Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
Auxiliar de conversa en inglés |
Este curso contamos cunha nova auxiliar de conversa en inglés chamada Miranda Melissa. Participou activamente na presentación do PDI deste curso"Mergúllate nun mar de números" ao alumnado dándolle as explicacións precisas sobre o significado da decoración da entrada da biblioteca. |
Proxecto de Meteoescolas. |
O proxecto presentado polo noso centro, foi seleccionado xunto a outros 4 centros da provincia de Ourense, para participar no programa de Meteoescolas que organiza á Consellería de Medio Ambiente en colaboración coa Consellería de Educación, Cultura e O.U. O profesorado encargado de coordinar este proxecto participou nunha xornada de formación que se desenvolveu nas aulas de Meteo Galicia en Santiago. Alí fíxosenos entrega dos instrumentos necesarios para a recollida de datos meteorolóxicos (un pluviómetro e un termómetro dixital de máimas e mínimas) e que serán instalados no patio do noso cole. Elaboramos un blog no que iremos reflectindo tanto os datos metereolóxicos rexistrados como as actividades realizadas ao longo do curso en relación ao proxecto Meteoescolas. |
Concurso "Ciencia que conta" |
No mes de novembro o alumnado de 6º curso participou no concurso de relatos curtos relacionados coa ciencia "Ciencia Que Conta". En xeral, tratábase de relatar poñendo en valor a importancia da I+D+i no desenvolvemento económico e benestar dunha sociedade –nomeadamente a galega- e un maior recoñecemento social destas actividades, así como un achegamento ao traballo científico e ás profesións de científicos e tecnólogos. Neste libro recopilamos os traballos presentados polo alumado de sexto curso do noso centro, esperamos que sexan do voso agrado. |
Inauguración da estación meteorolóxica |
O día 1 de decembro foi a inauguración oficial da nosa estación meteorolóxica. Ese día, todo o alumnado implicado na recollida de datos baixou ata as instalacións da estación para ver en situ o procedemento a seguir para recoller os datos meteorolóxicos nas fichas de rexistro elaboradas para tal actividade. O alumnado de 6º curso, en grupos de 2 alumnos/as, será o encargado de recoller diariamente os datos, para o cal os mestres responsables do programa estableceron as oportunas quendas. De momento, a estación conta cun termómetro de máximas e mínimas e un pluviómetro. |
Día da Paz e Non Violencia 2015 |
Durante a última semana do mes de xaneiro celebramos no centro o Día Internacional da Paz e Non Violencia coa realización de diversas actividades que prestenden inculcar no alumnado valores que deben de estar presentes ao longo do ano, e non só na data da conmemoración do aniversario da morte de Gandhi. Entre as actividades realizadas destacamos as seguintes:
Asemade, elaboramos un karaoke, personalizado con imaxes do noso cole, da canción de José Luis Perales "Que canten los niños". Na seguinte galería podedes observar parte das actividades realizadas. |
Festa do Entroido 2015 |
Como colofón final ás mandas do meco que tan ben nos dirixiron ao longo desta semana, celebramos a Festa do Entroido no cole coa participación de toda a comunidade educativa. A ANPA do cole participou activamente nesta actividade co reparto dunhas "orellas de Entroido" exquisitas, de filloas riquísimas feitas por eles e bebidas variadas entre todos os participantes. Posteriormente á degustación destes produtos típicos destas datas, realizamos o desfile de disfraces no patio cuberto, xa que o tempo non nos axudou moito. Como en anos anteriores, a temática do desfile tiña relación co proxecto documental que estamos a desenvolver este curso, "Mergúllate nun mar de números". Cada aula disfrazouse dun tema:
Ao rematar o desfile suamos un pouco movendo o esqueleto ao ritmo que nos marcaba o noso DJ particular. Preme na imaxe para ver a Galería
|
Concurso literario Manuel Sueiro |
O venres 5 de xuño tivo lugar a entrega de premios da 2ª edición do Concurso literario Manuel Sueiro que organiza o CEIP Manuel Sueiro de Ourense. O principal obxectivo deste concurso é introducir ao alumnado no pracer e gusto pola lectura, en tempos de lecer, buscando sempre que se asimile o que se le. Nesta ocasión, o libro escollido foi o de "Historia de una gaviota y del gato que le enseñó a volar". Un libro que está escrito como unha fábula que critica o mal que se xestiona e coida o mundo. Nel trátanse valores como a amizade, lealdade, perseveranza, honor,.... e como na nosa vida se complementa o saber coa experiencia. Na entrega de premios estiveron presentes: a Concelleira de Educación, Ana Garrido; o Inspector da Consellería de Educación, Roberto Cid Galante; o Director do CFR de Ourense, José Domínguez; membros do xurado Baldomero Moreiras (Pintor artístico) e José Ramón Fdez Morgade (Presidente do Círculo Poético ourensán. Asemade, tamén estiverón representados no acto todos os sectores da nosa comunidade educativa para acompañar aos representantes dos colexios que resultaron premiados nesta edición. A elección dos traballos premiados foi moi díficil para o xurado do Concurso debido á gran calidade de todos eles. Resultou gañador á "Mellor adaptación de obra literaria universal" o traballo realizado polo CEIP Curros Enríquez de Celanova. Segundo os membros do xurado, o que fixo que este destacase, ante os demais traballos presentados, foi a transformación que fixeron do libro orixinal, escrito en prosa, nun texto poético ilustrado. O CEE O Pino tamén resultou premiado pola orixinalidade do traballo presentado. Ao remate da entrega de premios, o alumnado do CEIP Curros Enríquez de Celanova fixo entrega dun agasallo á Directora do noso centro consistente en tres exemplares dun fantántico libro, titulado "A carballeira do tempo", que realizou o alumnado de 5º e 6º curso de Ed. Primaria de dito centro. |
Biblioteca escolar, base de exploracións |
"Biblioteca escolar, base de exploracións" é o lema elixido este curso para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, enviará en breve a todos os centros públicos como reforzo das actuacións da biblioteca escolar e para apoiar a visibilidade dos seus recursos e das súas oportunidades de aprendizaxe. A imaxe do cartel responde á interpretación que deste lema fixo o ilustrador e autor de cómic FRAN BUENO, e ten suficiente carga simbólica e información como para espertar o interese do alumnado. Desde o Fogar de Leo, este curso traballaremos, no noso proxecto documental, seguindo estas directrices, e facendo de exploradores do noso entorno próximo… en breve darémosvos máis iformación sobre o PDI. |
Concurso postais de Nadal |
Dous alumnos do noso centro resultaron premiados no Concurso de postais de Nadal que organizou o Colexio de Economistas de Ourense no que participou alumnado que cursan estudos en infantil e primeiro e segundo ciclo de educación primaria en distintos colexios da provincia de Ourense. O traballo de Iván González resultou gañador do concurso e a súa postal foi empregada para felicitar o ano polo Colexio de Economistas. Moitos parabéns!! Para ver a resolución dos premiados mirade na páxina do Colexio de Economistas. |
Enquisa sobre os traballos do fogar |
Preme na imaxe para realizar a enquisa sobre quen realiza as tarefas no teu fogar: Preme na ligazón para ver os resultados da enquisa: |
Mariángeles Ibernón Valero |
O venres 7 de outubro a poetisa Mariángeles Ibernón Valero visitou a nosa biblioteca grazas á colaboración do Círculo Poético Ourensán. Nace en Cehegín, Murcia, no ano 1967. Poeta, editora e xestora cultural. Comezou a escribir sendo moi nena, sentada á beira da súa nai enferma de cangro, enfermidade que marcou a súa vida xa que quedou orfa moi nova e perdeu una irmá. Autora do poemario “Susurrando palabras”, libro dedicado á súa irmá e que donou a beneficio da AECC; do libro de poemas infantís “Me dibujas un verso?”, poemario solidario cuxos fondos van destinados a un orfanato da India. A súas últimas publicacións son “69 huellas eróticas” e “Siempre es tiempo de cerezas”, este último dedicado ao seu pai. Deuse a coñecer na revista dixital “Acantilados de papel”. Despois foi fulgurante a súa incorporación ás letras en revistas e libriños anuais. Coordina na actualidade “Café con versos” en Murcia e a revista literaria “Con luz y poesía”. Tamén imparte obradoiros de poesía a nenos, “Saca el poeta que llevas dentro”, introducíndoos á imaxinería poética. Diariamente danos os bos días cun dos seus poemas, ela di que ao levantarse o seu primeiro pensamento é unha poesía.
MATERIAL PARA TRABALLAR EN CLASE |
Mariángeles Ibernón Valero na nosa biblioteca |
O venres, 7 de outubro, tivemos o privilexio de contar na nosa biblioteca coa poetisa murciana Mariángeles Ibernón Valero, grazas á colaboración do Círculo Poético Ourensán. Os nenos e nenas do centro déronlle a benvida cos poemas "El sol perezoso" e "Helado de turrón" e cun elaborado por nós mesmos que chegou a emocionar á autora e a moitos dos presentes no acto ao soar a música de fondo do seu amigo Moy Gomar. Durante o encontro, Mariángeles respondeu amablemente á morea de cuestións que o alumnado lle prantexou relacionadas coa súa vida e obra que previamente traballaran nas aulas. Ademais das moitas cousas que xa sabiamos dela, descubrimos que lle gusta o mar, pero que non sempre foi así... que a súa cor favorita é o azul... que comezou a escribir desde moi nova grazas ás ensinanzas da súa nai... o motivo polo que ás súas sobriñas lle chaman Tata chula... que o seu primeiro poema foi "La sirena"... que lle gusta a poesía de Quevedo... que estudou arquitectura, aínda que só exerceu para facer a súa casa...e o máis importante que se sinte moi feliz e non sabría vivir sen "as letras"... Coa súa axuda, recitamos varios poemas do seu poemario "Me dibujas un verso". Como remate final do encontro, deixounos un encargo lírico que pronto vos mostraremos nesta web. GALERÍA DE IMAXES
Mariángeles deu os "Buenos días" no seu Facebook dándonos as grazas pola acollida recibida na nosa biblioteca.
|
Dedicatoria de Fran Alonso |
O polifacético escritor Fran Alonso adicounos nas VII Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia que se desenvolveron no mes de novembro en Santiago de Compostela, o último dos seus traballos destinado ao público infantil: "Poemas birollos para ler cos ollos". O alumnado de 6º curso, como mostra de agradecemento pola súa atención, dedícalle un poema recitado desde o recanto de lecer da nosa biblioteca... esperamos que lle guste.
Nova na páxina de Edicións xerais
A editorial Xerais publicou na súa web unha nova sobre a interpretación que fixemos do poema de Fran Alonso. |
Concerto de Nadal: "Estación Nadal" |
A Concellería de Educación celebrou o Nadal cos alumnos e alumnas máis cativos e que mellor forma que levando a cabo un concerto que ten por nome "Estación Nadal" a cargo do recoñecido grupo "Mamá Cabra". As profes dixéronnos que só hai 4 estacións: primavera, verán, outono e inverno. Pero é mentira. Hai una máis e chámase Estación Nadal. É a máis divertida do ano, porque é tempo de agasallos pero tamén de cancións e de vacacións e de galdrumadas e de... en fin, de todas as cousas boas que ten a vida. Mamá Cabra quixo cantarlle á Estación Nadal. Escribíronlle unha carta aos Reis Magos e eles contestaron. Pediron unha morea de cousas, entre outras, que o recreo dure máis tempo. E todo iso, cantando. A que presta a Estación Nadal? Foi espectáculo cheo de diversión no que houbo moitas sorpresas… Pasámolo xenial!!! |
Exposición filatélica en Monforte |
O traballo filatélico realizado polo alumnado de 3º de Ed. Primaria do noso cole está exposto no edificio de correos de Monforte de Lemos para fomentar e dar a coñecer a oficialidade do Camiño de Inverno a Santiago. Asemade, en dita actividade presentouse a tarxeta prefranqueada e o mataselos que se editaron para conmemorar dita oficialidade. Moitos parabéns polo traballo realizado!! |
Día da árbore |
Ao longo da semana do 20 ao 24 de marzo o alumnado de 2º, 3º e 6º de Ed. Primaria participou na III Semana Escolar da Árbore e da Auga que promoveu a Deputación de Ourense. Durante toda a semana, na hora de ler, traballamos o conto de "O amor eterno de Rozabales" e realizamos tres murais sobre a árbore e o conto, onde o protagonistas foron os castiñeiros. O último día, o alumnado participou na plantación dun castiñeiro, no patio do cole, ao que bautizamos co nome de "Croqueiro" despois dunha axustada victoria entre máis dunha ducia de nomes candidatos. Para rematar, entonamos o Himno de Ourense de Manuel de Dios. Himno de Ourense |
Hora de ler en 1º de Ed. Primaria |
Neste curso 2016-2017, e dentro da hora de ler, o alumnado de 1º curso de Primaria realizarou, entre outras, as seguintes actividades:
Unha das actividades que prepararon nesta hora foi o obra de teatro de monicreques titulada: "O outono da árbore cascarrabias" e que representaron ba biblioteca para todo o cole. A mestre de Audición e linguaxe tamén se realizarosn as seguintes actividades:
|
Hora de ler de 2º de Ed. Primaria |
Ao longo do vindeiro curso levamos a cabo diversas actividades de animación á lectura na aula de segundo de Primaria. Vinte minutos diarios, recollidos no horario de aula, adicámolos especificamente ao tempo de lectura. Os libros que traballamos neste curso 2076 /17:
ACTIVIDADES
|
Melloras de proxección na biblioteca | |
Equipo de meteórologos do Sueiro | |
Metereoloxía na aula de apoio |
O alumnado da aula de apoio recolleu ao lomgo de todo o curso os datos metereolóxicos nun calendario. Nei ían reflectindo o estado atmosférico de cada día. Ao rematar o mes facían un reconto de todos os estados e reflexionaban sobre como foi o tempo dese mes. A final de curso comparamos os valores dos estados atmosféricos dos diferentes meses.
|
O raposo e a mestra |
O alumnado de 2º realizou unha nova sesión do "Concurso de animación á lectura". Nesta ocasión o libro traballado foi "El zorro y la maestra" de Manuel Rivas. O raposo Pindo é un raposo solitario, que sabe as falas de todos os animais e as persoas; segundo se di é fillo do lobo Petiso e a raposa Meiga. Pindo ten un poder: é quen de hipnotizar a calquera cos seus ollos de lanterna. Ese poder conseguiuno, vendo como o Sol pousaba a súa luz, ao afundirse no mar, despedindo o día. Nesta ocasión as gañadoras do concurso foron Eva e Elisa. Patabéns para todos polo traballo realizado!! |
Obradoiro de Viaqua: Aqualoxía |
O 23 de maio realizamos a actividade que leva por título “Aqualoxía”. Nesta actividade participaron os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, os cales descubriron como é o ciclo da auga nas cidades. No obradoiro experimentamos a través do xogo con míltiples recursos didácticos, tales como: bombas de vacio, coadores,… Ao final de dita actividade, fomos agasallados cun diploma e unha mochila pola nosa participación. Xa estamos agardando a que volvan no curso que ven. Pasión pola auga!! |
O universo |
O alumnado de 4º e 5º de Ed. Infantil pescudou sobre o Universo no seu PDI. Partiron do conto "Como atrapar a unha estrela", de Oliver Jeffers, para motivalos a pensar sobre todos aqueles aspectos que lles resultan intrigantes sobre o universo. Resumimos a continuación as actividades realizadas ao longo do curso:
O traballo con este PDI foi moi motivador para os nenos e nenas. |
Pensando en equipo |
O curso escolar 2017/2018, a aula de 5º de Educación Primaria decidiu centrar o seu traballo anual, dentro do PDI xeral do CEIP Manuel Sueiro “Cada latexo... un pensamento”, na temática do “Pensamos en equipo”. O porqué deste traballo resúmese nas seguintes liñas centradas nas súas vantaxes tales como:
Traballamos os seguintes obxectivos:
O traballo comezou a finais do mes de setembro, no que o alumnado de 5º de Educación Primaria determinou os seguintes aspectos a desenvolver durante todo o curso.
As actividades realizadas ao longo do curso foron as seguintes:
1º trimestre:
2º trimestre:
3º trimestre:
Como conclusión, destacar que cando as persoas traballan en equipo, é indiscutible que se melloran os resultados. A valoración do traballo en equipo foi en aumento ata o punto de pasar, dunha estratexia de motivación e de resolución de problemas, a darlles capacidade para tomar decisións, planificar e conducir os mesmos procesos dos que son protagonistas. |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »