DIVERSIDADE FUNCIONAL

diversidade

Hoxe 29 de abril de 2024 a asociación LIMISI realizou co alumnado de 5º e 6 curso do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro o obradoiro titulado “diversidade funcional” na que puideron traballar e experimentar a través de diferentes actividades as dificultades que teñen as persoas para realizar diversas accións e como, moitos deles, sufriron acoso escolar nos centros educativos.

A segunda parte do obradoiro consistiu no traballo das emocións antes as diversas situacións que lles ensinaron a través de dúas curtas e un vídeo na que se poidan escoitar as experiencias negativas dos usuarios de LIMISI.

Pero que é LIMISI? É unha asociación para a promoción de persoas con diversidade funcional, integrada por pais, nais, familiares, amigos e persoas con discapacidade intelectual que comeza a súa andaina en novembro do 2002.

O fin prioritario é mellorar a calidade de vida das persoas con diversidade funcional, potenciando o pleno desenvolvemento das súas capacidades individuais, actuando directamente no ámbito das súas competencias. É a busca e consecución da plena integración, velando pola salvagarda dos seus dereitos en todos os aspectos da vida: educativos, formativos, psicolóxicos, legais, laborais, recreativos, deportivos, etc; mediante o apoio a estas persoas e ás súas familias e a sensibilización da sociedade.

https://limisi.org/

divesidade_fotos