Skip to Content

Despedida do profesorado de prácticas

Hoxe tocou despedir ás tres mestras de prácticas que nos acompañaron no traballo escolar ao longo destes meses tan peculiares por mor da pandemia. Foron moitas as bágoas que se derramaron nas aulas e no corredor do colexio… motivo polo cal se teñen que sentir orgullosas e satisfeitas xa que é o mellor indicativo de que deixan pegada no noso alumnado, e mesmo no profesorado.

Desde aquí queremos agradecerlles o seu bo facer e a súa excelente disposición ao traballo cos nenos e nenas, e felicitámolas por todo o traballo desenvolvido neste período de tempo.

Esperamos e desexamos que todo lles vaia ben e que nun futuro próximo volvan ao centro como novas compañeiras do noso claustro.



page | by Dr. Radut