Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
Fomentando o gusto pola lectura en primeiro de educación primaria |
A implantación da “Hora de ler”, e unha actividade diaria que realizamos todos os días entre as 12:00 e as 12:20 horas. O obxectivo desta iniciativa é fomentar o amor pola lectura e desenvolver no alumnado as competencias literarias. A "Hora de ler" foi unha actividade estruturada na que o alumnado tiña un tempo dedicado exclusivamente á lectura. Neste período promoveuse a lectura autónoma e achegáronse diversos materiais de lectura adecuados á idade e ao nivel do alumnado xa que este, nun principio, era moi heteroxéneo. Obxectivos:
Metodoloxía:
Resultados:
Conclusións: “A hora de ler” resultou ser unha actividade exitosa para fomentar o amor pola lectura e desenvolver as competencias literarias no alumnado de primeiro de educación primaria. O aumento do interese pola lectura, a mellora da comprensión lectora e a ampliación do vocabulario evidenciaron os beneficios desta iniciativa. Recoméndase seguir fomentando a lectura como práctica habitual na aula, xa que contribúe ao desenvolvemento integral do alumnado e ao enriquecemento da súa formación cultural e lingüística. |
DOBRAXE NA ESCOLA |
O 14 de maio o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria participou no obradoiro de “Dobraxe na escola” que organizou a concellería de educación do noso Concello no Auditorio. |
Producións de materiais na biblioteca no curso 2023/2024 |
Todo o traballo realizado ao longo do curso está reflectido na nosa aula virtual nun curso que creamos para o Seminario "Tecnoloxías da aprendizaxe e o coñecemento, currículo, biblioteca e recursos web. 23/24". https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/aulavirtual/course/view.php?id=183 Material en papel:
Ligazóns a traballos elaborados na rede: DRUPAL:
Libros actualizados:
Presentacións:
Genially:
Kahoot:
Vídeos: Galería de imaxes: SOUNDCLOUD: H5P:
MOODLE. Cursos. |
Ideas para decorar en Samaín |
Ideas para decorar e ambientar o colexio:
|
Carlos Ruvalcaba e Belén Aramis Ceja no Sueiro |
O 2 de outubro contamos coa presenza, na biblioteca do noso centro, dos poetas mexicanos Carlos Ruvalcaba e Belén Aramis Ceja, chegados desde o estado de Miochacan para participar no "VI encontro internacional de poesía" que tan ben organiza o Círculo de poesía Ourensán. Ao longo de toda a semana estivemos pescudando información sobre a vida e obra destes poetas e todo o alumnado do centro traballou na "Hora de ler" o conto de Carlos Ruvalcaba titulado "A mariposa bailarina" que nos describe a viaxe que todos os anos realiza a bolboreta monarca desde os bosques de Miochacan ata Canadá en busca de alimento e bo clima. Para recibilos, o alumnado de 5º curso, representou, con monicreques, a obra titulada "Una hambrienta oruga" sobre o ciclo de vida das bolboretas. Ao remate da obra, dúas alumnas déronlle a benvida aos poetas coa recitaxe dun poema creado por nós. Posteriormente o alumnado de 5º e 6º curso participou nun obradoiro de poesía que maxistralmente dirixiron os poetas mexicanos coa recitaxe de fermosos poemas e contos orixinais deles mesmos, entre os que destacamos o poema mi “Mi angel” que Belén lle dedicou a súa nai e o conto do “León e a súa sombra” co que Carlos nos ensinou que non lle hai que ter medo ás cousas que non lle hai que ter medo. Durante o encontro, o alumnado someteunos a unha gran batería de preguntas que eles responderon amablemente ao longo de máis dúas horas que se nos pasaron rapidísimamente.
Descubrimos moitas cousas deles: Que a súa comida favorita son os tacos e que de Galicia gústalle moito o marisco, que raro!!. Belén é a primeira vez que ven a España e Carlos traballou fai anos de corresponsal de prensa en Madrid para un xornal mexicano, e desde aquela fíxose un siareiro do Atlético de Madrid. Chamoulles moito a atención a limpeza das nosas rúas e a pouca contaminación que se observa nas cidades. Respecto ao clima, están encantados co clima de Miochacan xa que non é tan estremo coma o noso. Alí tamén chove moito, o que fai que teñan un clima moi húmido. Ámbolos dous son poetas porque, para eles, a poesía é unha forma de expresar os seus sentimentos e o que pasa na vida ao seu redor. Carlos díxonos que el sinte necesidade de escribir poesía. Os dous nos confesaron que levan sempre un caderno para anotar todas aqueles sucesos que lles ocorren ao longo do día e lle producen inspiración. Se non o anotan, din que o esquecen. O libro favorito de Belén é “Lámpara de sueño” de Leticia Cortés, e Carlos díxonos que lle gusta moito a poesía do escritor portugués Fernando Pessoa. Para rematar Carlos deixounos uns contos seus para que os traballásemos no cole: “La ranita muda” e un inconcluso que nos dedicou e que nós mesmos teremos que rematar. Antes de despedirse, fixéronnos dedicacións personalizadas, a todos e todas os/as presentes, en marcapáxinas dos "VI encontros de poetas"
Desde estas páxinas, dámoslle as grazas aos dous poetas polo seu tempo, e ao Círculo poético ourensán, xa que sen a súa colaboración estes encontros non serían posibles.
|
Obradoiro de plástica con Baldomero Moreiras |
Este ano, en sexto de Ed. primaria, estamos a desenvolver un proxecto documental titulado “Da man de Baldomero, pintura e escultura imos coñecer”. Con este traballo estudaremos distintos materiais e técnicas plásticas, así como estilos pictóricos e escultóricos. A principios de febreiro, realizamos un obradoiro de plástica, dirixido polo prestixioso pintor ourensán Baldomero Moreiras. Con el realizamos un collage de pombas zurita e polipava. No mes de marzo volverá a ensinarnos máis cousas Asemade, aproveitamos para facerlle esta entrevista. . ENTREVISTA BALDOMERO MOREIRAS P. Cando comenzaches a pintar?
|
Cando chove é un bo día | |
Xornadas de robótica |
O días 23 e 30 de abril de 2019 a docente Dna. Almudena Alonso Ferreiro e o alumando de Grao de Educación Primaria realizaron dous obradoiros co alumnado de 6º curso de Educación Primaria centrados na robótica. Con estas actividades iniciamos ao alumnado no mundo da robótica empregando os robots educativos para realizar actividades lúdicas que fomenten unha aprendizaxe significativa e colaborativa. Con estas actividades estamos estimulando no noso alumnado o desenvolvemento de procesos cognitivos de alto nivel e favorecendo a adquisición das competencias clave. A primeira sesión, realizada o día 23 de abril, centrouse no coñecemento dos robots e a súa funcionalidade Iniciárose na programacón para conseguir desprazar aos robots polos diferentes circuitos que eles mesmos diseñaron. Na segunda das sesións realizadas neste obradoiro, o alumnado repasou e profundizou os seus coñecementos sobre xeometría a través da programación nos robots foi a realización de actividades xeométricas en papel continuo. |
Animación á lectura: "Alas de mosca para Ángel" |
O 4 de Febreiro realizamos na hora de ler, ca colaboración do titor, o xa tradicional concurso de animación á lectura co alumnado de 6º. Nesta ocasión sobre o libro Alas de Mosca para Ángel de Fina Casalderrey. Estrela, unha nova alumna de sexto de primaria, produce certas incomodidades os compañeiros polo as súas actitudes e o coidado especial que require. Pero a súa reacción ante a noticia dun secuestro conmoverá os seus compañeiros de clase, a súa familia e a a opinión pública demostrando que, por encima das diferenzas de ideas ou capacidades, o máis importante é ter un gran corazón. A novela é a crónica da vida dunha aula cos problemas, acordos e acitudes dun grupo onde todos se coñecen, e a nova alumna ven a desbaratar a súa comodidade. Unha historia tenra, con toques de atención a conciencia e secuestros, onde inocencia, aceptación e ver mais alá das diferenzas, os leva o que creían imposible. O equipo gañador levou como premio , un exemplar do libro O brazalete Máxico de Rocío Rueda, e o resto do alumnado un pequeno presente pola súa participación e implicación no desenrolo do concurso. |
Os segredos dos franciscanos |
O 6 de marzo, na sede do Arquivo Histórico Provincial, o alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria participou no obradoiro "Os segredos dos franciscanos". É unha actividade didáctica que xira arredor da exposición "O legado de Asís: franciscanos e pobres clarisas en Ourense". A través da experimentación e os xogos propostos polas dúas personaxes de ficción que guiaron a actividade (Xoana, lavandeira e frei Xan "Farrapeiro", o arquiveiro do convento). Grazas a eles, viaxamos ao longo do tempo a partir de vellos. documentos que nos invitan a coñecer diferentes aspectos da cultura e dos modos de vida das sociedades do pasado. |
Colleita final na nosa hortiña |
O último día de clase desplazámonos ata á nosa hortiña para recoller os alimentos que xa servían para comer. Metemos na nosa cesta tomates, cenorias, cebolas, leitugas e algúns amorodos que pillamos na horta dos nosos compañeiros do CIFP Portovello. Unha vez rematada a recolleita regresamos para o cole e preparamos unha gran merendola moi saudable na nosa clase, na que participou todo o alumnado que coidou a hortiña ao longo destes últimos meses. Estaba todo riquísimo!! |
Quedada sobre o libro Unha bolsa de patacas fritas na Polinesia. |
O último día do mes de maio, realizamos un encontro na biblioteca, con todos os membros do club de lectura para cambiar impresións sobre o libro traballado ao longo do terceiro trimestre: Unha bolsa de patacas fritas na Polinesia de Jordi Sierra i Fabra. A ampla participación de todos os seus membros fixo que o encontro fose moi produtivo xa que aproveitamos a ocasión para abordar varios temas de conservación do medio ambiente que levamos traballado ao longo do curso desde o noso PDI. A experienncia foi moi enriquecedora. Xa estamos desexando que volva a comezar o novo curso para pór a rodor de noov o Club de lectura. |
Experimentando con piñas | |
Pase de grandes lectores |
Entrega do Pase de grandes lectores O 25 de outubro, con motivo da celebración do Día das Bibliotecas Escolares, o noso centro educativo levou a cabo diversas actividades para fomentar o amor pola lectura entre o alumnado. Un dos momentos máis destacados foi a entrega do Pase de lectura. Este pase ten como obxectivo que os estudantes plasmen as súas impresións sobre os libros que van lendo durante o curso. Desta maneira, anímase á reflexión crítica e promóvese o intercambio de opinións entre compañeiros. Do mesmo xeito, aproveitamos a ocasión para entregar os carnés de biblioteca ao alumnado novo que se incorporou este ano ao centro. Deste xeito, poderán acceder á ampla colección de libros que ofrece a nosa biblioteca e gozar dunha infinidade de historias e coñecementos. Carné da bibloteca Pase de lectura da bibloteca |
Lobo Ramón |
O Club de lectura do 1º ciclo mergúllase nas aventuras de "Lobo Ramón"! Os lectores e as lectoras do Club de lectura do 1º ciclo están inmersas nunha emocionante viaxe polas páxinas de "Lobo Ramón", obra da recoñecida autora María Canosa. Nesta ocasión, os pequenos e pequenas lectoras non só están a gozar da historia, senón que tamén están a aproveitar a oportunidade para perfeccionar as súas habilidades lectoras. Para mellorar a súa fluidez lectora, os estudantes están a gravarse lendo utilizando a aplicación Audacity. Desta forma, poden identificar os seus erros de pronunciación e entoación e traballar na súa corrección. Ademais, están a empregar o caderno de lectura proporcionado pola editorial Loqueleo para avaliar a súa comprensión do texto. Unha vez rematada a lectura do libro, o Club de lectura dedicará unha sesión a compartir as súas impresións sobre a historia e a participar no tradicional concurso de animación á lectura, unha actividade que sempre esperta gran entusiasmo entre os nenos e nenas participantes. Sen dúbida, esta experiencia lectora está a ser enriquecedora para as persoas participantes do Club de lectura, permitíndolles non só gozar da literatura infantil, senón tamén desenvolver importantes habilidades para a súa aprendizaxe. RECURSOS PARA TRABALLAR O LIBRO
|
PDI. 3º EDUCACIÓN PRIMARIA. |
PDI 3º EDUCACIÓN PRIMARIA. ACCIÓN POLO CLIMA. “Loitando contra os efectos do cambio climático nas especies animais” O curso escolar 2023/2024, a aula de 3º de Educación Primaria, decidiu centrar o seu Proxecto Documental Integrado (PDI) cuxo obxectivo principal é que o alumnado sexa capaz de participar na defensa e na loita que todos debemos levar a cabo para defender o noso medio ambiente. Este PDI atópase dentro do PDI xeral do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, co título: “No Sueiro o Planeta ten mellor pinta porque traballamos en conxunto a Axenda 2030”. O PDI do alumnado de 3º de Educación Primaria leva por título “Loitando contra os efectos do cambio climático nas especies animais”. |
Día da biblioteca 2014 |
O 24 de outubro, como non podía ser doutro modo, celebramos no noso centro o Día da Biblioteca dun xeito moi especial. O alumnado de 5º e 6º curso de Primaria representou na biblioteca unha obra teatral que nos recordou os PDIs (Proxecto Documental Integrado) que realizamos en anos anteriores i en que vai consistir o que imos realizar este curso: "Mergúllate nun mar de números". Para a presentación do proxecto contamos coa actuación estelar da galiña Turuleta, que será unha das protagonistas deste PDI. A continuación o alumnado de 1º curso de Ed. Primaria fixo entrega á Biblioteca dun libro de poemas realizado por eles durante o tempo destinado á Hora de ler. O título do libro é "O fafarrún" i esta baseado no poema orixinal de Gloria Sánchez. Asemade, presentaron á toda a comunidade educativa o estreno da curta que fixeron sobre o libro "O fafarrun". Moitos parabéns para estes "pequenos" grandes artistas!! A mestra responsable do EDL (Equipo de Dinamización Lingüística) presentounos a exposición sobre tradición oral galega, na que participou libremente a comunidade educativa, e que está nos corredores do centro para ser visitada. Fixemos entrega das mochilas viaxeiras aos respectivos titores para que o alumnado as leve as súas casas para compartir lectura, en tempo de lecer, coas súas familias. Outra das actividades realizadas foi a entrega do carné de biblioteca aos novos lectores do centro. Tamén agasallamos con carnés de Honra aos mestres en prácticas, á auxiliar de conversa de inglés e aos donantes de agasallos para a biblioteca. Para rematar, un dos alumnos de 5º curso de Ed. Primaria fixo unha doazón altruísta de libros para a biblioteca. Desde aquí animamos a toda a comunidade educativa a seguir o mesmo exemplo con aqueles libros que sexan adecuados ás idades do noso alumnado e que quizás, por diversos motivos, non lles sexan de utilidade nas súas casas.
Galería de imaxes das actividades realizadas
|
Auxiliar de conversa en inglés |
Este curso contamos cunha nova auxiliar de conversa en inglés chamada Miranda Melissa. Participou activamente na presentación do PDI deste curso"Mergúllate nun mar de números" ao alumnado dándolle as explicacións precisas sobre o significado da decoración da entrada da biblioteca. |
Visita do alumnado do CEIP de Pazos de Reis |
O día 22 de maio o alumnado de 6º curso de Ed. Primaria realizou unha convivencia intercentros co alumnado do CEIP de Pazos de Reis de Tui. Con dito alumnado, levamos coordinándonos ao longo deste curso para comparar os datos metereolóxicos de Tui cos de Ourense. Ata hoxe, só coñeciamos aos nosos compañeiros e compañeiras de Tui virtualmente, por fin lles puxemos cara!! A viaxe para eles comezou moi cedo, pola mañá, transladáronse en tren desde Tui ata Ourense. Unha vez que chegaron ata o noso centro, fixémoslles de guía pola cidade de Ourense. Visitamos as fontes termais das Burgas e puideron comprobar en situ a temperatura á que emana a auga. Continuamos cunha visita ao casco histórico de Ourense con parada na Catedral e visita ao Pórtico do Paraíso. Continuamos polas rúas da zona vella para visitar a fonte da Praza do Ferro. Comezamos o camiño de regreso, ata o noso centro, cunha parada de descanso na Praza de Vigo. Unha vez que chegamos ao centro, xantamos todos xuntos na nosa biblioteca intercambiando impresións para coñecernos mellor Antes de despedirnos, fixéronnos un agasallo, a todos e todas nós, polo que lles estamos moi agradecidos. Foi unha experiencia xenial... ...Hai que repetila!! |
Herbas e plantas medicinais |
Neste curso no PDI do centro adicámonos a explorar sobre Galicia. Para acadar os obxectivos propostos: buscar e coñecer herbas e plantas medicinais da contorna; recompilar distintas clases de herbas e plantas máis comúns que se usan como remedio de enfermedades; coñecer que tipo de enfermedades curan as distintas plantas medicinais: respiratorias, dixestivas, da pel …e coñecer como se usan as distintas plantas medicinais: infusións, uso tópico … desenvolvéronse as seguintes actividades:
Caderno de "Herbas e plantas medicinais" |
Celebración do Día da Paz 2017 |
O Día 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz e non Violencia no centro. Este ano, como é o aniversario do nacemento de Gloria Fuertes, traballamos a Paz a través da súa poesía. Durante os os días previos a esta data, cada clase preparou un dos seus poemas, relacionados coa Paz, para ser recitado, na biblioteca do centro, o Día 30 de xaneiro. O resultado deste traballo de poesía que da reflictido no seguinte vídeo: Galería de imaxes da celebración:
O alumnado de 6º curso visionou a curtametraxe "O soldadiño de latón". Na seguinte ligazón está o material para traballar o aniversario do nacemento de Gloria Fuertes. |
"Las cuatro estaciones" |
Os nenos de segundo e sexto de E, primaria fixemos o P.D. I . sobre Antonio Vivaldi e a súa obra “Las cuatro estaciones “ . Tamén estudamos a cidade onde naceu : Venecia. No primeiro trimestre coñecemos a vida de Antonio Vivaldi e a partires de ahí realizamos un mural para a porta da nosa clase e tamén un para o de todo o colexio. No segundo trimestre nos paramos na cidade onde naceu Antonio Vivaldi : Venecia
No terceiro trimestre coñecemos a súa obra : “As catro estacións “
|
Recursos didácticos |
Presentación sobre a vida e obra de Antón Fraguas ; Máis recursos educativos sobre Antón Fraguas
|
Atravesamos a Torii |
ATRAVESAMOS A TORII Na nosa peregrinaxe polo Kumano Kodo, atravesamos a última torii do noso camiño. E como bos dual pilgrims, ao remate do St. James way e Kumano Kodo, tanguemos a bell coa que damos fin ao noso camiñar. Non son tan grandes como a orixinal pero puxemos toda a nosa ilusión e traballo na súa elaboración. |
Día da biblioteca 2019 |
O 24 de outubro celebramos no noso cole o Día das bibliotecas escolares. Como en anos anteriores, aproveitamos esta data para presentar o PDI deste curso á comunidade educativa. Este curso académico o título escollido é "Incrible? Non!... está nas túas mans" co que pretendemos fomentar e favorecer a igualdade e a diversidade desde todo o traballo realizado desde a Biblioteca. Cada grupo encargouse de presentar o que van a traballar nas súas aulas ao longo deste ano en relación á temática proposta.
O alumnado de 4º de Ed. Primaria, tamén representou un teatriño de monicreques titulado " A cachiporra máxica" para recordarnos que a celebración do Samaín xa está "aí". Para rematar, o alumnado de 5º de Ed. Primaria representou unha obra de teatro que eles mesmos elaboraron e titulada "A nosa biblioteca", co fin de iniciar a formación de usuarios do novo alumnado do noso centro aos que lles foi entregado o seu carné de biblioteca.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »