Tarxeta vermella á soidade

 

Para traballar o  PDI da biblioteca que este ano está adicado as emocións, dende a área de Educación Física  fixémolo a través da lectura do libro “El sueño de Iván”, un libro a través do cal ademais de promover o fomento da lectura nos adentramos nas distintas emocións que un deporte como o fútbol nos pode transmitir, tentando saber porque se producen os negativos e como podemos na maneira do posible controlalos ou evitar que se produzan. Como é posible que alguén se sinta so se pertence a un grupo? Que sentimos cando somos os últimos que nos escollen? E outras moi positivas como as ganas de participar nun deporte colectivo cos meus compañeirxs, a alegría de entre todos poder acadar unha meta común.

As actividades que levamos a cabo no inicio do terceiro trimestre foron:

  • Elaboración de tarxetas cos emojis en lingua inglesa.
  • Cada neno/a escolleu unha e representou unha vivenza relacionada co deporte no que sentira dita emoción.
  • A corda cooperativa. Para traballar a importancia do grupo e a súa colaboración como tal porque se un vai contracorrente ou falla non vamos ser capaces de conseguir o obxectivo.
  • Fixemos unha tarxeta vermella xigante composta de outras tarxetas vermellas máis pequenas onde escribimos as emocións negativas que queremos eliminar. E pola outra cara as emocións que nos parecen positivas que xera o deporte.
  • Visionado e reflexión do corto l`e petit equipe, debate sobre el.
  • Elaboración de dorsais coas emocións positivas.
  • Xogamos un partido de fútbol tentando levar a cabo todos eses valores positivos.