Skip to Content

Ed. física

Festival de Nadal

O 19 de decembro realizamos o Festival de Nadal no salón de actos do IES As Lagoas grazas á colaboración desinteresada do seu Equipo directivo e do persoal de non docente, o cal é de agradecer, unha vez máis.

Damos as grazas, tamén, a todas as persoas asistentes, ás diferentes actuacións, polo seu apoio incondicional e a súa paciencia durante o tempo que durou o festival.

O programa foi o seguinte: (En breves publicaremos os vídeos nesta entrada)

 

Illa de reciclaxe

Este curso, por ser un dos 25 centro de toda Galicia que está a participar no programa "Recíclate con SOGAMA", foinos adxudicada "Unha illa de reciclaxe" que localizamos na entrada do noso cole, nun lugar destacado, para que sexa empregada por toda a comunidade educativa nas tarefas de recolección selectiva dos refugallos que xeramos no centro.

A illa de reciclaxe está decorada cun mural que iremos completando ao longo do curso con tapóns de botellas.

Competición de Campo a través decembro 2019

O 11 de decembro participamos na fase comarcal da competición de Campo a través que tivo lugar nas instalacións do complexo deportivo de Monterrei, no concello de Pereiro de Aguiar.

Foi unha xornada festivo deportiva de convivencia con outros centros educativos da zona de Ourense na que, ademais de realizar exercicio físico, puidemos disfrutar dun fantástico entorno natural ao tempo que traballamos valores como o compañeirismo, amizade, respecto, xogo limpo...

Na galería de imaxes podedes ver o ben que o pasamos nesta xornada.


 ENTREGA DE MEDALLAS E CLASIFICACIÓNS


 

Novo recanto de xogos tradicionais

Nas instalacións exteriores do cole, contamos cun novo recanto de xogos tradicionais que xa practicaban, cando eran cativos, os nosos pais e nais, e incluso os avós e as avoas...

Contamos con truco, tres en raia, carreteras para bolas e un "twister". Nos momentos de lecer, cando non chove, é un dos nosos lugares favoritos do cole. Aínda que tamén os realizamos nas horas de Ed. Física, xa que cando se fala de xogos tradicionais, referímonos a aqueles xogos que durante moito tempo seguen sen perder a súa esencia, pasando de xeración en xeración, transmitíndose de avós a pais e de pais a fillos, etc. Son xogos que non están escritos en ningún libro especial nin se poden mercar en ningunha tenda de xoguetes (talvez só algúns elementos). A través deles, podemos transmitir ao noso alumnado características, valores, formas de vida, tradicións ... Podemos estudar e amosar as diferentes variantes que ten un mesmo xogo segundo a cultura e a rexión na que se xoga.

As posibilidades que ofrecen os xogos tradicionais son múltiples. En primeiro lugar, o xogo tradicional transmite o valor para o inmaterial, polo pracer natural de xogar, a educación non consumista. Podemos xogar sen nada ou con catro cousas sinxelas.

Nun momento no que a enxeñaría e a industria do entretemento están de moda, nos contrapoñemos á alternativa de renacemento do popular e tradicional xogo. En defiitiva, son xogos no que os nenos están en contacto directo, comunícanse, socializan, falan ...

Xogos viquingos

Neste curso traballamos na hora de ler, ademais das actividades propostas para esta hora, outras actividades para traballar o PDI da biblioteca que este ano o dedicamos a Dinamarca. Nós, escollemos o tema dos xogos viquingos e tradicionais daneses.

Dito traballo consistiu fundamentalmente no fomento da lectura, lendo libros de aventuras que se basean nas tradicións das culturas nas que se desenvolvía a trama.

Fixemos lecturas colectivas dos libros:

  • “Los futbolísimos. El misterio del castillo encantado…” cuxa historia desenvolvese en Escocia, que foi o primeiro lugar a onde chegaron os vikingos.
  • “El amanecer de los vikingos” que conta como os vikingos que sucaron os mares de Dinamarca, Noruega e Suecia, atacaron as costas de Ecocia e Irlanda.

Fixemos debuxos sobre as lecturas, compilamos o vocabulario que non coñeciamos nun dicionario. Realizamos comprensións lectoras, recreamos xogos tradicionais  de Dinamarca como da época dos viquingos. E buscamos información empregando as TICS.

Realizamos lecturas dirixidas onde aprendemos un pouco da historia dos viquingos e a que xogaban de pequenos e o comparamos cos xogos tradicionais daneses.

Xogos  vikingos como:

  • GEITUR SKOT: o tamén chamado tiro de cabras
  • SPINNING TOP:  xogo de  peonza
  • Glima: tipo de loita libre
  • TAFLO HNEFA – TAFL: parecido ao xadrez

Xogos treadicionais daneses como:

  • CHISPA HASTA DAASEN: é unha variante do escondite, xógase cun bote e para librarse hai que patealo.
  • A NODDER OM KLUNSE: xogo de mans con avelás
  • KLUDDERMOR: desfacer un nó de persoas
  • SKRABNAESE: con palillos de madera

 

Xogos populares 2019

 Ao longo do segundo trimestre realizamos varias sesións de xogos populares nas instalacións do noso centro coa colaboración do Centro Cultural Xaquín Lourenzo baixo a dirección de Lito, unha das persoas que máis está a facer pola recuperación dos xogos aos que xogaban os nosos avós.

O programa deste curso pódese desgcar na seguinte ligazón.

Unión Deportiva Ourense

O 21 de febreiro contamos coa presencia do adestrador da UDO, Fernando Currás, e dous dos seus pupilos para dar a coñecer o seu club ao noso alumnado. Esta actividade pertence ao programa da Secretaría Xeral para o Deporte: Xogade  "Xogos galegos deportivos en idade escolar".

A comitiva visiou todas as aulas do noso dentro, departindo, cos potenciais futuros deportistas da UDO, sensacións e experiencias deportivas co fin de promocionar o fútbol base en Ourense.

Ao remate, realizamos unha foto de familia na pista polideportiva do centro.

 

Pista de xeo

O pasado 5 de decembro, todo o alumnado de Ed. Primaria, visitou a pista de xeo do centro comercial Ponte Vella para patinar sobre xeo.

Algúns de nós era a primeira vez que nos puñamos uns patíns, aínda que non foi obstáculo para que fósemos que de mánternos en pé.

Estamos desexando repetir a experiencia.

Pasámolo xenial!

Xornadas de rugby

No mes de novembro, na área de Ed. Física, o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria disfrutou de dúas xornadas de rugby desenvolvidas por membros do Club Ourense Rugby que realiza as súas actividades deportivas nas instalacións do Campus da Universidade de Ourense. 

Galería de imaxes

Aprendendo a pensar

Na área de Ed. física realizamos xogos nos que o alumnado tivera que pensar una solución para resolver un problema.

Nestas imaxes podemos observar ao alumnado de primaria intentando pasarse o aro sen soltarse das mans.

Distribuir contido


by Dr. Radut