
Os nenos de segundo e sexto de E, primaria fixemos o P.D. I . sobre Antonio Vivaldi e a súa obra “Las cuatro estaciones “ . Tamén estudamos a cidade onde naceu : Venecia.
No primeiro trimestre coñecemos a vida de Antonio Vivaldi e a partires de ahí realizamos un mural para a porta da nosa clase e tamén un para o de todo o colexio.
No segundo trimestre nos paramos na cidade onde naceu Antonio Vivaldi : Venecia
- Situamos no mapa de Europa : España e Italia , e despois Venecia en Italia.
- Coñecemos as características máis importantes de Venecia .
- Fixemos un Power Point sobre esta cidade.
- Tamén neste trimestre confeccionamos os disfraces de Antonio Vivaldi para os nenos de segundo de E.P.
No terceiro trimestre coñecemos a súa obra : “As catro estacións “
- Primavera : Tres movementos
- Verán : Tres movementos
- Outono : Tres movementos
- Inverno : Tres movementos
- Os alumnos de sexto atrevéronse a interpretar algunha parte da súa obra coa viola , o piano e coas frautas.
- Fixemos unha exposición no corredor do cole coa información recollida ao longo do curso sobre Vivaldi.
