Hora de ler en 2º de EP

Este ano realizamos, igual que no curso anterior , un CONCURSO DE ANIMACIÓN Á LECTURA  polo que , adicamos parte dese tempo á lectura dos libros que eliximos para o concurso mensual, alternando lecturas de libros en galego e en castelán .

Realizamos cinco concursos no presente curso e os títulos traballados foron:

Ademais, e dentro da hora de ler, o alumnado do 2º curso de primaria realizarou, entre outras, as seguintes actividades:

  • Lectura individual dos libros escollidos.
  • Lectura en voz alta e por turnos.
  • Traballaro da lectura individual e colectiva de libros de interese e tamén dos de libre elección pola súa parte.
  • Actividades relacionadas co noso PDI “ Os xogos populares como medio de aprendizaxe”
  • Confección de historias en viñetas.
  • Confección de sinxelas poesías.
  • Sinxelas dramatizacións  sobre algún dos libros.
  • Traballos plásticos sobre libros de interese.
  • Uso de revistas e cómics.
  • Reforzo da  súa lectura e comprensión oral .
  •  Uso de libros en galego e en castelán.

Na lectura  de libre elección por parte do alumnado entraron tanto libros propios da casa como os de préstamo da biblioteca do centro.