Skip to Content

Novo recanto de xogos tradicionais

Nas instalacións exteriores do cole, contamos cun novo recanto de xogos tradicionais que xa practicaban, cando eran cativos, os nosos pais e nais, e incluso os avós e as avoas...

Contamos con truco, tres en raia, carreteras para bolas e un "twister". Nos momentos de lecer, cando non chove, é un dos nosos lugares favoritos do cole. Aínda que tamén os realizamos nas horas de Ed. Física, xa que cando se fala de xogos tradicionais, referímonos a aqueles xogos que durante moito tempo seguen sen perder a súa esencia, pasando de xeración en xeración, transmitíndose de avós a pais e de pais a fillos, etc. Son xogos que non están escritos en ningún libro especial nin se poden mercar en ningunha tenda de xoguetes (talvez só algúns elementos). A través deles, podemos transmitir ao noso alumnado características, valores, formas de vida, tradicións ... Podemos estudar e amosar as diferentes variantes que ten un mesmo xogo segundo a cultura e a rexión na que se xoga.

As posibilidades que ofrecen os xogos tradicionais son múltiples. En primeiro lugar, o xogo tradicional transmite o valor para o inmaterial, polo pracer natural de xogar, a educación non consumista. Podemos xogar sen nada ou con catro cousas sinxelas.

Nun momento no que a enxeñaría e a industria do entretemento están de moda, nos contrapoñemos á alternativa de renacemento do popular e tradicional xogo. En defiitiva, son xogos no que os nenos están en contacto directo, comunícanse, socializan, falan ...



page | by Dr. Radut