Xestión e org.

Posto de informática inclusivo

Neste curso dotamos a biblioteca cun posto de acceso á información máis inclusivo na nosa biblioteca. Nel o alumnado dispón dun PC con pantalla interactiva e teclado accesible.

Asemade, dotamos a dito recanto dunha tableta que amplia as posiblidades de acceso á información e lectura dos seus usuarios.

Estas incorporacións foron posibles grazas aos orzamentos complementarios que nos facilitou a Asesoría de bibliotecas destinados a facer unha biblioteca máis inclusiva.

Nova disposición dos recantos de lectura

A comezos de ano remodelamos a disposición dos diferentes espazos de lectura da nosa biblioteca. Agora dispomos de dous espazos para a lectura dos máis cativos.

Asemade, mudamos de lugar os andeis destinados aos prelectores para que lle fosen máis accesibles os diferentes fondos da biblioteca.

Os andeis de revistas periódicas tamén cambiaron de disposición, así como o recanto da entrada destinado a promocionar as "novedades".

Novos lectores na biblioteca

Como ven sendo habitual, nos últimos anos, o Día das bibliotecas escolares fixemos entrega dos carnés de biblioteca ao novo alumnado do centro para que teñan acceso a todos os servizos que se ofertan desde a biblioteca, sendo o máis solicitado o servizo de préstamo para levar fondos da biblioteca para as súas casas.

Xunto co carné, faise entrega dunha carpeta na que lles vai un Pase de grandes lectores que deben cubrir das lecturas que fagan e que lle será validada co selo da biblioteca unha vez que devolva o libro.

Mochilas viaxeiras

Este curso continuaron funcionando as mochilas viaxeiras para o alumnado de Ed. Primaria.

Cada titor, coa axuda da coordinadora da bibliotea, encargouse de seleccionar os fondos que se incluían na mesma. Asemade, todas elas levan dentro un Libro viaxeiro que funciona a modo de bitácora, onde as familias e o alumnado poden reflectir as súas experiencias en relación ás lecturas realizadas. É unha maneira de conseguir que as familias axuden ao alumnado a mellorar o seu proceso lector e o gusto pola lectura en tempos de lecer.

Empréstitos na biblioteca

Ao longo deste curso a biblioteca continuou realizando préstamos dos seus fondos aos membros da comunidade educativa para poder gozar coa lectura en tempos de lecer nas súas casas.

Novo armario con tablets

Desde aquí, queremos dar as grazas aos membros da ANPA Limiar do noso centro por facilitarnos a adquisición de 12 tablets para que poidamos implementar a metodoloxía móbil learning nas actividades da nosa biblioteca.

GRAZAS!!

 

Novo recanto de lectura

No mes de outubre creamos un novo recanto de lectura para o alumnado máis cativo co material que solicitamos á Consellería de Educación e que nesta ocasión nos foi facilitado.

Agora, o alumnado dispón de novo mobiliario preto dos andeis onde se atopan os fondos destinados aos primeiros lectores.

 

Novos lectores na biblioteca

O día das bibliotecas escolares fixemos entrega dos carnés aos novos socios da nosa biblioteca. Agora poderán levar os fondos da biblioteca que temos en empréstito para a súa casa.

Co carné, fixémoslle entrega dunha carpeta na que lles vai un Pase de grandes lectores que deben cubrir das lecturas que fagan e que lle será validada co selo da biblioteca unha vez que devolva o libro.

Novo recanto na biblioteca

Este curso modificamos un dos últimos recantos que tiñan fondos desfasados da nosa biblioteca. Concretamente, os andeis que estaban destinados a material desactualizado do Grupo 0 da CDU. A comezo de curso expurgamos dito material e renovamos os andeis cuns novos que nos facilitou a Consellería de Educación.

O novo recanto da biblioteca, de momento, está adicado a material de uso exclusivo para o profesorado.

Melloras do material informático da biblioteca

Neste curso foi mellorado o material informático da biblioteca coa incorporación de dous novos ordenadores de sobremesa que nos achegou a Conselleria de Educación.

Asemade, o centro mercou unha tablet para a biblioteca destinada fundamentalmente ao alumnado da aula de apoio, ou que presenta algún atranco no acceso á información dispoñible no material informático e audiovisual da biblioteca.

PCs

Distribuir contido