O país da choiva

O Clube de lectura de 6º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como segundo libro “O pais da choiva” de Miguel Ángel Alonso Diz da editorial Antela.

O libro foi traballado nas últimas semanas do mes de outubro e nas dúas primeiras do mes de novembro. Esta novela fala da importancia do idioma, de usalo e conservalo, e de como a nosa lingua é parte da nosa herdanza cultural como galegos. De xeito delicado e con sensibilidade aborda a problemática da perda de falantes na nosa lingua.

Actividade 1: Lectura
Lectura colectiva en voz alta.

Actividade 2: Análise das personaxes
A presentación das personaxes protagonistas e os comentarios que suscitou a súa chegada deu pé para traballar os prexuízos: entenderon perfectamente que as primeiras impresión son importantes, pero non definitivas e que, a maior parte das veces, as cousas non son o que parecen.

Actividade 3: Traballo de contidos da área de lingua
O texto serviu como práctica para traballar os contidos que estabamos dando na aula nese momento: os verbos (tempos verbais, conxugacións), pronomes, tipos de oracións.

Actividade 4: Ilustración
O alumado realizaron debuxos das personaxes en diferentes situación e con diferentes calidades, o que nos permitiu afondar nos contidos relacionados cos adxectivo.

Actividade 5: Conclusión/valores
Despois da lectura fixemos un mapa conceptual sobre os valores relacionados coa perda de falantes da lingua galega.


 Reunión do club de lectura na biblioteca


Unha vez rematado de traballar co libro, realizamos unha xuntanza na biblioteca no tempo destinado a actividades extraescolares na que intercambiamos as nosas impresións e sensacións sobre o libro do País da choiva, e o traballo desenvolvido ao longo deste último mes.