Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
Mochilas viaxeiras |
No curso escolar 2021/2022 o alumnado de 5º curso utilizaron dúas mochilas viaxeiras que foron intercambiadas cada quince días durante todo o curso. O traballo de alumnado queda reflectido nos debuxos que se acompañan nos libros configurados para elo. As mochilas viaxeiras permiten ao alumnado un préstamo por un período de quince días, para compartir coas familias o contido da mesma. O contido do material foi escollido polo titor de 5º curso, supervisado pola biblioteca e procurando que teña a maior variedade de textos e formatos para que o alumando poida elixir. Acompañan a estes materiais “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, novas creacións, debuxos, achegas, …, sobre o contido da mochila. O material que acompaña a mochila do alumando de 5º curso de Educación Primaria foi o seguinte. 1º mochila:
2º mochila:
Como conclusión, destacar que ler en familia é unha actividade moi divertida que axuda a entrelazar lazos entre os pais e nais e os seus fillos e fillas enriquécenos a todos. Ademais, a lectura enriquece intelectualmente aos nenos e nenas, estimulando a súa imaxinación, a capacidade para resolver problemas, a memoria e a linguaxe, axúdalle a coñecer o mundo no que vive e impúlsalle a querer saber máis. Comentando as lecturas que facemos todos xuntos podemos reflexionar sobre o lido, os valores do libro infantil e xuvenil que escollésemos, explorando nosos propios sentimentos. É, en definitiva, unha axuda na educación dos nosos fillos, polo que é importante proporcionarlle ao alumnado lecturas estimulantes, acompañalos no descubrimento do pracer da lectura, sendo un hábito moi saudable e cheo de beneficios. |
Esto no es Hawai, qué guay!! |
O deporte que mellor representa a este estado norteamericano é o surf, pero desprazarrnos ata Hawaii non é sinxelo. Ben sabemos que aos valentes alumnos/as de 3º E.P. non hai dificultade que os bote para atrás, e como na nosa terra temos boas praias nas que coller ondas, alá que marchamos. Grazas aos expertos surfeiros de Prado Surf na praia da Lanzada, pasamos unha xornada de praia e surf que non esqueceremos. Non estamos en Waimea Bay pero cos nosos neoprenos e táboas calquera podería confundirnos coas xentes de Hawaii. COLLE ONDAS CON NÓS! |
Mes da Ciencia |
Ao longo do mes de novembro celebramos o mes da Ciencia no noso cole organizado desde a biblioteca escolar e en colaboración co EDL do centro baixo o lemma "Se tes paciencia divírtete coa ciencia" realizando diversos experimentos que aquí presentamos aos nosos compañeiros. Premendo nas seguintes imaxes teredes acceso aos traballos realizados polo alumnado do centro:
|
A gruta da torre |
A gruta da torre conta a historia de Lois que viaxa coa súa familia a pasar outro verán en Ribadeo. Quique, Greta e o resto da cuadrilla agardan por el, e ese ano hai tamén unha nena nova. Non a coñece, mais morre por falar con ela. Na vella biblioteca da Torre dos Moreno, Quique encontra un libro e, no interior, un misterioso documento que fala dun pasadizo. A investigación vese sacudida pola aparición dunha foca, Cuquita, e tamén por uns estraños sucesos no faro da Illa Pancha. Actividade 1: Lectura Actividade 2: Análise das personaxes Actividade 3: Traballo de contidos da área de lingua Actividade 4: Ilustración Actividade 5: Traballo a través das TIC. Actividade 6: Conclusión/valores |
Comendo cores |
O 31 de xaneiro e o 2 de febreiro de 2023 o CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro realizou o obradoiro “Comendo cores” no que a alimentación e a nutrición foron os temas centrais do mesmo. No obradoiro explicáronnos a importancia da nutrición e o traballo dos nutricionistas, que é un prato saudable, un prato vegano. Ao remate da sesión, realizamos xogos dinámicos centrados na boa alimentación, neste caso o xogo do pano nutricional. O obradoiro estivo dirixido pola nutricionista Tania Lorenzo González. Gustounos moito e xa estamos desexando que regresen ao noso centro para facer algún xogo máis e seguir afondado na boa alimentación. |
Coidando o noso mar |
Por uns días o CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro achegouse ao mar da man da Biblioteca Escolar do centro, guiados pola exposición itinerante “Coidando o noso mar”, prestada polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia). Desde as Rías Baixas chegaron as redes e as nasas que os/as nosos mariñeiros/as usan a cotío no seu labor. Esta exposición enmárcase no PDI do centro, adicado aos ODS axenda 2030. En concreto, o obxectivo 14: Conservar e utilizar de xeito sostible os océanos, mares e os recursos mariños. Protexer os nosos océanos debe ser unha prioridade. A biodiversidade mariña é vital para a saúde das persoas e do planeta. As áreas mariñas protexidas deben ser xestionadas de forma efectiva, tamén os seus recursos, e poñer en marcha regulamentos que reduzan a sobrepesca e a contaminación mariña dos océanos. MERGÚLLATE NO MAR MÁIS AZUL! |
Concurso exposición de froitos de outono |
Éxito creativo no concurso de Obras Artísticas de Outono. Nunha vibrante mostra de talento e creatividade, o EDL do cole, realizou un apaixonante concurso de exposicións, destacando traballos artísticos feitos exclusivamente con produtos e froitos do outono. A iniciativa ten como obxectivo fomentar a expresión artística e a conexión coa natureza durante esta época tan especial. Dende pinturas ata esculturas, estudantes de todas as idades participan activamente, xunto coas súas familias, neste evento que transforma os corredores da escola nun festín visual. A variedade de traballos reflicte a diversidade de talentos e enfoques creativos presentes na comunidade estudantil. Ao final do trimestre realizaremos a entrega de premios a todo o alumnado participante e aos mellores traballos por aínda segue aberto o prazo de presentación de traballos. Amosamos o noso entusiasmo pola participación e a calidade das creacións presentadas ata agora e destacamos a importancia de eventos coma estes para fomentar a expresión artística e o traballo en equipo entre o alumnado e as súas familias. O concurso expositivo non só reforza o vínculo entre a comunidade estudantil e a natureza, senón que deixa unha pegada duradeira na memoria de todos os participantes. Sen dúbida, este evento demostra que a arte pode ser unha poderosa ferramenta para celebrar a beleza fugaz do outono e para unir á comunidade escolar arredor da creatividade e a expresión persoal. ENTREGA DE AGASALLOS AOS TRABALLOS PRESENTADOS |
Obra de teatro "Leo chega do espazo" |
Éxito rotundo da obra de teatro "Leo chega do espazo"! O pasado 23 de abril, a biblioteca do noso colexio converteuse nun escenario espacial grazas á fantástica obra de teatro "Leo chega do espazo", interpretada polo alumnado de sexto de primaria. A obra, adaptada e dirixida polo equipo de biblioteca, narra a historia dun libro espacial que, perdido e triste, chega ao noso planeta. Ao chegar, atópase co Libro de Rexistro da biblioteca do CEIP Manuel Sueiro, que se converte na súa guía neste novo mundo. A través dunha viaxe máxica polas instalacións da biblioteca, Leo descobre a organización do espazo, a clasificación dos fondos documentais e a gran variedade de libros que ten á súa disposición. A obra, chea de humor e valores como a amizade, a curiosidade e o amor pola lectura, foi un completo éxito. Representouse en varias funcións ao longo do día para que todo o alumnado puidese gozar con ela. Desde aquí, queremos felicitar a todos os alumnos e alumnas de sexto pola súa gran interpretación, así como ao quipo responsable, polo seu excelente traballo de dirección e guión. Sen dúbida, unha experiencia espacial que quedará gravada na memoria de todos! MÁIS ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O MES DO LIBRO Ao longo do mes de abril destacamos, estre outras, as seguintes actividades: |
Actividades interactivas para Samaín |
Ligazóns a actividades interactivas relacionadas coa festa do Samaín: GENIALLY
VARIOS
|
Torneo de "Tres en raia" |
No mes de decembro, a mestra de música organizou o "III torneo de tres en raia", entre o alumnado maior do centro, como unha actividade inmersa dentro do proxecto documental integrado deste curso: "Mergullámonos nun mar de números". Este sinxelo xogo pon en marcha a maquinaria intelectual do alumnado, en todo o referente á lóxica matemática e a intelixencia artificial, dun xeito lúdico e creativo e que tanto agradecen todos os participantes no mesmo. Non hai máis que fixerse na faciana dos xogadores para comprobar canto gozaron durante o desenvolvemento do torneo. O Cadro de Honra quedou como sigue:
Moitos parabéns para todos eles!! Os participantes nesta edición xa están ansiosos porque comece a seguinte torneo... Preme na imaxen superior para ver a galería de imaxes do torneo |
Recomendacións lectoras para o Nadal | |
Metereoloxía no aula de apoio |
O alumnado do aula de apoio colabora diariamente no proxecto de Meteoescolas que está a desenvolver o alumnado de 6º curso no noso centro, coa toma de datos metereolóxicos en formato gráfico. Todos os días, desde que comezou o curso, colorean as imaxes do tempo que fai e colócanas, no seu lugar correspondente, no almanaque que rexistra ditos datos e que está situado nos corredores das aulas para poder ser consultado con facilidade polo resto da comunidade educativa. Galería de imaxes |
Elaboración de "Paus de choiva" |
Outra das actividades que tivo moito éxito de participación no alumnado foi a creación de “Paus de chuvia”. Estes instrumentos meteorolóxicos teñen a súa orixe nas culturas indíxenas de Norteamérica. Créese que eran utilizadas para atraer á chuvia en celebracións con rituais relixiosos dos indios norteamericanos. Os paus de choiva auténticos están feitos cos troncos secos de varias especies de cactus. O tronco baleirase, as espiñas arráncanse e logo crávanse cara o interior de tronco ao largo de toda a súa lonxitude. Despois introdúcese grava e péchanse os extremos. Ao inclinalo, a grava vai caendo dun extremo ao outro, golpeándose coas espiñas no seu camiño. Nós fixemos uns modelos destes paus a partir de tubos de cartón recheos de grava. O resultado foi espectacular!! |
Cancodrilo na horta |
O 26 de xaneiro, na sala de usos múltiples do noso cole, tivemos o privilexio de contar coa presenza da contacontos ourensá Sabela que encandilou ao alumnado coa posta en escena de dous contos da colección "Cancodrilo" de Xabier López e ilustrados por Javier Rey e Silvia González. Coas aventuras de "Cancodrilo", metade home e metade crocodilo, na horta e pintando, traballamos valores, coma o respecto e a amizade, engatusados polos poderes máxicos de Sabela. Sobra dicir que o pasamos xenial, como ben reflicten as imaxes da Galería.
|
Acábate la sopa |
O alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria asistiu ao Auditorio Municipal de Ourense á representación do conto musicado “Acábate la sopa”, que acerca aos nenos, dunha forma moi imaxinativa, á musica clásica e popular. É a historia dunha nena, Muriel, que ten que acabar de comer un plato de sopa ao que non lle ten moitas ganas. A través da súa imaxinación, converte a cociña nun lugar máxico no que aparecen músicos, unha bailarina, e instrumentos coma o violín, un piano, un clarinete e un violonchelo.. "nun recital de temas musicais de estilos moi diferentes, que van desde unha melodía medieval de Guillaume de Machaut ata a música minimalista de Steve Reich e Philip Glass, pasando por compositores do século pasado como Shostakóvich e Eisler ou a música de The Beatles. Todos estes compositores parten dos mesmos ingredientes, as sete notas da escala musical, pero cada compositor elabora as melodías e os ritmos o seu xeito, creando a súa propia receita para cociñar as súas melodías". (Sinopse extraída da páxina web de Educación do Concello de Ourense) A actividaderesultou ser ynha gran combinación de musica, teatro e danza que espertou o interese e a imaxinación do alumnado. |
Memoria gráfica do traballo feito na biblioteca | |
Desfile de Entroido 2018 |
O venres de Entroido realizamos o desfile de disfraces na pista polideportiva do centro cunha gran asistencia de familiares e amigos do alumnado. Previamente ao inicio do desfile, participamos nunha degustación de doces de entroido que foron realizados coa colaboración das familias do alumnado. Desde o centro, agradecemos o esforzo e traballo de todos e todas as reposteiras participantes. Como en anos anteriores, cada curso disfrazouse dunha temática que está relacionada co PDI que están a desenvolver nas súas aulas:
Ao rematar o desfile, pasámolo xenial no baile de disfraces!!
GALERÍA DE IMAXES |
Contacontos CIFP Portovelo |
Na semana previa ao Día mundial da meteoroloxía, teatro e poesía o alumnado do Ciclo de animación do CIFP Portovelo realizou catro contacontos no noso centro, relacionados, todos eles, co tema dos PDI que se entán a desenvolver en Ed. Infantil e 1º, 2º e 3º de ED. Primaria.
O alumnado do CIFP Portovelo fíxoo xenial, e nós pasámolo moi ben. Temos que repetir!!!
|
Día da árbore |
Ao longo da semana do 23 de marzo celebramos no colexio a Semana escolar da Árbore e da Auga seguindo o programa da Deputación de Ourense que este ano estivo dedicada ao salgueiro. Na Hora de ler o alumnado traballou o conto de Xosé A. Perozo e Viki Berre titulado "A invención do salgueiro en Ourensanía". O día da árbore prantamos un salgueiro no partio do centro e cantamos a canción de Paco Noguieras "Cos pes na terra". GALERÍA DE IMAXES
|
Taboleiro de meteoroloxía | |
Mochilas viaxeiras |
No curso 2019/2020 estiveron en funcionamento 7 mochilas viaxeiras, e dicir, unha por cada classe do cole. Como en anos anteriores, as mochilas viaxeiras permiten ao alumnado un préstamo por un período dunha semana, para compartir coas familias o contido da mesma. O contido do material foi escollido pola persoa titora, supervisado pola biblioteca e procurando que teña a maior variedade de textos e formatos, tanto en galego como castelán, para que o alumando poida elixir. Todas as mochilas inclúen “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, novas creacións, debuxos, suxerencias, …, sobre o contido da mochila o dos libros lidos. Achegamos unha mostra do traballo realizado polo alumnado nas súas casas. Para a maioría das familias resulta ser unha actividade moi divertida que axuda a entrelazar lazos entre pais e fillos e enriquécenos a todos. Foi unha mágoa que a partir de mediados do mes de marzo non puideron funcionar. |
From Manuel Sueiro to Sweden |
Tendo como guía á nosa auxiliar de conversa, Melissa, e como lingua vehicular, inglés, fixemos unha viaxe que nos levou desde o noso cole ata Sweden. Coñecemos o seu lugar en Europa, bandeira, comidas típicas, tradicións, festas e os Dala Horse, dos que fixemos réplicas. Nun tempo no que as viaxes están restrinxidas á nosa imaxinación, no CEIP Manuel Sueiro viaxamos ben lonxe grazas á axuda da nosa auxiliar de conversa. THANK YOU MELISSA! |
Concurso fotografía: Emociónate co meu libro |
Leo e máis o equipo de biblioteca organizan un concurso de fotografía para celebrar o Día do Libro, titulado: “Emociónate co meu libro”. Os participantes tiñan que realizar unha fotografía da portada dun libro que os emocionara e outra na que se caracterizaran como a personaxe do libro nesa portada. O folleto de publicidade do concurso informou das bases do mesmo. Na seguinte galería podedes observar as imaxes da entrega dos premios aos traballos máis votados polo alumnado. |
Día do bico |
O 13 de abril celébrase o Día Internacional do Bico e os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria traballamos sobre esta celebración. Para elo, partindo do conto ¿De qué color es un beso? cada un foi dicindo a cor da que cre que son os bicos: vermellos, verdes, de moitas cores, depende da persoa a que llo deamos... foron algunhas das ideas que saíron. A continuación lemos o conto nomeado anteriormente e despois da lectura fixemos un debate sobre como podemos dar bicos na actualidade debido á situación de COVID-19. Podemos bicarnos dicindo "quérote", lanzando bicos coa man ou virtuais, facendo xestos coas mans... Para finalizar a actividade, cada un coloreou o seu bico coa cor ou cores coa que o identifica e engadiu a súa forma de bicar na actualidade. |
Celebracón dos Maios 2021 |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »