Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
Reinterpretando a obra de artistas ourensáns |
Na semana na que se celebra o “día dos museos”, a arte chega ao noso colexio. Os alumnos e alumnas pescudaron información e estudaron a diferentes artistas de Ourense para poder versionar as súas obras. A maioría da información sacámola ligazón: Pintores galegos. Estamos feitos uns xenios, e como non!!! , PASÁMOLO XENIAL!!! |
SANTA MARÍA LA REAL DE LAS HUELGAS |
Tres alumnos/as de 6º E.P. do noso centro participaron no “Concurso de pintura infantil y juvenil” convocado por Patrimonio Nacional na súa XXXI edición. O monumento escollido foi o mosteiro de Santa María la Real de Las Huelgas na provincia de Burgos. A participación neste concurso foi un complemento ao proxecto desenvolvido polo alumnado de 3º E.P. arredor da figura do Cid, do xacemento de Atapuerca e da catedral de Burgos. O alumnado de relixión católica, apoiados pola mestra da área, coñeceu a historia do mosteiro, destacando a importancia da muller como abadesa do mesmo. Non acadaron o pase á fase final, pero non hai dúbida da calidade dos seus traballos. Sen data fixada, recibirán os seus diplomas acreditativos por parte de patrimonio nacional. PARABÉNS, ARTISTAS! |
Memoria gráfica do Club de lectura do curso 2021/2022 |
Memoria gráfica das actividades realizadas ao longo do curso 2021/2022 no Club de lectura do noso cole. Para ver a presentación a todo páxina premer na seguinte ligazón: |
O alumnado de 3 anos visita a biblioteca | |
Día mundial da alimentación |
Cada 16 de outubro desde o ano 1979 conmemórase o Día Mundial da Alimentación, unha celebración promovida por a Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO), co claro obxectivo de diminuír a fame no mundo, propósito que tamén busca a Axenda 2030 coa súa meta de fame cero. O lema deste ano é “NON DEIXAR A NINGUÉN ATRÁS”. No cole adicámoslle varios días a traballar a alimentación. Preparamos un receitario de cociña entre todos,onde atoparás estupendas receitas reais ou inventadas, Coidado coa que escolledes!!!; o libro estará dispoñible na biblioteca do cole para deleite dos usuarios. Preparamos unha exposición “ALIMENTarte” onde creamos bodegóns con diferentes técnicas e tentamos de imitar ao gran Giuseppe Arcimboldo. Para rematar o día 19 o noso alumnado imitou ás persoas que exercen de grandes CHEFS, recreando diferentes receitas. Chegado o recreo degustamos os produtos elaborados no obradoiro de cociña na entrada do noso centro. Pasámolo Xenial!!! O Manuel Sueiro únese ao NON DEIXAR A NINGUÉN ATRÁS. |
Obradoiros de elaboración de receitas para o Día da alimentación |
Para rematar o día 19 o noso alumnado imitou ás persoas que exercen de grandes CHEFS, recreando diferentes receitas nos obradoios de cociña que realizamos en todas as clases do cole para posteriormente degustalos entre todos e todas. Obradoiro do alumnado de 4º de Ed. Infantil Obradoiro do alumnado de 5º EI Obradoiro do alumnado de 1º de EP Obradoiro do alumnado de 2º de EP Obradoiro do alumnado de 3º de EP Obradoiro do alumnado de 4º de EP |
Exposición do Samaín 2022 | |
Experimentando con vasos leñosos | |
Volcán Explosivo | |
Mira que boca |
O venres 14 de xaneiro de 2023 recibimos a visita da presentación a nivel autonómico do programa Mira que boca. A presentación asistiron D. Gabriel Alén, delegado da Xunta de Galicia, Dna. Josefa Rodríguez Araujo, Subdirectora de Enfermaría de Atención Primaria da Área Sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras e D. Xose Fisteos Suengas Xefe Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en Ourense. O alumnado de Educación Infantil do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro realizou este obradoiro, Mira que boca, no que aprendemos os hábitos de saúde e alimentación axeitados como son o comer verduras, carne, peixe e reducir o consumo de lambetadas e bebidas con azucre. Os técnicos de SERGAS do Centro de Saúde Valle Inclán ensináronnos como debemos limpar os nosos dentes e a nosa lingua; traballo que realizou Asunción Pérez. Ao final, fixémolo tan ben que nos obsequiaron cun diploma e un debuxo. Cando queirades podedes regresar porque o pasamos xenial... Noticias en prensa. |
Programa Observa_Acción |
Este curso fomos admitidos no programa de intercambio de experiencias OBSERVA_ACCIÓN. Trátase dun programa de desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais, durante os cursos escolares 2022/23 e 2023/24, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacional. O xoves 26 de xaneiro, o director do centro e a mestra coordinadora asistiron á primeira xornada de formación en Santiago. Ademais deles, outro docente inicia este camiño no intercambio de observación docente. Un dos obxectivos que se perseguen con este programa é o de experimentar novas vías de formación do profesorado e favorecer a innovación educativa no centro educativo, así como a colaboración con centros doutras comunidades autónomas e/ou países de ámbito europeo. A nosa liña de traballo vai na dirección da Competencia comunicativa. Aquí comeza a nosa andaina da que vos iremos dando conta. |
Xogos populares 2023 |
O 17 de marzo de 2023, o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria participou nun obradoiro de xogos populares que desenvolveu “Lito”, da fundación Xaquín Lorenzo, no noso centro dende ás 12:00 ata ás 14:00 horas. Os xogos que realizou o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria foron xogos de bailes e a porca. Coma sempre, pasámolo xenial!! Xa estamos agardando a que regrese para unha nova sesión de xogos. |
Garvanciño, come saniño |
O 4 de maio realizamos un obradoiro de nutrición na aula de psicomotricidade en colaboración coa área sanitaria de Ourense do Servizo Galego de Saúde destinado ao alumnado de 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria. Dun xeito lúdico, aprendemos a recoñecer os diferentes tipos de nutrientes que necesitamos na nosa dieta diaria para posteriormente ser quen de elaborar un prato saudable que contivese todos eses nutrientes. Para rematar, realizamos un xogo no patio do cole que nos axudou a repasar o nome dos diferentes alimentos saudables que debemos incluír na nosa dieta. |
Equipos de meteoroloxía do curso 2022/2023 | |
Mochila viaxeira de 4º de EP |
O curso escolar 2022/2023 o alumnado de 4º curso utilizaron 4 mochilas viaxeiras que foron intercambiadas cada quince días durante todo o curso. O traballo de alumnado queda reflectido nos debuxos que se acompañan nos libros configurados para elo. As mochilas viaxeiras permiten ao alumnado un préstamo por un período de quince días, para compartir coas familias o contido da mesma. O contido do material foi escollido polo titor de 4º curso, supervisado pola biblioteca e procurando que teña a maior variedade de textos e formatos para que o alumando poida elixir. Acompañan a estes materiais “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, novas creacións, debuxos, achegas, …, sobre o contido da mochila. O material que acompaña a mochila do alumando de 4º curso de Educación Primaria foi o seguinte. 1º mochila:
Cando a terra esqueceu xirar. Fina Casalderrey. Ed.SM.
Lechuza detective 3. El inquietante caso del huevo roto. Álvaro Núñez, Alberto Díaz, Miguel Can. Ed. Anaya. 2º mochila:
Escarlatina, a cociñeira defunta. Ledicia Costa. Ed. Xerais
Días de clase. Daniel Nesquens. Ed. Anaya. 3º mochila:
Choven palabras no futuro. Xunta de Galicia. Gálix
Diario de Greg 16. El número 1. Jeff Kinney. Ed. Molino. 4º mochila:
Os Megatoxos e o Reto de Internet. Anxo Fariña. Ed. Xerais
Diario de Nikki. Una famosa con poco estilo. Rachel Renée Russell. Ed. RBA Molino Como conclusión, destacar que ler en familia é unha actividade moi divertida que axuda a entrelazar lazos entre os pais e nais e os seus fillos e fillas enriquécenos a todos. Ademais, a lectura enriquece intelectualmente aos nenos e nenas, estimulando a súa imaxinación, a capacidade para resolver problemas, a memoria e a linguaxe, axúdalle a coñecer o mundo no que vive e impúlsalle a querer saber máis. Comentando as lecturas que facemos todos xuntos podemos reflexionar sobre o lido, os valores do libro infantil e xuvenil que escollésemos, explorando nosos propios sentimentos. É, en definitiva, unha axuda na educación dos nosos fillos, polo que é importante proporcionarlle ao alumnado lecturas estimulantes, acompañalos no descubrimento do pracer da lectura, sendo un hábito moi saudable e cheo de beneficios. |
Mochila viaxeira de 6º de EP |
O curso escolar 2022/2023 o alumnado de 6º Educación Primaria curso utilizaron dúas mochilas viaxeiras que foron intercambiadas cada quince días durante todo o curso. O traballo do alumnado queda reflectido nos debuxos que se acompañan nos libros configurados para elo. As mochilas viaxeiras permiten ao alumnado un préstamo por un período de quince días, para compartir coas familias o contido da mesma. O contido do material foi escollido polo titor de 6º curso de Educación Primaria, supervisado pola biblioteca e procurando que teña a maior variedade de textos e formatos para que o alumando poida elixir. Acompañan a estes materiais “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, novas creacións, debuxos, achegas, …, sobre o contido da mochila. O material que acompaña a mochila do alumando de 6º curso de Educación Primaria foi o seguinte. 1º mochila:
El último curso en Torres de Malory. RBA 2º mochila:
Megatoxos e os templarios da luz. Ed. Xerais.
Quinto grado en Torres de Malory. RBA Como conclusión, destacar que ler en familia é unha actividade moi divertida que axuda a entrelazar lazos entre os pais e nais e os seus fillos e fillas enriquécenos a todos. Ademais, a lectura enriquece intelectualmente aos nenos e nenas, estimulando a súa imaxinación, a capacidade para resolver problemas, a memoria e a linguaxe, axúdalle a coñecer o mundo no que vive e impúlsalle a querer saber máis. Comentando as lecturas que facemos todos xuntos podemos reflexionar sobre o lido, os valores do libro infantil e xuvenil que escollésemos, explorando nosos propios sentimentos. É, en definitiva, unha axuda na educación dos nosos fillos, polo que é importante proporcionarlle ao alumnado lecturas estimulantes, acompañalos no descubrimento do pracer da lectura, sendo un hábito moi saudable e cheo de beneficios. |
ODS nº 10. Reducción das desigualdades |
Neste curso, o P.D.I. do centro englóbase dentro do lema "No Sueiro o planeta ten mellor pinta porque traballamos en conxunto a axenda 2030", centrándonos nos ODS (obxectivos de desenvolvemento sostible) para conseguir un mundo mellor. Dende a materia de Educación física traballamos, en concreto, o ODS número 10: Redución das desigualdades. O ODS 10 promove a redución da desigualdade causada por razóns como o sexo, a idade, a discapacidade, a raza, a etnia ou a relixión dentro de España e a contribución de España á redución da desigualdade entre países, para o que promove a adopción de políticas e a lexislación pertinente. Por todo isto, dende este centro, intentamos diminuír todas estas desigualdades, mediante diferentes actividades e propostas.
|
Entrega do 1º premio do concurso do Exército de Terra |
Hoxe, 16 de maio de 2023, acudiu ao noso centro o Excmo. General de Brigada Sr. D. Alfonso Pardo de Santayana Galbis para realizar a entrega do 1º premio autonómico do concurso “Premios do Exército de Terra” ao alumnado de 4º curso de Educación Primaria co traballo Mirando sen ver centrado no traballo que realiza el Grupo Militar de Alta Montaña (Base Oroel San Bernardo) a prol das persoas con discapacidade visual. Recordar que dito traballo acaba de recibir, tamén, o 1º Premio Nacional e que leva asociada unha contía de 4500 euros. Na entrega do premio regional acudiron autoridades militares desprazadas dende a “Base General de Morillo” en Pontevedra o Excmo. General de Brigada Sr. D. Alfonso Pardo de Santayana Galbis e comandante D. Pablo Ponce de León Rodríguez e o Suboficial Mayor D. Manuel Fariña Martínez. Da Subdelegación de Defensa de Ourense o comandante D. José Manuel Zapata Paz e o subteniente D. José Manuel Duque e representando a Xunta de Galicia D. Manuel Pardo Cid xefe territorial da Consellería de Presidencia, AAPP e Xustiza e Dna. María del Pilar Barandela Sandianes inspectora da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Na entrega do recoñecemento do 1º premio entregouse ao centro un diploma, unha bandeira de percha así como dous libros relacionados coa Campaña Antártica e o traballo da Base Gabriel de Castilla. Que gran día... e que orgullosos estamos do noso alumnado. PARABÉNS AOS NOSOS/AS PEQUE-ESCALADORES!
|
Celebración das Letras Galegas 2023 |
Para celebrar as Letras galegas 2023 na que se homenaxea a Francisco Fernández del Riego destacamos as seguintes actividades realizadas no noso centro: |
Hora de ler en 2º de Ed. Primaria |
O curso escolar 2022/2023, a hora de ler, realizouse todos os días en horario de 12:00 a 12:30 horas, tendo como obxectivo prioritario contribuír ao fomento do gusto pola lectura. A configuración da hora de ler estivo deseñada pola titora Dna. Marta Hernán López centrándose nos seguintes obxectivos: Obxectivos:
Temporalización. Na hora de ler, que se realizou todos os días utilizáronse libros da biblioteca de centro e outros que aportaron os alumnos , (o libro preferido), e a titora para traballar algúns temas que se estaban a traballar noutras materias. Programáronse lecturas guidas na aula e desenvolvéronse actividades de comprensión lectora, pero as máis motivadoras para os alumnos foron as obras dramátizadas coas que traballamos a entonación e o ritmo. No último trimestre mercouse un libro: “El pequeño principito”, e os nenos e nenas foron iniciados no clube de lectura. |
O meu primeiro principiño |
No último trimestre de curso acercamos ao alumnado de 1º e 2º de educación primaria ao que significa pertencer a un club de lectura. Para elo, escollemos unha versión do Principiño adaptada para primeiros lectores. O libro titúlase “La historia del Principito” e está publicado pola editorial SM e nel aparecen ilustracións do libro orixinal. Para acercar aos membros do club ao principiño, primeiro fixemos unha ambientación da obra e posteriormente explicamos a vida e obra do seu autor a través da seguinte presentación. Durante os meses de abril e maio fomos realizando a lectura colectiva dos diferentes capítulos. Ao rematar cada capítulo recapitulabamos sobre o lido e iamos cubrindo a guía de lectura que elaboramos desde o equipo de biblioteca para facilitar a súa comprensión. Unha vez rematada a lectura colectiva levaron o libro para as súas casas e compartir así a lectura final coas súas familias. No mes de xuño realizamos un concurso de animación á lectura no que participou todo o alumnado de 1ºe 2º de educación primaria. Na galería de imaxes podedes observar o seu desenvolvemento. Fixemos 4 equipos de 5 compoñentes e o resultado final foi moi igualado xa que o coñecemento da trama do libro era moi completa. Todas as personas participantes no club de lectura recibiron un pequeno agasallo cmo recoñecemento ao traballo realizado ao longo de todo o trimestre. Os equipos gañadores recibiron, a maiores, un diploma que pon e valor o seu coñecemento sobre o Principiño. Por último, para rematar as sesións de lectura deste curso realizamos un kahoot! con preguntas sobre este libro onde a maioría do alumnado participou de forma individual. Na última semana de curso realizamos un obradoiro STEM onde o alumnado se aproximou a creación de circuítos simples de electricidade. Algúns dos participantes optaron por realizar un circuíto de electricidade a partir dunha escena do libro. RECURSOS EDUCATIVOS PARA TRABALLAR O LIBRO
|
Presentación do Club Xuventude Ourense FS |
Éxito total na Actividade "Coñece o teu Club": Emocionante presentación do Xuventude Ourense FS na nosa escola. O 23 de novembro o alumnado do noso colexio tivo o privilexio de mergullarse no fascinante mundo do deporte, grazas á actividade "Coñece o teu Club". O responsable do Xuventude Ourense FS, club local de fútbol sala, visitou as nosas instalacións para presentar as marabillas deste deporte dun xeito vibrante e entretido. A presentación, celebrada na aula de psicomotricidade do colexio, comezou cunha breve presentación sobre a historia do club e o seu impacto na comunidade local. O alumnado tivo a oportunidade de coñecer a historia do Xuventude Ourense FS, os seus logros máis salientables e a importancia do fútbol sala como deporte na comarca. O prato forte da xornada foi, sen dúbida, a interacción directa co alumnado. Tras a presentación inicial abriuse un espazo para que o alumnado puidese facer preguntas ao dirixente do club. A participación foi abrumadora, con multitude de preguntas que reflectían o interese e a curiosidade dos mozos polo mundo do fútbol sala e a vida dentro dun club. Entre as preguntas formuladas polo alumnado, destacaron as preocupacións pola rutina diaria dos xogadores, os momentos máis emocionantes da historia do club e as oportunidades de implicarse no deporte a nivel local. As respostas do director do club proporcionaron información valiosa e motivadora, que inspiraron a moitos estudantes a considerar unirse a un equipo de fútbol sala ou participar activamente en actividades deportivas. Ao remate da presentación, o alumnado amosou o seu agradecemento e entusiasmo, destacando o enriquecedora que resultou a experiencia. A actividade "Coñece o teu Club" conseguiu non só achegar aos mozos ao mundo do fútbol sala, senón tamén fomentar o deportividade e o sentido de comunidade no noso colexio. Agradecemos ao Club Xuventude Ourense FS a súa dedicación e entusiasmo por compartir a súa paixón polo fútbol sala cos nosos alumnos. Confiamos en que esta actividade deixou unha impresión duradeira nos nosos estudantes, inspirándoos a explorar novas oportunidades no apaixonante mundo do deporte. Agardamos futuras colaboracións e eventos que reforcen os lazos entre a nosa escola e a vibrante comunidade deportiva local! |
PLAN VIXÍA |
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro realizou o martes 5 de marzo a primeira das sesións do Plan Vixía organizado pola concellería de Sanidade de Ourense sendo unha iniciativa que promove a prevención e a promoción da saúde entre a mocidade. A primeira das sesións o Educador Social, Félix, centrouse no traballo en equipo, a importancia da responsabilidade, colaboración, respecto, traballo en equipo e a importancia de coñecernos aumentando a nosa autoestima e autoconcept,. Xa estamos desexando realizar a segunda e última das sesións para ver con que nos sorprenden...
|
Xela, a superheroína de aldea |
Éxito rotundo do encontro con Inma Soto no noso colexio! O pasado 13 de abril, o noso colexio tivo o pracer de recibir á escritora Inma Soto, autora do libro "Xela, a superheroína de aldea", que estivemos traballando ao longo deste mes no club de lectura de 1º ciclo e 3º de Educación Primaria. Na súa visita, Inma Soto deleitounos cunha narración amena e chea de vida do seu conto, na que o alumnado participou de forma activa grazas ao profundo coñecemento que xa tiñan da historia. A autora soubo captar a atención dos máis pequenos e transmitirlles a valiosa lección que se agocha tras as aventuras de Xela: a sorte que temos nas aldeas por contar con todos os recursos que necesitamos ao noso alcance. Tras a narración, os nenos e nenas tiveron a oportunidade de formular as súas preguntas a Inma, demostrando unha gran curiosidade e interese pola obra e a súa autora. Inma respondeu con entusiasmo a todas as preguntas, creando un ambiente distendido e enriquecedor para todos os presentes. Como broche de ouro á visita, Inma asinou con dedicatoria persoal os libros e traballos realizados polo alumnado en clase, non sen antes darlles unha emocionante primicia: as aventuras de Xela terán continuación! Desde o colexio, queremos agradecer a Inma Soto a súa amabilidade e proximidade, por nos ter regalado unha mañá máxica e por transmitir aos nosos alumnos e alumnas valores tan importantes como o amor pola lectura, a imaxinación e o respecto polo medio natural e rural. Estamos desexando ler a continuación das aventuras de Xela! RECURSOS PARA TRABALLAR NA AULA
|
Concurso de animación á lectura |
O Club de lectura do 1º Ciclo celebra un emocionante concurso de animación á lectura! No mes de abril, o Club de lectura do 1º Ciclo culminou a súa lectura do libro "Xela, a superheroína da aldea" de Inma Soto cun emocionante concurso de animación á lectura. Nesta ocasión, na dinámica do concurso empregouse a aplicación Kahoot, onde os participantes formaron equipos e competiron utilizando un ordenador por persoa. Esta nova modalidade, para eles, fomentou a interacción e o traballo en equipo entre os nenos e nenas participantes, que demostraron un gran coñecemento do libro. A maioría dos participantes non cometeron erros nas respostas, o que derivou nunha disputada competencia onde a velocidade en responder as preguntas determinou ao equipo gañador. Desde o equipo de biblioteca entendemos que o concurso foi un éxito rotundo xa que os e as estudantes divertíronse moito e motiváronse aínda máis pola lectura. Ademais, a utilización de Kahoot permitiunos avaliar dunha maneira lúdica e dinámica a súa comprensión do libro. Este concurso é unha mostra máis do compromiso do noso cole co fomento da lectura entre o seu alumnado. O Club de lectura do 1º Ciclo é un espazo onde os nenos e nenas poden gozar da lectura, desenvolver a súa imaxinación e ampliar os seus coñecementos. Parabéns a todos os participantes polo seu entusiasmo e polo seu gran coñecemento do libro!
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »