Gamificando a Carlos Casares

O alumnado de 4º de Ed. Primaria, durante a Hara de ler, realizou unha actividade de gamificación ou ludificación que tiña por obxecto avaliar as aprendizaxes adquiridas ao longo do mes de maio sobre a figura do autor homenaxeado nas Letras Galegas: Carlos Casares.

Nesta ocasión aproveitamos o potencial da ferramenta da web 2.0 de Kahoot, tamén dispoñible para dispositivos móbiles. O equipo de dinamización lingüística do centro elaborou un Kahoot con 20 items no que participou dito alumnado.

Como premio final, fixemos entrega de diplomas para recoñecer o seu esforzo e dedicación.

Ao remate de dita actividade realizamos unha sesión de avaliación e posta en común, sobre a mesma, e nunha escala de valoración de 0 a 10 (0=nada, 10=Moito), o alumnado, valorouna cunha media de 9,4 puntos, sendo a moda da enquisa o valor 10.

Visto o éxito volveremos a empregar esta metodoloxía noutras temáticas traballadas na aula.