
Unha das actividades que tiveron un gran éxito de participación foi a Exposición de viraventos que realizamos ao longo do mes da meteoroloxía. Moitos dos traballos realizalos polo alumnado coa axuda das súas familias presentan unha de gran calidade e orixinalidade. Parabéns para todos os participantes nesta actividade!!!. |