A lagoa de Antela
A lenda conta que antigamente no lugar que hoxe ocupa esta lagoa houbo unha cidade chamada Antioquía, coñecida porque os seus veciños carecían de calquera mostra de caridade.
A lenda narra que Deus quixo castigalos pero Xesús propuxo redimir aos máis xustos baixando á cidade en forma de mendigo. Percorreu así todas as casas pedindo esmola sen que ninguén se apiadase del.
Xa de volta, aflixido, e mentres estaba cruzando unha carballeira, viu unha casa habitada por unha muller anciá á que tamén lle pediu esmola. A muller ofreceulle unha cunca de leite e un anaco de bica e a súa camiña de farrapos para pasar a noite.
Á mañá seguinte, Xesús amosoulle á anciá o que fora da cidade de Antioquía. A muller quedou sorprendida ao ver que a cidade desaparecera e que no seu lugar había unha lagoa. Ninguén se salvara, agás ela...
Nas mañanciñas de San Xoán, co primeiro raio de sol, aínda se pode ver no fondo o campanario da igrexa. E na Noiteboa, ás doce en punto, óese o canto dos galos.
RECURSOS EDUCATIVOS
- Lenda da lagoa de Antela en audio.
- Versión feita polo alumnado do cole en audio.
- Lenda da Lagoa de Antela en pdf.
- Presentación en pdf sobre a Lagoa de Antela.
- Caza do tesouro sobre "A lagoa de Antela".
- LIM "Lenda da Lagoa de Antela".
- Localización da lagoa en Google maps.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
lagoaantela.mp3 | 1.76 MB |