Skip to Content

Escolares, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Ed. física, Ed. infantil, Idioma estranxeiro, Ed. Musical

HORA DE LER. 3º EDUCACIÓN PRIMARIA.

O curso escolar 2023/2024, a hora de ler, realizouse todos os días en horario de 12:00 a 12:20 horas, tendo como obxectivo no que buscamos espertar e realzar o gusto e o pracer por ler.

A configuración da hora de ler estivo deseñada polas titoras Mª Dolores Nieto Merino e Iria Pérez Rodríguez, esta última só durante o primeiro trimestre, xunto a profesora de AL Natalia Castro Martínez, centrándonos nos seguintes obxectivos

Obxectivos:


  •  Crear hábitos de lectura saudable ao establecer rutinas regulares de lectura.
  • Traballar as competencias clave, principalmente: Comunicación Lingüística, Aprender a aprender, Conciencia e expresións culturais e Social e cívica.
  • Compartir as nosas lecturas con outras persoas.
  • Potenciar a creatividade estimulando a imaxinación ao estar en contacto con distintos xéneros literarios e estilos narrativos.
  • Promover a lectura como fonte de diversión e aprendizaxe.
  • Mellorar a través da lectura, o vocabulario, a comprensión lectora e a expresión oral e escrita.
  • Fomentar a empatía e a comprensión humana
  • Coñecemento de persoas escritoras e obras literarias galegas.
  • Fomentar o traballo en equipo a través da biblioteca escolar.

Actividades.


  • Participamos no club de lectura a través de libros como Xela, Lume, descubramos o océano, etc.
  • Fixemos uso dun caderno persoal de lecturas para rexistrar os libros lidos.
  • Dramatizamos algún episodio do conto.
  • Traballamos o vocabulario descoñecido creando un pequeno dicionario que quedou plasmado no caderno de lecturas.
  • Actividades e xogos para coñecer o entroido galego a través dos “Bolechas”
  • Colorear debuxos dos libros.
  • Escoitar contacontos, actividades organizadas polo centro.
  • Traballamos con revistas educativas analizando artigos para expoñelos aos seus compañeiros. Miraremos, asemade, como a mesma noticia pode ser interpretada de diferentes xeitos dependendo da persoa que a lea.
  • Traballamos o teatro.

Temporalización.


Na hora de ler, que se realizou todos os días  utilizáronse os seguintes libros:

1º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.

  • REVISTAS:  Caracola e Reportero Doc”
    As revistas foron traballadas no mes de setembro do curso escolar 2023/2024, onde analizaron artigos para expoñelos aos seus compañeiros. Miraremos, asemade, como a mesma noticia pode ser interpretada de diferentes xeitos dependendo da persoa que a lea.
  • LIBRO 1º: “Luuuume”
    O libro foi traballado nos meses de outubro onde nos centramos na xestión das emocións, prestando especial atención á ira.
  • LIBRO 2º: “Sabela e os zocos máxicos” .
    Seguindo no mesmo mes, neste libro rexistramos o vocabulario galego descoñecido a través da historia dunha nena no rural.
  •  LIBRO 3ª: “O cazo de Lorenzo”
    Durante o mes de Outubro e Novembro do curso escolar 2023/2024, este libro tiña o foco en tratar a diversidade.
  • LIBRO 4º: Libros de temática relacionados co nadal. Cada neno puido escoller un libro da exposición que se puxo na Biblioteca relacionada con esta festividade,

2º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.

  • LIBRO 1º: “Mercedes quiere ser bombera”
    O libro foi traballado no mes de Xaneiro. A temática principal é a igualdade de xénero. Este libro deu moito para reflexión e debate sobre a situación de xénero na actualidade.
  • LIBRO 2º: “Pregunta a Dra Peteiro sobre o tempo”
    O libro foi lido nos meses de Xaneiro e Febreiro. Con este libro traballamos conceptos do tempo xa que este tema está ligado ao noso PDI “Acción polo Clima”
  • LIBRO 3ª: “Descubramos o océano”. Como este ano se conmemora o “ano do cómic”, durante os meses de febreiro e marzo traballamos o coidado dos océanos a través dun cómic.
  • LIBRO 4º: “Os bolechas no entroido”. A través do caderno que ten este libro, os nenos aprenderon sobre o entroido e as súas peculiaridades.
  • POEMA  DE ROSALÍA: “miña casiña, meu lar” pola conmemoración do día de Rosalía analizamos este poema como parte dunha actividade organizada a nivel de centro.

3º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.

  • LIBRO 1º: “XELA”. Este libro foi lido en Abril. Deseñamos un caderno de actividades onde os nenos facían comprensión lectora xunto con xogos onde o alumnado coñeceu o nome de animais da fauna típica galega. Ao rematar, tivemos o privilexio de ter como invitada a autora do libro representándonos o conto e firmando aos seus cadernos.
  • LIBRO 2º: “Te necesitamos” Un libro que trata o tema dos animais en perigo de extinción. Ao igual que o libro da Dra Peteiro, que mencionamos anteriormente, este libro está ligado a temática do noso PDI.
  • LIBRO 3º: “Quen me quere adoptar?” O mes de maio comezamos lendo este libro coa finalidade de enganchar aos nenos na lectura a través dun divertido relato corto.
  • LIBRO 4º: “Estrela...fugaz?” Seguindo no mes de maio e como aínda non traballáramos nada de teatro, escollemos esta obra para enganchalos a outro estilo de libro onde cada neno poderíamos practicar a dramatización.
  • REVISTAS:  Caracola e Reportero Doc”
    As revistas foron de novo traballadas no mes de maio e xuño, onde analizaron artigos para volver a traballar a selección, concreción e exposición oral.

 

MOCHILA VIAXEIRA.3º ED. PRIMARIA.

MOCHILAS VIAXEIRAS.

O curso escolar 2023/2024 o alumnado de  3º Educación Primaria curso utilizaron dúas mochilas viaxeiras que foron intercambiadas cada semana durante todo o curso. O traballo do alumnado queda reflectido nos debuxos que se acompañan nos libros configurados para elo.

As mochilas viaxeiras permiten ao alumnado un préstamo por un período de sete días, para compartir coas familias o contido da mesma. O  contido do material foi escollido pola titora de terceiro curso de Educación Primaria, supervisado pola profesora de Al, Natalia Castro Martínez, que pertence ao equipo de biblioteca e procurando que teña a maior variedade de textos e formatos para que o alumando poida elixir.

Acompañan a estes materiais “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, novas creacións, debuxos, achegas, …, sobre o contido da mochila.

O material que acompaña a mochila do alumando de 3º curso de Educación Primaria foi o seguinte.
    
1º mochila:
•    Lingua Galega. Astropal. Un cometa con corazón. Hércules de Ediciones
•    Lingua castelá. El libro que se sentía solo. Editorial Juventud.
•    Papagaio. Nº 1. Arde o planeta
•    Reportero DOC. Nº 290 ¿La bici es ecológica?
•    Leo Leo. Nº 396 El centauro y el hada de las flores.

2º mochila:
•    Lingua Galega. Baleas e Golfiños. Baía Edicións
•    Lingua castelá. El espacio en 3D. Editorial San Pablo.
•    Papacontos. O corvo e o papagaio
•    Reportero DOC. Nº 291. El agua un recurso muy valioso.

Estas mochilas foron pasando por todo o alumnado, e polo tanto tívose que renovar con outros libros.

1º mochila
•    Lingua Galega. A estrambótica volta ao mundo en oitenta días. Ed Bubulú
•    Lingua castelá. Caleidoscopio animal. Libros del zorro rojo
•    Papagaio. Nº 29. Un museo con cadros estraños
•    Reportero DOC. Nº 273. Oso pardo y compañía
•    Leo Leo. Nº 390 Un extraño compañero

2º mochila:
•    Lingua Galega. Confundindo historias. Kalandraka
•    Lingua castelá. Inventos y descubrimientos. Ed Susaeta.
•    Papagaio. Nº 25. Agustina a pintora descoñecida.
•    Reportero DOC. Nº 299 La aventura de la antigua Grecia
•    Leo Leo.Nº 403. El más bello de los regalos

Como conclusión, destacar que ler en familia é unha actividade moi divertida que axuda a entrelazar lazos entre os pais e nais e os seus fillos e fillas enriquécenos a todos. Ademais, a lectura enriquece intelectualmente aos nenos e nenas, estimulando a súa imaxinación, a capacidade para resolver problemas, a memoria e a linguaxe, axúdalle a coñecer o mundo no que vive e impúlsalle a querer saber máis. Comentando as lecturas que facemos todos xuntos podemos reflexionar sobre o lido, os valores do libro infantil e xuvenil que escollésemos, explorando nosos propios sentimentos. É, en definitiva, unha axuda na educación dos nosos fillos, polo que é importante proporcionarlle ao alumnado lecturas estimulantes, acompañalos no descubrimento do pracer da lectura, sendo un hábito moi saudable e cheo de beneficios.

MOCHILA VIAXEIRA.6º ED. PRIMARIA.

MOCHILA_6

MOCHILAS VIAXEIRAS

No curso 2023/ 2024 o alumnado de  6º de E. P participou no programa “mochilas viaxeiras” que se promove desde Bibliotecas  escolares de Galicia. Este ano empregáronse dúas mochilas que foron intercambiadas cada quince días durante todo o curso. 

O material que había en cada unha das mochilas viaxeiras de 6º curso de Educación Primaria intentouse que fose o máis variado posible, polo que se incluíu: narrativa en castelán e galego, revistas de temas que lles preocupaban tamén nos dous idiomas, libros sobre preguntas que se fan os alumnos destas idades. Buscábase que respondese aos gustos e intereses do grupo clase polo que a escolla foi feita pola titora e supervisado polo persoal da biblioteca. :

Acompañan a estes materiais “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, novas creacións, debuxos, achegas…sobre o contido da mesma.

Como conclusión, cabe  remarcar que as veces os nenos e nenas móstranse reticentes a levar a mochila pola responsabilidade que lles implica, mais cando a traen de volta a clase e comentan cos compañeiros e coa mestra sempre atopan algún libro que lles gustou ou que lles sorprendeu. Á vista os traballos que presentan!!

Quizais o seguinte paso podería ser incluírmos libros orientados ás familias e as súas posibles preocupacións educativas con respecto a etapa evolutiva na que se atopan os seus fillos. Atopar dentro da mesma mochila lecturas para distintos membros da familia pode ser un  modo interesante de mellorar o hábito lector na nosa sociedade.

MOCHILA_6

O DESTINO DE KAMEKO

kamko

O Club de lectura de 5º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como sexto libro “O destino de Kameko” de Abel Alves da editorial Aira.
    O libro foi traballado no mes de maio de 2024. Con este libro intentamos iniciar ao alumnado no mundo co cómic en galego e nunha temática como é o mundo oriental, como é Xapón que tanta curiosidade lle produce. O destino de Kameko  conta a historia de Chiharu é unha moza orfa salvada da morte por unha misteriosa guerreira. Ao longo de libro xurdiran incógnitas como Quen é esa nena que leva sempre unha tartaruga no alto da cocorota? Por que quere apreixala o máis desapiadado asasino do imperio?

Actividade 1: Lectura
    Lectura colectiva en voz alta.
Actividade 2: Análise das personaxes
    A presentación das personaxes protagonistas e os comentarios que suscitou a súa chegada deu pé para traballar os prexuízos: entenderon perfectamente que as primeiras impresión son importantes, pero non definitivas e que, a maior parte das veces, as cousas non son o que parecen centrado na violencia de xénero dentro do seo dunha familia.
Actividade 3: Traballo de contidos da área de lingua
    O texto serviu como práctica para traballar os contidos que estabamos dando na aula nese momento: os verbos (tempos verbais, conxugacións), pronomes, tipos de oracións.
Actividade 4: Ilustración
    O alumado realizaron debuxos das personaxes en diferentes situación e con diferentes calidades, o que nos permitiu afondar nos contidos relacionados cos adxectivo.
Actividade 5: Elaboración da guía de lectura.
    O alumado realizou dixitalmente a guía de lectura deste libro.
Actividade 6: Elaboración do audiolibro.
    O alumado realizou dixitalmente o audiolibro.

Audio_Kameko

Actividade 7: Concurso sobre o libro.
    O alumado realizou por grupos o concurso sobre a compresión do libro.
Actividade 8: Kahoot.
    O alumado realizou individualmente a compresión do libro a través do Kahoot.

EN GALEGO:

K_kameko_galegohttps://kahoot.it/solo/?quizId=d2898715-a4c1-42f6-ad0c-6618018e4915


EN CASTELÁN:

K_kameko_castelan https://kahoot.it/solo/?quizId=9fc4fe41-f728-4789-89c1-2f2a30b51ae6 

Actividade 9: Conclusión/valores
    Despois da lectura fixemos un mapa conceptual sobre os valores que se poden extraer da historia.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2503

CLUB LECTURA. 5º EDUCACIÓN PRIMARIA.

Club_lectura_5

O Club de Lectura do 5º Ciclo continúa coa seu interese pola lectura durante o Curso 2023/2024
O Club de Lectura de 5º de Educación Primaria, neste curso decidiu identificarse como os Sueriños experimentando unha notable madurez durante o curso académico 2023/2024.
Durante este ano escolar, o club explorou unha variedade de libros cativadores, abordando temas que espertaron a curiosidade e o interese centrados nos temas relativos aos ODS 2030. Os títulos traballados incluíron unha selección diversa que podedes consultar máis abaixo.
Un dos aspectos máis destacados foi a continuación e o éxito dos concursos de animación á lectura, organizados como actividade final despois da lectura de cada un dos libros seleccionados. Estes concursos non só incentivaron a comprensión e o goce coa lectura, senón que tamén fomentaron a participación activa e a creatividade entre o alumnado.
Ademais, como parte das actividades do club, incorporouse a gravación de lecturas (Audiolibros) de algúns dos libros utilizando o programa Audacity. Esta iniciativa non só mellorou as habilidades de lectura en voz alta do alumnado, senón que tamén contribuíu significativamente a elevar o nivel lector de todos os participantes así como o acceso do alumnado á lectura atendendo así a atención a diversidade dos seus e súas compañeiros e compañeiras de colexio.
En resumo, o Club de Lectura de 5º de Educación Primaria éi unha experiencia enriquecedora e exitosa para todos os implicados. A combinación de actividades innovadoras, concursos emocionantes e unha coidadosa selección de lecturas contribuíu a fomentar o amor pola lectura e o desenvolvemento integral do alumnado.
A continuación, encontraredes unha lista dalgunhas das actividades realizadas este ano no club:

 Skywalker

 

delfines

hombres

segredos

nena

Kameko

prado

audiolibros

CLUB LECTURA. 3º EDUCACIÓN PRIMARIA.

portada

O Club de lectura de 3º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como primeiro libro “Luuuume” de Andrea Freire da Editorial Antela. O libro foi traballado no mes de outubro onde nos centramos na xestión das emocións, prestando especial atención á ira.

O Club de lectura de 3º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como segundo libro “Sabela e os zocos máxicos” de Lorena María Croques da Editorial Proxecto Terra. O libro foi traballado no mes de outubro. Neste libro rexistramos o vocabulario galego descoñecido a través da historia dunha nena no rural.

O Club de lectura de 3º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como cuarto libro “O cazo de Lorenzo”de Isabelle Carrier da Editorial Juventud. O libro foi traballado no mes de outubro e novembro do curso escolar 2023/2024, este libro tiña o foco en tratar a diversidade.

O Club de lectura de 3º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como quinto libro “Mercedes quiere ser bombera”de Beatriz Moncó e mabel Pierola da Editorial Bellaterra. O libro foi traballado no mes de xaneiro. A temática principal é a igualdade de xénero. Este libro deu moito para reflexión e debate sobre a situación de xénero na actualidade.

O Club de lectura de 3º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como sexto libro “Pregunta a Dra Peteiro sobre o tempo”de Claire Llewellyn da Editorial Baía. O libro foi traballado no mes de xaneiro e febreiro. Con este libro traballamos conceptos do tempo xa que este tema está ligado ao noso PDI “Acción polo Clima”.

O Club de lectura de 3º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como sétimo libro “Descubramos o océano”de Mia Cee Cee da Editorial Émbora. O libro foi traballado nos meses de febreiro e marzo traballamos o coidado dos océanos a través dun cómic.

O Club de lectura de 3º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como oitavo libro “Os bolechas no entroido”.de Pepe Carreiro da Editorial Promocións Cultuaris Galegas. A través do caderno que ten este libro, os nenos aprenderon sobre o entroido e as súas peculiaridades.

O Club de lectura de 3º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como noveno libro “Xela, a superheroína da aldea”.de Inma Soto Iglesias da Editorial Aira. Este libro foi lido en Abril. Deseñamos un caderno de actividades onde os nenos facían comprensión lectora xunto con xogos onde o alumnado coñeceu o nome de animais da fauna típica galega. Ao rematar, tivemos o privilexio de ter como invitada a autora do libro representándonos o conto e firmando aos seus cadernos.

O Club de lectura de 3º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como noveno libro “Te necesitamos”de José Luis Gallego da Editorial WWF. Libro que trata o tema dos animais en perigo de extinción. Ao igual que o libro da Dra Peteiro, que mencionamos anteriormente, este libro está ligado a temática do noso PDI.

O Club de lectura de 3º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como décimo libro “Quen me quere adoptar? de Fina Caslderrey da Editorial Xerais. O mes de maio comezamos lendo este libro coa finalidade de enganchar aos nenos na lectura a través dun divertido relato corto.

O Club de lectura de 3º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como undécimo libro “Estrela...fugaz?” de Carlos Labraña da Editorial Galaxia. Seguindo no mes de maio e como aínda non traballáramos nada de teatro, escollemos esta obra para enganchalos a outro estilo de libro onde cada neno poderíamos practicar a dramatización.

    estrela   oceano

lorenzo

sabela

Galeria

DOBRAXE NA ESCOLA

dobraxe

O 14 de maio o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria participou no obradoiro de “Dobraxe na escola” que organizou a concellería de educación do noso Concello no Auditorio.

Da man dos actores e dobradores profesionais Suso Pando e Manuel Pombal achegámonos á técnica da dobraxe, concretamente á das películas de animación para coñecer esta máxica e innovadora ferramenta que foi quen de captar a atención, do alumnado, sobre aspectos básicos na comunicación oral, como cadencia, ritmo ou intención.

A técnica de dobraxe fai que os nenos e as nenas traballen aspectos tan importantes como a concentración, a empatía e a colaboración en equipo; ao tempo que os motiva a divertirse na nosa lingua.

Ao principio, os monitores fixeron un xogo dramático no que nos contaron todos os pasos da creación dunha película, desde a elaboración do guión ata a dobraxe. A continuación, ensaiamos un fragmento de Bob Esponxa, aprendendo a encaixar as nosas propias voces nas bocas dos personaxes. Para rematar, fixemos de dobradores e dobradoras, lendo o guión facilitado, ensaiamos, para gravar a continuación a dobraxe.

dobraxe

Visita á Policía Nacional

O alumnado de 3º e 4º de Primaria visita a Comisaría da Policía Nacional de Ourense!

O pasado 14 de maio, os alumnos de 3º e 4º de Educación Primaria do noso cole tiveron a oportunidade de vivir unha experiencia única ao visitar a Comisaría da Policía Nacional de Ourense.

Durante a visita guiada, os nenos e nenas puideron coñecer de preto as diferentes dependencias da comisaría, como o museo, o heliporto, a zona de calabozos e o control de acceso. Ademais, os axentes de policía explicáronlles o sistema xerárquico da policía coas diferentes insignias, os distintos corpos de policía e o proceso que se segue coas persoas detidas.

Unha das partes que máis gustou aos alumnos foi a visita ao museo, onde puideron ver diferentes obxectos e uniformes utilizados pola policía ao longo da historia. Tamén gozaron moito co selo da Policía que lles puxeron nos seus pulsos ao final da visita.

Esta visita foi unha gran oportunidade para que o noso alumnado aprendera máis sobre o traballo da Policía Nacional e para que se conciencien da importancia da seguridade cidadá.

PRACTICAMOS IOGA

Coma todos os anos, o alumnado de 5º e 6º de educación primaria, elixiron ao principio do curso escolar tres unidades didácticas do seu gusto para levalas a cabo ao longo deste curso. Este ano, 6º de primaria, elixiu, entre outros deportes, o ioga.

O ioga infantil é unha adaptación do ioga tradicional diseñada específicamente para nenos/as. Trátase dunha práctica lúdica que combina posturas físicastécnicas de respiración, relaxación e xogos, có obxetivo de promover o benestar físico, mental e emocional dos/as nenos/as.

Además, o ioga para nenos/as enfócase en facer que a práctica sexa accesible e atractiva para eles/elas, utilizando elementos como cancións, historias, xogos e movementos creativos. Os/as nenos/as aprenden a través da exploración e a imaxinación, participando activamente nas sesións de ioga.

Foron os propios alumnos/as os que buscaron as posturas que posteriormente practicaron nas diferentes sesións de ioga.

Esperamos que disfrutedes das imaxes tanto coma eles/as disfrutaron da práctica.

galería de imaxes da actividade

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria convértense en artistas do cómic

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria convértense en artistas da banda deseñada

O alumnado de 1º e 2º do Mnuel Sueiro embarcáronse nunha emocionante viaxe ao mundo da banda deseñada, aprendendo a crear as súas propias historias a través de debuxos, globos de diálogo e onomatopeas.

Nesta divertida actividade, os pequenos e pequenas artistas descubriron os elementos básicos do cómic, dende as viñetas que enmarcan cada escena ata os globos que dan voz aos seus personaxes.

Aprenderon a diferenciar entre os diferentes tipos de globos, como os de diálogo para as conversas, os de pensamento para mostrar o que están a imaxinar, ou os de voz baixa para os susurros. Tamén practicaron a creación de onomatopeas, esas palabras que imitan sons como "boom", "crash" ou "miau", para dar máis vida ás súas historias.

Para completar as súas obras de arte, o alumnado incorporou símbolos que transmiten emocións, como corazóns para o amor ou raios para o enfado, e liñas de movemento que indican a acción que está a ocorrer.

O resultado final foi unha colección de cómics cheos de creatividade e imaxinación, onde cada viñeta conta unha pequena historia e cada personaxe ten algo que dicir.

Distribuir contido


by Dr. Radut