Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
Exposición de instrumentos musicais |
Na área de música, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria construíu ao longo do mes de marzo instrumentos musicais, elaborados todos eles con material de reciclaxe, dentro das actividades previstas no PDI deste curso. Cos traballos presentados, realizaron unha exposición permanente na biblioteca do centro á que pode acceder toda a comunidade educativa. |
Día da árbore |
Ao longo da semana do Día da árbore realizamos diversas actividades encamiñadas a fomentar a defensa do medio ambiente que estamos a traballar no PDI deste curso. Unha delas consistiu na plantación de árbores no pátio do noso colexio. O alumnado máis cativo do cole plantou unha cerdeira que mercamos nun viveiro próximo ao noso centro. O alumnado máis maior plantou unha ameneira que nos facilitou a Deputación de Ourense. |
Contacontos "Luuume" pola mestra María |
A profe María, do equipo de biblioteca, realizou un contacontos na biblioteca sobre o libro "Luuume!" de Andrea Freire e que está publicado pola Editorial Antela. Misto sempre anda alporizado e, namentres, a vida vai sucedendo. A súa familia e amizades tentarán axudalo pero, serán quen de conseguilo?. Nesta fermosa historia, o protagonista é un pequeno misto que sempre está enfadado, e aprenderá a xestionar a frustración. No mes de maio teremos un encontro coa autora deste libro na nosa biblioteca. |
Formigas. Misión Rosalía. |
O Clube de lectura de 5º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como terceiro libro “Formigas. Misión Rosalía” de Pere Tobaruela da editorial Xerais. O libro foi traballado nos meses febreiro e marzo do curso escolar 2021/2022 e conta a historia da FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL que son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. En «Misión Rosalía» os FORMIG4S son alertados de que a obra da célebre poeta se está a esvaecer. Para investigar este estraño suceso han viaxar no tempo ata o século XIX por Compostela e a súa contorna. Alí vivirán unha trepidante aventura para salvagardar o legado e a propia vida de Rosalía de Castro. Despois da lectura do libro, o alumnado traballou a súa comprensión a través de diversos mapas nos que intentamos representar a historia e os diversos lugares polos que tiveron que atravesar as formigas. |
Naturizo. O retorno das flores |
Na primavera traballamos o libro de Naturizo, O retorno das flores. Na primavera volve a vida á serra. Cando esta se enche de xente, Naturizo e Amelia deben investigar por que, ven a descobrilo! Os protagonista da historia preséntanos a un novo amiguiño, Sil, unha cría de xabaril moi lista que lle explica en que consiste tal misterio, orixe e tradición. O libro introduce ao alumnado na celebración da festa dos maios, tan arraigada na nosa cidade, ao tempo que inculca a amizade, a axuda aos demais e o coidado da Natureza. Pescudamos e ampliamos información sobre a celebración da festa dos maios na cidade de Ourense. Como actividade final, en horario extraescolar, elaboramos flores, paxaros... con material de refugallo para adornar o noso maio dun xeito moi especial. |
Emprego dos medios de transporte |
Durante o mes de xaneiro de 2022 o alumnado de 5º de Educación Primaria afondou no estudo da eficiencia enerxética centrándose na redución das emisións de dióxido de carbono para o cal se levaron a cabo diversas actuacións:
|
Hora de ler en 4º de Ed. Primaria |
O curso escolar 2021/2022, a Hora de ler, realizouse en flexible tendo como obxectivos prioritarios:
A configuración da hora de ler foi polo titora Marta María Rey Vila e centrouse nos seguintes obxectivos:
Polo que respecta á temporalización, na hora de ler, empregáronse: 1º trimestre:
2º trimestre:
3º trimestre: |
Aniamigos, sempre ao noso carón |
Neste curso, o P.D.I. do centro ten como lema O SUEIRIÑO A DIVERSIDADE RESPECTA, TRABALLEMOS XUNTOS A PROL DO PLANETA! e céntrase na temática medioambiental e dende a aula de primeiro desenvolvémolo centrándonos na necesidade de educar aos cidadáns desde pequenos para favorecer o desenvolvemento dunha conciencia ecolóxica que lles leve a comprender a estreita interrelación que existe entre os animais e as persoas, e a necesidade de coidalos e protexelos para contribuír a unha sociedade máis sostible e habitable para todos. Desta forma favorécese o desenvolvemento integral do alumnado e impúlsase a súa vinculación e compromiso co coidado e protección da contorna natural e os seres que o habitan, así pois xurdiu “ANIAMIGOS: sempre ao noso carón” Obxectivos xerais
Obxectivos específicos
Contidos:
Contribución ás competencias básicas e transversais e competencias claves da unión europea O desenvolvemento desta unidade contribuirá ao desenvolvemento do conxunto das competencias básicas e competencias claves definidas no marco normativo, en especial as competencias sociais e cívicas (CSC) xa que implica coñecementos que permitan comprender e analizar condutas e procesos de cambio. Tamén inclúe manifestar o sentido da responsabilidade e mostrar comprensión e respecto dos valores compartidos necesarios, neste caso sobre o medio e os animais. Temporalización
Metodoloxía Traballaremos a través dunha metodoloxía activa e do descubrimento guiado, para que o alumno sexa capaz de construír as súas propias aprendizaxes de maneira autónoma. Apoiarémonos na maioría das actividades de soporte visual, priorizando en todo momento o traballo a través da comunicación oral, axustándonos ás características do alumnado. Criterios de avaliación
As actividades realizadas ao longo do curso foron as seguintes: 1º trimestre
2º trimestre
3º trimestre Para este terceiro trimestre quixemos centrarnos nos animais en perigo de extinción e para iso levamos a aula varios libros sobre o tema para que os nenos os puideran consultalos. Os libros son os seguintes:
Actividades:
Avaliación: Foi continua, baseada na observación diaria, mediante a recollida de datos segundo un rexistro de ítems. Como conclusión, destacar a importancia que teñen os animais no medio así como para o coidado desde e a importancia de formar a os alumnos como futuros cidadáns responsables no coidado e respecto cara eles. |
Coñece a túa cidade |
O 8 de xuñoOs nenos e nenas de Ed. Infantil visitaron coa axuda de Martiño os lugares máis importantes da nosa cidade. Martiño recibiunos nas Burgas e desde alí guiounos nun percorrido pola Praza Maior, a Catedral e a Praza de San Martiño contaándonos historias moi divertidas. Como nos portamos moi ben, rematamos a excursión no Parque da Alameda. Que ben o pasamos!! |
Presentación do libro elaborado no club de lectura de 4º de Ed. primaria |
O alumnado do Club de lectura de 4º curso elaborou un libro titulado "Xa non son malo" sobre o traballado no club de lectura ao longo do segundo trimesttre. Dito libro foi presentado na biblioteca na última semana de clase e engadido aos fondos da mesma. Está dispoñible na sección 4 da nosa biblioteca para todas as persoas scias da mesma. |
Día do punto | |
Degustación dos produtos elaborados para o Día da alimentación | |
Día da Ciencia en galego |
O 9 de novembro celebramos o día da ciencia en galego. Tivemos o privilexio de contar na biblioteca co profesor de Química, e membro da nosa comunidade educativa, David Bruzos para a realización de tres obradoiros destinados a todo o alumnado do cole, co obxectivo principal de salientar a difusión do coñecemento científico no idioma galego. Con el xogamos e experimentamos con cores e luces para entender de forma lúdica o fundamento de diversos fenómenos físicos e químicos. Na galería de imaxes podedes observar varios dos experimentos realizados nos obradoiros. Ao remate da actividade, todo o alumnado participante recibiu o seu carné de científico ou científica. |
Se tes paciencia, experimenta coa ciencia |
Ao longo do mes de novembro celebramos na biblio do cole o Día da ciencia en galego coa realización dediversas actividades en colaboración do EDL do cole. Recordámosvos que poderedes levar para as vosas casa calquera dos fondos que están expostos no corredor e na biblioteca. Na galería de imaxes tedes unha mostra que esperamos que sexan do voso agrado. |
O rato canguro |
0 21 de novembro e dentro das actividade organizadas para conmemorar o 25 de novembro, a Concellería de Igualdade, ofertounos unha actividade de contacontos de sensibilización e concienciación en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero: "O rato canguro" coa finalidade principal de romper os estereotipos de xénero desde a infancia. Os obxectivos específicos desta proposta son, entre outros:
O rato Fuco visitou o noso cole acompañado dun bebé ao que tivo que coidar: Chámase Cochin, e é un fillo duns amigos seus que se chaman Lene Marta e Tomás, porcos protagonistas do Conto “Suave y Calentito”, de Bijou Le Ford. Lene Marta traballa fóra da casa e Tomás hoxe non pode atender o pequeno porque ten que ir ao veterinario. Así pois, o rato Fuco foi o escollido para facerse cargo de Cochín. Durante a contada, deulle de comer, lavouno, cambioulle o cueiro, contoulle contos e mesmo lle cantou un arrolo para o adormecelo, demostrando que en Lonxe de todo os coidados son unha tarefa compartida por ratos e ratiñas. |
Día Internacional contra a violencia cara ás mulleres |
Durante a semana do 21 ao 25 de novembro o equipo de bibliotecas, dinamización lingüística e seccións bilingües organizaron un grupo de actividades para que todas as nenas e nenos do cole, desde infantil ata sexto de primaria, xunto co profesorado e resto da comunidade educativa, celebramos participando activamente nos actos realizados para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia cara ás mulleres unha das peores e máis comúns formas de violencia. En primeiro lugar, o luns, a Concellería de Igualdade, organizou unha actividade de contacontos para a sensibilización e concienciación en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero: "O rato canguro" coa finalidade principal de romper os estereotipos de xénero desde a infancia. O martes durante a Hora de Ler cantamos e bailamos a canción “Déjala que Baile” de Melendi con Alejandro Sanz e Arkano. Todo o alumnado do cole participou na actividade "The orange umbrella” para reivindicar a importancia da protección contra a violencia. Na metade da semana volvemos a gozar dun contacontos, neste caso, interpretado por alumnos do cole. Contáronnos o conto de “ Pepuka e o Monstro que se levou o seu sorriso”. Pepuka vivirá xunto ao Monstro a experiencia máis difícil da súa vida: a perda do seu sorriso. Pero contará coa inestimable axuda das súas mascotas, unha viaxe cara á liberdade, a recuperación da súa esencia persoal e a felicidade. Aborda a violencia de xénero para previla desde a infancia. É un conto para traballar a autoestima, os valores, a igualdade e o bo trato. A continuación o alumnado decidiuse a cambiar a súa linguaxe, identifincando frases axeitadas e inaxeitadas coa actividade “Pon os cinco sentidos contra a Violencia”. Toda a comunidade educativa leu un Manifesto no que nos comprometemos a traballar a diario para a eliminación de todo tipo de violencia. O xoves o alumnado de infantil participa na actividade “Coas túas mans podes”, onde plasmando as súas máns nun lazo queren sinalar a importancia da loita de todos a favor da non violencia. Finalmente, o día 25, rematamos a semana coa lembranza da importancia da igualdade entre homes e mulleres, representado pola cor violeta e a non violencia contra das mulleres representado pola cor laranxa. A seguir traballando!!! |
Club de lectura de 6º de Ed. Primaria | |
Calendario de advento |
O alumnado de 1º e 2º elaborarou nun traballo colaborativo, nas clases de educación plástica, un calendario de advento que, posteriormente, empregamos para facer a conta atrás dos días que faltan para a chegada do Nadal. Para darlle un pouco de emoción, cada día, na Hora de ler, iamos ao calendario para facer a lectura do reto sorpresa dese día. Adiviñas, valores, ordes, xogos, bailes… foron varios dos retos que fomos superando día tras día. Pasámolo xenial esperando a chegada do Nadal!! |
La vuelta al mundo en 80 días |
O Clube de lectura de 6º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu “La vuelta al mundo en 80 días” de Julio Verne da editorial Almadraba. O libro foi traballado nas últimas semanas do mes de novembro. A volta ao mundo en 80 días narra as aventuras de Phileas Fogg, que é acompañado do seu criado Picaporte querendo demostrar á sociedade da súa época que é posible percorrer a superficie da Terra en só 80 días. Durante a viaxe, non soamente teñen que loitar contra todo tipo de obstáculos, senón que teñen que verllas cun inspector de policía (Fix) que confunde a Phileas Fogg cun ladrón e, sobre todo, deben loitar contra o paso das horas. Actividade 1: Lectura Actividade 2: Análise das personaxes Actividade 3: Traballo de contidos da área de lingua Actividade 4: Traballo a través das TIC. |
A gruta da torre |
A gruta da torre conta a historia de Lois que viaxa coa súa familia a pasar outro verán en Ribadeo. Quique, Greta e o resto da cuadrilla agardan por el, e ese ano hai tamén unha nena nova. Non a coñece, mais morre por falar con ela. Na vella biblioteca da Torre dos Moreno, Quique encontra un libro e, no interior, un misterioso documento que fala dun pasadizo. A investigación vese sacudida pola aparición dunha foca, Cuquita, e tamén por uns estraños sucesos no faro da Illa Pancha. Actividade 1: Lectura Actividade 2: Análise das personaxes Actividade 3: Traballo de contidos da área de lingua Actividade 4: Ilustración Actividade 5: Traballo a través das TIC. Actividade 6: Conclusión/valores |
Game over |
O libro Game Over, é unha obra teatral, escrita por Carlos Losada e editado pola Biblioteca Dramática Galega. O libro traballouse durante o mes de abril. Game Over conta a historia de Roi e como dende que acende a videoconsola para botar outra partida co seu xogo favorito dende hai unhas semanas, a última versión dos súper loitadores Mortal Combat versión 3.0. Pendente de chegar á gran final do xogo, nin atende a chamada do seu amigo Sebas, nin a do seu pai e ten unha boa liorta coa súa nai. Roi, a pesar de todo, xoga coa consola ata quedar durmido deixando a Ken, o personaxe do seu vídeoxogo favorito, perdido baixo as letras vermellas de "Game over". Roi emprende así a viaxe ao seu país das marabillas e dos seus medos. Actividade 1: Lectura
Actividade 2: Análise das personaxes
Actividade 3: Traballo de contidos da área de lingua
Actividade 4: Ilustración
Actividade 5: Conclusión/valores
Reunión do club de lectura na biblioteca Unha vez rematado de traballar co libro, voltamos a realizar unha xuntanza na biblioteca, no tempo destinado a actividades extraescolares, na que intercambiamos as nosas impresións e sensacións sobre o libro do Game over e o traballo desenvolvido sobre o mesmo.
|
Mochila viaxeira de 6º de EP |
O curso escolar 2022/2023 o alumnado de 6º Educación Primaria curso utilizaron dúas mochilas viaxeiras que foron intercambiadas cada quince días durante todo o curso. O traballo do alumnado queda reflectido nos debuxos que se acompañan nos libros configurados para elo. As mochilas viaxeiras permiten ao alumnado un préstamo por un período de quince días, para compartir coas familias o contido da mesma. O contido do material foi escollido polo titor de 6º curso de Educación Primaria, supervisado pola biblioteca e procurando que teña a maior variedade de textos e formatos para que o alumando poida elixir. Acompañan a estes materiais “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, novas creacións, debuxos, achegas, …, sobre o contido da mochila. O material que acompaña a mochila do alumando de 6º curso de Educación Primaria foi o seguinte. 1º mochila:
El último curso en Torres de Malory. RBA 2º mochila:
Megatoxos e os templarios da luz. Ed. Xerais.
Quinto grado en Torres de Malory. RBA Como conclusión, destacar que ler en familia é unha actividade moi divertida que axuda a entrelazar lazos entre os pais e nais e os seus fillos e fillas enriquécenos a todos. Ademais, a lectura enriquece intelectualmente aos nenos e nenas, estimulando a súa imaxinación, a capacidade para resolver problemas, a memoria e a linguaxe, axúdalle a coñecer o mundo no que vive e impúlsalle a querer saber máis. Comentando as lecturas que facemos todos xuntos podemos reflexionar sobre o lido, os valores do libro infantil e xuvenil que escollésemos, explorando nosos propios sentimentos. É, en definitiva, unha axuda na educación dos nosos fillos, polo que é importante proporcionarlle ao alumnado lecturas estimulantes, acompañalos no descubrimento do pracer da lectura, sendo un hábito moi saudable e cheo de beneficios. |
Estrela... fugaz? | |
A Lazy Ladybird! |
Nesas estabamos cando decidimos percorrer o xardín da escola e amosarlle o noso horto. Non foi un voo moi longo, pero a ladybird descubriu o pracer de voar en liberdade. FLY LADYBIRD FLY!
|
Unha maleta mariñeira |
Foi polo mes de febreiro cando recibimos no centro a exposición itinerante “Coidando o noso mar” prestada polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) na Coruña, así como as redes e as nasas que os/as nosos mariñeiros/as usan a cotío no seu labor nas Rías Baixas. http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2078 RÍAS ALTAS e RÍAS BAIXAS XUNTAS NO CEIP MANUEL SUEIRO! As/os peques de Infantil achegáronse á beira do noso mar para descubrir eses libros con historias que nos achegan á inmensidade e tamén á fraxilidade dos nosos mares. As/os alumnas/os de 4o E.P., como parte do proxecto documental sobre os mares, mergulláronse nese océano de libros achegándose aos seres vivos que os habitan. DESFRUTEMOS E COIDEMOS OS NOSOS MARES! |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »