
Ao longo do mes de novembro celebramos o mes da Ciencia no noso cole organizado desde a biblioteca escolar e en colaboración co EDL do centro baixo o lemma "Se tes paciencia divírtete coa ciencia" realizando diversos experimentos que aquí presentamos aos nosos compañeiros.
Premendo nas seguintes imaxes teredes acceso aos traballos realizados polo alumnado do centro:
- Desde a biblioteca organizouse unha exposición de fondos científicos.

- O alumnado de 4º de Ed. Infantil experimentou con piñas.

- O alumnado de 1º de Ed. primaria realizou varios experimentos.

- En 4º de E. Primaria experimentamos co funcionamento dun volcáns.

- En 5º de E. Primaria experimentamos con vasos leñosos

- O Día da ciencia en galego contamos coa presenza de David Bruzos na nosa biblioteca.
