Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
Visita do Reis Magos de Oriente |
O último día de clase tivemos unha visita moi esperada na biblioteca do noso centro: a chegada dos Reis Magos de Oriente para recoller as cartas que elaboramos coas nosas peticións de agasallos para este Nadal. É de agradecer a paciencia que tiveron connosco xa que foron atendendo amablemente, unha a unha, as nosas peticións. Como adianto, ao noso bo comportamento, agasalláronnos cuns petos de aforro preciosos que a ANPA do centro lles pediu para nós e que esperamos encher coas moedas que recibamos nestas festas. Ao rematar a visita das súas maxestades, a ANPA organizou no comedor do centro a tradicional chocolatada de Nadal para entrar en calor e na que degustamos un exquisito chocolate acompañado de churros e doces variados. Que bo estaba todo!! Hai que repetilo!!
|
Obradoiro de lectura sobre o oficio da castañeira |
Ademais de traballar a lectura do conto da castañeira, realizamos un cartaz entre todo o grupo de clase sobre a castañeira que nos serviu para decorar a exposición de traballos do magosto. |
Formación no Primeiro Ciclo de EP |
O alumnado de primeiro ciclo traballou os seguintes temas ao longo do primeiro trimestre:
|
Formación no Terceiro Ciclo de EP | |
O Super de Leo |
O alumado de 4º curso creou un supermercado na súa aula que lles servirá para realizar diversas actividades das programadas no proxecto documental integrado "Mergúllate nun mar de números". Unha das actividades que máis lles gustou foi a de ir de compras ao super a mercar diferentes produtos alimenticos segundo o orzamento que se lles facilitou. Galería de imaxes |
Recursos para o Día da Paz | |
Entroido en Galiza |
Os entroidos máis famosos do país son, sen dúbida, os ourensáns. Laza, Verín e Xinzo convértense por uns días nas capitais de Galiza. Os peliqueiros e cigarróns centran a atención dos visitantes, pero a dúbida asalta ao preguntármonos pola súa orixe: hai quen di que veñen dos cobradores de tributos dos condes de Monterrei, que posuían unha zamarra coa que castigaban aos morosos que non pagasen a tempo. Sen embargo, tanto Vicente Risco coma Bouza Brey viron neles unha orixe moito máis antiga. Risco cría que proviña das asociacións segredas primitivas ou de ritos sagrados e Bouza supón que as súas orixes pertencen á prehistoria, coma unha evolución de vellas cerimonias tribais. |
San Valentín | |
Concurso "Xornal escolar" de "La Región" |
Ao longo do primeiro e segundo trimestre o equipo de redacción foi recollendo novas relativas ás diversas actividades que tiveron como protagonista ao noso centro e que ilustraron con imaxes e debuxos que realizou todo o alumnado do cole. Nas próximas semanas, as mellores edicións serán publicadas os mércores no Xornal escolar de "La Región"... Esperamos que o noso sexa un deles!!!
|
Elaboración de "Paus de choiva" |
Outra das actividades que tivo moito éxito de participación no alumnado foi a creación de “Paus de chuvia”. Estes instrumentos meteorolóxicos teñen a súa orixe nas culturas indíxenas de Norteamérica. Créese que eran utilizadas para atraer á chuvia en celebracións con rituais relixiosos dos indios norteamericanos. Os paus de choiva auténticos están feitos cos troncos secos de varias especies de cactus. O tronco baleirase, as espiñas arráncanse e logo crávanse cara o interior de tronco ao largo de toda a súa lonxitude. Despois introdúcese grava e péchanse os extremos. Ao inclinalo, a grava vai caendo dun extremo ao outro, golpeándose coas espiñas no seu camiño. Nós fixemos uns modelos destes paus a partir de tubos de cartón recheos de grava. O resultado foi espectacular!! |
Rebumbio matemático |
Trátase dunha actividade que tenta fomentar o espírito cooperativo e de traballo en grupo. As actividades matemáticas a desenvolver foron variadas alternándose as de tipo manipulativo coas de dedución e razoamento, o que motivou aos participantes. O equipo do noso centro estivo formado por 3 alumnos de 6º curso: Diego, Nuria e Christian. Fixérono fenomenal, e están expectantes á espera da resolución final dos gañadores desta fase zonal. |
Concurso "Falando de solidaridade" |
Nesta edición do concurso o tema eran historias solidarias en tempos de crise, no que o alumnado como protagonista fundamental do noso sistema educativo debía falar de valores como axuda, apoio, amizade, respecto, integración e compañeirismo entre outros. Durante o acto puidemos desfrutar do Contacontos “O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa” da compañía TEATRO CALAVERA, do concerto na Colexiata de Najla Shami con Héctor Lorenzo acompañandoa ca guitarra e a actuación de “As Maimiñas” que amenizaban a merenda popular no patio das escolas vellas. Moitos parabéns para Emma e para o CEIP Padre Crespo pola excelente organización do evento. |
Weather in Denver |
Ao longo do curso, na área de inglés estivemos recollendo información do tempo metereolóxico que facía en Denver, USA. Como actividade final a esta experiencia, fixemos de "homes e mulleres do tempo", meteorologos, cunha presentación en inglés ante os nosos compañeiros do cole. No seguinte vídeo podedes observar que temos futuro nos telexornais para explicar o tempo. Tal cual familiares do Pemán!! |
Meteoroloxía |
Presentación sobre a metereoloxía que foi empregada co alumnado que está a participar no programa de Meteoescolas do Plan Proxecta.
|
VI concurso internacional de poesía |
Na gala do día 3 de outubro estiveron presentes os gañadores do IV Concurso escolar de poesía, entre os que se encontra a ex-alumna do noso cole CAMINO ALONSO FUENTE, alumna de 6º de Primaria o curso pasado, que acadou nada menos que o segundo lugar co poema titulado “Ourense Terra amiga”. |
Alicia no país das marabillas |
O 26 de novembro celebramos no centro o 150 cumpleanos da primeira edición do libro de Lewis Carrol, Alicia no país das marabillas. Ao longo de todo o mes, realizamos múltiples actividades arredor desta obra e do seu autor:
PASÁMOLO XENIAL!!!
|
Premiados no programa de Meteoescolas |
O proxecto de meteoroloxía desenvolvido no noso centro, o pasado curso escolar, resultou premiado no programa de Meteoescolas do Plan Proxecta sendo un dos mellor valorados de Galiza. O xurado fundamentou este recoñecemento en virtude da "súa orixinalidade, do seu carácter multidisciplinar, e sobre todo o seu gran impacto tanto na propia Comunidade Educativa, como na contorna do seu centro". Felicitamos aos verdadeiros artífices deste premio, xunto coa súa titora:
Este curso tamén participamos no programa de Meteoescolas. Esperamos seguir na mesma liña... |
O meco manda 2016 | |
24 de febreiro, Día de Rosalía |
O pasado 24 de febreiro conmemoramos o aniversario de Rosalía coa realización de diversas actividades:
|
III Concurso xornal escolar de La Región |
Ao longo do primeiro e segundo trimestre o equipo de redacción foi recollendo novas relativas ás diversas actividades que tiveron como protagonista ao noso centro e que ilustraron con imaxes e debuxos que realizou todo o alumnado do cole. Nas próximas semanas, as mellores edicións serán publicadas os mércores no Xornal escolar de "La Región"... Esperamos que o noso sexa un deles!!! |
Enquisa sobre os traballos do fogar |
Preme na imaxe para realizar a enquisa sobre quen realiza as tarefas no teu fogar: Preme na ligazón para ver os resultados da enquisa: |
Visita á biblioteca do barrio da Ponte |
O alumnado de 2º de Ed. Primaria realizou unha visita guiada á biblioteca municipal do barrio de A Ponte. Para chegar ata as instalación da biblioteca realizamos unha andaina pola beira do río Miño disfrutando dunha paisaxe espectacular que moitos de nos non coñeciamos. Unha vez que chegamos á biblioteca, a encargada da mesma, recibiunos e explicounos todos os servizos que ofertan ao público. Asemade, comentounos todas as seccións que se poden atopar na mesma e as actividades de animación á lectura que realizan co lectores na nosa idade. Unha vez coñecidas as súas instalacións, realizamos un contacontos onde os protagonistas do mesmo foron tres alumnos do cole. Estes, contáronos unha versión moi peculiar dunha historia do Libro das 1001 noites "Aladino e a lámpada marabillosa". Ao rematar o conto, démoslle cor, en acetato con cores permanentes, ás personaxes desta historia. Na viaxe de regreso ao noso colexio fixemos unha parada para descansar no parque de xogos do Parque Miño... pasámolo xenial!!
|
O arco da vella |
Poema de Manuel María rapeado polo alumnado de 2º e 3º de Ed. Primaria. |
Vídeo curso 2015/2016 |
|
Mariángeles Ibernón Valero na nosa biblioteca |
O venres, 7 de outubro, tivemos o privilexio de contar na nosa biblioteca coa poetisa murciana Mariángeles Ibernón Valero, grazas á colaboración do Círculo Poético Ourensán. Os nenos e nenas do centro déronlle a benvida cos poemas "El sol perezoso" e "Helado de turrón" e cun elaborado por nós mesmos que chegou a emocionar á autora e a moitos dos presentes no acto ao soar a música de fondo do seu amigo Moy Gomar. Durante o encontro, Mariángeles respondeu amablemente á morea de cuestións que o alumnado lle prantexou relacionadas coa súa vida e obra que previamente traballaran nas aulas. Ademais das moitas cousas que xa sabiamos dela, descubrimos que lle gusta o mar, pero que non sempre foi así... que a súa cor favorita é o azul... que comezou a escribir desde moi nova grazas ás ensinanzas da súa nai... o motivo polo que ás súas sobriñas lle chaman Tata chula... que o seu primeiro poema foi "La sirena"... que lle gusta a poesía de Quevedo... que estudou arquitectura, aínda que só exerceu para facer a súa casa...e o máis importante que se sinte moi feliz e non sabría vivir sen "as letras"... Coa súa axuda, recitamos varios poemas do seu poemario "Me dibujas un verso". Como remate final do encontro, deixounos un encargo lírico que pronto vos mostraremos nesta web. GALERÍA DE IMAXES
Mariángeles deu os "Buenos días" no seu Facebook dándonos as grazas pola acollida recibida na nosa biblioteca.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »