ODS nº 2: Fame cero

Traballando o ODS nº 2; "Fame Cero"

Nun esforzo por abordar a problemática global da fame e promover unha alimentación responsable, o alumnado de 2º de primaria mergullouse nun emocionante proxecto centrado no Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS) número 2: "Fame Cero".

Ao longo do curso escolar, investigamos e exploramos en profundidade o significado do ODS 2, participando en actividades educativas innovadoras que van dende a lectura de textos informativos ata a creación de emocionantes creacións audiovisuais.

O alumnado non só mellorou as súas habilidades de lectura e comprensión, senón que tamén recitou poemas con entoación, investigaron sobre a fame no mundo e aprenderon sobre a importancia dunha alimentación saudable e o consumo responsable.

Ademais, os estudantes volveron participar na creación dun horto escolar, onde aprenderon de primeira man sobre o cultivo de alimentos locais e de proximidade. Esta experiencia práctica non só fortaleceu a súa conexión coa natureza, senón que tamén lles ensinou sobre a importancia de apoiar a produción local para combater a fame e promover a sostibilidade.

A colaboración foi fundamental para o éxito desta iniciativa. Os estudantes demostraron unha notable mellora na súa autoestima ao compartir os seus coñecementos coa comunidade escolar de forma audiovisuale ao traballar xuntos para crear conciencia sobre un tema tan relevante.

Con estas actividades, desde o cole demostramos o noso compromiso coa educación integral do noso alumnado, preparándoos para converterse en cidadáns conscientes e axentes de cambio na loita contra a fame e a promoción de hábitos alimenticios sostíbeis.

Este proxecto continuará desenvolvéndose ao longo do curso, coa esperanza de inspirar a máis nenos e nenas a unirse a esta importante causa e traballar cara un mundo onde a fame sexa só un recordo do pasado.

Nas seguintes ligazóns ampliamos información de algunhas das actividades realizadas: