Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
Formación no Primeiro Ciclo de EP |
O alumnado de primeiro ciclo traballou os seguintes temas ao longo do primeiro trimestre:
|
Metereoloxía no aula de apoio |
O alumnado do aula de apoio colabora diariamente no proxecto de Meteoescolas que está a desenvolver o alumnado de 6º curso no noso centro, coa toma de datos metereolóxicos en formato gráfico. Todos os días, desde que comezou o curso, colorean as imaxes do tempo que fai e colócanas, no seu lugar correspondente, no almanaque que rexistra ditos datos e que está situado nos corredores das aulas para poder ser consultado con facilidade polo resto da comunidade educativa. Galería de imaxes |
Día Internacional da Muller |
O nacemento do Día Internacional da Muller, ao contrario do que se pensaba, non radica nun acontecemento illado, senón que debemos situalo nun contexto histórico e ideolóxico moito máis amplo. CARMÉ LÓPEZ (Mujer actual) Esta é unha celebración que as Nacións Unidas declararon no ano 1978, pero que ten a súa orixe no ano 1908 en Nova York. |
Un selo para Ourense |
O 21 de abril a alumna do noso centro, Yadira Gabarri Vázquez, acudiu ao Auditorio Provincial de Ourense para recoller o premio recibido no concurso de debuxo “Un Selo para Ourense”, que organizou a Concellería de Educación en colaboración con Correos. Hai que destacar o traballo presentado por Yadira, xa que segundo os membros do xurado da Organización o nivel amosado nesta edición, por todos os participantes ,foi moi alto, tanto en número como en calidade. Moitos parabéns para Yadira!! |
Meteoroloxía |
Presentación sobre a metereoloxía que foi empregada co alumnado que está a participar no programa de Meteoescolas do Plan Proxecta.
|
Tonecho de Rebordechao |
Na primeira semana do mes de febreiro o alumnado de 6º curso de Ed. Primaria realizou un novo concurso de animación á lectura sobre a obra de Breogán Riveiro titulada "Tonecho de Rebordechao". Esta obra recibiu o Premio Raíña Lupa 2004 da Deputación da Coruña. O libro conta as aventuras dun neno: Tonecho, o único pequeno da súa aldea. Rebordechao é unha aldea que queda alá por...chegando á... O certo é que non é doado atopar Rebordechao, nen sequera aínda que a busques. Neste lugar perdido vive Tonecho, o neno máis bo e máis guapo, o mellor de to
|
Enquisa sobre os traballos do fogar |
Preme na imaxe para realizar a enquisa sobre quen realiza as tarefas no teu fogar: Preme na ligazón para ver os resultados da enquisa: |
Xornalistas gañadores no concurso do Xornal escolar |
O alumnado de quinto curso, coordinados pola súa titora, acadou o primeiro premio provincial no Concurso "Crea o teu xornal" que organizou o xornal "La Región". A continuación reflectimos a entrevista que lle fixeron desde a redacción de "La Región" e que sairá publicada o próximo 29 de xuño. Como premio iremos de viaxe a Portugal no mes de setembro cos gastos pagados polo xornal.. MOITOS PARABÉNS!!! Ligazón á nova no Xornal "La Región" ¿Qué supone para vosotros ser ganadores? ¿Cómo organizasteis la elaboración del trabajo? ¿Qué quisisteis plasmar con vuestro trabajo? De todo el trabajo, lo que más nos gustó fue hacer la entrevista a nuestra Orientadora. Destacar también que elaboramos un árticulo para recomendar libros de lectura porque nuestra biblioteca es el lugar que visitamos todas las semanas, llevamos libros para casa o buscamos información para confeccionar nuestros trabajos y proyectos consultar. Nos hubiese gustado poder presentaros la despedida que le hicimos a la profesora Auxiliar de Conversa o la predicción del tiempo en las Illas Cíes en inglés, la obra teatro y las otras actividades del curso. Bueno, si queréis las podéis ver en la página web del cole. |
Mariángeles Ibernón Valero |
O venres 7 de outubro a poetisa Mariángeles Ibernón Valero visitou a nosa biblioteca grazas á colaboración do Círculo Poético Ourensán. Nace en Cehegín, Murcia, no ano 1967. Poeta, editora e xestora cultural. Comezou a escribir sendo moi nena, sentada á beira da súa nai enferma de cangro, enfermidade que marcou a súa vida xa que quedou orfa moi nova e perdeu una irmá. Autora do poemario “Susurrando palabras”, libro dedicado á súa irmá e que donou a beneficio da AECC; do libro de poemas infantís “Me dibujas un verso?”, poemario solidario cuxos fondos van destinados a un orfanato da India. A súas últimas publicacións son “69 huellas eróticas” e “Siempre es tiempo de cerezas”, este último dedicado ao seu pai. Deuse a coñecer na revista dixital “Acantilados de papel”. Despois foi fulgurante a súa incorporación ás letras en revistas e libriños anuais. Coordina na actualidade “Café con versos” en Murcia e a revista literaria “Con luz y poesía”. Tamén imparte obradoiros de poesía a nenos, “Saca el poeta que llevas dentro”, introducíndoos á imaxinería poética. Diariamente danos os bos días cun dos seus poemas, ela di que ao levantarse o seu primeiro pensamento é unha poesía.
MATERIAL PARA TRABALLAR EN CLASE |
Exposición de calacús 2016 |
O xoves 27 de outubro celebramos no centro a festa do Samaín, coa entrega de diplomas a todos os participantes na exposición de calacús que tivo lugar, nos corredores do colexio, ao longo de toda a semana. Hai que destacar o espectacular nivel dos traballos presentados e a elevada porcentaxe de participación da comunidade educativa nesta tradicional festa do noso centro. Na galería de imaxes podedes observar as verdadeiras obras de arte que nos achegastes... ...moitos parabéns a todas e todos!! Imaxe con realidade aumentada (Pasos a seguir) |
Exposición con castañas 2016 |
Ao longo do mes de novembro poderedes visitar na entrada do cole a exposición de traballos manuais realizados polo alumnado coa axuda das súas familias... cada ano o alumnado e as súas familias se esforzan máis por achegar verdadeiras obras de arte á exposición. Moitos parabéns a todos e todas!!! Galería de imaxes da exposición
|
Concerto de Nadal: "Estación Nadal" |
A Concellería de Educación celebrou o Nadal cos alumnos e alumnas máis cativos e que mellor forma que levando a cabo un concerto que ten por nome "Estación Nadal" a cargo do recoñecido grupo "Mamá Cabra". As profes dixéronnos que só hai 4 estacións: primavera, verán, outono e inverno. Pero é mentira. Hai una máis e chámase Estación Nadal. É a máis divertida do ano, porque é tempo de agasallos pero tamén de cancións e de vacacións e de galdrumadas e de... en fin, de todas as cousas boas que ten a vida. Mamá Cabra quixo cantarlle á Estación Nadal. Escribíronlle unha carta aos Reis Magos e eles contestaron. Pediron unha morea de cousas, entre outras, que o recreo dure máis tempo. E todo iso, cantando. A que presta a Estación Nadal? Foi espectáculo cheo de diversión no que houbo moitas sorpresas… Pasámolo xenial!!! |
VI Concurso de poesía do Círculo poético Ourensán |
O 29 de abril falláronse os premios da VI edición do Círculo poético ourensán que este ano tiñan que versar sobre "Sentimentos na escola". Un alumno do noso centro, Diego J. García González, resultou finalista, polo que o seu traballo formará parte da antoloxía que será publicada para a próxima edición do concurso. Esta, estará formada polos 20 mellores poemas de Ed. Primaria e os 20 mellores de ESO. O evento tivo lugar no Salón de Actos da Biblioteca Pública de Ourense, quedándose pequeno para acoller ao numéroso público presente no acto que estivo presidido pola directiva do Círculo poético. Asemade, tamén se entregou o poemario "Inspiracións" cos poemas finalistas da "V edición do concurso" do ano pasado, no cal hai dous poemas creados polos alumnos do noso centro Diego García González e María López Randolfe. |
Pescudando sobre Carlos Casares |
Unha das tarefas que realizamos na Hora de Ler no mes de maio para conmemorar a homenaxe nas Letras Galegas a Carlos Casares foi a realización dunha pescuda ou caza do tesouro por medio do emprego de códigos QR para facilitarlle as pistas que tiñan que seguir. A actividade titulábase "De que libro falamos". Como non dispoñiamos de dispositivos móbiles para todo o alumnado, tamén facilitamos as tarefas en formato web para que así todo o alumnado tivese acceso a esta actividade de gamificación do proceso educativo. A experiencia resultou ser un éxito, xa que a maioría do alumnado chegou ata o final da mesma. Para premiar e recoñecer o seu esforzo e dedicación, ao reamate da mesma, fixemos entrega de diplomas a todos os participantes. Unha vez rematada a pescuda, fixemos unha sesión de avaliación e posta en común onde o alumnado manifestou o seu grado de satisfacción coa mesma. Nunha escala de valoración de 0 a 10 (0=nada; 10=moito) a valoración media por parte do alumnado foi de 9,5; sendo a moda de 10. |
Hora de ler en 5º Ed. Primaria |
Leváronse a cabo as seguinte actividades, varias das cales sería interesante continuar no seguinte curso académico. Tal e como se programou no PAL, no 1º trimestre traballamos cos libros da colección bilingüe “Clara Secret”, Ed. Macmillan. No 2º trimestre intentei cambiar a metodoloxía empregada no 1º trimestre e así, conseguir unha maior implicación dos alumn@s, empregando a poesía. Aproveitando a conmemoración do centenario do nacimento de Gloria Fuertes, limos poesía da colección “Lee con Gloria Fuertes”, Ed. Susaeta. https://www.youtube.com/watch?v=XAzIrJC2yCk&feature=youtu.be O sistema da hora de ler foi o seguinte:
No 3º trimestre:
Ao final, acadáronse os obxectivos do proxecto lector neste nivel, mediante unha metodoloxía participativa. |
O Sueiro, onde a lectura é arte |
Durante este curso, 2016-2017, o Sueiriño VI impregnou de arte todos os recantos e actividades do noso cole, co proxecto documenal integrado titulado:"O Sueiro: onde a lectura é arte". Seguindo as directrices marcadas pola Asesoría de bibliotecas para este curso, e visto que xa tiñamos realizado algún pequeno proxecto sobre pintura, decidimos dedicar o noso PDI ao mundo das artes en xeral. A nosa proposta presentou un proxecto cooperativo de todo o centro, que partindo da biblioteca, implicou ao alumnado por área, curso, etapa, a todos os membros do claustro, e involucrou a membros da comunidade educativa. O traballo realizado por cada curso foi o seguinte:
|
Apertas que voan |
Durante a semana da Paz todo o alumnado do centro traballou a canción de Paco Nogüeiras "Apertas que voan". No vídeo e nas imaxes podedes observar o ben que o pasaron interpretando a canción o Día da Paz. |
Antón comodón |
O día 3 de abril o alumnado de Ed. Infantil asistiu á unha representación de monicreques no Auditorio de Ourense titulada "Antón comodón". Nesta ocasión contáronnos a historia de Antón, a quen de neno na súa casa facíanlle todo, non facía falta que aprendese nada se el non quería. Cando creceu tiña un axudante, Nicolás, que era o encargado de facelo todo. Pero un día Nicolás pensou que xa tiña bastante diñeiro e foise a vivir ás illas verdes?. Antón non sabía vivir sen axuda: nin vestirse, nin atarse os zapatos, nin tan sequera comer só a sopa! Así pois decidiu empezar unha longa viaxe en busca de Nicolás, atravesando campos cidades e lugares descoñecidos para el, como unha granxa e un porto, buscando as illas verdes. Durante a viaxe Antón foi aprendendo moitas cousas. Cando por fin chegou ás illas verdes e atopou ao seu axudante deuse conta que aprendera tanto que era capaz de valerse por si mesmo e foi entón cando decidiu quedarse a vivir e botar unha man a Nicolás co seu carro de xeados, como dous bos amigos. Pasámolo xenial!!
|
Día do libro 2018 |
Este ano, o Día do libro celebrámolo xunto co alumnado do CIFP Portovelo, nunha xornada de convivencia entre os dous centros, a carón da sobreira senlleira do barrio das Lagoas. O noso alumnado interpretou a canción "Un libro" de Paco Nogueiras.
O alumnado de Ed. infantil representou unha obriña teatral titulada "Quen anda no Universo".
O alumnado do CIFP Portovelo realizou lecturas escollidas dos seus autores favoritas. |
O xinete das árbores |
O 8 de maio contamos coa presenza do maxistral contacontos de Chantada, Anxo Moure, que trouxo ao noso centro o espectáculo “O xinete das árbores” co que puxo de manifesto o seu amor e defensa dos bosques galegos. Anxo transformouse nun home-árbore, un ser humano “boscoso”, un xinete das árbores, un carballo coas vellas botas da antiga fábrica ourensá dos calzados Mosquera, fuxindo dos incendios forestais que este verán asolaron terras da montaña de Ourense, para que as nenas e nenos lle axudaran a cabalgar de novo a lomos dos carballos, dos teixos e as aciñeiras, dos buxos e as sobreiras, para salvar os bosques, que son a esperanza do seu futuro, o aire para respirar. O obxectivo principal era que as nenas e nenos coñeceran o nome das árbores e a súa importancia, a través de contos, lendas, poesías, música e imaxes para sentilas como as súas “irmauciñas” (según contaba o escritor ourensán Otero Pedrayo) emparentándoas coas árbores da sua cidade. Todo o alumnado participante na actividade quedou con gañas de seguir escoitando as historias deste gran contacontos… … esperamos que volva pronto a visitarnos!! |
Programa Cores |
O 27 de abril realizamos no centro, coa colaboración da Escola Galega de Consumo, un obradoiro destinado a promover no alumnado a educación para o consumo responsable.Traballando a igualdade a través da publicidade dentro do programa Cores. As temáticas que se trballaron foron as seguintes:
Para rematar o obradoio o alumnado máis cativo realizou un pao de chuvia que levaron para a súa casa. |
It depens on the weather |
IT DEPENDS ON THE WEATHER Todo depende do tempo? Parece ser que si. Na área de inglés aprendemos que o tempo varía dependendo da estación do ano. E que a roupa que levamos ten moito que ver se chove, vai sol, neva ou hai treboada. Por eso preparamos un libro no que amosamos as prendas que levamos segundo a estación do ano e o tempo. “A weather fashion show”. Pero non todo vai ser moda no mundo da meteoroloxía. Se queremos levar unha vida ben saudable, nada mellor que comer froita de tempada, fruit in season, que dirían os ingleses. E así loce o noso mural das estacións e as froitas de tempada. Agradecémoslle á Melissa, a nosa auxiliar de conversa a súa colaboración neste proxecto no que o tempo manda. |
Hora de ler de 3º de EP |
Ao longo do curso fixemos lectura compartida libros en galego e en castelán, tanto de narrativa como de poesía:
No marco do proxecto de METEOROLOXÍA, lemos e comentamos varios libros editados pola AEMET e que serviron de base ao noso proxecto: Os Meteorólogos do Sueiro. Realizamos as seguintes actividades:
|
Rexistro de datos metereorolóxicos |
Ao longo deste curso o alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria realizaou diariamente o control de datos meteorolóxicos na nosa estación situada nos exteriores do colexio. Cada semana encargouse unha parella de alumnos e alumnas de revisar o termómetro de máximas e mínimase de comproar a cantidade de auga recollida no pluviómetro. Os dats recollidos foron reflectidos no caderno de control de datos previamente a ser publicados no blog e graficas de pluviometría e máximas e mínimas. |
Lecturas meteorolóxicas |
Na Hora de Ler, utilizando a prensa, comentábanse se era o caso noticias sobre fenómenos atmosféricos relevantes sufridos na nosa comunidade. Sempre fixemos fincapé, cando liamos calquera conto, poesía... aquilo que facía mención o estado do tempo. Centrámonos neste curso para o estudo da meteoroloxía nos libros enviados pola AEMET:
|
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »