Contido popular
Título | Resumo | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Refraneiro popular |
Ao longo de todo o cuso recopilamos refráns relacionados co tempo ou meses do ano.
Os alumnos e alumnas de 6º curso ilustraron os mesmos con explicacións sobre o seu significado. Salientamos que os refráns relacionados co mar foron proporcionados polo alumno de practicas, natural de A Guarda.
Con todos os refráns creamos un álbum ilustrado que pasou a formar parte dos fondos da bibliotea:
Galería de imaxes
|
||||||
Exposición de traballos con castañas 2015 |
Ao longo do mes de novembro realizamos na entrada do colexio unha exposición con manualidades feitas con castañas na que participaron todos os membros da comunidade educativa que o desexaron. Os traballos presentados este curso foron dunha gran calidade. Na seguinte galería de imaxes podedes observalos. GALERÍA DE IMAXES
GAÑADORES DO CONCURSO
O 20 de novembro tivo lugar a entrega de agasallos aos mellores traballos de cada grupo. Neste concurso, todos e todas os/as participantes recibiron un fantástico agasallo destinado a fomentar a súa creatividade plástica. Asemade os gañadores de cada categoría recibiron sendos cadernos cos que comezar a plasmar dita creatividade. Todo o alumnado do centro participou como xurado na elección dos mellores traballos. Os resultados da votación pódense ver nas seguintes ligazóns:
|
||||||
Celebración do magosto 2015 |
Ao longo das dúas primeiras semanas do mes de novembro realizamos en clase diversas actividades relacionadas co magosto. O martes, 10 de novembro, celebramos a festa do magosto coa realización do asado de castañas nunha gran fogueira realizada polo profe Alfonso. Unha vez comidas as castañas pintámonos as caras e mans coa cinsa do lume. Para rematar, todo o alumnado participou nun circuíto de xogos con castañas. Pasámolo xenial!! |
||||||
Lenda do corvo e o gavilán |
Ao longo do mes de novembro o alumnado de terciro e cuarto traballou esta fermosa lenda sobre o corvo e o gavilán
Fai moito tempo, todas as aves que vivían na terra eran de cor branca. Parecíanse tanto unhas ás outras que, a veces, as nais non podían recoñecer as súas cativas. Un día, un listo gavilán pensou que o mellor era colorear as súas plumas con tintas feitas con herbas. El pintou a súa plumaxe de marrón. Tamén pintou ás demais aves coas cores que elas quixeron, vermello, verde, cores variadas... Pola noite o gavilán estaba esgotado e foise a durmir. De súpeto, alguén chamou a súa porta. Era un corvo que quería que lle pintasen tamén as plumas. O gavilán non quería facelo, porque estaba moi canso, e díxolle que volvese mañá, pero o corvo enfadouse moito e tivo que pintarlle as plumas, e como estaba tan canso, logo de acabar, envorcou un vaso de tinta negra, sen querer, enriba do corvo. Desde entón, o corvo é de cor carbón e persegue ao gavilán sen descanso. RECURSOS EDUCATIVOS
|
||||||
Xoves de comadres 2016 |
O xoves, 4 de febreiro, o alumnado de 1º curso de Ed. Primaria participou na celebración do xoves de comadres que organizou a Concellería de Educación e animou a fabulosa "Sabela". Nas semanas previas, realizamos un obradoiro de elaboración de comadres e compadres que se desenvolveu na biblioteca do centro. Foi unha mañá moi especial xa que a maioría dos asistentes do noso centro era a 1ª vez que participaban nesta festa que abre o Entroido en Ourense. Pasámolo xenial, a pesar de que ningún de nós conseguiu salvar a súa comadre... todas acabaron escachizadas nas no solo da Praza Maior de Ourense. A prensa recolleu a nova nas súas edicións: Para o próximo ano volveremos!!! |
||||||
Tonecho de Rebordechao |
Na primeira semana do mes de febreiro o alumnado de 6º curso de Ed. Primaria realizou un novo concurso de animación á lectura sobre a obra de Breogán Riveiro titulada "Tonecho de Rebordechao". Esta obra recibiu o Premio Raíña Lupa 2004 da Deputación da Coruña. O libro conta as aventuras dun neno: Tonecho, o único pequeno da súa aldea. Rebordechao é unha aldea que queda alá por...chegando á... O certo é que non é doado atopar Rebordechao, nen sequera aínda que a busques. Neste lugar perdido vive Tonecho, o neno máis bo e máis guapo, o mellor de to
|
||||||
Só por hoxe |
No día de San Valentín, despois de traballar a Lenda de San Valentín recitamos o poema titulado "Só por hoxe". |
||||||
24 de febreiro, Día de Rosalía |
O pasado 24 de febreiro conmemoramos o aniversario de Rosalía coa realización de diversas actividades:
|
||||||
Viaxe a Póvoa do Lanhoso |
O alumnado de 6º curso visitou o parque de actividades na natureza de Diver Kids, situado en Póvoa do Lanhoso (Portugal) como premio por ter sido os gañadores do concurso "Crea o teu xornal" que organizou o xornal "La Rexión". Neste parque natural realizamos diversas actividades de superación e aumento da autoestima que nos proporcionaron momentos de diversión e alegría.
|
||||||
Realidade aumentada na biblioteca |
No CEIP Manuel Sueiro estamos experimentando coa realidade aumentada e buscándolle aplicacións educativas a estas apps que calquera pode descargar no seu móbil. As imaxes que teñen realidade aumnetada na nosa web, e nos corredores do centro, levan no pé da imaxe unha . Se queredes descubir o que hai detrás destas imaxes teredes que seguir os seguintes pasos:
Para ver como funciona a realidade aumentada, probade a enfocar coa aplicación Aurasma do voso móbil as seguintes imaxes. Parece máxico!! |
||||||
A lenda da Lagoa de Antela |
O alumnado de cuarto curso de educación primaria realizou unha Caza do Tesouro (entrar como convidado dúas veces para acceder) sobre a Lenda da Lagoa de Antela que traballou durante a Hora de ler. Como produto final realizou un cartaz con realidade aumentada. Facédevos seguidores da conta de Aurasma do cole abrindo o código QR co móbil ou tablet e poderedes ver o que esconden os seus cartaces: GALERÍA DE IMAXES DA ACTIVIDADE AUDIO GRAVADO PARA A REALIDADE AUMENTADA |
||||||
Exposición con castañas 2016 |
Ao longo do mes de novembro poderedes visitar na entrada do cole a exposición de traballos manuais realizados polo alumnado coa axuda das súas familias... cada ano o alumnado e as súas familias se esforzan máis por achegar verdadeiras obras de arte á exposición. Moitos parabéns a todos e todas!!! Galería de imaxes da exposición
|
||||||
Dedicatoria de Fran Alonso |
O polifacético escritor Fran Alonso adicounos nas VII Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia que se desenvolveron no mes de novembro en Santiago de Compostela, o último dos seus traballos destinado ao público infantil: "Poemas birollos para ler cos ollos". O alumnado de 6º curso, como mostra de agradecemento pola súa atención, dedícalle un poema recitado desde o recanto de lecer da nosa biblioteca... esperamos que lle guste.
Nova na páxina de Edicións xerais
A editorial Xerais publicou na súa web unha nova sobre a interpretación que fixemos do poema de Fran Alonso. |
||||||
Premio á excelencia do Proxecto meteoescolas |
O traballo realizado ao longo do curso 2015/2016 en torno á nosa estación meteorolóxica foi premiado cun Diploma á excelencia polos reponsables da súa valoración na Consellería de Educación.
Parabéns para todo o equipo de meteorólogos do Sueiro!!!
O traballo que realiza o equipo de meteoroloxía do colexio pódese seguir no seu blog.
|
||||||
Saímos na Revista EDUGA deste trimestre (Nº 72) |
Parte do traballo desenvolvido na Hora de ler deste curso, no noso cole, sae reflectido na prestixiosa Revista Galega de Educación deste trimestre (Nº 72) que edita a Consellería de Cultura, Educación e OU, cunha nova titulada "Iniciándonos nun PDI por medio de webquest". Dito artigo podémolo atopar no apartado de Innovación educativa. Moitos parabéns para todos os participantes!!
|
||||||
Soldadiños de latón (TINPLATE SOLDIERS) |
Os nen@s de 6º EP seguimos ás voltas sobre a terrible situación que continúan a vivir todos os refuxiados. Se o curso pasado reflexionamos sobre o tema a través do conto “La pequeña Carlota”, facilitado por ACNUR, este curso, acompañamos a todos eles na súa penosa viaxe grazas á curtametraxe “Soldaditos de latón”. Pertencemos á rede do proxecto “Aulacorto” promovida polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e que intenta achegar aos nen@s ao mundo da curtametraxe. Permítenos mediante o cinema, achegarnos á realidade que, por desgracia, seguen a sofrir milleiros de persoas. Pero, como os nen@s da curta, sorriamos ante un futuro incerto aínda que cheo de esperanza. |
||||||
Rosalía de Castro | |||||||
Día da Poesía 2017 |
O día 21 de marzo celebramos o Día da Poesía, no noso cole, cun poemario, onde as linguas e a chegada da primavera tiveron un gran protagonismo. Nas seguintes ligazóns están dispoñibles os vídeos das diferentes actuacións:
Se premedes na seguinte imaxe accederedes á gañlería de imaxes. |
||||||
Día da árbore |
Ao longo da semana do 20 ao 24 de marzo o alumnado de 2º, 3º e 6º de Ed. Primaria participou na III Semana Escolar da Árbore e da Auga que promoveu a Deputación de Ourense. Durante toda a semana, na hora de ler, traballamos o conto de "O amor eterno de Rozabales" e realizamos tres murais sobre a árbore e o conto, onde o protagonistas foron os castiñeiros. O último día, o alumnado participou na plantación dun castiñeiro, no patio do cole, ao que bautizamos co nome de "Croqueiro" despois dunha axustada victoria entre máis dunha ducia de nomes candidatos. Para rematar, entonamos o Himno de Ourense de Manuel de Dios. Himno de Ourense |
||||||
Día do Teatro 2017 |
O alumnado de 4º de Ed. Primaria representou unha versión moi peculiar do "Club da comedia" para celebrar o Día do Teatro na biblioteca do centro ante todo o alumnado e profesorado. Xa nos tiñan demostrado que tiñan madeira de actores e actrices, agora tamén podemosdicir que a teñen de humoristas! Para o mes representarán no certame de teatro de Bande a obra titulada "Comerei dous". GALERÍA DE IMAXES
|
||||||
VI Concurso de poesía do Círculo poético Ourensán |
O 29 de abril falláronse os premios da VI edición do Círculo poético ourensán que este ano tiñan que versar sobre "Sentimentos na escola". Un alumno do noso centro, Diego J. García González, resultou finalista, polo que o seu traballo formará parte da antoloxía que será publicada para a próxima edición do concurso. Esta, estará formada polos 20 mellores poemas de Ed. Primaria e os 20 mellores de ESO. O evento tivo lugar no Salón de Actos da Biblioteca Pública de Ourense, quedándose pequeno para acoller ao numéroso público presente no acto que estivo presidido pola directiva do Círculo poético. Asemade, tamén se entregou o poemario "Inspiracións" cos poemas finalistas da "V edición do concurso" do ano pasado, no cal hai dous poemas creados polos alumnos do noso centro Diego García González e María López Randolfe. |
||||||
"Las cuatro estaciones" |
Os nenos de segundo e sexto de E, primaria fixemos o P.D. I . sobre Antonio Vivaldi e a súa obra “Las cuatro estaciones “ . Tamén estudamos a cidade onde naceu : Venecia. No primeiro trimestre coñecemos a vida de Antonio Vivaldi e a partires de ahí realizamos un mural para a porta da nosa clase e tamén un para o de todo o colexio. No segundo trimestre nos paramos na cidade onde naceu Antonio Vivaldi : Venecia
No terceiro trimestre coñecemos a súa obra : “As catro estacións “
|
||||||
Recuperación de forndos da biblioteca |
Como en anos anteriores, un membro do equipo de biblioteca dedicouse a restaurar aqueles libros que presentan un deterioro grande pero que son “salvables”, e a arranxar aqueloutros que, por uso, presentan un desgaste considerable. Neste curso, fundamentalmente, recuperou os dicionarios que presentaban un estado bastante deplorable debido ao seu uso. Ademais dos dicionarios, reparáronse un gran número de libros. Asemade. como premio para os mellores lectores, elaboráronse uns caderniños que tiveron grande éxito entre o alumnado. O número aproximado de libros recuperados foi:
|
||||||
Acábate la sopa |
O alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria asistiu ao Auditorio Municipal de Ourense á representación do conto musicado “Acábate la sopa”, que acerca aos nenos, dunha forma moi imaxinativa, á musica clásica e popular. É a historia dunha nena, Muriel, que ten que acabar de comer un plato de sopa ao que non lle ten moitas ganas. A través da súa imaxinación, converte a cociña nun lugar máxico no que aparecen músicos, unha bailarina, e instrumentos coma o violín, un piano, un clarinete e un violonchelo.. "nun recital de temas musicais de estilos moi diferentes, que van desde unha melodía medieval de Guillaume de Machaut ata a música minimalista de Steve Reich e Philip Glass, pasando por compositores do século pasado como Shostakóvich e Eisler ou a música de The Beatles. Todos estes compositores parten dos mesmos ingredientes, as sete notas da escala musical, pero cada compositor elabora as melodías e os ritmos o seu xeito, creando a súa propia receita para cociñar as súas melodías". (Sinopse extraída da páxina web de Educación do Concello de Ourense) A actividaderesultou ser ynha gran combinación de musica, teatro e danza que espertou o interese e a imaxinación do alumnado. |
||||||
O Sueiro, onde a lectura é arte |
Durante este curso, 2016-2017, o Sueiriño VI impregnou de arte todos os recantos e actividades do noso cole, co proxecto documenal integrado titulado:"O Sueiro: onde a lectura é arte". Seguindo as directrices marcadas pola Asesoría de bibliotecas para este curso, e visto que xa tiñamos realizado algún pequeno proxecto sobre pintura, decidimos dedicar o noso PDI ao mundo das artes en xeral. A nosa proposta presentou un proxecto cooperativo de todo o centro, que partindo da biblioteca, implicou ao alumnado por área, curso, etapa, a todos os membros do claustro, e involucrou a membros da comunidade educativa. O traballo realizado por cada curso foi o seguinte:
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »