Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
ENCONTROS COA AUTORA "ALBA DE EVAN" |
O xoves, 1 de febreiro, día de compadres, realizamos a actividade encadrada dentro da XXXV CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA, promovida pola Concellería de Educación do concello de Ourense, que leva por título Encontros co autor/a. Este ano os elixidos foron Alba de Evan e Xabier Domínguez os autores do libro “Segredos Soterrados” que previamente traballamos no noso Club de lectura nos meses de decembro e xaneiro. O libro Segredos Soterrados narra unha aventura que viaxa á II Guerra Mundial e descobre a presenza nazi en Galicia, os tesouros agochados no subsolo e as tramas de corrupción que manexan o mundo. A historia comeza no campamento na que Anxela está a gozar en Muíños xunto con Sabela, Jorge e, por suposto, a gata Morriña. Mais, pronto, un misterio do pasado crúzase no camiño e dá paso a unha carreira contrarreloxo por descubrir a verdade e manterse a salvo. Que relación teñen unha mina abandonada, un avión dos Aliados e unha poderosa multinacional? Alba de Evan presentounos o seu libro e permitiunos coñecer máis a fondo a través de todas as preguntas que lles fixemos e que nos fixo reflexionar. E para rematar as sinaturas dedicadas dos nosos libros. Foi un enorme pracer ter connosco a Alba de Evan e xa estamos agardando a que escriba o seu próximo libro.
|
DIVERSIDADE FUNCIONAL |
Hoxe 29 de abril de 2024 a asociación LIMISI realizou co alumnado de 5º e 6 curso do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro o obradoiro titulado “diversidade funcional” na que puideron traballar e experimentar a través de diferentes actividades as dificultades que teñen as persoas para realizar diversas accións e como, moitos deles, sufriron acoso escolar nos centros educativos. A segunda parte do obradoiro consistiu no traballo das emocións antes as diversas situacións que lles ensinaron a través de dúas curtas e un vídeo na que se poidan escoitar as experiencias negativas dos usuarios de LIMISI. Pero que é LIMISI? É unha asociación para a promoción de persoas con diversidade funcional, integrada por pais, nais, familiares, amigos e persoas con discapacidade intelectual que comeza a súa andaina en novembro do 2002. O fin prioritario é mellorar a calidade de vida das persoas con diversidade funcional, potenciando o pleno desenvolvemento das súas capacidades individuais, actuando directamente no ámbito das súas competencias. É a busca e consecución da plena integración, velando pola salvagarda dos seus dereitos en todos os aspectos da vida: educativos, formativos, psicolóxicos, legais, laborais, recreativos, deportivos, etc; mediante o apoio a estas persoas e ás súas familias e a sensibilización da sociedade. |
DOBRAXE NA ESCOLA |
O 14 de maio o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria participou no obradoiro de “Dobraxe na escola” que organizou a concellería de educación do noso Concello no Auditorio. |
CLUB LECTURA. 5º EDUCACIÓN PRIMARIA. |
O Club de Lectura do 5º Ciclo continúa coa seu interese pola lectura durante o Curso 2023/2024
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42