Desde hai máis de 17 anos os fondos da nosa biblioteca está rexistrados e catalogados no programa MEIGA segundo os criterios da CDU simlificada.
A través da páxina web do programa Meiga tense acceso a todos os fondos rexistrrados na nosa biblioteca.
Neste curso dotamos a biblioteca con catro postos novos de acceso a internet, polo que se ve aumentado o número de ordenadosres na biblioteca a 14.
Asemade, dotamos a dito recanto dunha pantalla e dun proxector.
Estas incorporacións foron posibles grazas aos orzamentos complementarios que nos facilitou a Asesoría de bibliotecas destinados a equipamento e material.
Durante o verán redecoramos o espazo da biblioteca con nova pintura. Aproveitamos a ocasión para facer unha nova restructuración dos diferentes espazos de lectura da nosa biblioteca grazas á dotación material da Consellería e ao novo orzamento do PLAMBE. Reorganizamos os espazos para a lectura dos máis cativos e dos primeiros lectores
Asemade, mudamos de lugar os andeis destinados aos prelectores para que lle fosen máis accesibles os diferentes fondos da biblioteca.
Todos os fondos ordenados por CDU sufriron unha nova localización espacial, facéndoa agora moito máis operativa e adaptada ao alumnado.
Neste curso dotamos a biblioteca cun posto de acceso á información máis inclusivo na nosa biblioteca. Nel o alumnado dispón dun PC con pantalla interactiva e teclado accesible.
Asemade, dotamos a dito recanto dunha tableta que amplia as posiblidades de acceso á información e lectura dos seus usuarios.
Estas incorporacións foron posibles grazas aos orzamentos complementarios que nos facilitou a Asesoría de bibliotecas destinados a facer unha biblioteca máis inclusiva.
Este curso continuaron funcionando as mochilas viaxeiras para o alumnado de Ed. Primaria.
Cada titor, coa axuda da coordinadora da bibliotea, encargouse de seleccionar os fondos que se incluían na mesma. Asemade, todas elas levan dentro un Libro viaxeiro que funciona a modo de bitácora, onde as familias e o alumnado poden reflectir as súas experiencias en relación ás lecturas realizadas. É unha maneira de conseguir que as familias axuden ao alumnado a mellorar o seu proceso lector e o gusto pola lectura en tempos de lecer.
Ao longo deste curso a biblioteca continuou realizando préstamos dos seus fondos aos membros da comunidade educativa para poder gozar coa lectura en tempos de lecer nas súas casas.
Desde aquí, queremos dar as grazas aos membros da ANPA Limiar do noso centro por facilitarnos a adquisición de 12 tablets para que poidamos implementar a metodoloxía móbil learning nas actividades da nosa biblioteca.
GRAZAS!!
Na festa de Nadal, previa ás vacacións, fixemos a entrega dos diplomas aos mellores lectores do primeiro trimestre que nesta ocasión foron os seguintes alumnos e alumnas:
No mes de outubre creamos un novo recanto de lectura para o alumnado máis cativo co material que solicitamos á Consellería de Educación e que nesta ocasión nos foi facilitado.
Agora, o alumnado dispón de novo mobiliario preto dos andeis onde se atopan os fondos destinados aos primeiros lectores.
O día das bibliotecas escolares fixemos entrega dos carnés aos novos socios da nosa biblioteca. Agora poderán levar os fondos da biblioteca que temos en empréstito para a súa casa.
Co carné, fixémoslle entrega dunha carpeta na que lles vai un Pase de grandes lectores que deben cubrir das lecturas que fagan e que lle será validada co selo da biblioteca unha vez que devolva o libro.